Entrevista a Andrea Oca, alumna de 4º de Xornalismo da USC, que realiza o seu Traballo de Fin de Grao sobre “o tratamento nos medios das enfermidades mentais”

GAB S1D

De Matos Alonso, Adrián (S1D1); Estevez Avelar, Alejandro (S1D5) e Feijoo García, Luís (S1D4)

Estás a tratar o tema do tratamento das enfermidades mentais nos medios de comunicación. Cal é o enfoque concreto do teu traballo?

A miña primeira idea era falar da saúde mental nos medios, pero é un tema demasiado ampla e xa existen moitos estudos sobre iso. Por tanto, o que fixen foi planear dous talleres en dúas asociacións de saúde mental para que a xente integrante deses talleres, que son tanto persoas que teñen unha enfermidade mental como familiares e traballadores lean noticias desde un punto de vista crítico nas que apareza algo relativo ás enfermidades mentais.

Entón, o primeiro que fixen foi lerme todos os estudos que hai sobre o tema, enfocados a España e en medios impresos, porque era necesario acoutar o traballo, xa que se por exemplo tamén entraba noutros ámbitos como a ficción, a extensión da área de estudo sería inabarcable. Fixen todo o marco teórico e elaborei un marco de interpretación do que eu cría que ían dicir nos talleres, polo que me centrei na linguaxe que se utiliza nas noticias, en conexións entre actos delituosos e o vínculo que realizan os xornalistas coa saúde mental sen ter en conta ningún tipo de diagnósticos, as fontes utilizadas, entre outras cousas.

Nun primeiro momento, non tiña pensado dicir todo isto ás persoas que ían participar nos talleres para non influenciar nas súas decisións. O que fixen foi seleccionar unhas noticias, ao mesmo tempo que lles dei a indicación de que levasen noticias para que eles comentasen como aparece reflectida esta temática. Non lle dixen que fosen nin negativas nin positivas, pero como eu pensaba todas as noticias que chegaron aos talleres foron noticias con connotiacións negativas.

Os talleres organiceinos en presentacións individuais de cada noticia, principais erros, e posibles solucións. A medida que se foron desenvolvendo xurdiron outras preguntas coma se é permítente que se nomee a enfermidade mental na noticia por exemplo, o cal é un pouco polémico, xa que se non hai un diagnóstico confirmado non se pode meter a enfermidade na noticia aínda que a policía diga que pode ser que tivese esquizofrenia, ou como pasou cos veciños do batería dos piratas, do cal se dicía que podería sufrir bipolaridade. A conclusión final foi que se a enfermidade está directamente relacionado co acto delituoso si que se debe meter na noticia, aclarando se a persoa estaba a ser tratada ou non,xa que se non está tratada é posible que se deba a un brote como consecuencia de tomar mal a medicación ou non facer caso ás prescricións médicas, pero se non está tratada, hai un 97% de posibilidades de que ese acto non estivese relacionada co acto delituoso.

Nos talleres tamén se falou moito de produtos de ficción, en especial cinema e series de televisión, e de como aparecen representados os personaxes que sofren estas enfermidades.

Como funcionan estes talleres? Quen son os que conforman a súa actividade?

Nos talleres teñen que facer entre cinco e dez persoas, para que teñan dinamismo e todos poidan participar. O primeiro taller fíxeno en Feaces  (Federación española de familiares e persoas con enfermidade mental https://consaludmental.org/ ), a cal engloba a diferentes asociacións. En Feaces  a directora de comunicación escolleu un grupo seguindo as miñas instrucións, as cales eran que tiña que haber unha mostra maior de persoas con enfermidade mental, algún traballador e algún familiar. O taller completouse con catro persoas con enfermidade mental, dous traballadores e un familiar. Cada un achegou unha ou dúas noticias, e eu encargábame de gravar o taller intervindo o mínimo posible.

O outro taller desenvolveuse en Itínera http://www.asociacionitinera.com/, asociación que cada martes ten un grupo de debate de ao redor de vinte persoas as cales, en grupos de cinco, escollen cada un un tema e debáteno durante tres horas. O que fixemos foi que un grupo escollese o tema das enfermidades mentais, os cales tres tiñan enfermidade mental, dúas eran voluntarios e un era un familiar.

Contactaches con algún xornalista para tratar a temática?

De momento non. Ao terminar o mes probablemente vou tentar facer un pequeno proxecto con xornalistas das áreas de sociedade e sucesos, para que eles á súa vez analicen os resultados que eu xa analicei dos dous talleres.

Algún consello á hora de tratar con lestes  colectivos?

O único consello é que os traten coma se non fosen un colectivo de saúde mental, de inmigración ou do que sexa, porque realmente cando chegas ás asociacións e falas con eles e tratas estes temas, esquécense todos os prexuízos e sénteste como con calquera outra persoa, porque é o que son, persoas como calquera outras. O que hai que facer é tratar a enfermidade mental como calquera outra e non poñer nos titulares “un esquizofénico”, porque tampouco se pon “unha persoa que ten cancro de pulmón…”. Só un 3% das persoas que teñen unha enfermidade mental son violentos, e o maior dos casos esta violencia sófrena eles mesmos.

Que é o que motivou á hora de realizar o traballo?

A materia de segundo curso de Comunicación Interpersoal. Encantoume o traballo que realizamos, e a partir de aí decidín que ía facer o traballo de fin de grao sobre iso. Paréceme un tema moi interesante.

O obxectivo do traballo é que teña visibilidade ou sexa publicado nalgún medio?

Si, sería interesante darlle visibilidade, realizando por exemplo charlas, que o vexan xornalistas para que se rexan ás normas de estilo de publicación desta temática, porque moitas veces por descoñecemento de termos mestúrase por exemplo unha esquizofrenia cunha discapacidade física ou intelectual cando non é o mesmo. Na carreira non hai esta aprendizaxe máis especializada.

Cales son os principais obstáculos que tiveches á hora de realizar o traballo?

Un dos principais obstáculos foi que, aínda que a maioría de persoas que participaron nos talleres son persoas que xa están afeitas participar en debates, é un tema que lles afecta en primeira persoa, polo que ao principio cústalles un pouco falar, e pensan quizais que o xornalista vai defender o papel dos medios, pero en canto ven que ti lles dis que “os medios vos teñen que tratar como persoas normais, porque sodes persoas normais” ven de que  lado estás e nese momento xa se abren e cóntanche todo o que queiras.

Atopaches algunha noticia que seguise os libros de estilo recomendados para tratar esta temática?

Non.

Neste momento, Andrea móstranos recortes de noticias que recompilou entre elas e os participantes aos seus debates e explícanos os diferentes erros de cada unha delas. Seleccionamos algún que outro recorte, os cales fotografamos. Resulta curioso que mesmo naquelas noticias nas cales queren reivindicar o tratamento positivo da saúde mental, no interior das propias noticias ou mesmo no titular da mesma, acaban pecando nos mesmos erros que gravan do resto de noticias.

imagen

http://www.20minutos.es/noticia/2418388/0/expertos-psicologia-psiquiatria/copiloto-germanwings/patologia-mental-oculta/

O caso do piloto de Germanewings , onde titulan “podería padecer”, mostrando unha clara falta de rigor xornalístico. Padécese ou non se padece, pero non se debe titular en ningún caso “podería padecer”. É un claro exemplo de como se vincula a enfermidade mental coa traxedia, alimentando os estigmas na sociedade.

imagen2.jpg

http://www.antena3.com/noticias/sociedad/detenido-hombre-que-sufriria-esquizofrenia-como-presunto-autor-muerte-padre_2015111200357.html

Nesta ocasión, xa no titular establecen un diagnóstico erróneo ao titular “sufría esquizofrenia”. No corpo da noticia hai máis erros. Pon ao mesmo nivel o sufrir unha discapacidade física que ter esquizofrenia, cando non son o mesmo. Ademais disto, nas dúas ocasións establece que “ao parecer”, polo que o rigor xornalístico nulo por partida dobre, ou máis ben tripla, se incluímos o titular.

imagen3.jpg

Esta é unha imaxe sacada dunha das páxinas dun libro de estilo á hora de tratar noticias de enfermidades mentais, da asociación Feaces, onde se comparan mitos sobre estas con a realidade. Andrea dinos que os libros de estilo son enviados aos medios de comunicación pero que desgraciadamente son ignorados xa que é difícil atopar noticias que sigan as súas indicacións.

Se queres coñercer máis a Andrea Oca podes visionar o seu recomendable blog https://andreaocadominguez.wordpress.com/

Realización, publicación e revisión:

  • Revisión do editor: 7/03/2016
  • Revisión do coordinador: 9/03/2016
  • Publicación 11/03/2016
Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s