Entrevista ao grupo S1A: As enfermidades mentais

GAB S1D.

Estévez Avelar, Alejandro (S1D5), De Matos Alonso, Adrían (S1D1) e Feijoo Garcia, Luis (S1D4).

Dende o grupo de apoio S1D elaboramos unha entrevista a Santiago Cacheiro e María Aneiros, integrantes do grupo S1A, que realizan o seu traballo sobre as enfermidades mentais, a súa inclusión na sociedade e o seu tratamento nos medios de comunicación. Nesta entrevista, centrámonos sobre todo no enfoque e na posta en marcha do traballo, os primeiros pasos para a formación do círculo de lectura, os principais obstáculos á hora de comezar a traballar no tema nestas dúas primeiras semanas e a súa visión do traballo a longo prazo.

En primeiro lugar, a modo de unha visión xeral, ¿cómo está sendo o inicio do traballo e con qué dificultades vos estades a topar nestas primeiras semanas?

A principal dificultade que tivemos foi á hora de solicitar as cartas avais porque, ao traballar co tema da xente con enfermidades mentais, a maioría deles non quere dar o tipo de información que se pide nas cartas, como os documentos de identidade ou fotografías.As asociacións levan unha política de privacidade moi estricta, polo que era algo que debíamos respetar. Finalmente, chegamos a un acordo con Marcelo e permitiunos que as persoas que non quixeran amosarnos o seu DNI firmaran en nome da súa asociación. Xa conseguimos tres cartas avais e estamos pendentes de que outra xente coa que contactamos dentro das asocicacións como Itínera nos proporcione máis xente para participar nos círculos e logo nós poder seleccionar aos integrantes do mesmo. Polo de agora só contamos con expertos, pero a nosa idea é otorgar voz a enfermos, familiares e voluntarios da asociación, que den realmente voz aos problemas cotiás dos enfermos mentais como poder ser á hora de buscar traballo, de ir ao supermercado… e a imaxe distorsionada que ten a sociedade e os medios de comunicación sobre estas actividades.

¿Cómo vos organizastesmetodolóxicamente para o enfoque e a definición do traballo?

Dividimos o traballo en dúas partes diferenciadas: por un lado a comunicación (Santiago Cacheiro, Laura Casal) , e por outra banda a documentación (María Aneiros, María Barcón e Patricia Campos). O traballo de comunicación ten o obxectivo o contacto coas asociacións coas que imos colaborar, solicitarlle as cartas avais, participar en actividades das asociacións para amosar un interese real no tema, ofrecendo desta maneira un feedback, un intercambio real. Mentres tanto, a parte de documentación serve para recopilar información necesaria para a inclusión dos círculos, na búsqueda de noticias para ser debatida na hora das conversas e tamén a información necesaria para comenzar a realizar entradas no blog que sexan a posta en marcha do traballo.

¿Algún consello á hora de contactar coa xente á hora da formación do círculo?

Creo que o principal é reflexar que non só estás pedindo, se non que é verdadeiramente importante ofertar algo a cambio, que haxa un intercambio de intereses, e que estás interesado no tema á hora de dar voz nos contidos que estés a traballar. É importante que estés seguro de que o teu traballo vai servir realmente de algo, e que non sexa un traballo que quedará no despacho do profesor, senon que se pode publicar e que poidain fluír na medida do posible da visión da sociedade sobre o tema.

¿Cómo está sendo a resposta da xente de cara a participar no círculo?

Por parte da asociación Itínera todo moi ben, invitáronnos a colaborar con eles, a participar nas súas propias actividades, tanto no seu centro como fora de él, invitándonos incluso a actividades que realizan cada dúas semanas nunha casa en Meza. Por parte da asociación Andaina, estes mostráronse nun primeiro momento reacios á participar con nós, dicindo que se atopaban ata riba de traballo, pero finalmente acordaron colaborar con nós e accederon a cubrir a carta aval. Tamén contactamos con Feafes, pero ó tratarse dunha organización que engloba a diferentes asociacións remitíronnos á asocición Itínera, que é a que máis está colaborando no noso traballo.

¿Cómo está sendo a visión das persoas coas que contactastes sobre a elaboración do traballo?

A maioría comparte a nosa visión de que isto non só ten a finalidade de sacar adiante un traballo de universidade, se non que se de visión a cousas novas, a outras miradas de este tema que é un tema moi recurrente todos os anos en canto a traballos universitarios. Algo máis alá dun publirrerportaxe sobre a asociación, xa que isto xa o conseguen emitindo comunicados de prensa. Por este motivo tamén queremos incluír no círculo a un periodista, para que trate desde unha visión máis directa este tema nos medios, e que se nos conte desde o seu punto de vista o tratamento desde a redacción dun xornal cando chega a eles unha noticia que inclúen a personas que sufren enfermedades mentais e se saben da existencia de manuais de estilo para tratar o tema da forma máis respetuosa posible. Polo de agora non contactamos co xornalista, pero estamos traballando nelo, baraxando algún que outro contacto que xa puidemos conseguir.

Desde un punto de vista máis xenérico, ¿qué vos parece a organización das clases, do traballo e como está sendo a relación cos coordinadores? E tamén, ¿qué melloras incorporaríades no día a día nas aulas?

Quizáis o principal problema é que o traballo está un pouco collido por pinza, é dicir, un pouco a impulsos semana a semana, onde cada semana hai que ter algo concretado, e que dunha semana para outra ás veces non existe unha información clara do traballo que se vai a realizar, debido ao desconcerto destas primeiras semanas. Tamén existe o hándicap do descoñecemento con exactitude nunha primeira instancia dos términos como por exemplo carta aval, unha ficha técnica, ou outros requisitos que lle tiñamos que entregar ao noso coordinador, polo que sí que pode ser que se vote en falta unha explicación máis detallada destes conceptos. En canto aos coordinadores, no noso caso o responsable é Mauro Bastón, e a verdade é que se está preocupando bastante de que todo chegue no tempo estimado e de forma correcta a Marcelo, do mesmo xeito que nos reemite as indicacións deste e nos intenta axudar nas dúbidas que van xurdindo ó longo da elaboración do traballo, simplemente nas cuestión técnicas e nas normas que establece Marcelo para a súa realización, sen meterse nos aspectos específicos nos que traballamos. No referente as melloras nas aulas, quizáis preguntar de forma máis cercana como vai o traballo ou se necesitamos algo, cousa que sí fixo Marcelo na cafetería pero non expresamente na aula, polo que seguramente que sería interesante que isto o fixera máis ben nas aulas co obxectivo de establecer un maior vínculo entre nós.

¿Xa pensáchedes nos temas que tratarán as primeiras publicacións no blog?

Sí, de feito xa temos o visto bo de Marcelo. Laura Casal será a primeira en publicar, e vai tratar o tema dos manuais de estilo, que engloba principalmente as normas que deberían cumprir os xornalista á hora de abordar este tipo de problemas. A segunda en publicar serei eu, María Aneiros, e centrareime en cómo a cinematografía enfoca este tipo de problemas, xa que tanto o cine, os medios e a literatura afecta á visión que temos sobre estes problemas.

¿Qué resultados esperades da elaboración do traballo?

O noso obxectivo é aportar algo diferente o que xa se fixo outros anos sobre esta temática, e cremos que para nós vai ser de utilidade, e estábamos tan cegos sobre as enfermedades mentais como o resto da sociedade, xa que non eramos conscientes de que estas problemáticas estaban tan ocultas nos medios de comunicación. Personalmente para nós vai ser seguro unha experiencia enriquecedora.

Revisión e publicación:

  • Revisión do coordinador: 9/03/2016
  • Publicación 11/03/2016

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s