A máquina do fango

García Diéguez, Marina- S2A3

 

imageFoto tomada de AtresMedia

A “máquina del fango”  según Umberto Eco é unha forma de lexitimación do adversario revelando aspectos de súa vida privada que xeren sobre esa persona unha sombra de sospeita. Jordi Évole realizou unha reportaxe hai uns meses sobre este concepto e a idea que del tiñan distintos medios de comunicación, entendidos, estudiosos e algunhas persoas máis relacionadas co mundo da comunicación. Defínese como unha forma máis de manipulación, neste caso política, propiciada por adversarios ideolóxicos e materializada por medios de comunicación. Pode darse de moitas formas e, segundo análises do propio programa, dase de forma constante nos medios que nos rodean, sen apenas decatarnos.

O fin principal é modificar a imaxe pública da persoa sobre a que se verten informacións que, reais ou ficticias, son presentadas ou lixeiramente modificadas para xerar un círculo de sospeita e posteriormente acabar terxiversando unha imaxe pública por completo. Xeralmente a opinión ou a idea, co paso do tempo, tampouco é clara senón que responde a unha nebulosa dudosa dunha afirmación pasada. En algúns casos demóstrase a falsedade das acusacións pero na sociedade queda xa unha pegada ou unha idea vaga que seguirá desacreditando a imaxe do suxeito, ou suxeitos. As opinións e as entrevistas na rúa demostran estas afirmacións.

O poder dos medios exemplifícase no estudo deste tema, deste tipo de comportamento que Jordi Évole estudia a fondo. Nel interveñen moitos factores que á hora de acceder á noticia, á hora de informarse, de relacionarse, de opinar determinan a efectividade da máquina do fango. O exdirector de o diario El Mundo, García-Abadillo, apunta como causa primeira o acceso por parte dos cidadáns á información por parte da TV, que lles deixa unha imaxe pasaxeira dun determinado tema. Esto inflúe a esa nebulosa informativa. Outro factor importante é a periocidade da información, ese ir e vir de constante contido favorece un coñecemento de máis cantidade pero de menos calidade.

Na mesa de debate proposta por Évole apúntanse outros factores. Insístese no acceso á información que, algunhas veces, non é o correcto e causa prexuizos que acaban entrando nese círculo de desprestixio do suxeito.

Os medios debatense, en conclusión, sobre que lugar ocupan nese xogo da máquina do fango como un cómplice ou como un soporte idóneo para alimentar esa imaxe pública.

Os exemplos segundo relata Miguel Mora nun artigo de opinión son constantes e están á orde do día. O caso Zapata, Rita Maestre ou tantos outros que salpicaron a todos os grandes partidos da plantilla política xogan a poñer en práctica a tendencia do rastreo. Cada día, na actualidade misma e coa combulsión polític actual, asistimos a novos casos da máquina do fango.

 

Recursos:

Sexta, La. (2015, 7 de noviembre) La máquina del fango, según Umberto Eco en Salvados: “El solo hecho de decir algo de alguien crea la sospecha”. LaSexta.com. Recuperado de: http://www.lasexta.com/programas/salvados/avances/maquina-fango-segun-umberto-eco-salvados-solo-hecho-decir-algo-alguien-crea-sospecha_2015110600368.html

Ibercampus (2015, 10 de noviembre) Políticos y medios activan “La máquina del fango”. Ibercampus.es. Recuperado de http://www.ibercampus.es/politicos-y-medios-activan-la-maquina-del-fango-31593.htm

Harguindey, Ángel (2015, 11 de noviembre) Del fango. Elpais.com. Recuperado de http://cultura.elpais.com/cultura/2015/11/10/television/1447159485_309056.html

IdealGente (2015, 9 de noviembre) Así funciona la máquina del fango: “Decir algo de alguien crea la sospecha”. ideal.es. Recuperado de http://www.ideal.es/gente-estilo/201511/08/funciona-maquina-fango-decir-algo-alguien-crea-sospecha-20151108221723.html

 

Revisión do editor: 10/03/2016 – 12:00

Revisión do GBO: 10/03/2016 – 13:00

Publicación: 08/03/2016 – 14:30

Día: 10/03/2016

 

 

Advertisements

6 comentarios en “A máquina do fango

  1. Tojeiro Ces, Rita (S3E4)

    No programa de Salvados xuntaron a Julia Otero (xornalista de Onda Cero), Casimiro García-Abadillo (exdirector de El Mundo) e Pilar Gómez (subdirectora de La Razón) para que respondesen á seguinte pregunta: Para desprestixiar ao adversario político utilízanse diarios, televisións e radios? Que este asunto afecte aos medios e sexan eles mesmos quen deban preguntarse, debater e solucionar é quizás o máis interesante que ten esta investigación.

    Non obstante, penso que hai algo que se debería nomear dende que se comeza a tratar esta cuestión ou calquera que teña que ver co xornalismo actual: Internet, como non! Gustaríame saber a vosa opinión na relación destes dous temas, vós opinades que internet é unha ferramenta máis que colabora na máquina do fango? É o que se suxire no enlace de La Voz de Galicia que segue.

    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2015/04/24/maquina-fango/0003_201504G24P13994.htm

    Neste mesmo artigo cítase como exemplo a Berlusconi, que se trata claramente dunha personalidade que foi destruída por informacións con respecto á súa vida persoal e non polo seu traballo como político. Non coincido co autor do texto, César Casal, en que o máis grave de internet sexa que reduce o tempo a comprobar se uns feitos son certos ou non. Penso que o centro do debate está en se esas anécdotas deberían ser noticia ao tratarse dun personaxe público como Berlusconi: se son os nosos representantes, tamén nos deben dar exemplo da sociedade que, segundo din, queren construír?

    Data de emisión do comentario: 10/03/2016- 13:00
    Data de revisión do GBO: 10/03/2016- 13:30
    Data de publicación do comentario: 10/03/2016- 13:37

    Gústame

    1. É importante introducir, como ben di a compañeira, neste debate un dos conceptos máis importantes e, actualmente, estreitamente relacionado coa “máquina do fango”: internet.
      Atopámonos, como apunta o artigo de A Voz de Galicia, nun momento histórico no que estamos suxeitos a unha tendencia disparatada de mal xornalismo. Os medios semellean ter perdido o sitio de credibilidade que históricamente gañaran e existe un factor que convive, claramente, con esta realidade: a era dixital e o mundo de internet.
      Este mal propaga e multiplica “malas informacións” e “rumores” alimentando o funcionamento da “máquina do fango”.
      Creo indispensable reflexar esta realidade como afirma o autor do artigo, César Casal, como un feito alarmante nas nosas sociedades adentadas de pleno na era dixital. Aínda así, sería interesante, visionar outras posturas acerca da “perniciosidade” ou non dos medios coa opinión pública. Recentemente o xornalista norteamericano Jeff Harvis defendeu que “o xornalista do futuro ten que ser dixital” argumentando que este non é un factor nocivo para o seu traballo, senón unha ferramente con infinitas posibilidades.

      Recursos:
      http://cadenaser.com/programa/2016/03/11/a_vivir_que_son_dos_dias/1457699690_933593.html

      Data de revisión do editor: 10/03/2016- 11:00
      Data de revisión do GBO: 10/03/2016- 11:39
      Data de publicación do comentario: 10/03/2016- 11:50

      Gústame

  2. Rodríguez Carballo Aixa S3D2

    Día a día observamos en todos os medios de comunicación a manipulación, a política que hai detrás decidindo que publicar e que no. Pero ata que punto estamos chegando? empregar os medios para desprestixar ao adversario con aspectos da súa vida privada non é a medida correcta, senon todo o contrario.

    Estou farta de ver como se fala da vida persoal dos políticos e non se explica, nin apenas se critica a súa labor que é o que realmente lle interesa a poboación. Buscar estratexias como a máquina do fango é algo que non debería estar permitido, que da vergoña.

    Como futura xornalista, podo chegar a entender que a sociedade critique tanto os medios, se cada vez están actuando de forma peor, se cada vez están máis influenciados pola política; o que temos hoxe non é exactamente xornalismo, senon manipulacións constantes a cambio de beneficios.

    A nosa profesión consiste en explicarlle a sociedade o que está ocorrendo no mundo, pero non consiste en contar a vida das persoas que non interesa a ninguén e que o único que trae consigo é problemas. E aínda que me coste recoñecelo hai veces que me resulta difícil defenderme dos atacas da poboación ao xornalismo.

    Data de emisión do comentario: 11/03/2016- 15:08
    Data de revisión do GBO: 11/03/2016- 16:35
    Data de publicación do comentario: 11/03/2016- 17:48

    Gústame

    1. É imporante como este comentario se centra na relación, de base, que une a “máquina do fango” coa política e o xornalismo. Esto suxire un tema moi debatido: o poder das elites políticas nos medios e o control das mesmas para o seu beneficio. A “máquina do fango” acaba sendo unha ramificación máis de esa relación que se materializa entre a elite política, ou do poder, e os xornalistas e o mundo dos medios.
      Logo deste análise, a pregunta que se me plantexa é: donde se atopa o límite? Donde está realemente a liña que separa o intrusión do político no xornalismo, e dos xornalistas en todo o que rodea o político?
      Penso que existe a necesidade dunha diferenciación básica para a interpretación correcta destes factores:
      -A política detrás do xornalismo e dos medios, como factor de manipulación.
      -A política nos seus ámbitos, profesional e personal, e o súa maneira de afectar á vida das persoas.
      Facendo esta distinción podemos abrir un novo debate, que tamén plantexa a compañeira, e é se a vida personal das esferas de poder, non só políticos estrictamente, teñen que ser coñecidas polos cidadáns. E é evidente que existe un término medio entre o amarillismo e o morbo e a información para coñecer en que nivel, ou de que lado están, as persoas que nos dirixen.
      Recentemente o xornal ElDiario.es sacaba a luz unhos mensaxes intercambiados entre os Reis de España e un imputado polas Tarxetas Black que evidenciaban a súa íntima relación e a súa opinión sobre a xustiza. Neste caso a publicación mostrábanos a realidade das persoas que nos dirixen e eso, penso, é fundamental para saber en que sociedade estamos inmersos.
      Existen autores, como Robert S. Boyton que, actualmente, defenden que o xornalismo non está morrendo senón que está cada día máis vivo e cada día ten máis capacidade de chegar ó lector, visor, oínte. É fundamental ter en conta posicións coma esta que visionan máis positivismo que negatividade na era dixital.

      Recursos:
      http://www.eldiario.es/politica/Espana-arroparon-Lopez-Madrid-tarjetas_0_492401900.html

      Data de revisión do editor: 11/03/2016- 12:30
      Data de revisón do GBO: 11/03/2016- 12:45
      Data de publicación do comentario: 11/03/2016- 12:55

      Gústame

  3. Persoalmente penso que hoxe en día non hai límites nin liñas que separan o xornalismo da intrusión política, xa que podemos observar a influencia do poder na maioría dos medios. Esto é un problema para nós que estudamos a profesión e que por desgraza nos teremos que adaptar a esta realidade cando traballemos aínda que no nos guste. Se temos sorte traballaremos nun medio que se adapte as nosas ideoloxías dentro do malo da influencia do poder, pero igual nos toca todo o contrario e teremos que aceptalo ou quedar sen traballo. Non entenderei nunca por que o poder inflúe tanto nos medios se a nosa profesión consiste en contar a REALIDADE, o que acontece, escribo con maiúscula porque o poder fai que a sociedade non reciba a verdade.
    Respecto ao debate de ata que punto interesa contar a vida do protagonista da noticia, póñome no bando de que non se deberían dar datos innecesarios da súa vida, non me importa onde veranea o presidente, nin que come a filla de David Bustamante. O que se acaba facendo e suprimir información necesaria por tonterias.

    Gústame

    1. É normal que se conidere que a intrusión do político nos medios de comunicación é completa, mesmo a dos medios de comunicación no xogo político tamén é constante. Pero aínda así, é convinte seleccionar que non debemos asumir eso como unha relidade aínda que o sexa. Debemos evitar ese pensamento para poder crear e mellorar un xornalismo no que nos queremos participar. Sobre o futuro non está nada escrito, así que cambiemos as cousas e escríbamolo nós con iniciativa e ideais de honestidade.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s