A pobreza infantil nunha sociedade moderna

Gómez García, Silvia – S2D3.

Fonte imaxe: Cadena Ser

Dende o comezo da crise vence falando das vítimas desta. Xeralmente pensamos nelas como persoas adultas, en idade de traballar con o usen unha familia ao seu cargo, mais non nos paramos a pensar nos nenos e nenas que forman parte destas familias.

A pobreza infantil é a consecuencia directa da pobreza do entorno familiar. Isto condiciona fortemente non só as deficiencias e dificultades que lle tocará vivir durante a nenez, senón as dificultades ás que se enfrontará na súa vida adulta. Así o relata o traballo conxunto da Universidad Católica Portuguesa de Porto e a Universidade de Santiago de Compostela chamado “Pobreza Infantil na Eurorexión Galicia-Norte de Portugal”. Ademais, engádese a dificultade que supón para un neno saír desa situación por si mesmo e as altas probabilidades de que esta se prolongue a longo prazo.

Para falar de pobreza, existen dous indicadores de UNICEF que a miden a nivel nacional. Unha é a Taxa de Risco de Pobreza e a outra é a Taxa de Intensidade de Pobreza, nas que España se atopa no 26’2% e 13’7% respectivamente. En canto a este último dato, o noso país é só superado por Romanía e Bulgaria, un dato que tendeu a incrementarse debido ao maior número de familias en situación de pobreza e á eliminación de axudas para familias con nenos ao seu cargo.

Sen embargo, é necesario esclarecer que a pobreza nos países desenvolvidos non é a mesma que nos países pobres ou en vías de desenvolvemento. A principal diferencia é a maior complexidade de medición no caso dos países desenvoltos, de aí que se estableceran diferentes medidores, ningún deles completamente exacto.

O Trabajo de Máster en Comunicación con Fines Sociales da Universidad de Valladolid titulado “La  pobreza  infantil  en  la  prensa:  Análisis  del  tratamiento  informativo   y propuesta comunicativa para un periodismo más responsable” propón o Índice de Privación Infantil. Este medidor consta de 14 parámetros considerados necesarios para o benestar dun neno nunha sociedade moderna, se este carece de tres deles considérase pobreza infantil.

Seguidamente, hai outro campo máis preocupante e que afecta aos eixos principais da formación dos nenos: a saúde e a educación. Segundo relata o ensaio “Crisis económica y vida diaria: elementos, fenómenos y políticas” da Universidad de Castilla-La Mancha, o menú de cada familia varía segundo a súa renda, sendo xeralmente os produtos máis baratos os menos nutritivos. Isto implica que as unidades familiares con presuposto alimenticio reducido correrán un risco maior de que algún dos seus membros sufra obesidade.

Para finalizar, no caso dos nenos a alimentación ten unha implicación directa na súa educación. Segundo o informe “El futuro comienza hoy” da fundación Adsis, o 75% dos nenos en risco ou que viven na pobreza en España, non poden comer carne ou peixe as tres veces por semana recomendadas. Isto afecta ao seu rendemento escolar, xa que unha inxesta insuficiente destes alimentos provoca cansancio e falta de concentración.

Bibliografía
SAN FELIPE, María. “La pobreza infantil en la prensa.
Análisis del tratamiento informativo y
propuesta comunicativa para un
periodismo más responsable”.Máster en Comunicación con Fines Sociales:
Estrategias y campañas (2014) Universidad de Valladolid, Valladolid.
VVAA. ” Pobreza na rexión Galicia-Norte de Portugal” (2014) Universidade Católica Portuguesa, Porto.
SÁNCHEZ-VALDEMORO, Shaylah. Crisis economica y vida diaria: elementos, fenómenos y políticas. TOG (A Coruña) [revista en internet]. 2015. Fecha de consulta: 12/03/2016 Recuperado de: www.revistatog.com/num22/pdfs/colab2/.pdf

Publicado: 14/03/2016 19:00

Revisión do editor: 16/03/2016 1:10

Revisión GBO:

  • Primeira revisión: 14/03/2016 16:00
  • Segunda revisión: 14/03/2016 20:30.
Advertisements

4 comentarios en “A pobreza infantil nunha sociedade moderna

  1. Rubio Rodríguez, Iciar S3D4

    Coa chegada da crise a pobreza infantil aumentou desmesuradamente en España e Europa, según UNICEF comezaron a percatarse en 2005 da gravidade do asunto, despois de realizar un informe que amosaba que un de cada dez nenos sufría pobreza infantil en España.
    Según datos da EAPN, a pobreza dos nenos e nenas menores de 16 anos sufriu no último ano un aumento sustancial e alcanza hoxe en día ao 30,1%, oito puntos porcentuais por enriba da tasa que corresponde ao conxunto da poboación. No contexto europeo, España ten a segundo taxa maís alta da UE, só por detrás de Rumanía e por diante de Bulgaria e Grecia.
    A crise trouxo consigo algo maís que desempleo, contratos basura e soldos ínfimos, trouxo a pobreza aos maís vulnerables e inocentes, os nenos.
    A raíz destos datos moitas asociación comezaron a axudar non só nos países subdesenrrolados, se non tamén en países coma España, onde moitos nenos non teñen nin para comer. Save the Children é unha de elas, esta organización axuda a centos de familias con ingresos por debaixo do umbral de pobreza administrándolles alimentos para os seus fillos e axudándolles a escapar da exclusión social na que están inmersos. Na súa páxina web podemos ver datos espeluznantes sobre a pobreza infantil española. https://www.savethechildren.es/trabajo-ong/pobreza-infantil-espana/datos-pobreza-y-exclusion
    O diario El Mundo ofrece datos precisos sobre a cantidade de nenos que existen en España en risco de pobreza (2.800.000) e explican por qué a situación non parece mellorar. Un estudio realizado por este xornal considera que un fogar é pobre se dispón de menos de 780 euros mensuais en caso de que se trate dunha familia monoparental, e 1264 no caso dunha familia con fillos. Sen embargo se considera pobreza severa cando, por exemplo, dous irmáns viven con ambos pais e os ingresos non superan os 630 euros mensuales.
    http://www.elmundo.es/espana/2015/06/05/5571839de2704e56518b4582.html

    Data de emisión do comentario: 16/03/2016- 14:43
    Data de revisión do GBO: 16/03/2016- 17:32
    Data de publicación do comentario: 16/03/2016- 20:21

    Liked by 1 person

  2. Hola Iciar,
    Xustamente o maior problema da pobreza infantil en Galicia nos últimos anos é a alimentación. En 2014 os prezos dos comedores escolares na Comunidade Autónoma encareceron un 40% por decisión da Xunta. Neste contexto, a presidenta das Anpas de centros públicos, Helena Gómez Vecino, lamentábase de que a Xunta non fose consciente de que a comida do comedor do colexio era a única que moitos nenos e nenas facían en condicións.
    http://m.eldiario.es/galicia/Feijoo-Caritas-problemas-nutricion-Galicia_0_242876351.html
    Por outro lado e volvendo ao tema central do artigo, é necesario recalcar a dificultade de detectar a pobreza entre os máis pequenos. Este feito é a orixe dos datos tan diversos que se poden encontrar nos medios de comunicación, segundo se teñan en conta uns parámetros ou outros.
    En 2012 e a raíz da situación cada vez máis preocupante na que se encontran os máis pequenos, UNICEF lanzou un informe no que se propón un sistema de medición adaptado á realidade socioeconómica que se está a vivir en Europa e por ende, en España.
    http://www.unicef.es/actualidad-documentacion/publicaciones/measuring-child-poverty

    Revisión da coordinadora: 26/03/2016 ás 14:00

    Gústame

  3. Casas Fontán, Alicia- S1D3
    Interesante artículo e interesante aportación sobre a dificultade de medición da pobreza infantil nos países desenvoltos. E, coma sempre, ante esta dificultade para determinar unha realidade dura en países onde supostamente non o é tanto, cómpre que os medios fagan o seu traballo. Contrastar, visibilizar, rigurosidade. Pero a pobreza infantil, tanto en Nicaragua coma en España, é pobreza infantil. O dereito a ser nenos, a pobreza como delito.
    E, coma sempre, paréceme de axuda ilustrar a realidade coas palabras de Galeano:
    “¿Qué destino tienen los dueños de nada en países donde el derecho de propiedad se está convirtiendo en el único derecho sagrado? Los niños pobres son los que más ferozmente sufren la contradicción entre una cultura que manda consumir y una realidad que lo prohíbe.
    Si le doy de comer a los pobres, me dicen que soy un santo. Pero si pregunto por qué los pobres pasan hambre y están tan mal,me dicen que soy un comunista.”http://www.quehacer.com.uy/index.php?option=com_content&view=article&id=464:la-pobreza-como-delito-eduardo-galeano&catid=52:inicio&Itemid=79
    Non hai moito lin un interesante artículo en El País, que indagaba as causas de que os nonos non xoguen xa na rúa: o medo dos pais no sécul XXI, a tecnoloxía, as actividades extraescolares… Facía unha reflexión sobre os nenos e os xogos, un “¡Queremos jugar en la calle!”. Chamoume a atención que, falando do sobreporteccionismo e o medo infundado dos pais a que os nenos saian á rúa, o artigo explicara a orixe dos playgrounds: na Europa de entreguerrasm zonas tan pouco seguras como os descampados producidos por bombas convertíronse en terreos improvisados de xogo infantil que inspirarían os futuros playgrouds.http://elpais.com/elpais/2016/03/17/eps/1458239815_927611.html
    Espacios de liberdade onde nenos podían xogar a xogos sen reglas y dende as súas propias construcións.
    Gústame esta idea porque me leva a crer con todo en contra, hai que facer o que sexa para que os nenos xoguen. Polo dereito a ser neno. E porque para que un neno xogue, primeiro ten que comer.
    Oxalá ademáis dun informe e sistema de medición da realidade socioeconómica de Europa,Europa faga algo e,por ende, España.

    Revision GBO: 22/04/2016 23:37

    Gústame

    1. Silvia Gómez García – S2D3

      Ola Alicia, tes razón en que os dereitos dos nenos non deberían variar segundo o país, xa que os nenos son nenos e teñen dereito a unha infancia. Na nosa sociedade, como moi ben di Galeano, hai unha contradicción latente na que se nos obriga a consumir pero que nos prohíbe facelo na realidade. Gustaríame comentarche o caso que nos contou un membro dos nosos círculos, Manuela.
      https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/04/s2d-debate-1-pobreza-e-precariedade/
      Ela díxonos que lle chamou moito a atención que un día a súa filla chegase á casa e diixese que un compañeiro seu non levaba as fichas a clase e que non facía nada durante toda a hora. Nun colexio de preescolar. Inmediatamente saltáronselle as alarmas, por qué ninguén se preocupaba por saber por qué ese neno non tiña as fichas? Como xa comentei no meu último artigo, o entorno no que os seres humanos na súa primeira etapa vital condiciónaos para o resto da súa vida, e iso é a fin de contas unha lacra máis para a sociedade e un hándicap enorme para o neno.
      https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/19/a-pobreza-hereditaria-nos-medios/

      Revisión da coordinadora: 22/04/2016 ás 19:46
      Revisión do editor: 27/04/2016 ás 4:19

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s