Instrucións para publicar no blog

info-carpet-layers-2

Apelidos da autora. Todas as entradas do blog deben ir precedidas dos apelidos en cursiva e negriña do autor ou autora. Se se trata dunha entrada elaborada colectivamente polo grupo, a firma debe ser do estilo: S1A, S1B… (nº de seminario e letra do grupo que corresponda). Deste xeito, a autoría das publicacións quedará identificada de xeito claro. O texto do primeiro parágrafo non debería ser superior ás seis liñas (no interior do editor), polo que deberemos insertar a etiqueta “ler máis” unha vez superada esta extensión.

-Todas as entradas deberían levar unha imaxe, polo que é recomendable tomar fotos co teléfono móbil das actividades que se fagan. En caso de non dispoñer de fotografías, pódese utilizar calquera imaxe de recursos axeitada ao tema que se vai tratar.

-Os alumnos e alumnas da materia Comunicación Interpersoal e Comunitaria dispoñen dos permisos necesarios para publicar entradas no blog. En caso de que non sexa así, deben poñerse en contacto co seu coordinardor/a para solicitar autorización. Ademais, cada grupo conta cun editor que dispón de permisos especiais para administrar as entradas, as categorías e as etiquetas dos blogs.

-É recomendable que os textos inclúan ligazóns a outras páxinas que sirvan para ampliar a información.

-Cada entrada de texto ou post debe ser completado con categorías e etiquetas que faciliten o seu arquivo e clasificación. O procedemento é o seguinte:

Ao asignarlle unha categoría a un artigo, estamos seleccionando o apartado ou sección do blog no que se mostrará o artigo. Cada grupo decide as seccións (categorías) que precisa para publicar o seu traballo de forma ordeada e clara. As categorías amósanse na parte superior do menú do blog.

No caso das etiquetas, en cada artigo ou post deberemos indicar polo menos tres: unha temática, do estilo “muller”, “discapacidade”…  segundo o tema que se aborde. Outra etiqueta que corresponda aos dous apelidos do autor ou autora, do estilo: GarciaGarcia, e finalmente, outra que corresponda ao grupo de traballo ao que pertence, do estilo: S1A. O nome desta etiqueta debe coincidir co que se utilizou na firma, ao principio do artigo, e debe ser sempre o mesmo.  Todas as etiquetas utilizadas amósanse na parte inferior do blog, de xeito que ao facer clic sobre o nome dunha autora, por exemplo, se poden consultar todos os seus textos.

-Cada grupo debe dispoñer dunha planificación para a publicación de contidos no blog, de xeito que as actualizacións deben distribuírse ao longo do tempo (unha por semana ou o que corresponda) e non concentrarse nos últimos días previos á avaliación. Na parte inferior do blog, existe un calendario que permitirá consultar as entradas que se publicaron por día.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s