Tratamento da prostitución nos medios

Castaño Gosende, Noelia-S1B1

prostitucion

A prostitución é un tema que se trata con delicadeza nos medios da comunicación, mais son estes mesmos os que orixinan a súa existencia actual. As persoas nacemos cun sexo, pero aprendemos a selo a través da influencia dos medios, que xogan un papel clave. A violencia simbólica é aquela  que fan determinadas visións da realidade fomentadas desde os sectores con poder e é máis eficaz que a forza bruta. É aquí onde os modelos de xénero posicionan ás mulleres como inferiores e dan lugar á existencia da prostitución.

Os medios de comunicación son sinalados na actualidade como efectivos instrumentos de socialización. A capacidade dun discurso de penetrar no suxeito, aínda que depende da influencia de quen o emite e das dimensións do poder social, tamén pode estar limitada en funcións daqueles contidos previos que formen parte da armazón cognitiva da persoa receptora.

O suxeito non está despoderado e pode resistir aos discursos dominantes, pero é innegable a influencia que poidan exercer aqueles sectores que concentran o poder discursivo dada a súa capacidade  para poder cambiar segundo os seus intereses a ideoloxía e os modelos persoais cos que os receptores interpretan o mundo.  O poder patriarcal é un tipo particular de relacións do poder baseadas na inxustiza e na iniquidade. Este abuso exércese tamén a través das armas do discurso, a desinformación e a manipulación. Control da fertilidade da muller, a decisión sobre a maternidade como asuntos públicos. A sexualidade da muller que castigaron ou da comprensión do amor como entrega. Construcións da muller como corpo-obxecto, mentres que o home é acción na cámara, en el cae o protagonismo, a muller é obxecto observado, incentivador do desexo e do pracer masculino tanto para quen elabora o contido como para quen o recibe.

O poder nas sociedades occidentais contemporáneas é persuasivo e marca as relacións de xénero co selo da desigualdade. Un poder patriarcal entendido como un sistema de autoridade masculina que oprime ás mulleres a través das súas institucións. Este poder precisa dos medios de comunicación para asentarse nas conciencias e tornar invisible, procurando modelos de muller e home que non fan máis que perpetuar esas relacións de poder para que aparezan como desexables para as propias mulleres. É o “contrato sexual”, que quere dicir que igual que existía un contrato social entre homes para ser todos iguais, hai un contrato sexual no que as mulleres cumpren a función de coidado e sustento e como as prostitutas quedan marcadas coa forza do estigma.  Nós mantemos e fomentaremos co noso traballo a importancia dun cambio social, dunha construción xenérica menos opresiva e discriminatoria, máis igualitaria, onde os medios denuncien os abusos de poder.

Para poder informarnos a fondo sobre o tema no que vamos a tratar, empregamos a tese “Presenza e ausencia das mulleres na prensa. Análise do tratamento da prostitución en El País e en ABC(1977-2012)” de Ana Belén Puñal Rama. E nos vindeiros días seguiremos traballando con esta tese e outros traballos da mesma autora.

Debemos indicar que ó longo das vindeiras semanas traballaremos para tratar este tema co centro Vagalume. Un centro que está especializado en dar apoio a mulleres que exercen a prostitución e/ou son obxecto de trata con fins de explotación sexual. Os seus grandes obxectivos a conseguir son coñecer directamente a realidade da prostitución e ser un lugar de referencia onde as mulleres e os seus fillos/-as atopen apoio, información, orientación e poidan iniciar un proceso de recuperación da súa situación, ademais de informar e sensibilizar á sociedade en xeral da situación da muller obxecto de explotación sexual e trata.

Bibliografía:

Dialnet, “Ana Belén Puñal Rama”. Recuperado de: (https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=1820273)

PUÑAL RAMA, Ana Belén 2015,  Presenza e ausencia das mulleres na prensa. Análise do tratamento da prostitución en El País e en ABC(1977-2012). Tesis, Gr. Cien. Inf., Universidade de Santiago de Compostela. Recuperado de: (http://dspace.usc.es/handle/10347/13376)

Vagalume, Centro da Muller. Recuperado de: (https://sites.google.com/site/centrodamullervagalume/)

Horas de publicación e revisión:

  • Hora de publicación: 00:35
  • Hora de revisión do editor: 00:20
  • Hora de revisión do coordinador: 00:10

Día 10/03/16

Advertisements

16 comentarios en “Tratamento da prostitución nos medios

  1. Estévez Avelar, Alejandro. S1D5.

    O eterno debate da igualdade de xénero sempre estará aberto porque a sociedade segue sendo case tan machista como antaño. Todavía a día de hoxe seguen en antena os anuncios de produtos da limpeza ou deterxentes arduamente machistas, que como os medios, seguen instaurando na opinión pública a posición do home por riba da muller. Por suposto, isto tamén esta presente no mundo da ficción. Como curiosade, o test de Bechdel, que é un sistema para evaluar a brecha de xénero nas obras de ficción baseado en tres premisas: que na película existan polo menos dous personaxes femeninos con nome propio, que participen nunha escena conversando entre sí e que esta conversa non trate sobre un home. A priori non parece moi complicado, pero o certo é que hai moitas máis películas que non pasan este test do que parece. Dende a revista Fotogramas someteron ao test de Becdel ás películas nomeadas a esta edición dos Oscar, e este é o resultado. http://www.fotogramas.es/Cinefilia/Test-de-Bechdel-las-peliculas-de-los-Oscars-a-prueba

    Gústame

    1. Castaño Gosende, Noelia-S1B1
      Agardemos que non sempre estea aberto! A sociedade cambiou en comparación a décadas atrás, pero o camiño que queda para chegar á igualdade é xigantesco. No referente ás mensaxes da publicidade… moi triste, pero que podemos pedir se os que financian as canles de televisión, como Berlusconi para T5, esixe que o machismo estea presente? Non coñecía o test de Bechdel pero paréceme moi interesante, a igualdade ten que estar presente en todos os niveis.

      Gústame

  2. Pombo Silva, Cristina. S3E
    La prostitución es un problema muy serio al que se enfrenta la sociedad desde hace mucho tiempo, sin embargo, está aceptado por ella. Hay diferentes factores por los que nos encontramos en la situación actual respecto a la prostitución, uno de los más determinantes es la herencia que nos ha dejado la historia humana y su visión respecto a esta. Al igual que la mujer sigue padeciendo el machismo que se viene arrastrando desde antaño, la prostitución es otro símbolo más de la sumisión de la mujer y de su trato como objeto sexual de los hombres.
    Ya centrándonos en el tema principal, la prostitución en los medios de comunicación solo destacar que al igual que habéis dicho vosotros, aunque sí existe una conciencia en la sociedad sobre la prostitución y todo lo que lleva esta “profesión” arraigada, los medios tienden a invisibilidad el contexto social y las desigualdades de género que hacen posible la prostitución y en algunos casos el sensacionalismo y el sexismo de esta actividad sexual. Entonces, se plantea la cuestión: ¿Hasta qué punto es una cuestión que preocupa a la población?
    Buscando sobre este tema en la red me he encontrado numerosas páginas, de carácter feminista la mayoría, que reivindican y expresan el descontento con los medios, esta es una de ellas: http://www.colectivohetaira.org/web/documentos/251-tratamiento-de-la-prostitucion-en-los-medios-de-comunicacion.html

    Gústame

    1. Castaño Gosende, Noelia-S1B1
      Non sei ata que nivel está aceptado na sociedade. A prostitución é a forma de gañar diñeiro para moitas persoas, pero ninguén o vai a recoñecer abertamente, e se o fan, non creo que fose indiferente para o receptor. Si, a sociedade patriarcal foi quen orixinou isto coa sumisión da muller ante o home, a todos os niveis. Pero non estou dacordo contigo en que os únicos que sofren o machismo son as mulleres. Todas as persoas feministas queren a igualdade de sexos. Engadir tamén que dentro da prostitución tampouco se pode xeneralizar, nin todo son mulleres, nin todas estranxeiras e os motivos que levan a unha persoa a exercela son moitísimos e moi variados. No referente aos medios de comunicación, entendo que me queres dicir que tapan todo o que hai detrás e amosan o sensacionalista. Si, pero non só na prostitución, en moitos máis temas. Ata que punto é unha cuestión que preocupa á poboación? Pois non o sei, considero que estamos nunha sociedade que mira cara o seu embigo, única e exclusivamente. Se algo non nos afecta hai moi poucas posibilidades de que nos interesemos ou reaccionemos, triste pero certo.

      Gústame

  3. Luis Feijoo García S1D4
    Creo que a diferenciación clara entre a prostitución exercida voluntariamente e o tráfico de seres humanos con finalidade de explotación sexual, ou prostitución forzada é fundamental á hora de visibilizar un problema actual e real que moitas veces os medios de comunicación intentan invisibilizar fomentando o sensacionalismo, o sexismo, os estereotipos e unha visión nesgada das mulleres que exercen esta actividade sexual.

    Así, desde unha postura máis regulatoria cómpre sacar tamén a necesidade de recoñecer os dereitos das traballadoras do sexo. A prostitución pode ser exercida de forma voluntaria, polo que deberían contar cos mesmos dereitos que o resto de profesionais. Falar de prostitución como obrigación é volver invisible a quen decide exercela porque gaña máis diñeiro ou lle dá máis liberdade.

    Por outra parte, xa centándonos no tema da prostitución nos medios, navegando por internet para a documentarme revisei o seguinte estudo elaborado por “por profesionales de la comunicación e impulsado por la Agencia ABITS del Ayuntamiento de Barcelona en colaboración con la Asociación de Mujeres Periodistas de Cataluña (ADPC)” (http://w110.bcn.cat/Dones/Continguts/Documents/recomanacions_prostitucio_ES_ok_acc.pdf) que recomenda aos xornalistas que utilicen fontes de información especializadas e dean voz ás mulleres que exercen a prostitución, sempre respectando o seu dereito á súa imaxe e identidade. Penso que este estudo pode ser de interese no caso de que non fora xa analizado polo voso grupo.

    Desexo que esta iniciativa vosa poida continuar a fomentar un ideario para os xornalistas á hora de escribir para que asuman as implicacións éticas e culturais implícitas nesta temática, e deste xeito contribuir a facernos conscientes do problema destas persoas e camiñar cara unha concienciación da sociedade para que se incrimine as conductas ilícitas e se de dereitos as profesionais do sexo que queren exercer libremente esta actividade, terminando desta forma cosas mafias que circundan este mundo.

    Gústame

    1. Castaño Gosende, Noelia-S1B1
      Totalmente dacordo contigo. Non coñeciamos o estudo que nos aportas, pero está moi ben para completar o noso traballo, grazas. Esperamos que siga adiante e a visualización nos medios, de temas coma este e outros moitos, dea un xiro de 180 grados.

      Gústame

  4. Rubio Rodríguez, Iciar S3D4
    A prostitución é, coma ben se di, o oficio máis vello da historia. Despois de centos de anos parece que a sociedade non mellorou un ápice nesta materia, a muller leva supeditada o home dende o comezo da historia e os medios de comunicación reforzan cada día que a situación continúe así, sen ir máis lonxe, na actualidade televísase un programa de entrevistas presentado por Bertin Osborne na cadea pública española, no cal soen aparecer dous homes na cociña, interpretanto un ridículo espectáculo no que mostran os seus nulos dotes para a cociña, ata que milagrosamente aparece a muller dun dos dous para facerlles unha rica cea das suas propias mans, as dunha muller, a cal ten que saber usar a cociña por que se non é ela, quen o vai facer?
    Desgraciadamente poucas persoas decátanse destes micromachismos que nos rodean todos os días e a todas horas sen nin se quera darnos conta.
    A desigualdade de xénero está moi presente na nosa sociedade, o eterno debate da prostitución non rematará ata tomar unha decisión sobre ela, legalización? abolición?
    A axencia de comunicación ABITS do propio concello de Barcelona en colaboración coa Associació de Dones Periodistes de Catalunya recomenda que os medios de comunicación deben diferenciar entre a prostitución exercida voluntariamente e o tráfico de persoas e facer visibles as persoas que se benefician ou delinquen a través da prostitución e os usuarios que a fan posible, sacando do foto mediático as mulleres que a exercen e mostrando máis as caras dos malechores.
    Navengando polas redes atopei numerosos artículos que afirman o aumento da prostitución en España, con ela, o aumento da violencia de xénero e dos abusos sexuais. http://www.abc.es/20120706/local-madrid/abci-prostitucion-crece-madrid-201207052118.html
    Según a Fundación Gadeso existen numerosas razóns polas que a prostitución non debe ser legalizada;
    1.La legalización / despenalización de la prostitución es un regalo para los
    proxenetas, los traficantes y la industria del sexo.
    2. La legalización / despenalización de la prostitución y de la industria del sexo
    promueve el tráfico sexual.
    3. La legalización / despenalización de la prostitución no supone un control de la
    industria del sexo. La expande.
    4. La legalización / despenalización de la prostitución aumenta la prostitución
    clandestina, ilegal y la prostitución de la calle.
    5. La legalización de la prostitución y la despenalización de la industria del sexo
    promueve la prostitución infantil.
    6. La legalización / despenalización de la prostitución no protege a las mujeres que
    están en la prostitución.
    7. La legalización / despenalización de la prostitución aumenta la demanda de la
    prostitución. Incentiva a los hombres a comprar a las mujeres por sexo en un
    entorno social más permisible y de mayor aceptabilidad.
    8. La legalización / despenalización de la prostitución no promueve una mejora de la
    salud de las mujeres.
    9. La legalización / despenalización de la prostitución no aumenta las posibilidades
    de elección de las mujeres.
    10.Las mujeres que están dentro de la prostitución no quieren que se legalice o
    despenalice la industria del sexo.
    http://www.gadeso.org/sesiones/gadeso/web/14_paginas_opinion/sp_10000124.pdf

    Data de emisión do comentario: 10/03/2016- 22:32
    Data de revisión do GBO: 11/03/2016- 13:58
    Data de publicación do comentario: 11/03/2016- 16:44

    Gústame

    1. Castaño Gosende, Noelia-S1B1
      O certo é que crecemos nunha sociedade na que o machismo está tan arraigado que moitísimas veces nin nos decatamos. Esta nas nosas mans cambiar isto. Por outra parte, non estou dacordo con todas as razóns dese artigo que apoia a non legalización da prostitución. Que sexa legal ou non é un tema moi complicado, cos pros e contras, que non podo valorar simplemente vendo unha das posturas. Aínda así, son unhas razóns interesantes para reflexionar, grazas.

      Gústame

  5. Rodriguez Carballo Aixa S3D2

    A prostitución un tema tan polémico ano tras ano. Pouco a pouco foi evolucionando pero as mulleres aínda nos queda moito camiño por andar e defender os nosos dereitos para conseguir a igualdade. Hoxe en día existe unha igualdade de xénero, pero é moi ficticia, simplemente observando o número de mulleres asesinadas por violencia de xénero neste ano que acaba de comezar.

    Respecto a prostitución, é duro saber que hai tantas mulleres adicandose a ela por conseguir cartos para poder sobrevivir, ver como hai mulleres que chegan enganadas doutros países a través de mafias. Triste si, pero certo tamén. esto non debería existir hoxe en día pero por desgraza existe. Outra cousa diferente é o de aquelas mulleres que se adican voluntariamente a prostitución, están no seu dereito de elexir o traballo que queren aínda que non sexa digno.

    Respecto a esta frase do texto: “as persoas nacemos cun sexo, pero aprendemos a selo a través da influencia dos medios, que xogan un papel clave”. Estou de acordo con que os discursos dos medios de comunicación inflúen moito na socieda, simplemente hai que velo nos anuncios que nos corrompen e lle acabamos facendo caso, pero nesta frase pareceme un pouco esaxerado dicir que aprendamos o sexo a través dos medios. Inflúen moito pero non creo que ata tal punto.

    Data de emisión do comentario: 11/03/2016- 16:57
    Data de revisión do GBO: 11/03/2016- 17:35
    Data de publicación do comentario: 11/03/2016- 18:09

    Gústame

    1. Castaño Gosende, Noelia-S1B1
      Aos feministas aínda nos queda moito traballo, non só ás mulleres, pero si é certo que a loita que nos queda é enorme. É certo que no mundo da prostitución hai casos moi diferentes, pero quen somos nós para xulgar se é digno ou non? Moitas das mulleres que o fan libremente teñen unha historia detrás que non debemos precipitarnos a interpretala. Sobre o teu último parágrafo, imaxino que de nena tiveches algunha boneca, algunha barbie, algún bebé, vén na nosa natureza as gañas de poseer un obxecto tan característico dun único sexo, ou as series, as películas e a tv influenciáronte? As canles, movidas polos grandes poderes, son os que nos mandan os mensaxes que logo nós coma sumisos aceptamos. Así que manteño o meu pensamento de que son eles xunto coa sociedade influida os que fan que sexamos como somos.

      Gústame

  6. Casas Fontán, Alicia- S1D3
    O machismo existe, a violencia de xénero existe, e a prostitución existe. Pero que algo exista non quere dicir que necesariamente exista nos medios. A prostitución sobrevive ao paso do tempo e hai que facer que muden as cousas. Papel importante é o que xogan os medios, produtores de realidade social.
    Son feminista porque son muller e non creo que deba sentirme inferior a ningún home, quero crer que se tera nacido home sería feminista porque non creo que debera sentirme superior a ningunha muller.
    Pero “supoño que non debe ser tan simple” penso cando leo que no 2015 o noso país tolerou 353 denuncias por violencia machista ao día. https://t.co/28RUOsE7cn
    Lémbrome de hai 5 anos, no instituto. A nosa profesora de música, en vez da habitual clase de frauta, decidiu un día proxectar un documental sobre a trata de mulleres e nenas para a explotación sexual no sudeste asiático. Chamábase “Mariposas del Mekong”. Lémbrome do que dixo para todos e sobre todo para sí cando pensou “Si todos los hombres vieran este documental, me pregunto si seguirían contratando los servicios sexuales de una prostituta”.
    Non atopei o documental completo en Internet, deixo o enlace a un avance por se vos interesa! http://desobedienciayfelicidad.blogspot.com.es/2008/06/congreso-de-trata-da-2.html

    Gústame

    1. Castaño Gosende, Noelia-S1B1
      É triste pensar que como non nacín muller e non me afecta directamente o machismo non fago nada, pero casos así vemos todos os días en temas como a pobreza, a inmigración, o racismo, as relixións… Os medios deberían ser a canle coa que nós conectar co mundo sen quedar na nosa burbulla, pero o único que fan son crear individuos iguais que seguen o seu mandato sen rechistar. O documental que nos aportas non o coñeciamos pero parece estar moi interesante, grazas! A trata de mulleres é, persoalmente, un dos maiores problemas que existen actualmente e está nas nosas mans concienciar á xente e condenar ás persoas que comercian vidas.

      Gústame

  7. Badia Deltell, Carmen (S1D2)

    É innegable e ata escandaloso dicir que na actualidade xa acadamos a igualdade de xénero. Vivimos nuncha sociedad patriarcal na que os roles da muller e do home están moi estereotipados a pesar dos intentos de cambio. Os medios de comunicación son un dos instrumentos máis necesarios para que podamos tocar cas mans a meta, pero nos titulares seguirán apareciendo cousas como “outra muller morta” en lugar de “asasinada” por violencia de xénero.
    En torno á prostitución, os medios danlle un enfoque normalmente despectivo. Non podemos esquecer que é cero que a maior parte destas mulleres adícanse a isto para conseguir cartos ou foron engañadas e traídas ó noso país para ser un obxecto en mans dun proxeneta sen escrúpulos, pero tamén hai un sector de mulleres que son libres de decidir e a súa decisión foi adicarse a isto porque querían, polo que os medios deberían enterarse antes de falar da situación dos actores da noticia.

    A visión da muller como un obxecto de entretenimiento para os homes ven dada tamén, dende o meu punto de vista, pola industria do porno. Esta industria vai orientada a un público primordialmente masculino, xa que parece que si unha muller admite que consume porno míraselle peor ca un home. A única conclusión que pode sacarse destes films é que a muller está sometida íntegramente ó placer do home.
    En este ámbito foi Erika Lust, directora de cine para adultos, unha das primeiras mulleres en darlle un xiro de 360º a esta industria, dándolle un enfoque femenino e mostrando o que as mulleres querían ver cando o consumían. Aquí podedes atopar máis información acerca desta cineasta:
    http://elpais.com/elpais/2013/08/09/eps/1376044290_250638.html
    https://i-d.vice.com/es_es/article/erika-lust-reinventa-el-cine-para-adultos

    Estanse a producir cambios considerables, sobretodo ca nosa xeración no ámbito da igualdade, pero non é suficiente. Este é un cambio desde as raíces da nosa cultura e non podemos deixarnos pisar polo sector machista e conservador da sociedade. Deixen de darnos leccións para protexernos de violadores e ensinen ós homes a non violar muleres.

    Revision GBO: 14.3.2016 15:11

    Gústame

    1. Non considero que veña propiciada polo porno, mais ben o “porno” actual é a raíz da sociedade na que estamos. Sempre está interesante coñecer novas visións e a aposta de Erika Lust é admirable. Ogallá os cambios que nos leven á igualdade sexan vistos polos nosos ollos e os disfruten e valoren as vindeiras xeracións.

      Gústame

  8. Pombo Silva, Cristina. S3E1
    A prostitución é un problema moi serio ao que se enfronta a sociedade dende fai moito tempo, porén está aceptado por ela. Existen diferentes factores polos que nos encontramos nesta situación actual respecto á prostitución, un dos máis determinantes é la herencia que deixounos a historia humana e a súa visión respecto a ela.
    Da mesma maneira que a muller segue padecendo o machismo que se ven arrastrando dende antano, a prostitución é outro símbolo máis da submisión da muller e do seu trato como obxecto sexual dos homes.
    Xa centrándonos no tema principal, a prostitución nos medios de comunicación soamente destaco que da mesma forma que dixeches vós, aínda que si exista una pequena conciencia na sociedade e todo lo que leva esta “profesión” arraigada, os medios tenden a invisibilizar o contexto social e as desigualdades de xénero que fan posible a prostitución e en algúns casos o sensacionalismo e sexismo desta actividade sexual. Entón, se plantea a seguinte cuestión: ¿Ata que punto é una cuestión que preocupa á poboación?
    Buscando sobre este tema na rede, encontrei numerosas páxinas, de carácter feminista a maioría, que reivindican e expresan o descontento cos medios. Esta é una de elas: http://www.colectivohetaira.org/web/documentos/251-tratamiento-de-la-prostitucion-en-los-medios-de-comunicacion.html

    Gústame

    1. Castaño Gosende, Noelia-S1B1
      Non sei ata que nivel está aceptado na sociedade. A prostitución é a forma de gañar diñeiro para moitas persoas, pero ninguén o vai a recoñecer abertamente, e se o fan, non creo que fose indiferente para o receptor. Si, a sociedade patriarcal foi quen orixinou isto coa sumisión da muller ante o home, a todos os niveis. Pero non estou dacordo contigo en que os únicos que sofren o machismo son as mulleres. Todas as persoas feministas queren a igualdade de sexos. Engadir tamén que dentro da prostitución tampouco se pode xeneralizar, nin todo son mulleres, nin todas estranxeiras e os motivos que levan a unha persoa a exercela son moitísimos e moi variados. No referente aos medios de comunicación, entendo que me queres dicir que tapan todo o que hai detrás e amosan o sensacionalista. Si, pero non só na prostitución, en moitos máis temas. Ata que punto é unha cuestión que preocupa á poboación? Pois non o sei, considero que estamos nunha sociedade que mira cara o seu embigo, única e exclusivamente. Se algo non nos afecta hai moi poucas posibilidades de que nos interesemos ou reaccionemos, triste pero certo.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s