Criminalización xuvenil nos medios de comunicación

Cascales Quiroga, Gádor- S1E5

a12-447923472_1.jpg

Seguro que todos, nalgún momento da nosa vida, advertimos este feito cando leemos unha noticia en prensa ou cando escoitamos os boletíns informativos na radio ou na televisión. Os mozos estamos no punto de mira dos medios de comunicación, recibimos un trato discriminatorio e somos vítimas da distorsión da realidade que producen normalmente os mass media.

Así o afirma un artigo publicado pola Asociación Diomira de Barcelona, no que aparece un estudo cuantitativo sobre a imaxe da xuventudena prensa escrita, realizado polo profesor Xavier Giró. Os resultados do estudo son alarmantes, pois das 833 pezas analizadas en diferentes xornais, 452 eran noticias onde se relacionaban aos mozos con actitudes agresivas e criminais.

O certo é que moi poucas son as noticias positivas relacionadas co colectivo xuvenil e non é necesario tirar de hemeroteca, é máis, vouvos propor un xogo, e se probamos a abrir o xornal de hoxe?, aposto a que hai algunha noticia negativa relacionada coa xuventude, e preguntarédesvos, como estás tan segura? Pois porque os medios de comunicación necesitan a xuventude, viven das noticias negativas, e tal como afirma o anterior artigo, “o sensacionalismo vende”. Como vos dixen anteriormente, non é necesario tirar de hemeroteca para poder ver noticias de este tipo, pero, que pasa se poñemos a palabra xuventude no buscador online do xornal El País? Pois que aparecen este tipo de noticias e nelas podemos ler fragmentos como este: “Apenas ha pasado media hora y D., el guía y maestro de ceremonias, empieza su discurso en inglés desde lo alto de unas escaleras. ‘Bienvenidos a Yo sobreviví Barcelona. Os recordamos que en esta ciudad está prohibido beber en la calle y que la multa es la misma que si os pillan teniendo sexo en la calle, así que si viene la policía, bajaros los pantalones y bueno…’, grita D., mientras una jauría de jóvenes aplaude sin soltar el vaso”. A este tipo de fragmentos refírese o primeiro artigo cando di que: “Los jóvenes aparecen en los medios como personas frívolas, superficiales, consumistas, pero también violentas, insolidarias y viciosas”.

A nosa imaxe é a dun conxunto coas mesmas calidades e características que o único ao que aspira é a beber alcol, meterse en pelexas e a vivir dos seus pais toda a súa vida, e a iso último hai que engadirlle o termo “ni-ni” co que designan a un grupo do colectivo que “nin traballa, nin estuda” e que determinados programas de televisión aproveitan para fomentar e ofrecer esa imaxe como característica da xuventude, así o explica un artigo publicado en VientoSur por Belén Martínez, no que a autora defende que “la juventud está siendo una de las principales perjudicadas de una crisis provocada por los mismos poderosos que ahora tratan de criminalizarla”.

A verdade é que non sabemos con certeza cales son as causas polas que os medios de comunicación criminalizan aos mozos. Sen embargo, no primeiro artigo expoñía que a causa primordial pola cal se produce este feito, é a falta de rigor periodístico e de tempo para elaborar as noticias: “Habitualmente, los medios elaboran las piezas periodísticas a partir de teletipos y notas de prensa. No se contrastan las informaciones, ni se busca profundizar en los temas. Un análisis riguroso del por qué de determinadas conductas contribuiría a no criminalizarlas. Pero a los medios de comunicación, y en general a la sociedad, ya les va bien así. No han de dar explicaciones, ni siquiera buscarlas, de los trastornos de los hechos, de las auténticas razones de ciertas conductas”. O certo é que, co seu modo de traballar, os medios de comunicación, en lugar de informar, o único que crean é un estado de alarma permanente e innecesaria e unha visión moi daniña do colectivo xuvenil.

Durante os próximos meses, o noso equipo, coa axuda de diversas asociacións, testemuñas e expertos, intentaremos profundar máis neste tema, e farémosvos partícipes dos nosos avances neste blog. Estade atentos, isto aféctanos a todos.

Referencias:

-Martínez, B. (2015, 12). Criminalización de la juventud en los medios de comunicación.Vientosur.info. Obtenido 03, 2016, de http://www.vientosur.info/spip.php?article10735

-Gil del Olmo, C. (2015, 11). Las rutas de borrachera se enquistan en Barcelona.elpais.com. Obtenido 03, 2016, de http://ccaa.elpais.com/ccaa/2015/11/15/catalunya/1447610613_907196.html

-Asociación Diomira. La imagen de los jóvenes en los medios de comunicación: ¿Real y objetiva? (n.d). https://www.google.es/url?sa=t&rct=j&q=&esrc=s&source=web&cd=2&ved=0ahUKEwjY5tqs87DLAhXLcRQKHSeWCmoQFggiMAE&url=https%3A%2F%2Fdialnet.unirioja.es%2Fdescarga%2Farticulo%2F2648910.pdf&usg=AFQjCNHSjT30KSrYkDon31C_58jLBHSRWw&sig2=vxEze04S4T14hVoRZfUcAA

Revisión do GBO: 07/03/2016 – 19:15

Revisión do editor: 08/03/2016 – 15:00

Publicación: 08/03/2016 – 16:05

Advertisements

11 comentarios en “Criminalización xuvenil nos medios de comunicación

  1. Estévez Avelar, Alejandro. S1D.

    É ben certo que os medios de comunicación en xeral sempre se alimentan de noticias negativas e sucesos tráxicos, polo que é normal atoparse con máis malas noticias que boas. Baixo o meu punto de vista, a criminalización da xuventude na prensa ten bastante que ver co racismo existente nos medios de comunicación. Sempre que existe algún suceso de asasinato, tráfica de drogas, trifulcas, etc. aparecen titulares tales como “Dous dominicanos asaltan un banco en Viveiro” ou “O portugués que foi detido en Vigo levaba enriba armas de fogo”, dándolle vital importancia á sua nacionalidade. Así meso, algo semellante ocorre no caso que comentas neste post, a xuventude. A palabra xuventude, mozo ou adolescente tende a acompañar a un noticia deste mismo estilo, creando desta forma prexuízos na opinión pública que o que fan é asociar palabras como mozo, xuventude, inmigrante, senegalés… a un suceso criminal ou negativo.Comparto este artículo do diario La Marea, que fala sobre o fomento destas actitudes racistas na prensa e tamén na política. http://www.lamarea.com/2015/01/11/el-fomento-del-racismo-y-la-islamofobia-en-politica-y-prensa/

    Gústame

    1. Cascales Quiroga, Gádor- S1E5
      Tes toda a razón Alejandro, e de feito, un dos temas que imos abordar no nos traballo é a criminalización dos medios aos xóvenes de diferentes etnias, culturas ou relixións. Como ben dixeches, as noticias tenden a salientar a nacionalidade da persoa implicada, se é que procede doutro país, ou mesmo a súa relixión, creando un estado de alarma innecesario, conducindo a atitudes xenófobas e, nos últimos tempos, alimentando a islamofobia. Se é iso o que está a conseguir co xornalismo hoxe en día, ben deberíamos replantexarnos o que estamos a facer. Se tanto poder temos na opinión pública, cómo é que non o empregamos para fomentar outro tipo de cousas? Quizá teríamos que conformarnos coa doada excusa de que a sociedade é así e que non a imos poder cambiar, pero se nin sequera o intentamos, cómo imos poder lograr acadar outro tipo de xornalismo, onde a súa función de formación esté ben empregada. Por outra banda, xa sabemos que as noticias malas venden máis que as boas, os medios non fan máis que alimentar o morbo que procura a sociedade, pero pode ser que chegue o día onde os xornalistas escriban a verdade dos feitos, sen ter que alimentar as noticias con outro tipo de información irrelevante. Quizá é solo unha utopia, pero non deixo de pensar que se pode conseguir.
      Por último agradézote a tú achega sobre o fomento destas atitudes nos medios, será de gran axuda para escribir os próximos artículos.

      Gústame

  2. Valdivieso Vida, Jaime (S3C4)

    Si, é certo que os medios de comunicación publican, en relación á mocidade e á xuventude, noticias negativas sen ningunha ambición de chegar ao porque das supostas malas prácticas de este colectivo. Non obstante, acaso non fan o mesmo có resto de noticias? Na maioría dos casos, as noticias publícanse nos medios de comunicación por saírse dunha suposta realidade que é a que cremos que é a correcta sen reflexionar en o porque e nas causas que levan a os diferentes colectivos a realizalas. A violencia de xénero, por exemplo, é un claro caso de frivolización das noticias e de pouco rigor periodístico. Non se chega á verdadeira realidade dos feitos e iso fai que nós,como lectores e espectadores, quedemos cunha ínfima parte do que realmente está a acontecer ao noso arredor. A crítica non podería ser máis acertada, pero creo que se pode extrapolar a moitos máis casos de noticias relacionados con outros ámbitos e situacións. Con respecto ao tema ó que me referín anteriormente da violencia de xénero, Javier Fernández Arribas e Myriam Noblejas publicaron un estudo sobre como os medios de comunicación deberían tratar este tipo de noticias tan delicadas. http://igualdade.xunta.es/sites/default/files/files/documentos/como_informar_violencia_parella.pdf

    Data de emisión do comentario: 9/03/2016- 12:28
    Data de revisión do GBO: 9/03/2016- 14:30
    Data de publicación do comentario: 9/03/2016- 16:41

    Gústame

    1. CASCALES QUIROGA, GÁDOR (S1E5)

      Bos días Jaime,
      É certo que a criminalización que realizan os medios de comunicación non a sufre soamente o coletivo xuvenil, os medios son empresas que, ante todo, procuran vender (é triste pero é así), e xa sabemos que as malas noticias son boas noticias. Tamén e certo que podemos extrapolar o tema a moitos máis casos, e a túa achega sobre cómo os medios deberían tratar as noticias sobre a violencia de xénero é mol interesante, pero non debemos olvidar que o noso traballo trata sobre a criminalización que sufre a mocidade, polo tanto non podemos abarcar todos as cuestións que nos gustaría porque non pertencen ao noso tema. De todas maneiras, e como xa ben dixen, é mol interesante o que plantexas, e pola miña parte estou dacordo contigo, estamos chegando á era da desinformación e por iso é tan positivo que, como futuros xornalistas, nos demos conta do que está a acontecer para intentar cambiar as cousas e o modo de facer o noso traballo, para intentar recuperar a verdadeira esencia do xornalismo.

      Gústame

  3. SENRA RIVAS, MARA (S3C2)

    Gádor, moi interesante e moita razón (documentada ademáis) da meirande parte do que escribes, pero quizáis debes de adoptar un tono menos coloquial á hora de tratar este tema, ó que precisamente ninguén lle da voz nin importancia, e ti lla queres dar. Por eso é necesario un tono máis serio e duro.

    Sería interesante que en próximas publicacións fixerades unha explicando máis en profundidade que aspectos, que motivos e cales son as causas de esta criminalización xuvenil para axudar a entender cal é o problema xa que non queda de todo claro nesta entrada.

    Por outro lado, eu estarei en contacto coa valedora do pobo ao longo de todo o curso, polo que seria interesante levarlle problemas concretos relacionados con esto e que ela poda axudarnos a mediar e a comprender moito mellor, xa que na entrevista que tiven con ela, un dos temas que máis tratan no valedor do pobo son relacionados cos menores e a xuventude, e dalle moita importancia a educación dos mesmos a que estén informados e podan actuar dende o maior respeto posible.

    Deixote a continuación os enlaces ás publicacións extraordinarias do valedor do pobo, no que atoparás máis información e outros documentos que te axudarán a complementar todo isto.

    http://www.valedordopobo.gal/es/monografias-e-informes-extraordinarios-2/

    E por último os enlaces ó último informe extraordinario (no que trata entre moitos outros temas este que estades a tratar vos) que é do ano 2014, e estaremos a espera de que saia o do 2015 que está a puntiño. Estarei pendiente para informarvos sobre él e que lle podades botar tamén unha ollada.

    http://www.valedordopobo.gal/es/informes-anuales/

    http://www.valedordopobo.gal/wp-content/uploads/2015/03/Informe-Valedor-do-Pobo-2014-Castellano.pdf

    Tamén que quede dito se necesitades algún tipo de documentación, axuda para buscala ou contactar don determinados organismos públicos avisade xa que sería máis doado dende a miña posición de relación coa valedoa do pobo.

    Data de emisión do comentario: 10/03/2016- 20:05
    Data de revisión do GBO: 10/03/2016- 20:35
    Data de publicación do comentario: 10/03/2016: 20:53

    Gústame

    1. CASCALES QUIROGA, GÁDOR (S1E5)

      Moitas grazas Mara polas túas achegas, serán de gran axuda para continuar co noso traballo. É certo que quizá non lle din o tono adecuado ao artículo, e por suposto, o revisarei e intentaré que non sexa así nas seguintes publicacións xa que, o último que querría e quitarlle seriedade ao noso tema. Por outra banda, a miña intención era escribir un artículo de presentación ao tema, non quería entrar, todavía, nas explicacións sobre os motivos e as causas desta situación, pero en eso consiste o noso traballo e estarán presentes nos vindeiros artículos.
      Por último agradecerte a túa colaboración con nós, toda axuda será benvida e contactaremos contigo se o precisamos.
      De novo, grazas.

      Gústame

  4. Taboada González, Ángela (S3C3)

    Desde o meu punto de vista a relación entre os mozos e os medios de comunicación é un tema interesante e merecedor dun estudo exhaustivo. Trátase dun prisma con varias caras: por unha banda, os medios criminalizan aos mozos, e doutra banda, utilízanos e necesítanos polo seu “modus vivendi”. Ademais, para profundar nesta relación, é necesario ter en conta aspectos como a influencia que exercen os medios de comunicación sobre os mozos e a consecuente e necesaria educación en comunicación.

    Non só parécenme importantes as aparicións na prensa de noticias negativas ou violentas, senón tamén os programas de entretemento nos que se mostra unha cara dos mozos españois coa que moitos non senten identificados. Programas como “Hermano Mayor”, “Mujeres, Hombres y Viceversa” ou “Gandía Shore” ensínannos a un prototipo de mozos sen oficio nin beneficio e que, aos ollos de adultos (e doutros mozos) resultan ata desagradables. Se a imaxe que acotío expoñen na televisión sobre un colectivo é desta índole acaba sendo non tan de estrañar que se xeneralice. Con todo, existen mozos responsables, emprendedores e traballadores que tamén se merecen o seu recuncho nos medios de comunicación.

    Deixo algunhas ligazóns e artigos de interese para o grupo:
    http://www.vientosur.info/spip.php?article10735
    http://www.deciencias.net/convivir/1.documentacion/D.violencia/Violencia_enlos_medios(Mauro_Cerbino).pdf
    Este último é un observatorio de Arxentina que trata temas relacionados coa mocidade e a adolescencia, entre eles a súa estigmatización negativa: http://observatoriojovenes.com.ar

    Data de emisión do comentario: 9/03/2016- 19:31
    Data de revisión do GBO: 9/03/2016- 22:36
    Data de publicación do comentario: 11/03/2016- 11:35

    Gústame

    1. CASCALES QUIROGA, GÁDOR (S1E5)

      Moitas grazas polas túas achegas Ángela. Sen dúbida, a criminalización da mocidade nos medios de comunicación vai máis aló da prensa escrita, incluso poderíamos decir que se fai máis patente en televisión, con programas que ridiculizan a nosa xeración e a infravaloran, o que comporta unha serie de actitudes por parte da sociedade hacia os mozos, que seguro todos nós, dalgunha maneira ou outra, temos vivido.
      Grazas de novo Ángela pola documentación proporcionada, axudaranos moto no noso traballo.

      Gústame

  5. Villamel Baliñas, Tatiana. S3D5
    “Los medios de masas no dicen a la gente qué pensar, pero si sobre qué pensar” esta afirmación feita por Walter McCombs nos anos sesenta cando desenvolveu a súa teoría do “establecemento da axenda” amosa como os profesionais da comunicación teñen que ter moi en conta o tratamento que lle dan a cada tema e a cada estrato da sociedade, xa que, o impacto do seu traballo repercutirá na visión que a xente ten das cousas. A imaxe dos xóvenes e de outros colectivos como podería ser os homosexuais, queda reducida a estereotipos, funcionais para o vehículo de diversión que pretenden constituírse, pero simplicados e lonxe da heteroxeneidade da xuventude. Obviamente o problema xorde canso esa imaxe simplificadora contribúe a construír e retroalimentar un determinado respecto a esa mesma xuventude, algo contra o que é máis difícil loitar.
    Os medios criminalizan moitos colectivos xúrenlles, por exemplo os latin kings, proporcionando unha certa información que leva a que se amplifique un estado de alarma innecesario e produce o desprezo a estas persoas por parte da sociedade en xeral. Isto produce que cando imos pola rúa e atopámonos cun rapaz vestido de forma parecida a esas bandas “criminais” que os medios amosan, aloxémonos del, e amosemos un desprezo. Sen embargo, é difícil atopar unha peza xornalística onde se analice o por qué dos comportamentos destes xóvenes. A escusa sempre vai ser a falta de tempo para publicar informacións máis elaboradas, pero seguramente se cando os medios falan dos adolescentes profundasen no núcleo do problema, moitas das noticias que crean unha visión negativa deles levaría a unha visión totalmente contraria.
    Polo tanto, os medios deben preocuparse máis por formar á sociedade e non tanto por entreter con programas ou con noticias nas que os xóvenes quedan reducidos a persoas sen un propósito na vida, e o que hai que ter claro é que non todos somos iguais, nin todo o que sae na televisión é a realidade que nos rodea, é máis ben a realidade pero distorsionada por persoas que queren conseguir os seus propios beneficios.
    Este é un enlace no que aparece un arquivo en PDF no que se explica moi ben o tratamento que lle dan os medios de Cataluña aos xóvenes así como as estratexias que seguen á hora de publicar temas relacionados con eles.
    http://www.mediterranea-comunicacion.org/Mediterranea/article/view/29/33

    Data de emisión do comentario: 10/03/2016- 8:54
    Data de revisión do GBO: 10/03/2016- 20:23
    Data de publicación do comentario: 11/03/2016- 19:41

    Gústame

    1. CASCALES QUIROGA, GÁDOR (S1E5)

      Gracias Tatiana polo teu comentario, paréceme mol interesante o que plantexas, ademáis porque un dos temas que abordas o imos tratar nós no noso traballo, a criminalización dos medios aos xóvenes de diferentes etnias, relixións ou colectivos. O exemplo que puxeches é, sen dúbida, un dos que mellor representa a situación que estamos a vivir agora mesmo. Os medios de comunicación son tan fortes, inflúen tanto en nós, que logran que a sociedade adopte certas atitudes, como a que mencionaches no teu comentario, hacia algunhas persoas por vestir dunha maneira determinada, ou ben por pertencer a un determinado colectivo ou etnia. Agora ben, profundizando no tema da razón pola cal os medios actúan deste modo, na niña opinión débese a dous feitos: o primeiro, pola falta de tempo que teñen os redactores para poder afondar nos temas e ir máis aló dos estereotipos que dominan a sociedade, e o segundo porque una noticia mala, como xa dixen anteriormente, vende máis que unha boa. Por outra banda, á primeira razón vai unida a precariedade laboral que sufre hoxe en día o xornalismo, pero ese é outro tema.
      Grazas pola documentación aportada Tatiana, será de gran axuda.

      Gústame

  6. Losada Miguéns, María S2B

    Estou moi de acordo contigo cando falas de que os medios de comunicación tratan ós mozos como un colectivo homoxéneo, ó que non adoitan dar voz individualmente e cos que utilizan estereotipos moi habitualmente. En moitos casos, tampouco se concreta o que son xoves para o medio, e en outros, vemos que o rango de idade é moi amplo (de 16 a 34 anos), e como ti comentabas, a temática é relacionada co consumo de drogas e alcohol, aínda que neste caso sobre a opinión que ten o colectivo sobre os seus riscos:

    http://www.elmundo.es/sociedad/2016/04/20/57177617468aebbe4b8b4683.html

    Dende logo, que os os medios fagan este tipo de relacións non beneficia en nada a concepción social e a mudanza dos prexuízos respecto da xuventude. A implicación nos medios en tratar á mocidade como un grupo heteroxéneo en intereses, costumes e gustos é un punto clave para cambiar esta visión da comunidade.

    Saúdos

    Revisión da coordinadora: 21/04/2016 ás 19:23

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s