A prostitución creu na prensa un amigo

Álvarez Martínez, Adrián – S1B3

medios-de-comunicacion-prensa-radio-television-internet-informacion-censura-y-propaganda_560x280
Imaxe sen autoría, recuperada da publicación web Periodista Digital

Se ben a tira de pedras a un ser humano é unha consigna de lapidación, o que esconde a man despois de tirala non deixa de ser un lapidador. Se a compara cun método de xustiza é irriosoria, aseméllase ao tratamento que recibe unha prostituta nun medio de comunicación, non polo agravio que tamén, senón pola carencia de resposta. Non é só cousa de interese xornalístico, máis de humano; que nunha realidade na que todos mandan calar, sexa o xornal un dos que otorga.

É quizais a normalidade da situación, o feito de que se estereotipe coma unha necesidade. Víase nun diario como El País no ano 97, onde a continua negación por parte do PSOE no caso Piquer, era contido e corpo do caso. Pasaron dezanove anos e a pregunta non se lle fai a vítima, pero ao resto de actores, quizais porque calen ou porque non poidan falar, retrataba de novo este diario nun espeluznante titular: “Cae una red de proxenetas que tatuaba códigos de barras a mujeres”.

DETENIDOS DOS CLANES DE PROXENETAS QUE TATUABAN CÓDIGOS DE BARRAS A MUJERES
Fotografía realizada pola Policía Nacional, e recuperada do diario El País

Un pregúntase, onde se atopa o culpable? Ninguén se mirou ao espello e se sinalou.  Mais un culpa a aqueles que retratan a realidade, porque eles son os que abren ollos. É culpa dun xornalista, que escribe con pluma de patriarca, fala Ana Belén Puñal na súa tese da prostitución coma un elemento socializador e de iniciación por parte do público masculino, transmitido de pais a fillos, que mesmo é mirado con melancolía. É o comunicador un culpable, de sacar dunha sombra, unha luz; cita León Bloy que “Unha santa pode caer ao barro e que unha prostituta pode subir á luz”.

Resulta complicado, cando o que ten que falar ás veces non o fai, e por medio del falan organizacións que non lles poñen nin cara, nin nome. Publicaba no ano 2000 o xornal El País “La ONU cifra en 300.000 las mujeres víctimas del tráfico sexual en Europa” ,na nova, a exministra suiza de interior, Ruth Dreifuss, fala de “una nueva forma de esclavitud”. Mais se tanto é o problema, por qué ninguén pon en tela de xuízo aos culpabéis?

Nun triángulo de tres vértices, formado por: persoas que exercen a prostitución, proxenetas e consumidores de sexo de pago, atopámonos nun escenario que só ten un protagonista, mudo e desnudo. Con dúas partes que son meros nomeados, sen acción nin consecuencia, a súa invisibilización como actores mediáticos non deixa de ser unha mostra máis de pasividade xornalística, unido a continua recurrencia ao plano xurídico que acompaña estas novas. Engade de novo Ana Belén Puñal, que a tematización mediática da prostitución está en relación coa corrente de políticas públicas, e serán aqueles aspectos que sobre este fenómeno social estean máis presentes na axenda política, os que así mesmo, formarán parte en maior medida da axenda dos medios analizados.

Referencias:

Puñal Rama, A. (2016). Presenza e ausencia das mulleres na prensa. Análise do tratamento da prostitución en El País e en ABC(1977-2012). Universidad de Santigo de Compostela.

Me sentí valorada como prostituta.  (2016). El País. Retrieved 13 March 2016 from http://internacional.elpais.com/internacional/2016/01/20/america/1453327122_546645.html

Prisión para 20 de los 21 detenidos por explotar a mujeres en La Rambla. (2015). El País. Retrieved 13 March 2016 from http://ccaa.elpais.com/ccaa/2015/11/24/catalunya/1448366101_988078.html

Horas de publicación e revisión:

Hora de publicación: 19:52

Hora revisión coordinador: 18:30

Hora revisión editor: 17:00

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s