Contexto e situación do colectivo LGTBI

Imaxe sacada de Wikipedia Commons

Lemos Alonso, Ana – S2B2

Que dúas persoas do mesmo sexo vaian pola rúa collidos da man aínda é obxecto de polémica nos nosos días. E non só existe discriminación por inclinación sexual: a identidade de xénero tamén está sometida a cuestionamentos, violencias e discriminacións. Noutras palabras: a delitos de carraxe.

513 foi o número de incidentes contra homosexuais e transexuais en 2014, sendo Andalucía a comunidade na que máis sucesos se contabilizan. Sen embargo, as cifras son a punta do iceberg: denunciar non é doado. Entre as razóns máis habituais para non facelo están a vergoña, o temor ás represalias, a desconfianza de que a policía poda facer algo ao respecto… pero a máis frecuente é “non se me ocurriu” o “non me pareceu o suficientemente grave”.

Esta clase de comportamento dá conta da normalidade coa que o colectivo LGTB (lesbianas, gais, bisexuais e transexuais) se enfronta a agresións de calquer tipo. Antonte mesmo [8 de marzo] unha muller transexual foi golpeada e acosada nunha rúa madrileña. E mesmo en Compostela, un homosexual de 44 anos foi agredido verbal e físicamente o pasado 16 de febreiro.
No resto do mundo, a LGTBIfobia dispárase. E é que España encabeza os estudos en tolerancia cara a homosexualidade, cun 88% de aceptación. Séguennos Alemaña (87%), República Checa (80%), Canadá (80%) e Australia (79%). En Europa, os únicos países onde se rexeitan os dereitos gais son Polonia (42%) e Rusia (16%).
Non sempre existe a sorte de poder ser aceptados ou non. Na actualidade, hai 5 países que castigan a homosexalidade con penas de morte (Irán, Yemen, Arabia Saudí, Mauritania e Sudán) e noutros 71, existen penas de prisión, ás veces, con cadenas perpetuas ou condenas que implican castigo físico.

Ademais, o matrimonio entre persoas do mesmo sexo só está aceptado en 14 países no mundo: Holanda, Bélxica, Canadá, Sudáfrica, Noruega, Suecia, Portugal, Islandia, Arxentina, Dinamarca, Nova Zelandia, Uruguai e Francia, ademais de España. Nos EEUU, só 12 Estados permiten o matrimonio gai legal. Algo parecido ocorre en Brasil, país no que 10 de 27 estados permiten esta unión.

“Queer”: a teoría do pensamento LGTBI

Coa terceira ola do feminismo, proliferouse a teoría queer, cuxas bases parten da afirmación de que non é o mesmo o xénero (rol que se desenvolve na sociedade, xeralmente home ou muller) que a identidade sexual (dimensión biolóxica, ten que ver cos xenitais) e moito menos, coa orientación sexual (patrón de atracción sexual, que se estende ao espectro do eroticismo, do emocional e do amoroso ou romántico).

Ademais, a teoría acolle un amplo glosario de termos. Algúns dos máis básicos son:

Cisxénero: son as persoas que posúen unha identidade de xénero que concorda co papel social asignado aos seus xenitais. É dicir, unha persoa que naceu con xenitais de muller e considérase muller, é cisxénero.

Transxénero: espectro que acolle ao conxunto de persoas cuxa identidade de xénero non concorda co papel social asociado aos seus xenitais. O caso máis común é o da transexualidade, é dicir, persoas que naceron cuns xenitais cuxo papel social non se corresponde co que a persoa desexa desenvolver.

Cómpre ter constancia da heteronormatividade, achacada ao patriarcado por todos os seguidores desta teoría. Consiste en crer na heterosexualidade como única orientación sexual válida, dando como resultado un cúmulo de autoodio, que é ese “non (querer) saír do armario”.

Nos próximos meses, abordaremos este vocabulario de forma constante nos nosos círculos, polo que é compre ter unha base. Pola igualdade de dereitos sen distincións por razón de orientacións sexuais, pregámosmos estar atentos ás nosas actualizacións.

REFERENCIAS

BORRAZ, Marta. (2015). Las agresiones a homosexuales que quedan fuera de las estadísticas del Ministerio. Eldiario.es, <http://www.eldiario.es/sociedad/Agresiones-homofobas-datos-oficiales_0_380062382.html&gt;.

ESCARTÍN, J. (2013). España, a la cabeza del mundo en aceptación social de la homosexualidad. ABC, <http://www.abc.es/sociedad/20130609/abci-espana-pais-menos-homofobo-201306071931.html&gt;

ONIEVA, Álvaro. (2013). Datos y cifras sobre la aceptación y derechos LGTB en el mundo. 9 de marzo, de Diario del viajero. Sitio web: http://www.diariodelviajero.com/cajon-de-sastre/datos-y-cifras-sobre-la-aceptacion-y-derechos-lgtb-en-el-mundo

Gabinete de Coordinación y Estudios de la Secretaría de Estado de Seguridad. (2014). Informe sobre incidentes relacionados con los delitos de odio en España. 9 de marzo, de Ministerio del Interior. Sitio web: http://explotacion.mtin.gob.es/oberaxe/inicio_descargaFichero?bibliotecaDatoId=4064

Publicación: 10/03/2016 12:00

Revisión do editor: 10/03/2016 18:45

Revisión GBO: 10/03/2016 20:15

Advertisements

15 comentarios en “Contexto e situación do colectivo LGTBI

  1. Aínda que a día de hoxe todos coñecemos a situación legal dos dereitos do colectivo LGTB tamén é certo que a maioría da xente descoñece cales son as bases do seu pensamento, cando xurdiu, cómo e demáis. Son moitos os países a día de hoxe que aínda non recoñecen os dereitos debidos ás persoas con estas condicións sexuais e incluso nos países aos que soemos chamar “máis desenvolvidos” as agresións ou faltas de respecto a homosexuais son demasiado numerosas, como ben se afirma no artigo. Quizáis este odio que os compoñentes do colectivo sufriron dende hai tantos anos, e seguen a sufrir, sexa unha das razóns principais de que exista o “Nacionalismo queer”, que deriva do pensamento queer (como ben se di no texto un pensamento meramente reivinidicativo) dunha maneira máis extremista. Este fenómeno non é só unha forma de reivindicación das persoas homosexuais, bisexuais ou transexuais se non que se coñece como un movemento radical que trata de liberar a este colectivo afirmando que non son tan só unha minoría cunha conducta sexual diferente se non un pobo cunha cultura específica. A súa radicalización pode ser fruto da frustración deste colectivo ao non conseguir a mesma igualdade social e legal que os heterosexuais. Por isto moitas das súas campañas atacan aos heterosexuais. “Odio a los heteros” foi un dos seus sloganes.

    Aquí deixo un artículo no que se fala deste sector máis radical que emana dun dos movementos máis revindicativos e importantes para o colectivo LGTB:

    http://www.vientosur.info/spip.php?article6958

    Gústame

    1. Ola, Denise. Que ben que falaras de nacionalismo queer, concepto que non cheguei a mencionar de forma aberta porque tratei de simplificar o tema o máximo posible. Deste modo, poderei abordalo por aquí de forma breve.

      Aínda que poida chocar ao comezo, o homonacionalismo (que se usan como sinónimos, aínda que o outro abarca máis aló de orientacións) ten razón de ser. Por iso gustaríame citar un trozo do expresado neste blog http://www.gaygasteiz.org/2010/12/nacionalismo-queer.html, que creo que o resume perfectamente (traducido ao galego):

      “Hai unha literatura, un cine e un movimiento artístico directamente ligado co homosexual. É decir, hai unha cultura homosexual. Hai lugares de reunión, guetos onde o resto dos colectivos teñen restrinxida (ou mal vista) a súa entrada e hai unha gran organización. Hai unha persecución. Hai colectivos opresores que impiden a “liberación” de dita identidade con pleno dereito sobre o resto”

      Grazas por comentar!

      Revisión do coordinador: primeira revisión 16/03/2016 21:30 e segunda revisión 16/03/2016 22:18

      Gústame

  2. Rodríguez Vicente, María – S3C1

    A pesares de que a homosexualidade vaia integrándose e aceptándose cada vez máis na nosa sociedade, é ben certo que aínda queda moito camiño por percorrer. O feito de que España sexa un dos países con maior tolerancia do mundo non debe servir de excusa para deixar de abrir as nosas mentes. Foi no ano 1973 cando a Comunidade Científica Internacional declarou que homosexualidade non podería ser considerada unha enfermidade baixo ningún concepto, sen embargo, a día de hoxe existe un porcentaxe considerable da poboación que pensa que ter esta condición sexual pode ter cura e solución. O problema principal radica na educación que se imparte dende nenos, pois ao tratarse dun tema que se pode considerar novidoso, os docentes dos centros educativos non contan co material, a formación e a experiencia suficiente como para tratar este tipo de temas da mellor maneira posible. En Chile, por exemplo, a homosexualidade sempre foi un tema tabú ao considerarse unha sociedade conservadora incluso en comparación co resto de países latinoamericanos. A pesar disto, o goberno chileno optou por promovela entre os nenos mediante a publicación dun libro infantil titulado “Nicolás tiene 2 papás”.
    Se un neno ve normal que outros nenos teñan pais do mesmo sexo, verá normal que as persoas do mesmo sexo se enamoren, se casen e teñan fillos. Desta forma irase formando unha sociedade tolerante e respetuosa.
    http://www.accionfamilia.org/temas-polemicos/homosexualidad/gobierno-promueve-homosexualidad-entre-nios-de-4-aos/
    http://www.bebesymas.com/desarrollo/preparar-a-los-ninos-para-aceptar-la-homosexualidad

    Data de emisión do comentario: 9/03/2016- 23:45
    Data de revisión do GBO: 10/03/2016- 10:32
    Data de publicación do comentario: 10/03/2016- 15:24

    Gústame

    1. Boas, María.

      Como ben dis, se hai unha crenza de que o que non é normativo é raro e automáticamente rexeitado, é porque nolo inculcan desde nenos. Solución non sei se hai, pero quizais se os homosexuais tiveran máis facilidades para adoptar, a situación non sería a que é.

      E novamente volve a sorprender que España sexa a primeira en lexislar a adopción homoparental en 2005. É recente, demasiado. Déixoche un artigo que no que se desglosa o contexto xurídico no que os países que permiten a adopción por parte de persoas do mismo sexo acabaron legalizándoa: http://www.eltiempo.com/mundo/latinoamerica/adopcion-homoparental-paises-en-el-mundo-que-permiten-la-adopcion/15268775

      Grazas polo teu tempo.

      Revisión do coordinador: primeira revisión 16/03/2016 21:30 e segunda revisión 16/03/2016 22:18

      Gústame

  3. Yáñez Vila, Natalia – S3C5

    Moi boa achega, sobre todo con respecto ao vocabulario, xa que tendemos a confundir termos ou directamente nin coñecelos. É bo saber que en Galicia existe un colectivo chamado COLEGA (Colectivo de Lesbianas Gais Bisexuais e Transexuais Galicia) que loita dende a nosa comunidade para defender os dereitos que lle corresponden ao colectivo. Destacan como positiva a inclusión de activistas LGBT nas listas do BNG de Santiago de Compostela e chegaron a pedir un pacto contra a discriminación. É moi sinxelo poñerse en contacto con eles, porque a través do seu blog pódese acceder á súa conta de fabebook, correo electrónico, etc… http://galicialgbt.blogspot.com.es/
    Atenderon en 2011 máis de 129 cosultas relacionadas có VIH, bullying na cidade e problemáticas de ciber acoso.

    A nivel autonómico desenvolveuse unha lei no 2014 tanto en Galicia como en Andalucía, País Vasco e Navarra. “Ley del Parlamento de Galicia 2/2014 por la igualdad de trato y la no discriminación de lesbianas, gays,transexuales, bisexuales e intersexuales en Galicia.”. Os servizos públicos e tamén os axentes privados deberán velar pola incorporación de todo tipo de persoas nos postos de traballo sen importar a súa orientación ou identidade sexual. Tamén se encomendou á Xunta que incremente os organismos sindicais que velen pola inclusión do LGTBI nos convenios colectivos así coma noutras áreas. Este tema leva sendo tratado en profundidade varios anos pola actual Valedora do Pobo, Milagros Otero e tamén polos seus antecesores no posto. É moi interesante revisar os traballos feitos por esta institución e os avances logrados na materia, aos que se pode acceder a través da súa páxina web, e que ademais se atopan organizados por categorías, o que fai máis sinxela a súa comprensión. http://www.valedordopobo.gal/wp-content/uploads/2015/03/Informe-Valedor-do-Pobo-2014-Castellano.pdf

    As medidas aínda non son suficientes posto que segue habendo agresións a este colectivo, discriminación e illamento. Quizais un dos problemas é que non estamos sabendo educar ás novas xeracións na pluralidade. Non somos capaces de ensinarlles que todos somos iguais, este é o verdadeiro problema a revisar. Por que as sociedades cada vez máis avanzadas seguen atopándose con situacións deste tipo? Seguramente a resposta sexa a ignorancia, moitos xulgan sen coñecer. Podemos ver que as persoas con distinta orientación ou identidade sexual sofren incluso nas escolar, o cal é sorprendente e isto exténdese á vida cotiá, ao traballo, ao ocio e a moitas outras áreas. Gustaríame que non fora necesario concienciar sobre este tema, pero vistas as circunstancias precísase e moito. Hai que dicir que contan co apoio de moitas persoas que loitan día a día por facer visibles as súas historias. Por iso deixo aquí esta interesante entrevista feita por El País á fotografa e activista Zalene Muholi que ten moito que dicir sobre o colectivo LGBT en África.
    http://cultura.elpais.com/cultura/2011/10/19/actualidad/1318975210_850215.html

    Data de emisión do comentario: 10/03/2016- 23:15
    Data de revisión do GBO: 10/03/2016- 23:17
    Data de publicación do comentario: 10/03/2016- 23:33

    Gústame

    1. Ola, Natalia.

      Como reflexas, as accións de todas as persoas que comentas (as asociadas no COLEGA e Milagros Otero) son necesarios, pero non é suficiente. Necesitamos un cambio na sociedade, e resúltame triste que España sexa o país máis tolerante. Novamente, digo que non é suficiente.

      Hai un subtema que mencionas que é todo un obxecto de estudo: o bullying a homosexuais. Un 49% de homosexuais sufriron acoso escolar. E un 43% deles, chegaron a plantexarse o suicidio (fonte: http://www.eldiario.es/sociedad/jovenes-homosexuales-sufrido-acoso-escolar_0_71393075.html). A situación é, canto menos, grave. É compre un cambio social inmediato.

      Grazas por comentar!

      Revisión do coordinador: primeira revisión 16/03/2016 21:37 e segunda revisión 16/03/2016 22:19

      Gústame

  4. Luis Feijoo García S1D4
    En relación co artigo gustaríame sacar a luz o caso concreto das persoas individuais no que entendo que en canto maior é o grao de información, máis referentes persoais téñense e máis próximos son eses referentes, baixa o grao de actitudes homófobas. Ou sexa, que aquelas persoas que teñen referentes -e sobre todo referentes próximos- de persoas LGBT, polo xeral son menos homófobas que as que non os teñen. É o modo en que funcionan os estereotipos: se ti non coñeces a ninguén dun determinado colectivo, quedas co estereotipo; se coñeces a xente que pertence a ese colectivo, cuestionas o estereotipo. Isto pasa tamén cos estereotipos racistas, homófobos, étnicos, etc. Deste xeito, a normalización dos casos fomentará a aceptación dunha sociedade, polo que para superar o estigma, adoita ser necesario «saír do armario».

    Nesta liña, vou compartir o documental emitido en 2006 que conta a historia de homes e mulleres que pola súa orientación sexual sufriron a represión durante a súa mocidade e que no momento de rodarse este traballo de TVE padecían o dobre estigma de ser anciáns e homosexuais: http://www.rtve.es/alacarta/videos/documentos-tv/dtv-salir-del-armario-60/2195376/ a ver que vos parece…

    Gústame

    1. Ola, Luis.

      Grazas pola aportación (moi interesante, non fai mal botarlle un ollo ao enlace). Sobre o que comentas, dende logo que coñecendo un tema de preto non é para nada o mesmo que quedarse co que din ou podes ver desde lonxe.

      Pero deixemos de analizar a situación e poñámonos na pel dun homosexual. Estes problemas de odio e intolerancia cara a comunidade LGTB afectan ao benestar de dito colectivo. O rexeitamento non é doado de levar. De feito, a transfobia e homofobia foron declarados “problema de saúde pública”. Para máis información ao respecto, visita este enlace: http://www.elpais.com.uy/vida-actual/el-estigma-social-afecta-la-salud-de-homosexuales-bisexuales-y-trans.html

      Unha aperta e grazas polo comentario.

      Revisión do coordinador: primeira revisión 16/03/2016 21:45 e segunda revisión 16/03/2016 22:35

      Gústame

  5. Rodríguez Losada, Adrián (S3D3)

    Por desgraza a intolerancia é o motor da sociedade, nacemos libres de prexuizos e a medida que crecemos vamos adquirindo esa personalidade prexuiciosa.
    A identidade sexual é un tema tabú, e a inclinación sexual tamén. Non somos conscientes do dano que nos estamos a facer a todos, non ser iguais, a diversidade, é o que fai ao ser humano real.
    Non existe o igual, por ser home non tes porque amar a un muller, e por ser muller a un home, quen é quen para decidir sobre isto?.

    Moitas das veces estamos tan condicionados polo resto do mundo que non nos damos conta da pouca liberdade de pensamento que temos, non somos capaces de actuar sen pensar no que os demais poden decir de nós. E aquí a base da discriminación, así sentímonos superiores ao resto, ríndonos dos que no son iguais a nós. É moi importante tomar conciencia destes sucesos que nosa compañeira está a relatarnos neste artículo, é unha vergoña que existan paises que ainda non comprendan o que significa respeto e se mofen disto.

    Son moitas as asociacións que existen a favor dos grupos de gays, lesbianas e transexuais un dos máis importantes é a Federación Estatal de Lesbianas, Gais, Transexuales y Bisexuales que é , ante todo, un espacio de coordinación e intercambio para o movimiento asociativo LGTB. É un proyecto común de máis de 50 asociacións, de todo tipo que loita por garantir os dereitos destes ¨grupos¨. Na seguinte ligazón que ofrezo amosanse distintas maneiras de colaborar con esta organización que son de gran interese.
    http://www.felgtb.org/tu
    En Galicia tamén contamos cunha asociación chamada COLEGA (Colectivo de lesbianas, gais, bisexuais e transexuais de Galicia).

    Nos xornais son cada vez maís as noticias que falan de agresións por discriminacións homosexuais, e en moitos casos ninguén denuncia. Por iso creo convinte ofrecer esta información sobre de que maneira se pode por unha denuncia deste tipo. Aínda así a maior parte da xente non denuncia por medo ou vergoña, é unha idea que temos que erradicala por completo, ocorre o mesmo no maltrato machista, unha solución debe ser a máxima e completa protección dos denunciantes por parte da seguridade do estado.
    Poder facer a denuncia:
    * Ante as autoridades policiales de ámbito nacional, autonómico o local e cuartel ou dependencia da Garda Civil. O máis recomendable, facelo ante a Policía Nacional, son os máis preparados en cuestions de delitos de odio.
    * Ante a Fiscalía que hai en cada provincia e que se encarga de perseguir os delitos de odio.Chámase: Fiscal para a Tutela Penal da Igualdade e contra la Discriminación.
    * Ante o Xulgado de Instrucción ou o Xulgado de Paz do domicilio da persoa víctima da agresión.
    http://blogs.20minutos.es/1-de-cada-10/2016/01/22/como-denunciar-las-agresiones-homofobas-o-transfobas/

    Como dixen ao principio, os prexuizos son o motor da sociedade e deben ser erradicados pola propia sociedade, educando e respetando a todo o mundo por igual. En resumo, un tema que debe de ser tratado con maís forza polos medios de comunicación e polo goberno, e que precisa dun acordo a nivel internacional para acabar con esas desigualdades que existen en outros paises como os que expuso a miña compañeira no seu artículo.

    Data de emisión do comentario: 10/03/2016- 18:22
    Data de revisión do GBO: 11/03/2016- 13:47
    Data de publicación do comentario: 11/03/2016- 16:03

    Gústame

    1. Ola, Adrián.

      Non podo estar máis de acordo contigo. Cambiar a sociedade non é doado, pero é necesario, importante e debe facerse o máis pronto posible. Na resposta que lle deixei ao compañeiro Luis Feijoo, incluín un enlace sobre o moito que afectan os prexuízos á comunidade LGTB. E a denuncia non parece ser suficiente.

      Falabas sobre o tema das denuncias e os malos tratos físicos que sofre a comunidade. Este tipo de agresións están enmarcadas nos chamados “delitos de odio”, como puxen no artigo. Pois… a pesar de que os que denuncian son poucos, a homofobia é o delito de odio máis denunciado (fonte: http://www.20minutos.es/noticia/2134047/0/agresiones-homofobas/principal-delito-odio/espana/).
      Traballemos para cambiar a sociedade.

      Grazas polo teu tempo.

      Revisión do coordinador: primeira revisión 16/03/2016 21:45 e segunda revisión 16/03/2016 22:37

      Gústame

      1. Rodríguez Losada, Adrián (S3D3)

        Grazas polos teus enlaces tan útiles e por eses argumento tan bos, da gusto ver como cada vez máis xente involúcrase neste tema.

        Gústame

  6. Reboreda López, Sandra. S3D1
    Moi interesante a aportación, pero como ben apuntas, aínda queda un longo camiño que percorrer pola igualdade de dereitos. A pesar de que o colectivo LGTB se atopa, de hoxe en día, moito máis amparado que outrora, os prexuizos seguen latentes na nosa sociedade. Mais a situación empeora se falamos de países como Rusia, Malasia, Exipto… onde os discursos de odio e leis contra o colectivo, emitidos desde os poderes políticos, son cada vez máis ríxidos. Empregando o patrocinio da homofobia, os obxectivos son puramente represivos e de conservación da estrutura que patrocina o status dirixente.
    Achego un artigo no que o director do Programa de Dereitos Humanos LGTB de Human Rights Watch denuncia as diminucións dos dereitos do colectivo: http://www.chueca.com/articulo/alertan-sobre-la-arriesgada-situacion-lgtb-en-rusia-malasia-egipto-y-otros-paises-africanos

    Data de emisión do comentario: 11/03/2016- 11:54
    Data de revisión do GBO: 11/03/2016- 11:59
    Data de publicación do comentario: 11/03/2016- 16:13

    Gústame

    1. Boas, Sandra.

      Como dis, a LGTBIfobia é inadmisible. Co teu comentario non puiden evitar recordar a Christelle Nangdou, unha lesbiana que fuxía de Camerún dada a súa orientación sexual.
      Enchéusenos o peito de orgullo cando vimos que a sociedade española é a máis tolerante, pero… fáltanos moito. O que sufriu Christelle cando chegou a España non ten nome.

      Deixo o seguemento que fixo eldiario.es, porque foi un dos poucos, senón o único periódico que se preocupou esta rapaza: http://www.eldiario.es/temas/christelle_nangdou/

      Grazas pola aportación.

      Revisión da coordinadora: 26/03/2016 ás 14:25

      Liked by 1 person

  7. Villamel Baliñas, Tatiana. S3D5
    Falamos que a educación é a base para que as persoas sexan libres e entendan que todos somos iguais, pero vemos como son os propios países con maior nivel de educación aqueles nos que se cometen habitualmente atrocidades contra o colectivo homosexual. Polo que eu pregúntome, ¿o problema é o sistema educativo ou somos a propia raza humana que non aceptamos aquilo que consideramos diferente a nós? Esta pregunta fágoma ao ver que a maioría de agresións contra homosexuais xorden entre nenos e nenas menores de idade. Sen embargo, tamén cabe destacar que ás persoas maiores asimilan máis lentamente que un home este con un home ou unha muller cunha muller, seguramente porque viviron nunha época onde a xente escondía a súa orientación sexual por medo ao que diran se saías de esa burbulla que se consideraba a familia, unha familia “modelo”, na que hai un pai unha nai e uns fillos. As estadísticas amosan que o número de agresións a este colectivo aumenta cada ano no noso país, e as agresións non denunciadas aumentan día a día.
    Lategazos en Irán, prisión en Argelia, cadea perpetua en Bangladesh, e ata pena de morte en Irán Mauritania, Arabia Saudí, Sudán, Yemen e parte de Nigeria, que no século XXI os seres humanos permitamos isto paréceme denigrante. No ano 2013 o parlamento de Uganda aprobou unha lei contra os homosexuais que condenaría, nalgúns casos, a este colectivo a cadea perpetua e pena de prisión para calquera persoa que non dese parte ás autoridades.
    http://www.20minutos.es/noticia/2068111/0/uganda/ley-contra-homosexualidad/africa/
    Considero que é preciso reforzar a atención das vítimas, ao igual que as que sofren violencia de xénero, o temor ás represalias, a falta de probas e a impotencia producen ese medo que lles impide ter o valor de denunciar. En Madrid xurdiu unha iniciativa no que o Goberno de Cristina Cifuentes púxose a traballar con Ministerio de Xustiza para que as oficinas xudiciais de axuda ás vítimas atendan de maneira integral ás persoas que sofren este tipo de delitos.
    Todos somos iguais, todos temos dereito a decidir por nos mesmos, temos que conseguir deixar de vivir nunha constante ditadura humana e intentar aceptar a cada persoa. É unha loita que non é fácil porque o ser humano pode chegar a ser moi cruel, pero a esperanza é o último que se perde.

    Data de emisión do comentario: 11/03/2016- 16:57
    Data de revisión do GBO: 11/03/2016- 17:15
    Data de publicación do comentario: 11/03/2016- 18:31

    Gústame

    1. Ola, Tatiana.

      Como resposta á primeira pregunta que plantexas e baseándome na evidencia de moitos feitos que o respaldan, creo que os humanos tendemos a rexeitar o que é diferente. Unha das bases da educación de valores é o respecto, pero supoño que o instinto de rexeitamento ao distinto supera á educación.

      E como toda educación de valores, ten que ir cociñándose na casa. Este artigo fala sobre iso: http://mamiverse.com/es/educacion-sexual-lgbt-para-ninos-61391/

      Sobre o dos países que ilegalizaron a homosexualidade, estou completamente de acordo contigo e só se me ocurre o mesmo calificativo ca ti: denigrante.

      Grazas polo dato de atención ás vítimas e polo teu comentario. Un saúdo.

      Revisión da coordinadora: 26/03/2016 ás 14:26

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s