A situación real dos inmigrantes

Fonte Imaxe: propia

Parada Vila, Laura . S3B1 

Filipinos, polacos, xaponeses… Persoas, en definitiva que viven en diferentes lugares do mundo. Pero parece que na sociedade na que vivimos existen listas segundo a nacionalidade de cada un. O mesmo ocorre nos medios de comunicación, eses que teñen o poder de transmitir valores e que en moitos casos son, xunto con nós mesmos, os causantes da existencia dos prexuízos en canto aos estranxeiros.

Se collemos un xornal é común ler noticias, a maioría das veces  ofensivas, que atinxen ao colectivo inmigrante dunha maneira distinta de que se foran nacionais. Por exemplo moitos dos medios comezan o titular mencionando a nacionalidade dos protagonistas e desta forma outórganlle unha importancia que quizais para os lectores non teña. Nesta noticia publicada polo xornal A Voz de Galicia pódese ver:“Detidos dous romaneses como presuntos autores dun roubo na Fonsagrada”. En cambio nesta outra non nomean a nacionalidade dos protagonistas porque son europeos. O titular é “Dous amigos matan a un rapaz en Roma para “ver o que se sinte”.

Segundo o artigo 3 da Ley Orgánica 3/2000 recoñécese que os estranxeiros gozarán en España “en igualdade de condicións que os españois, dos dereitos e liberdades recoñecidas no Título I da Constitución”. Pero isto, soamente é un papel escrito, porque está moi lonxe da auténtica realidade. Por poñer un exemplo, moitos inmigrantes que veñen a España teñen carreiras universitarias nos seus países de orixe. Moitos son médicos, profesores e enxeñeiros, pero o que se atopan cando veñen a España é que son estraños e sen estudos porque unha lei impide que eses estudos consten no seu currículo a menos que poidan pagar por validalos. Por iso moitos deles renuncian aos seus estudos porque saben que non poderán encontrar un traballo relacionado. Terán que conformar con traballos “peores”, por non falar de todos os requisitos que deben cumprir para poder conseguir estar de forma legal en España, por iso nos últimos anos estase dando o proceso contrario. E é que a ilusión destas persoas, que vían en España unha forma de conseguir a felicidade, esfúmase.  Algo do que xa temos constancia xa que o INE realizou un estudo sobre o descenso do número de inmigrantes. O que recalca o estudo é a baixa notable de suramericanos en Galicia. Os números son impactantes xa que na nosa comunidade en 2010 contábamos con 42.420, cifra que quedou reducida case á metade en 2015.

Por outra parte en España podemos encontrar asociacións cuxo obxectivo é eliminar as barreiras coas que se poden encontrar os inmigrantes cando comezan a súa nova vida, como por exemplo Ecos do Sur e Juan Soñador. Tamén existen algúns sindicatos que dedican un departamento a axudar a estas persoas. Dende o departamento de inmigración dun sindicato, Montse, cóntanos a cantidade de persoas que chegan a ela. Moitos deles son licenciados nos seus países e que se encontran coa situación de que en España non consta que teñan ningún tipo de estudios. Por non falar daqueles que teñen a ilusión de poder montar un comercio e traballar como autónomos, un desexo que en moitos casos non se chega a cumprir pola burocracia e a negativa dos bancos a proporcionarlle esa posibilidade.

Infórmanos tamén da nova tendencia que afecta aos inmigrantes. Afectados polos continuos rexeitamentos no mundo laboral e as malas condicións de vida moitos deles están tomando a decisión de regresar aos seus países de orixe, xa que o soño que viñan a cumprir non se asemella a realidade que están a vivir.

En resumo, cada vez veñen menos e cada vez marchan máis.  A mala  situación económica, e esa discriminación encuberta na maioría das veces, provoca que se sintan máis estranxeiros, provocan que cada vez sexan menos, preocupante nun país como Galicia cunha demografía tan aterradora.

Referencias:

 

-Hora de publicación: 22:00

-Hora de revisón del editor: 20:30

-Hora de revisón del coordinador: 21:00

Día: 9/03/2016

 

Advertisements

4 comentarios en “A situación real dos inmigrantes

  1. Reboreda López, Sandra. S3D1

    O tratamento da inmigración nos medios de comunicación foi obxecto de estudo en múltiples ocasións. O poder que a sociedade lle otorga, sobre todo polo seu alcance, propicia a transimisión de valores e opinións que, como ocorre neste caso, adquiren total normalidade e naturalidade na opinión pública. Existe un receo xeneralizado contra a chegada de poboación ao noso país, poñendo, como se cita no artigo, múltiples trabas para atopar traballo, residencia etc, e esquecendo que foron moitos os españois que tamén tiveron que fuxir da crúa realidade que aquí se viviu. Mais este comportamento non foi sempre así, enquisas realidas polo CIS para un estudo realizado pola Universidade de Salamanca (achego o link do traballo completo: http://revistas.ucm.es/index.php/ESMP/article/view/ESMP0707110091A/12075) poñen de manifesto que as actitudes dos españois con respecto ao número de inmigrantes en España cambiaron substancialmente nos últimos anos. Fronte á postura maioritaria en 1996 a favor da inmigración (ao xulgarse que esta era necesaria e non excesiva), na actualidade apréciase unha maior xenofobia ou rexeitamento do inmigrante. Así, en comparación cos datos obtidos en 1996, en 2005 xa se apreciaron actitudes máis desfavorables cara aos inmigrantes entendendo que son demasiados e considérase de maneira maioritaria que só se ha de permitir a entrada a aqueles que teñan un contrato de traballo. Son diversos os factores psico-sociais que explican as actitudes de rexeitamento cara aos inmigrantes e que conducen a procesos de discriminación e exclusión social, como os factores sociodemográficos, a ideoloxía política, a percepción de ameaza social ou cultural, ou o nivel de contacto con inmigrantes
    Achego tamén o manual de MUGAK (centro de documentación sobre racismo y xenofobia) sobre cómo debe ser o tratamento mediático da inmigración https://drive.google.com/file/d/0B3f4XlETEyRcVnZtbjItZXpyNG8/view?usp=sharing

    Data de emisión do comentario: 11/03/2016- 14:05
    Data de revisión do GBO: 11/03/2016- 14:57
    Data de publicación do comentario: 11/03/2016- 15:08

    Gústame

    1. Parada Vila, Laura- S3B1
      É verdade que a tendencia que impera hoxe contra os inmigrantes non foi sempre así, quizáis por ese recordo ao noso pasado emigrante. Agora é distinto, existe un rexeitamento contra o foráneo, quizáis agravado pola situación de crise e de escasez que estamos a vivir. Pero isto non só é unha cuestión da sociedade os medios de comunicación tamén cometen estes erros. No manual que nos achegas, establécense unhas normas que os medios de comunicación deben cumprir para evitar caer en estereotipos. Un dos puntos recollidos no manual di así: “Non facer da inmigración unha amenaza”. Todos os medios cometen este erro cando informan nun ton dramático a chegada de inmigrantes en pateras por exemplo, como se pode ver nesta noticia do telexornal galego CRTVG. Pero parece ser que preferimos mirar para outro lado cando nos contan estas cousas, porque pensamos que non temos nada que ver. A Unión Europea ten claro a súa postura, xa que implementará medidas máis duras contra a entrada de inmigrantes, como se recolle neste enlace. Unhas medidas entre as que destaca a solicitude vía internet que deberán facer aqueles viaxeiros non comunitarios que queiran entrar na UE. Polo que vemos, os grandes organismos emprenden novas políticas pero quizáis ningúnha delas destinada a solucionar o día a día destas persoas.

      Data de emisión do comentario: 14/03/2016- 14:12
      Data de revisión do GBO: 14/03/2016-14:42
      Data de publicación do comentario: 14/03/2016-14:50

      Liked by 1 person

  2. Mouriño Almeida, Jacobo – S2D6

    Aínda que ás veces creemos (ou queren que creamos) que non é así, vivimos aínda nunha sociedade terriblemente xenófoba. Os inmigrantes son culpados dos males da sociedade, do paro, da criminalidade, da débeda, etc, creando un estereotipo criminal, vago e aproveitado que en absolute se corresponde coa realidade, cos milleiros de persoas humildes en busca dun futuro mellor do que poderían atopar nos seus países. De feito, a culpa da máis absoluta maioría dos problemas dos países subdesenrolados e a sua falta de progreso é dos países ricos e das grandes empresas occidentais que explotan ós seus recursos.

    Na creación destes estereotipos teñen un papel fundamental os medios de comunicación, que propagan a ignorancia e o medo cara a este colectivo. Día tras día vemos como se extende a percepción de que son criminais (http://www.tribunaavila.com/noticias/detenida-en-avila-una-banda-de-jovenes-marroquies-acusada-de-dos-robos-con-violencia/1460750456), ou aínda peor, posibles terroristas (http://www.lavanguardia.com/vida/20160401/40805953218/el-radicalismo-cala-mas-rapido-entre-los-hijos-de-emigrantes-marroquies.html). Esperemos que a próxima xeración de xornalistas faga algo por mudar esta vergoña.

    Revisión do editor: 25/04/2016 ás 3:22
    Revisión da coordinadora: 26¡5/04/2016 ás 11:31

    Gústame

    1. Moi interesante a túa aportación Jacobo, moitas grazas. A verdade é que si somos os países máis desenvolvidos os que facemos que estas persoas teñan que fuxir dos seus países debido a guerras previamente preparadas polas grandes potencias mundiais.

      Isto ven acompañado pola desinformación consciente que os medios realizan á hora de cubrir estas noticias. Falta o contexto, as causas polas que estas persoas teñen que ser acollidas noutros países, as consecuencias é dicir como continuan a súa vida aquelas persoas que conseguiron vivir noutro país. Por non falar da perspectiva negativa e débil que os medios de comunicación transmiten sobre estes colectivos.

      En definitva os medios de comunicación soamente nos informan dende a posición de país dominante e non son capaces de mostrarnos a realidade completa.

      Revisión do editor: 26/04/2016 16:30
      Revisión do coordinador 26/04/2016 16:45
      Hora de publicación 26/04/2016 16:50

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s