Pobreza e exclusión: o virus do século XXI

pobreza   García Vegas, Cintia – S2D2

 

Falar de pobreza en pleno século XXI debería estar prohibido. Pero non porque se queira ocultar, senón porque non debería existir.

Un dos últimos datos que chamou a miña atención foi o resultado dun estudio realizado pola Organización Oxfam segundo o cal este ano (2016) máis da metade da riqueza mundial estará en manos do 1% da poboación.

Todo isto vén a nos dicir, que as 85 personas máis ricas do mundo (dacordo coa publicación Forbes) controlarán máis do 50% dos recursos, acadando unha fortuna promedio de 2.7 millóns de dólares por persoa. Así, mentres estos capitais aumentan a diario, a pobreza e a desigualdade ó fan paralelamente. Son as dúas caras dunha mesma moeda.

O problema e que esta última cara é a menos visible, é como a cara oculta da Lúa: todo o mundo sabe que está ahí, pero ninguén lle presta atención. E é por isto que a pobreza sigue entre nós, facéndose máis forte cada día. Como un virus que é o infecta todo e que pensamos que non nos vai tocar a nós. Pero non se equivoquen, pódenos tocar e, de feito, xa o está facendo.

Antes de continuar, permítanme aclarar o que significa o termo pobreza e qué instrumentos se utilizan para medila, porque hoxe en día estase producindo unha desvalorización da súa importancia que debería preocuparnos. De feito, mentres que escribo estas liñas nunha cafetería da Coruña, unha nena duns 14 anos acáballe de dicir a súa nai que non comprarlle o último modelo dun smartphone significa que son pobres.

Primeiramente temos que distinguir entre pobreza – falta ou escaseza de recursos – y exclusión– perda da integración ou participación dunha persoa da sociedade. Estes dous conceptos soen confundirse debido a que están moi ligados, pero non sempre unha persoa que está nunha situación de pobreza se atopa tamén nunha situación de exclusión.  ¿Cómo se miden, por tanto, estes termos? Neste momento entran ó terreo de xogo os distintos indicadores, sendo un dos máis empregados o AROPE (At Risk of Poverty and/or exclusión). Este está formado por tres subindicadores, estando os dous primeiros relacionados coa pobreza económica e o último co emprego. En base ó resultado, calcúlase a tan coñecida Taxa de Pobreza (porcentaxe de persoas cun ingreso inferior ó umbral de risco de pobreza, sendo este o 50% da mediana dos ingresos de todas os habitantes).

Non entrarei a mencionar as causas, xa que constitúen un universo demasiado amplo de resumir nunhas liñas, pero si as consecuencias que se derivan destes conceptos. Así, segundo os últimos cálculos sobre a situación económica e social dos habitantes no noso país, observamos que as cotas de pobreza chegan ata preto do 37% no noso país e non baixan do 8%. É dicir, ese virus que anteriormente non críamos que nos puidese tocar atópase en cada centímetro do noso país.

 

INE

                                                                                             Fonte:  IGE

No nosa comunidade, 672.123 cidadáns atópanse en risco de pobreza ou exclusión, segundo apuntan o último informe emitido pola Red Europea contra a Pobreza e a Exclusión Social no Estado Español (EAPN). Os resultados do estudo apuntan a que a taxa de pobreza social en Galicia acada xa cotas do 24,3%, estando o 3,3% da poboación total de Galicia nunha situación de pobreza severa (90.236 persoas).

Santiago de Compostela, foco do noso estudio, presentaba no ano 2014 (último ano do que se dispoñen datos calculados) unha taxa do 18,69%, é dicir, case catro décimas por riba dos valores anteriores a crise.

 

garf                                        Gráfico de elaboración propia. Fonte: Instituto Galego de Estatística

Como vemos, uns datos alarmantes que esconden tras de sí a situación de miles de persoas que día tras día habitan nunha situación de vulnerabilidade que nós non percibimos.

 

Decía Mahatma Gandhi que a pobreza é a peor forma de violencia do mundo.

Acabemos con ela.

 

                          https://www.youtube.com/watch?v=7dOHmU1dOSg

 

 

REFERENCIAS

Balseiro, Ana (2016, 7 de febrero). ¿Es España un país tan desigual?. Lavozdegalicia.es. Recuperado de  http://www.lavozdegalicia.es/noticia/economia/2016/02/07/espana-pais-desigual/0003_201602G7P35991.htm

EAPN ES (2015,marzo). V informe anual sobre el riesgo de pobreza y exclusión de eapn basado en el análisis de datos de la encuesta de condiciones de vida del INE. Recuperado de  http://www.eapn.es/ARCHIVO/documentos/recursos/1/1444999999_151014_resumen_ejecutivo_v_informe_pobreza_eapn.pdf

EAPN Galicia (2014, Julio). Guía de estilo: Pobreza, vulnerabilidade e voluntariado. Recuperado de http://eapn-galicia.com/wp-content/uploads/2014/07/Gu%C3%ADa-Estilo-Pobreza-Vulnerabilidade-e-Voluntariado.EAPN_Galicia.pdf

Europa Press (2015, 10 de febrero). Más de 672.000 gallegos están en riesgo de pobreza. Lavozdegalicia.es. Recuperado de http://www.lavozdegalicia.es/noticia/sociedad/2015/02/10/128-millones-espanoles-riesgo-pobreza-exclusion/00031423566961692876512.htm

Forbes Staff (2015, Enero 19). Riqeuza global estará en sólo 1% de la población en 2016. Forbes.com. Recuperado de http://www.forbes.com.mx/riqueza-global-estara-en-solo-1-de-la-poblacion-en-2016/

Fundación FOESSA (2014, octubre). Informe sobre exclusión y desarrollo social en Galicia. Recuperado de http://www.foessa2014.es/informe/uploaded/ccaa/11122014060822_8174.pdf

Ginzo Villamayor, María  José (2010). Índices de pobreza en Galicia. Recuperado del sitio http://www.sgapeio.es/descargas/congresos_SGAPEIO/xsgapeio.uvigo.es/resumenes/50_29_paper.pdf

Ginzo Villamayor, M.J (2015). Índices de pobreza en Galicia (SII 2). Recuperado del sitio http://eio.usc.es/pub/mjginzo/descargas/pobrezaGalicia.pdf

Instituto galego de estatística. (2016).  Recuperado de http://www.ige.eu/web/index.jsp?idioma=gl

Publicaciones EAPN España. Recuperado de http://eapn-galicia.com/es/documentos/publicacions-eapn/

Schofieldification (2013, 8 Agosto ). Santiago de la Pobreza (The Poverty of Santiago) [vídeo]. En Youtube.com. Recuperado de https://www.youtube.com/watch?v=7dOHmU1dOSg

Xunta de Galicia (2014, 4 de Julio). Diagnóstico de Situación socieconómica y territorial de Galicia. Recuperado de http://www.conselleriadefacenda.es/documents/10433/3678822/A06_Diagnostico_sociec_Galicia.pdf/b5a04b87-2b13-4b66-8b4d-a8c749c8c5d0

 

 

Publicado: 10/03/2016 14:00

Revisión do editor: 10/03/2016 18:50

Revisión GBO: 10/03/2016 19:30

Advertisements

10 comentarios en “Pobreza e exclusión: o virus do século XXI

  1. Rodríguez Vicente, María – S3C1

    A triste realidade é que canto máis ricos son os ricos, máis pobres son os pobres. O feito de que a riqueza se concentre nas mans duns poucos non fai más que agrandar a brecha entre as clases sociais. A enorme crise económica que atravesa España dende fai xa 8 anos está provocando que unha porcentaxe considerable da poboación este sumida na pobreza e corra o risco de ser excluida socialmente. Cada vez son máis as familias que tratan de sobrevivir con menos de 300 euros ao mes e hai xa uns anos que quedou inaugurado o termo de “traballador empobrecido”, é dicir, traballar e esforzarse para manterse nunha situación económica do máis precaria. Polo seu bando, case o 40% da xuventude española atópase en risco de exclusión, unha situación que provoca que moitos non se poidan permitir pagar os estudios unha vez rematada a educación obrigatoria. Outra situación alarmante é a das persoas sen fogar, unha realidade que nos persegue a medida que pasa o tempo. Os albergues e as vivendas protexidas non son suficientes para que persoas nesta situación poidan ter un teito no que vivir. Algunhas estancias son unicamente temporais, o que fai que pasado un tempo a xente volva a estar na rúa. Xente mollándose nas noites de chuvia e cantidade de vivendas vacías por mor dos desafiuzamentos. Cal pode ser a solución a todo isto? O goberno ten a última palabra.

    http://www.laopiniondemurcia.es/sociedad/2016/02/29/36-jovenes-espanoles-riesgo-exclusion/717875.html
    http://www.rtve.es/noticias/20131213/gobierno-aprueba-plan-contra-exclusion-social-dotado-136000-millones-hasta-2016/820401.shtml

    Data de emisión do comentario: 10/03/2016- 12:59
    Data de revisión do GBO: 10/03/2016- 15:50
    Data de publicación do comentario: 10/03/2016- 16:18

    Gústame

    1. García Vegas, Cintia – S2D2

      Ola María, estou totalmente dacordo coas túas palabras. É totalmente inadmisible que mentres que unha gran parte da poboación non ten un teito baixo o que vivir e nada que comer, os ricos aumenten a cada segundo que pasa as súas fortunas. Por outra banda, as políticas levadas a cabo polos gobernos non están funcionando e día tras día asistimos a desafiuzamentos e largas colas nos comedores sociais arredor de toda a xeografía española.

      Relacionado con isto, atopei unha artículo de Juan G.Bedolla para el diario El País a finais do 2014 – “Sólo el 34,3% de los españoles vive sin carestías esenciales, según Cáritas”- que trata sobre os temas que propós. Déixoche a URL para que lle votes un vistazo: http://politica.elpais.com/politica/2014/10/28/actualidad/1414500612_030830.html

      Revisión da coordinadora: 26/03/2016 ás 14:00
      Revisión do editor:05/04/2016 14:36

      Publicado: 14/03 ás 19:40

      Gústame

  2. MARA SENRA RIVAS – S3C2

    Ola Cintia, moi interesante o teu tema e o xeito no que o trataches. Creo que sería interesante que en outras publicacións próximas te centrases na pobreza e a exclusión a nivel galego e como é tratado polos nosos medios. Para axudarte déixote os enlaces de varios recursos que te poden servir de axuda.

    Aínda que xa citaches información recollida por guías de EAPN Galicia hai outras que tamén te poderían ser de utilidade como:

    – Guía de estilo: Pobreza, vulnerabilidade e voluntariado
    http://eapn-galicia.com/wp-content/uploads/2014/07/Gu%C3%ADa-Estilo-Pobreza-Vulnerabilidade-e-Voluntariado.EAPN_Galicia.pdf

    – Guía de estilo: Personas sen fogar
    http://eapn-galicia.com/wp-content/uploads/2014/07/Gu%C3%ADa-Estilo-Personas-sin-Hogar.EAPN_Madrid.pdf

    -Guía de estilo: Colectivos en risco de exclusión
    http://eapn-galicia.com/wp-content/uploads/2014/07/Gu%C3%ADa-Estilo-Colectivos-en-risco-de-exclusi%C3%B3n.-EAPN-Galicia.pdf

    Por outra parte, miña compañeira Natalia Yáñez (S3C5) e eu, tivemos unha reunión e teremos máis ao longo destos meses para tratar moi diferentes temáticas como as que aquí tratamos. Unha de elas e esta mesa, a pobreza e a exclusión social, ademáis de poder aportarvos algún dato en canto o necesitedes, tería gran interese que lle botásedes un ollo a unha serie de pulbicacións nas que se desgrana esta problemática. A máis recente é a do ano 2014, actualmente están a piques de rematar a do 2015 pero aínda non teñen data exacta de publicación, cando esta esté fixada faremolo saber para que a podades consultar. Deixo o enlace de ese último informe anual e tamén doutros informes extraodinarios do valedor do pobo que poden ser de gran axuda.

    – Aqui vai o do 2014 http://www.valedordopobo.gal/wp-content/uploads/2015/03/Informe-Valedor-do-Pobo-2014-Castellano.pdf
    – E aqui unha vista xeral ao longo dos anos para consultar calquera información de interese e a sua evolución http://www.valedordopobo.gal/es/informes-anuales/

    -Por último o enlace tamén ós informes extraordinarios: http://www.valedordopobo.gal/es/monografias-e-informes-extraordinarios-2/

    Xa para rematar falas de que non entras en profundidade nas causas da pobreza e exclusión, podería ser interesante que fixeras unha entrada falando pormenorizadamente de estas, toda a información anterior sería util tamén.

    Data de emisión do comentario: 10/03/2016- 20:30
    Data de revisión do comentario: 10/03/2016- 20:34
    Data de publicación do comentario: 10/03/2016- 20:41

    Gústame

    1. García Vegas, Cintia [S2D2]

      Moitas grazas pola tú aportación Mara! Estivemos consultando os informes e vimos que teñen unha gran cantidade de información que poderemos usar na nosa investigación e nos próximos artículos.

      Revisión da coordinadora: 26/03/2016 ás 14:15
      Revisión do editor:05/04/2016 14:36

      Publicado: 14/03 ás 19:45

      Gústame

  3. Rubio Rodríguez, Iciar S3D4
    Dende o comezo da crise a pobreza aumentou desmesuradamente, centos de familias de clase media convertéronse en familias empobrecidas, dependentes das entidades sociais, ONG´S e axudas do Estado. O risco de exclusión e pobreza cébase cada vez máis coa poboación menor de 16 anos, onde a taxa de pobreza alcanza o 30,1%, esta é sensiblemente menor entre os maiores de 65 anos, dun 12,9%. Neste último ano, ademáis, unha de cada duas familias monomarental ou monoparental estaban en risco de pobreza e exclusión. Según a Rede Europea de Loita contra a Pobreza os que peor o teñen en España son o 2,9% da poboación que padecen os tres factores de penuria; desempleo, pobreza e privación material, máis dun millón de persoas encóntranse nesta situación no noso país, unha situación económica e social inhumana.
    Para que o Estado poida dar axudas alimentarias procedentes de fondos europeos as familias dependentes deben acreditar a súa pobreza cun informe dos servicios sociais. O que o goberno pretende con isto é regular o reparto de axudas para que ninguén poida aproveirtarse delas.
    O ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade, ofrece diversas axudas sociais a familias españolas, podes encontrar algunhas das principais axudas que prestan na súa páxina oficial.
    http://www.msssi.gob.es/ssi/familiasInfancia/ayudas/home.htm
    Noutros países coma Austria, o Estado ofrece incluso vivendas gratuítas as persoas que superan os umbrais de pobreza e as becas para os estudantes son moito maiores que as dos españois, poden ir dende os 60€ ata os 8148€ o ano, abonadas mensualmente na cantidade correspondente. Existen tamén axudas de excelencia universitaria, dirixidas aos estudantes con sobresaíntes que consisten nunha cantidade única, entre 720€ e 1500€, que se abonan por ano académico dependendo da concesión de ditas axudas as universidades.
    Existen numerosas páxinas para coñecer información sobre cómo financiar os seus estudos para que a pesar de non ter suficientes cartos para estudar podas facelo buscando outras opcións que non sexa o diñeiro dos seus pais http://www.european-funding-guide.eu/es/art%C3%ADculos/panorama-general-de-financiamiento/Financiaci%C3%B3n-de-sus-estudios-en-Austria. A diferencia de España, onde as axudas a estudantes son tan escasas que moitos deles teñen que deixar os seus estudos por non poder pagar as suas matrículas.
    http://politica.elpais.com/politica/2012/07/16/actualidad/1342465337_203819.html

    Data de emisión do comentario: 10/03/2016- 22:01
    Data de revisión do GBO: 11/03/2016- 11:35
    Data de publicación do comentario: 11/03/2016- 17:54

    Gústame

    1. García Vegas, Cintia [S2D2]

      Antes que nada moitas grazas pola túa aportación. Xustamente hoxe a miña compañeira Silvia publicou un artículo sobre a pobreza na infancia, déixoche o link: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/03/14/a-pobreza-infantil-nunha-sociedade-moderna/
      É certo que a pobreza nestas idades presenta unha problemática maior que no resto, xa que non só inclúe a falta de alimentación e dun fogar digno, senon que tamén supón un abandono da escolarización e, polo tanto, a imposibilidade de labrarse un futuro. De feito, organizacións como Cáritas calcular que vivir por debaixo do limiar de pobreza pode multiplicar por cinco o fracaso escolar.
      A pesar destes datos e de que, como ti mencionas, dende os inicios da crise o problema foi a máis, temos que celebrar que actualmente a situación parece mellorar. No caso da nosa comunidade, por exemplo, reducíuse a porcentaxe de abandono escolar debido á pobreza dun 23% a un 15,7%, tal e como apunta o presidente da Fundación Barrié, José María Arias nun artículo para El Correo Gallego: http://www.elcorreogallego.es/tendencias/ecg/caritas-alerta-pobreza-puede-ampliar-cinco-fracaso-escolar/idEdicion-2016-03-01/idNoticia-983347/

      Estamos lonxe do noso obxectivo, que é rematar dunha vez por todas con este problema, pero temos que seguir loitando por él.

      Revisión da coordinadora: 26/03/2016 ás 14:15
      Revisión do editor:05/04/2016 14:36

      Publicado: 14/03 ás 19:30

      Gústame

  4. Badía Deltell, Carmen (S1D2)

    Globalización. Suponse que isto é o proceso polo que intercomunícanse todos os países do mundo para sacar partidos os uns ós outros en todos os ámbitos para saír gañando todos. Regalando unha dosis de realidade, Isto en verdade é o proceso culpable do grado de pobreza que acadamos no século XXI que provoca unha división clara do globo en tres mundos. O que esto provocou foi que os países máis ricos do mundo aproveitáranse dos máis pobres, falando en términos monetarios, ya que son os que máis recursos naturais reunían. As multinacionales actuales mantéñense grazas á explotación das personas máis pobres.

    Os máis poderosos responderán a isto co típico argumento de que si eles non ofrecieran traballo estas personas non terían nin para comer pero o que os traballadores queren é que se lles trata como merecen, cunhas condiciones dignas no seu lugar de traballo e un salario acorde o que fan es ás horas que invirten. Hai que loitar para que o proceso de globalización sexa realmente algo proveitoso para todos os cidadáns, e non só para esas 80 e pico persoas que teñen dinero e por tanto poder.

    No documental titulado “The Corporation” explican nas dúas horas a media que dura a evolución da economía dende una perspectiva crítica e real. Neste enlace atoparedes a ficha técnica http://www.filmaffinity.com/es/film791777.html

    Revisión GBO: 14.3.2016 15:16

    Gústame

    1. García Vegas, Cintia [S2D2]

      Grazas pola túa aportación Carmen, de seguro que veremos o documental para poder ampliar a nosa visión sobre o tema.
      Con respecto ó tema da globalización, eu non creo que o problema resida nesta idea, senón máis ben no mal reparto que existe hoxe en día dos recursos. A globalización trouxo tanto cousas boas como malas, iso non o discuto, pero eu creo que problema reside principalmente en que o poder e o capital reside en mans duns poucos. De feito, Jordi Évole mostraba nun episodio de Salvados cómo os os países máis desenvoltos fan uso dos recursos e da man de obra dos países do terceiro mundo para aumentar a súa riqueza (déixoche o link por se o queres ver http://www.atresplayer.com/television/programas/salvados/temporada-11/capitulo-13-quin-cmo-dnde-fabrica-ropa-que-venden-grandes-marcas_2016021900402.html ).
      Creo, por tanto, que o importante agora é utilizar a globalización como vía para redistribuir os recursos en lugar de culpabilizar a esta nova forma de organizar o mundo dos problemas que nós mesmos causamos.

      Revisión da coordinadora: 26/03/2016 ás 14:15
      Revisión do editor:05/04/2016 14:36

      Publicado: 19/03 ás 19:23

      Gústame

  5. É unha realidade innegable a pobreza no mundo, dentro de todos os seus grados: alimentación, sanidade, cultura etc. En España, nestes tempos, podemos observar como se chega a ela tanto de manera direita como pouco a pouco desaparecendo a clase social media. Ou viras a rico ou viras a pobre, queren acabar cos términos medios.S2C5

    Gústame

    1. García Vegas, Cintia [S2D2]

      Ola Isabel,

      grazas a investigación que estamos levando a cabo e as informacións que nos aportan as nosas fontes, estámonos decatando de que o mundo está nunha situación moito peor da que esperábamos. A pobreza e a precaridade van en aumento no noso país dende o inicio da crise no ano 2008 e, estando xa no 2016, é unha vergoña que non se poña remedio. Mentres que a clase media, tal e como ti apuntas, cada vez o ten máis difícil para vivir, as clases altas aumentan a súa riqueza e as clases máis baixas xa non poden nin manterse por sí mesmas. No Círculo que levamos a cabo fai dúas semanas, dous afectados contábamos que as políticas dos gobernos e dos concellos non serven para nada, que realmente o que fan, máis que axudar é todo o contrario. A propósito disto acabo de atopar unha noticia publicada fai unhas horas polo diario La Voz de Galicia referente a las políticas y ayudas de la UE para mellorar a situación: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/03/30/pleno-respalda-proyecto-contra-pobreza-optara-ayudas-ue/0003_201603S30C4994.htm
      A ver se o consiguen.
      Eu polo momento quédome coas palabras dun dos nosos convidados que nos dicía que para él “as políticas de axuda dos gobernos están feitas para camuflar e intentar solucionar os seus propios problemas internos, non os dos cidadáns en risco”.

      Revisión do editor: 31/03/2016 ás 18:20
      Revisión da coordinadora: 31/03/2016 ás 22:45

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s