Lei existente e insuficiente

 

Imaxe de: cursosaiu.edu

Hervella Iglesias, Kelly- S2B1

O presente artigo persigue o obxectivo de coñecer con maior profundidade o amparo lexislativo ó que o colectivo LGTBI está suxeito, tanto a nivel nacional como internacional.

A lexislación internacional sobre dereitos humanos e múltiples tratados internacionais consagran a igualdade como un principio xurídico fundamental e universal. Así, a Declaración Universal dos Dereitos Humanos, establece que «toda persona tiene los derechos y libertades proclamados en esta declaración, sin distinción alguna de raza, color, sexo, idioma, religión, opinión política o de cualquier otra índole, origen nacional o social, posición económica, nacimiento o cualquiera otra condición».

No ano 2000, a UE, no artigo 21 da Carta de Dereitos Fundamentais da Unión Europea, censurou legalmente a discriminación por motivos de orientación sexual, redactando que, «Se prohíbe toda discriminación, y en particular la ejercida por razón de sexo, raza, color, orígenes étnicos o sociales, características genéticas, lengua, religión o convicciones, opiniones políticas o de cualquier otro tipo, pertenencia a una minoría nacional, patrimonio, nacimiento, discapacidad, edad u orientación sexual».

Un ano máis tarde, o Consello de Dereitos Humanos da ONU aprobou a primeira resolución na que se recoñecían os dereitos do colectivo LGTBI e unha declaración formal de condena dos actos de violencia e discriminación contra o mesmo.

No ámbito nacional, a nosa constitución, no seu artigo 14, proclama o dereito á igualdade e á non discriminación o establecer que as persoas son iguais ante a lei, sen que poida prevalecer ningunha discriminación por razón de nacemento, raza, sexo, relixión, opinión ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

O noso país tamén incorporou á súa normativa algunhas directivas europeas e ratificou tratados e protocolos internacionais que prohibían toda discriminación por causa da orientación sexual. Así, cabe destacar a Lei 62/2003, do 30 de decembro, que adecúa a lexislación nacional á Directiva 2000/43/CE e á Directiva 2000/78/CE.

A nivel autonómico, caben destacar as dúas lexislacións incorporadas por Cataluña e a comunidade galega, ambas non exentas de polémica. Afondemos na súa análise.

O Estatuto de autonomía de Galicia, recolle no seu artigo 4.2, da mesma forma ca Constitución española no seu artigo 9.2, as bases para promover unha igualdade efectiva entre individuos, ó recoller a obrigación que corresponde ós poderes públicos neste ámbito.

En Abril de 2014, o Parlamento Galego aprobou a primeira lei promovida no noso país contra a discriminación dos colectivos LGTBI nun texto a través do cal a Xunta recoñece as novas formas de familia, e no que se compromete a non discriminar a estes colectivos nos procesos de adopción.

A proposición desta lei, que xa fora levada á Cámara no ano 2012 polo colectivo Sete Cores, atopou as súas maiores dificultades á hora de ser aprobada por unanimidade por un dos seus principios.

E é que, eliminouse o réxime de sancións previsto nun principio, que oscilaba entre os 150 e os 500.000 euros, e cuxo fin era castigar os casos de discriminación das persoas debido á súa orientación sexual.

Esta medida, gran motivo de polémica, pasou por desapercibido ante los deputados, que votaron ó seu favor xa que, a pesar de non ser perfecto, o texto na súa globalidade “supone una mejora amplia sobre la situación actual”. É bastante cuestionable cómo, sen un réxime de sancións existente ante posibles abusos ou vexacións, o colectivo poida sentirse protexido e amparado.

Na comunidade catalá, pola súa parte, 6 meses máis tarde, dábase luz verde á lei 11/2014 do 10 de octubre, que ten como obxectivo principal, tal e como cita, “garantizar los derechos de lesbianas, gais, bisexuales, transgénero e intersexuales y erradicar la homofobia, la bifobia y la transfobia”.

A lei aprobada á a primeira lei integral do mundo, ou a más integral canto menos, contra a homofobia. Destaca por encima del resto polo réxime sancionador que instaura, que prevé multas e inhabilitación. Esa é a gran diferencia con outras normas, como a da comunidade galega antes mencionada.

Ademais, esta lei ampara todos os ámbitos, do laboral ó sanitario, pasando polo educativo, e o seu réxime sancionador distingue infraccións leves, graves e moi graves, sancionadas economicamente con multas que oscilan dende os 500 euros a máis de 5.000 euros.

A pesar da posta en marcha destas iniciativas, que, como podemos observar nin se complementan e, é máis, se contradín nas distintas comunidades españolas, impera a necesidade de creación dunha lei estatal que poida contar con todos os instrumentos legais e competencias en materia de non discriminación por razón de orientación sexual e identidade de xénero. Unha norma que ofreza mecanismos eficaces contra a vulneración dos dereitos fundamentais . Pero ademais, unha lei realizada e consensuada da man das entidades e federacións LGTBI de España.

E é que, a pesar da lexislación existente, os actos homófobos seguen sendo un tema de actualidade. Á nosa cabeza vén, sen ir máis lonxe, a agresión sucedida fai un mes aquí, na capital galega.

É por isto, para que actos como estes desaparezan na sociedade, que se necesita unha nova lei estatal, un novo antídoto contra a lacra social que supón a homofobia.

REFERENCIAS:

Toni Sust. (2014). Catalunya se dota de una pionera ley integral contra la homofobia. Marzo 12, 2016,  de El Periodico. Sitio web: http://www.elperiodico.com/es/noticias/sociedad/catalunya-dota-una-pionera-ley-integral-contra-homofobia-3569872

Jordi Molina (2014). La ley contra la homofobia aprobada en el Parlamento Catalán, en 6 claves. Marzo 11, 2016, de El Diario. Sitio web: http://www.eldiario.es/catalunyaplural/homofobia-aprobada-Parlamento-catalan-claves_0_309369379.html

Eugeni Rodríguez. Por una ley estatal contra la homofobia. Marzo 11, 2016, de El Mundo. Sitio web: http://www.elmundo.es/espana/2015/01/06/54aaebaae2704ee9788b4591.html

Domingos Sampedro. Galicia aprueba la primera ley española contra la discriminación homosexual. Marzo 12, 2016 de La Voz de Galicia. Sitio web:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2014/04/08/galicia-aprueba-primera-ley-espanola-contra-discriminacion-homosexual/0003_20140420140408124141510.htm

Diario Oficial de Galicia. (2014). LEY 2/2014, de 14 de abril, por la igualdad de trato y la no discriminación de lesbianas, gays, transexuales, bisexuales e intersexuales en Galicia. Marzo 12, 2016 de DOG. Sitio web: http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140425/AnuncioC3B0-220414-0001_es.html

Publicado: 14/03/2016 16:00

Revisión do editor: editor e autor son a mesma persoa

Revisión GBO:

  • Primeira revisión: 14/03/2016 15:30
  • Segunda revisión: 14/03/2016 19:15

 

 

 

Advertisements

6 comentarios en “Lei existente e insuficiente

  1. Villamel Baliñas, Tatiana. S3D5.
    A homofobia é sen dúbida un problema que hai que erradicar, pero non só impartindo unha serie de leis, senón educando á sociedade para conseguir unha igualdade e un respecto entre as persoas sen importar a súa orientación sexual. O principal obxectivo das persoas e parellas LGBTI e chegar a igualdade de dereitos coas parellas heterosexuais. O camiño é difícil pero foron moitos os avances que se produciron. Cabe destacar que ata 1980 a homosexualidade masculina era considerada un delito e castigábase con penas de cárcere en numerosos países de latinoamérica, e aínda hoxe en día a súa situación é precaria. O feito de sentirse atraído por unha persoa do mesmo sexo era un crime.
    Este colectivo é discriminado tanto no mercado laboral, nas escolas, hospitais, e ata son maltratados e desherdados das súas propias familias. Son vítimas de ataques físicos: palizas, golpes, abuso sexual..en cidades de todo o mundo. Son máis de 75 países os que as leis discriminatorias tipifican penalmente as relacións privadas e consentidas entre persoas do mesmo sexo. Isto lévanos a pensar que ¿de que vale que se impoña unha lei en España se o resto dos países desprezan e castigan a ditas persoas por simplemente expresar os seus sentimentos libremente?
    A violencia que se produce polos prexuízos contra as persoas LGBTI é cometida maioritariamente por axentes non estatais, é dicir, particulares, grupos organizados ou organizacións extremistas. Sen embargo, o feito de que as autoridades estatais non investiguen nin sancionen este tipo de violencia provoca un incumprimento da obligación do Estado. A obligación de protexer o dereito á vida, á liberdade e á seguridade de todas as persoas, como garantiza o artigo 3 da Declaración Universal de Dereitos Humanos e os artigos 6 e 9 do Pacto Internacional de Dereitos Civís e Políticos.
    Día a día ollamos noticias nas que aparecen persoas LGBTI que son discriminadas a rechazadas polo resto da sociedade. O 24 de decembro Alan, un transexual de 17 anos quitouse a vida pola presión e incomprensión social que vivía na escola. A Federación Estatal de lesbianas, gays, transexuais e bisexuais (FELGTB) ante sucesos como estes, denuncia que o sistema educativo atópase aínda moi por detrás da sociedade no que respecta ao recoñecemento e integración destes xóvenes nas aulas. É triste darse contar que teñen que acontecer cousas como estas para espertar a conciencia das persoas. O que hai que conseguir é acabar coa discriminación que padecen os menores LGTBI por parte dos seus compañeiros como do propio sistema educativo, creando unha lei transversal que poña a atención na Educación, como punto de partida para solucionar os problemas que sofren estes nenos desde a infancia. Poño o enlace da FELBTB para que poidades coller información sobre a tarefa que realizan e como axudan a este colectivo: http://www.felgtb.org/

    Data de emisión do comentario: 16/03/2016- 9:43
    Data de revisión do GBO: 16/03/2016- 11:32
    Data de publicación do comentario: 16/03/2016- 12:51

    Liked by 1 person

    1. Ola Tatiana, estou totalmente de acordo con todas as reflexións que aportaches no comentario.
      Hoxe en día, tal e como afirmas, a pesares das leis existentes, a LGTBIfobia segue sendo un problema e unha gran lacra na sociedade, que leva a desgrazas diarias como a do xoven Alan.
      Debemos plantearnos o modelo de sociedade imperante na actualidae, unha sociedade arcaica e moitas veces arraigada a un pasado e a unhas ideas morais erróneas.
      Así, en numerosas familias, tal e como afirmas, non se seguen aceptando fillos homosexuais, convertindo a vida e a convivencia con estes nun pesadelo.
      Por último, tamén apuntar que, no transcurso da escritura da devandita entrada, o choque coa realidade que supuxo para mín a documentación lexislativa foi total.
      Basta con ler os artigos da lei galega citada na entrada para ver cómo na maior parte dos casos, os seus principios non se cumpren. Son medidas básicas e necesarias, de boa fe, pero que no 90% dos casos non se levan a cabo.
      Deixo aquí o vínculo á páxina do DOG para que poidades votarlle un vistazo a estes artigos, cómpre a pena facelo e reflexionar:
      http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20140425/AnuncioC3B0-220414-0001_es.html

      Revisión do coordinador: Primeira revisión 16/03/2016 21:30 e segunda revisión 16/03/2016 21:50

      Publicado: 16/03 ás 19:55

      Liked by 1 person

  2. Rodríguez Obregón, Lucía. S3A4

    Kelly, a documentación legal que aportas neste artigo pareceume moi interesante sobretodo porque ó comparalo coa situación real vemos que existe un certo desnivel pois como ti comentas aínda é posible ler casos de acoso a persoas pertencentes a comunidade LGTBI. Sen ir máis aló recordei esta noticia http://www.eldiario.es/sociedad/conversion-homosexuales-prohibir-EEUU-Espana_0_395461241.html tamén sobre lexislación que parece solaparse coas leis que mencionas e parecen querer acabar coa discriminación por cuestións de orientación sexual. Ó ver esta noticia pregúntome ata que punto se fixo un bo traballo coa lexislación e qué entende o senado por discriminación. A min dende logo este tipo de métodos (e incluso a súa mera existencia) parécenme como mínimo, irrespetuosos, denigrantes e incluso peligrosos pois como explica ó final a propia noticia, o estrés, vergoña e ansiedade deste tipo de terapias leva a conductas suicidas.

    Tamén me parece moi importante remarcar que nos últimos vinte anos percorrimos un longo camiño ata unha maior aceptación. Ata os anos noventa a propia OMS denominaba a homosexualidade coma un trastorno mental e ata os setenta aparecía nos manuais psicolóxicos, como o DSM, con etiquetas tales como “perversión sexual”. En 1973 e pola presión da Asociación Americana de Psiquiatría (APA) retirouse dos manuais pero aínda quedaban dúas décadas para que a OMS fixera o mesmo.

    Pouco a pouco vemos que as lexislacións adáptanse ó cambio, cun claro epicentro de cambio en occidente onde cada vez a homosexualidade e máis aceptada.

    Aquí en Galicia tivemos a primeira lei contra a discriminación do LGTBI pero a mentalidade e educación cidadá aínda ten moito que medrar como xa vemos tras o ataque que ti comentas sucedido, fai nada, aquí en Santiago. Sen embargo, creo que é moi importante que exista unha lexislación que coide deste colectivo en vías de aceptación. En España existe un 88% de aceptación social da homosexualidade como explica este artigo http://www.abc.es/sociedad/20130609/abci-espana-pais-menos-homofobo-201306071931.html e colócanos en cabeza mundial, pero todavía existe moito que cambiar, educar e lexislar para ser unha sociedade tolerante e non discriminatoria.

    – Revisión do editor: 14/04/2016 09:25
    – Revisión do GBO: 14/04/2016 09:37
    – Publicación: 14/04/2016 10:08

    Gústame

    1. Boas tardes, Lucía

      como ben dis, todo cambio, neste eido, é lento e custoso.
      Moitas grazas polo material aportado, é realmente interesante. Chamoume moito a atención o feito de que ata hai apenas 20 anos a OMS denominase á homosexualidade como transtorno mental, feito aberrador e que atenta contra toda clase de adecuación ós dereitos humanos.
      Así mesmo, a noticia que nos achegas é de gran importancia, xa que o ránking de países que aproban ou non a homosexualidade, e como contraposición non son homófobos merece canto menos, unha pequena análise.
      O caso de África, que se menciona no segundo artigo que segue con esta liña temática, é aterrador. Alí, recentemente se aprobaron dúas leis que encerran no cárcere os homosexuais por mostrarse en parella publicamente. Pero ademais, en Uganda, esta penalización exténdese ata a cadena perpetua.
      “O homosexual nace así ou convértese co tempo?”. Esta increíble cuestión foi estudada en Uganda por científicos do Ministerio de Sanidade, nun intento de respaldar, científicamente, as leis que pretendían ser aprobadas. Así pois, o resultado foi que non se trataba dunha herdanza xenética, senón que se debía a un comportamento anormal e que, como anormalidade, debia ser tratada e penada por lei. Hai cousas que hai que ler dúas ou tres veces para crelas. Déixoche aquí o enlace á noticia onde o comentan para que poidas facelo:
      http://sociedad.elpais.com/sociedad/2014/02/16/actualidad/1392580632_115937.html.

      Por último, gustaríame tamén plantexar ata qué punto España, tal e como se afirma no artigo que aportaches, lidera o ránking de países do mundo en canto á aprobación e respeto da homosexualidade. E é que, basta con abrir os xornais para ver, a diario, abusos homófobos, retrato dunha sociedade arcáica e a que aínda lle queda moito por avanzar.

      Mil gracias Lucía
      Revisión da editora: a autora é a editora.
      Revisión da coordinadora: 18/04/2016 ás 21:08

      Gústame

  3. Bermúdez Lista, Sheyla (S1B5)
    É certo que existen numerosas leis que teoricamente protexen e amparan ao colectivo LGTBI, de feito, co paso dos anos fóronse creando distintas lexislacións, como ben ti aportas, a nivel europeo, nacional, autonómico… Pero por desgraza, non son complementarias, senón que incluso algunha contradi á outra. A parte disto, a necesidade de promover a igualdade é algo que debemos intentar por todos os medios para que non existan noticias deste tipo http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/02/10/pareja-denuncia-haber-victima-agresion-homofoba-santiago/00031455101323904714384.htm, xa que por moitas leis que existan, a sociedade segue a ter certos estereotipos e prexuízos cara ao LGTBI. O peor de todo, é que os medios de comunicación, sobre todo a televisión neste caso, baixo a miña opinión, ten gran parte de culpa. Hai moitos programas nos que utilizan a condición sexual dos protagonistas para bromear e isto pode que a xente non o entenda, co cal o toman en serio e o levan á realidade. Os xornalistas teñen a importante labor de pouco a pouco ir promovendo a igualdade, eliminando os prexuízos e adentrarse máis no mundo do colectivo LGTBI para comprender mellor as súas historias e poder deixar de publicar cada ano noticias como esta: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/coruna/culleredo/2016/01/26/policia-registro-3-ataques-racistas-41-agresiones-homofobas-ano-pasado/0003_201601H26C5991.htm
    Hora de revisión editora: 25/04/2016 ás 9:20
    Hora de revisión do coordinador: 25/04/2016 ás 9:40
    Hora de publicación: 25/04/2016 ás 10:18

    Gústame

    1. Boas tardes Sheyla,

      mil gracias polo teu comentario,sempre é un pracer ver cómo a loita e preocupación sobre este tema é algo común.
      E é que, aínda que como dis, existe unha lei, na maioría dos casos do día a día non se respeta. Así podemos atopar agresións tremendas, desgarradoras e inhumanas como a que aconteceu fai unhas semanas na nosa cidade e que nosa portaches.
      É triste que suceda nunha sociedade que se ten como desarrollada e evolucionada cando en realidade sigue moi ligada ó pasado e a pensamentos arcaicos.

      O papel dos medios de comunicación, como dis, é realemente importante, papel como o que Ellen DeGeneres fai, fixo e continuará facendo no seu programa por normalizar a súa condición sexual e a de milleiros de estadounidenses que dende a súa casa a ven.
      Apórtoche aquí o enlace ó artigo no que falo da súa (entre a de outras tantas persoas) importante labor:

      https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/20/unha-loita-publica-e-comun/

      Tamén che deixo aquí un exemplo de cómo pouco a pouco as cousas están a cambiar.
      Actualmente os ataques a personas LGTB sucedense día a día e enchen as primeiras páxinas dos diarios do noso país, un colectivo históricamente atacado e humillado, reflexo da mostra do acoso diario que sofren as persoas LGTB. No enlace que segue móstrase como “Los Chunguitos” foron eliminados dun programa de T5 polos seus comentarios homófobos. Menos mal que aínda quedan actos como este:

      http://www.elplural.com/2015/01/15/expulsan-a-los-chunguitos-de-un-programa-de-tele-5-por-racistas-y-homofobos
      Mil gracias guapa!
      Revisión da editora: a autora é a editora.

      Revisión da coordinadora: 25/04 ás 20:13

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s