DISCRIMINACIÓN NOS MEDIOS

Rodríguez Menéndez, Cristina . S3B4

Fonte imaxe: http://www.boliviacultural.com

Racismo e xenofobia. Dous substantivos moi presentes na actualidade cos refuxiados sirios, porén non fai falta ir tan lonxe para atopala. Tan só temos que acender o televisor, abrir o diario ou simplemente os nosos oídos para escoitar a quenes mellor nos poden narran esta cruda realidade:os propios afectados.

Guada Cruz Boada é unha xoven de vinte anos que estuda Administración e Direción de Empresas na Universidade da Coruña. É procedente de Etiopía e con oito anos foi adoptada por unha familia española. Desgraciadamente a súa adaptación non foi doada xa que tivo que lidiar con fortes discriminacións polo seu cor de pel, por aqueles que non entendían porque ela era negra e os seus país brancos. Tivo que facer fronte ao racismo dende os seus primeiros días na escola. “ Cuando llegué no sabía nisiquiera hablar el idioma, iba al colegio, y dos niñas me pegaban y me decían que me fuera a mi país”, relata a xoven. Cóntanos tamén que as pasadas navidades nunha campaña solidaria, unha señora díxolle que non ía axudar aos negros si había xente aquí morrendo de fame. Noutra ocasión foi o un porteiro da discoteca o protagonista da actitude racista ao ver que Guada tiña o seu DNI caducado díxolle: “como te pille a policía, vaite deportar ó teu país”.

Si. Estes comportamentos acontecen no noso día a día. O problema vai moito máis alá de pensar que hai persoas racistas porque ten que haber de todo. A pregunta é, por que esa persoa é racista? As ideas discriminatorias non naceron da nada na súa cabeza. Están nela porque algo ou alguén inculcoullas. Probablemente a educación ou as súas vivencias persoais,pero tamén os medios de comunicación. Eles, teñen un forte poder sobre a sociedade xa que a forma na que plasman as noticias, determina a idea que a poboación ten sobre elas. Numerosos estudos comprobaron esta idea. Walter Lippmann a través da obra “Opinión pública” defendeu que os medios de comunicación condicionan os nosos coñecementos xa que constrúen un pseudoenterno a través do cal nos fan chegar a información necesaria para a nosa vida cotiá. Polo tanto,os medios teñen un papel importante á hora de axudar ó proceso de integración destas comunidades. Porén, a realidade é ben distinta, xa que en lugar de servir como ferramentas de axuda, os medios de comunicación colaboran en aumentar as desigualdades. Isto é debido a que a inmensa maioría das noticias relativas á inmigración que nos chegan son negativas. A delincuencia, a violencia, desemprego, prostitución, van unidos da man da palabra inmigrante. Isto foi comprobado por numerosos estudos, como o realizado por Carlos Muñiz Muriel,Juan José Igartua Persosanz, Montse de la Fuente e José Antonio Otero Parra. O seu traballo titulado Imágenes periodísticas de la inmigración.Aportaciones metodológicas al estudio de la comunicación visual foi realizado en 2004 e nel analízaronse tanto cadeas de TV (TVE1, Antena 3 e Tele 5) como diarios de ámbito nacional (El País, El Mundo, ABC e A Razón). O estudo comprobou finalmente que a sociedade española se ve sometida a un bombardeo continuo de mensaxes negativos, representando máis do 60% do total das noticias. Tamén demostrou que o enfoque temático predominante é o que vincula a inmigración con delincuencia.

As consecuencias disto é que se crean na poboación unha serie de estereotipos que levan a poboación a ver aos inmigrantes como unha ameaza e polo tanto a un aumento da xenofobia. O uso de titulares exagerados, a información mal contextualizada e un vocabulario moi inadecuado acentúa este problema. Nesta noticia podemos ver o uso do termo “oleada de pateras”, o cal ten unha forte carga denotativa e asocia aos inmigrantes con multitude e polo tanto leva aos españois a consideralos un perigo para a economía. Non só é problema do vocabulario, senón tamén do contido visual amosado dos inmigrantes que é fortemente negativo e relacionado co horror. Os medios buscan o sensacionalismo, aumentar as súas ventas, sen pensar no dano que están a facer neste colectivo. Teñen que dedicarlles páxinas a este colectivo para paliar a discriminación que sofre e non para crear espectáculo mediático. É o momento de darlles voz a aqueles aos que o día a día lles apreta as cordas vocais. É fundamental o papel que están facendo as diferentes asociacións por iso é imprescindible que aparezan máis nos medios. E por suposto, os propios afectados. Os medios fan un racismo inconsciente que é primordial erradicar para que a situación destas persoas poda mellorar.

Referencias:

-Hora de publicación: 20:20

-Hora de revisón del editor:19:30

-Hora de revisón del coordinador: 20:00

Día: 11/03/2016

 

 

Advertisements

4 comentarios en “DISCRIMINACIÓN NOS MEDIOS

  1. De Matos Alonso, Adrián. S1D1.

    Preocúpame moito ese racismo inconsciente do que falas, xa as claras, ao final do teu texto. O de esas persoas con actitudes fortemente racistas que non alcanzan a darse de conta do erro no que están caendo. E non son poucas. Todo o contrario. Falo de persoas que, en principio, mostran un trato educado con todo o mundo, sen facer distincións, pero que cando teñen unha confrontación –sen importar a relevancia do asunto- recorren automaticamente ao insulto racista. Non so ao pensamento momentáneo –xa de por si unha tara gravísima da nosa sociedade-, senón directamente a expresión deste. Que logo, co problema solucionado, retiran todo o dito, xustifícanse alegando un momento de tensión e a outra cosa, que “tampouco foi para tanto”. Seguro que non? E iso o vivín eu en segundo persoa con protagonistas cos que tristemente sempre había tido bo trato, dos que non te esperas ese tipo de decepcións. Ou non me esperaba. Da pena como a un xa non lle sorprenden esta clase de estupideces…
    Un espello –enorme, ademais- deste problema é o deporte. Xogadores e afeccións seguen recorrendo moitas veces ao insulto racista para descentrar ao rival, tras unha disputa ou despois dunha derrota. E mesmo tendo persoas da mesma raza no seu equipo, cos que se levan marabillosamente ben e cos que nunca tiveron ningún problema debido ao seu lugar de procedencia. Incongruente, si, pero tamén moi certo. E con noticias a mares que o demostran (http://deportes.elpais.com/deportes/2016/01/13/actualidad/1452703263_525538.html).
    Tamén creo, como dis, que os medios teñen gran parte de culpa deste “racismo inconsciente”. Que prefiren facerlles ruído que darlles noces. E, claro, con tanto ruído, a maioría dos lectores acaban quedándose xordos. E quen non pode escoitar…

    Gústame

  2. Rodríguez Menéndez,Cristina- S3B4
    O primeiro de todo moitas grazas pola tua contribución Adrián. Oxalá todas as persoas levasen a cabo esa reflexión para conseguir unha concienciación social necesaria para paliar este gran problema. Como ben dis, desgraciadamente o racismo está presente en todos os eidos da nosa vida e como afirmas, no mundo dos deportes é moi destacable. A noticia que compartes desgraciadamente é unha boa proba de isto, como tamén o foi no pasado mes a suspensión do partido Lazio-Nápoles durantes catro minutos polo mesmo motivo ( http://deportes.elpais.com/deportes/2016/01/13/actualidad/1452703263_525538.html). Comparto a túa visión acerca da culpabilidade dos medios de comunicación en este asunto. Daniela Ortiz, artista e activista, explica moi ben nesta entrevista (http://www.vientosur.info/IMG/article_PDF/article_a10229.pdf) o tratamento discriminatorio que fan os medios da inmigración. Afirma que para eles, os inmigrantes tan só son cifras para conseguir o maior sensacionalismo posible. Isto o demostra a través do análise ao periódico El País. Nel, móstrase un titular que di que 300 inmigrantes intentaron saltar a valla, mentres que abaixo e cunha letra moito máis pequeña, amosa que só 5 o lograron. Todo cambiaría si o titular fose: “Cinco inmigrantes saltaron a valla”. Detalles como este que poden parecer insignificantes, son os que contribúen a aumentar a brecha social, as desigualdades e levan a que a meirande parte da poboación relacione a palabra inmigrante como algo negativo.
    Data de emisión do comentario: 14/03/2016- 21:43
    Data de revisión do GBO: 14/03/2016-22:00
    Data de publicación do comentario: 14/03/2016-22:15

    Gústame

  3. Reboreda López, Sandra. S3D1
    Boas Cristina. Moi interesante a aportación da rapaza etíope. Nada mellor que a primeira persoa para coñecer en profundidade unha realidade tan crúa como da que nos falas. É longo, como xa apuntei no artigo da túa compañeira Laura, o camiño que nos queda por percorrer, xa que coma ti ben dis, estes prexuizos están ancorados nas raíces mellor suxeitas da nosa sociedade, sendo o froito dunha semente xermolada pola educación, as vivencias persoais e, sobre todo, o discurso dos medios de comunicación. Estes teñen un alto grao de influencia debido á súa forza expresiva, porque se basea na imaxe e resulta moi eficaz para interiorizar as mensaxes, xa que van parar directamente ao subconsciente. Deste xeito, os medios constrúen un mundo que, supostamente, representa o mundo real. Se a súa visión sobre un determinado tema é pesimista, serán poucos os que o vexan de maneira optimista. Mais do que non estou segura é de que, como apuntas na penúltima liña do teu texto, se trate dun “racismo inconsciente”. Baixo o meu punto de vista, non é máis que un dos puntos que se atopan detrás da liña editorial do medio en cuestión. Achego un pequeno estudo moi interesante sobre isto: http://www.ugr.es/~pwlac/G25_01JoseMaria_Rubio_Ferreres.html.
    Gustaríame que puidésemos esquecernos por uns intres, malia a enorme dificultade que son consciente que implica, da situaciación de desamparo e rexeitamento na que se atopan todas estas persoas das que falamos. Só desta maneira poderemos facer visibles actos como os que tiveron lugar durante as pasados semanas para facer visible o rexeitamento á política que se está levando a cabo contra os refuxiados sirios: protestas, retiros da bandeira de UE etc. Achego varios links de noticias relacionadas que espero que che sirvan de axuda: http://www.eldiario.es/galicia/Varios-Diputacion-Lugo-UE-refugiados_0_495200923.html, http://ccaa.elpais.com/ccaa/2016/03/17/valencia/1458209921_846481.html, http://www.infolibre.es/noticias/politica/2016/02/10/mas_ciudades_espana_suman_marcha_europea_por_los_refugiados_44643_1012.html. Quizáis, e esperemos que así sexa, este é o camiño.

    Data de emisión do comentario: 18/03/2016- 16:54
    Data de revisión do GBO: 18/03/2016- 17:00
    Data de publicación do comentario: 18/03/2016- 17:14

    Gústame

  4. Rodríguez Menéndez,Cristina-S3B4
    Grazas pola túa aportación Sandra. Moi interesante o estudo que ensinas. Nel podesedemostrar o gran poder dos sobre a poboación, por iso é tan importante empezar a cambiar as cousas dende eles. Como ben dis, actualmente estamos sendo partícipes dun dos momentos da historia con máis discriminación a través da problemática dos refuxiados sirios. Aínda que os medios usen eufemismos para maquillar a cruda realidade, a situación que estamos vivindo non deixa de ser similar á epoca do nazismo. Esta idea a recolle Luis Gonzalo Segura neste artigo http://blogs.publico.es/un-paso-al-frente/2016/03/17/3548/. “González, Aznar, Zapatero o Rajoy son responsables o cómplices de una gran cantidad de crímenes que hemos cometido o cometemos desde hace mucho tiempo”, afirma o autor, resaltando o papel decisivo dos medios de comunicación nos distintos acontecementos da historia.
    As noticias que achegas son unha pizca de esperanza que resaltan na oleada que nos chegan a diario repletas de odio e crueldade como a seguinte http://deportes.elpais.com/deportes/2016/03/15/champions/1458058756_705557.html.
    Data de emisión do comentario: 18/03/2016- 23:15
    Data de revisión do GBO: 18/03/2016- 23:20
    Data de publicación do comentario: 18/03/2016-23:24

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s