A creación de estereotipos no ámbito da prostitución

Costa Iglesias, Nerea – S1B2

Os medios de comunicación son os grandes difusores e as veces creadores de toda clase de estereotipos relacionados con calquera eido. En canto o tema que aquí se aborda, faise aínda máis visíbel pola linguaxe que se usa nas informacións que tratan a prostitución. A estigmatización das mulleres que pertencen a este colectivo é tan alta que xa ninguén se estrana ante titulares tales como : “Extranjera, joven y con hijos es el rostro de la prostitución en España” publicado no xornal ABC, e feita pola Axencia EFE.

O perfil que desde os medios se lles dá as prostitutas é de mulleres inmigrantes, vítimas de trata e que na maioría dos casos a súa presenza trae consigo a delincuencia. Baseánse  no argumento da maioría en “metelas a todas no mesmo saco”, mais non son eles os responsables como voceiros da cidadanía de pórlle fin a tanto tópico?

Outro dos estereotipos máis estendidos polos medios de comunicación é a victimización das mulleres que se dedican á prostitución. Como se refire Ana Belén Puñal na súa tese sobre o tratamento na prensa sobre a prostitución adoita facerse un discurso emotivo, case paternalista, no que elas son sempre explotadas por redes de trata e vítimas de violencia de xénero. Isto xera un gran debate tamén entorno ao feminismo xa que existen opinións moi enfrontadas. As abolicionistas entenden que a prostitución é esclavización da muller por parte dunha sociedade patriarcal, é dicir, un elemento máis da opresión machista. Mentres que hai outras opinións que piden que a prostitución sexa recoñecida como un traballo e que se legalice. Poucas veces este debate se ve recollido nos medios de comunicación, porén é un dos eixos fundamentais de discusión á hora de poñer en marcha medidas para mellorar a situación das prostitutas

Sen dúbida ningunha o peor e máis repetido estereotipo por parte dos medios de comunicación é o de asociar a prostitución coa delincuencia, a desorde pública, a drogodependencia. Estas situacións están máis relacionadas coa prostitución na rúa e adoita aparecer nos medios en forma de denuncia veciñal na que se critica a mala imaxe para o barrio que dan cando exercen a súa profesión na vía pública. Quéixanse da violencia que traen consigo, actitudes incívicas, sucidade… Este conflicto entre prostitutas e veciños é aproveitado polas cadeas de televisión para facer un pouco de morbo co asunto, sen entrar en profundidade no tema. Por exemplo no coñecido  caso que acontece no barrio do Raval, no centro turístico de Barcelona, o Programa de Ana Rosa realizou diversas reportaxes que tiñan como única función polemizar.

Nesta enumeración de tópicos sobre a prostitución non podía faltar aqueles que se relacionan coa súa saúde e coas condicións nas que  realizan o seu traballo. Estas informacións intentan relatar todo tipo de danos que sufren as prostitutas, agresións, abusos, maltrato, violacións, lesións, depresión, traumas ou enfermidades de transmisión sexual. Aínda que moitas veces si que é verdade que se ven obrigadas a soportar todo tipo de vexacións, os medios case sempre xeralizan sobre o tema buscando outra vez a victimización e sen ter en conta que algunhas veces esa violencia é causada polos propia policía.

Estes só son algunhas das imaxes que os medios de comunicación axudan a difundir sobre a prostitución, aínda que hai moitas máis. A súa responsabilidade na concepción que ten a sociedade sobre isto é innegable, así que polo menos deberíamos plantexarnos que información estamos consumindo e de onde provén.

Bibliografía:

Identifican al menos 5 daños físicos y psicológicos por la prostitución – La Razón. (2016). La-razon.com. Retrieved 11 March 2016, from http://www.la-razon.com/sociedad/Identifican-danos-fisicos-psicologicos-prostitucion_0_1852014868.html

La abolición de la prostitución, única solución. La prostitución no es legalizable | Crónica Popular. (2015). Cronicapopular.es. Retrieved 11 March 2016, from http://www.cronicapopular.es/2015/05/la-abolicion-de-la-prostitucion-unica-solucion-la-prostitucion-no-es-legalizable/

La Rambla, una calle turística repleta de prostitutas. (2016). Telecinco.es. Retrieved 11 March 2016, from http://www.telecinco.es/elprogramadeanarosa/investigacion/rambla-calle-turistica-llena-de-prostitutas_2_1603905068.html

Prostitución y salud. (2016). Mujeresparalasalud.org. Retrieved 11 March 2016, from http://www.mujeresparalasalud.org/spip.php?article140

Prostitución y violencia de género. (2013). eldiario.es. Retrieved 11 March 2016, from http://www.eldiario.es/zonacritica/Prostitucion-violencia-genero_6_144945507.html

Puñal Rama, A. (2016). Presenza e ausencia das mulleres na prensa. Análise do tratamento da prostitución en El País e en ABC(1977-2012). Universidad de Santigo de Compostela.

Horas de publicación e revisión:

Hora de publicación: 23:40

Hora revisión editor: 23:35

Hora revisión coordinador:23:15

 

 

 

 

Advertisements

2 comentarios en “A creación de estereotipos no ámbito da prostitución

  1. Os medios de comunicación non para de acrecentar os prexuizos e os estereotipos na sociedade, non só nos temas da prostitución, se non na meirande parte de outros colectivos, como estamos percibindo no observatorio. O feito de ligar xa nos titulares das noticias a prostitución coa violencia, narcotráfico ou inmigración crea e alimenta unha imaxe deteriorada na sociedade sobre o tema da prostitución, asociando inmediatamente á prostitución con estes temas. Asóciase máis rapidamente á violencia, drogas e inmigración que a pobreza que hai detrás de todo isto, a trata de mulleres ou a explotación sexual. Os medios de comunicación deberían ser os responsables de amosar aquilo do que a sociedade non se percata, pero pola contra, non fai máis que alimentar prexuizos e estereotipos.
    Buscando datos sobre o tema atopei estes dos artigos, de ABC ( http://www.abc.es/sociedad/20150918/abci-mujeres-obligadas-prostitucion-201509181643.html ) e de El Confidencial ( http://blogs.elconfidencial.com/espana/tribuna/2014-08-24/las-mentiras-las-grandes-mentiras-y-las-estadisticas-sobre-prostitucion_179597/ ) onde tratan algunhas estadísticas pero que non coinciden demasiado.
    Por outro lado, en Estrella Digital realizan unha entrevista a Samanta Villar, periodista que abordou o tema da prostitución desde diferentes puntos de vista no seu programa Conexión Samanta, e que fala de mitos e realidades na profesión e na diferencia entre a trata de mulleres e a prostitución voluntaria http://www.estrelladigital.es/articulo/entrevistas-estrella/mujer-no-siento-diferente-ninguna-prostituta-asi-imagino-haciendo-mismo-ellas/20150731212341248427.html

    Revision GBO: 16.3.2016 21:51

    Gústame

  2. Costa Iglesias, Nerea-S1B2
    Por suposto que os medios de comunicación son os principais difusores de estereotipos sobre a prostitución e tal que como mostras nese exemplos dánse en todos os niveis, prostitutas, clientes e proxenetas.
    Mais non coincido en absoluto coa entrevista realiza a Samanta Villar. Excusarse dicindo que as mulleres están sometidas en todos os tipos de profesións ao patriacardo neoliberal para xustificar a prostitución pareceme cando menos, simplista. Como sociedade debemos loitar contras as desigualdades do patriarcado e non aceptalas resignadamente.
    Tampouco podemos obviar que a maioría das prostitutas son víctimas de trata e que aquelas que elixen facelo porque lle sae máis rentable que outros traballos son as menos. Desmitificar a prostitución non significa idealizala. Ademais o seu comentario sobre que chegado o caso ela tamén exercería de prostitución a cambio dunha grande cantidade de diñeiro paréceme pouco crible. Probablemente gañe moito máis como prostituta de luxo que como xornalista pero non se adica ao primeiro. No meu parecer erráse ao falar de elección libre cando se trata dunha escolla feita por necesidade. Por outro lado mostra moi pouco solidaridade coas mulleres que si sufren explotación sexual.
    Pero máis alá de comentar o acertado ou non destas declaracións, os medios de comunicación deberían reflexionar sobre a profundización das súas informacións. Non se trata de enumerar uns feitos e uns clichés xa sabidos. Hai que ir máis alá dándolle as noticias unha perspectiva de xénero, usando unha liguaxe axeitada e deixando de lado os prexuízos.
    Revisión do GBO: 20:00h

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s