O colectivo xitano nos medios de comunicación

Cabado Vázquez, Aarón – S1E2

colectivo gitano

Fotografía de Murcia.com

De tódolos colectivos étnicos minoritarios que habitan en España, o xitano é probablemente o que está sometido a unha maior criminalización por parte dos medios de comunicación, e polo tanto, da sociedade. Ao ser un colectivo composto maioritariamente por persoas novas, dita criminalización acostuma a ser fundamentalmente xuvenil.

O colosal potencial dos medios como divulgadores de mensaxes provoca que sexa necesario ser extremadamente cauteloso á hora de realizar o tratamento informativo de determinadas noticias. Unha dose de sentido común e outra de ética deontolóxica deberían ser suficientes para acometer dita tarefa, pero frecuentemente nos atopamos con noticias que reproducen unha imaxe negativa deste colectivo. E esa imaxe cala fondo na sociedade, xera opinión pública e fortalece as actitudes xenófobas.

Unha elevada porcentaxe das noticias relacionadas con xitanos cubren acontecementos relacionados co crime: delincuencia, violencia, drogadicción, etc. Todos os manuais de xornalismo sinalan que non se debe facer mención da nacionalidade ou raza dunha persoa, salvo que sexa estritamente necesario. Sen embargo, diariamente hai noticias que fan caso omiso desta norma deontolóxica: “Detienen a 7 miembros de un clan gitano por robar palés en polígonos de Getafe”  ou “Varios detenidos tras un tiroteo entre clanes gitanos en una zona comercial de Santiago”. Incluso as noticias que poderíamos denominar como positivas para este colectivo conlevan habitualmente detalles que permiten percibir certa actitude racista: “Vargas, el primer gitano leonés con carrera universitaria”. A información non é perxudicial para o colectivo, pero, realmente ¿é un acontecimiento noticiable que un xitano se gradúe na universidade? É o feito de ser xitano un impedimento para alcanzar o graduado? Suponse que son menos intelixentes ou menos traballadores, e por iso é noticia? A propia información, cuxo contido é teóricamente favorable a este colectivo, está composta por prexuízos e estereotipos raciais.

Xeralmente os artículos ou reportaxes relacionados co colectivo xitano, independentemente de que a súa intención sexa positiva, negativa o neutra, transmiten certa sensación de afastamento con respecto a eles. Os medios deben traballar vehementemente para revertir a opinión pública imperante, pero non só non o fan, senón que a acentúan. Como exemplo, a Unión Romaní (que realiza anualmente un volume destinado a analizar o tratamento informativo dos medios españois cara o colectivo xitano) salienta unha reportaxe a Rudi, un rumano que marchou a vivir a Inglaterra, ante as profusas axudas sociais que ofrecen os británicos. Na reportaxe, destácanse frases como “¿Por qué voy a trabajar? ¡Me dan 1460 euros al mes por no hacer nada! ¡Estamos en el paraíso!” ou “Si tenemos hijos nos dan más dinero, así que hacemos más hijos”. Esta publicación é especialmente perigosa, xa que congrega tódolos estereotipos existentes cara os xitanos, ademáis de caer na xeneralización. Este tipo de noticias, que son absolutamente irresponsables, exacerban a aversión e a xenofobia, como queda claro ao ver algúns dos comentarios xerados a partir da reportaxe: “Es lo mismo que hacen en España: llegan, sangran un país y luego cogen puerta. Esta gente sólo merece la muerte, son parásitos de nosotros, los trabajadores”.

Para evitar este tipo de pensamentos nocivos, é necesario actuar con sentido común e rigor xornalístico. Exemplos coma o anterior, guiados pola perfidia, teñen o único obxectivo de incitar ao odio racial, unha problemática que debe ser erradicada de raíz. Sen embargo, non só as noticias negativas crean xenofobia. Nos últimos anos proliferan os programas televisivos destinados a profundizar no estilo de vida do colectivo xitano, facendo especial fincapé nalgúns dos seus costumes máis idiosincráticos. Aínda que o tratamento que se realiza é obxectivo, afondar nas nosas desemellanzas (e en moitas ocasións esaxeralas) non parece a vía máis acertada para lograr a integración e a tolerancia racial.

Por último, xeralmente as noticias relativas a este colectivo desprenden certa superficialidade, prácticamente nunca se profundiza nas causas ou nos motivos que poden levar a desenvolver un comportamento violento. En moitos casos, de feito, dá a sensación de que a causa disto é algo puramente xenético, cando non é así nin moito menos.

A integración do colectivo xitano na sociedad antóllase complexa se este tipo de comportamentos xenófobos seguen perpetuándose. A solución ao problema está en mans da sociedade. Os periodistas, ademáis, xogamos un papel clave, pois tenemos una ferramenta moi útil para rematar con este mal endémico que é o racismo.

Referencias:

-Unión Romaní. (2015). ¿Periodistas contra el racismo?. Madrid: CPEDA.

-Joan Oleaque. (2007). La imagen de los gitanos en los medios de comunicación. marzo, 2016, de Fundación Secretariado Gitano Sitio web: https://www.gitanos.org/upload/51/24/Cuadernos_gitanos_01_20-23.pdf

-Política Local. (2016). Detienen a 7 miembros de un clan gitano por robar palés en polígonos de Getafe. marzo 11, 2016, de Política Local Sitio web: http://politicalocal.es/445035-detienen-7-miembros-clan-gitano-robar-pales-poliginos-getafe/

-Marta Fontán. (2016). Varios detenidos tras un tiroteo entre clanes gitanos en una zona comercial de Santiago. marzo 11, 2016, de Faro de Vigo Sitio web: http://www.farodevigo.es/sucesos/2016/01/17/detenidos-tiroteo-clanes-gitanos-zona/1386992.html

-Carmen Tapia. (2016). Vargas, el primer gitano leonés con carrera universitaria. marzo 09, 2016, de Diario de León Sitio web: http://www.diariodeleon.es/noticias/sociedad/vargas-primer-gitano-leones-carrera-universitaria_1047253.html

-Alberto Ramos. (2014). Rudy, el gitano rumano y su clan: “Gran Bretaña es un paraiso. ¡Las ayudas sociales son una locura!”. marzo 10, 2016, de Minuto Digital Sitio web: http://www.minutodigital.com/2014/11/06/rudy-el-gitano-rumano-y-su-clangran-bretana-es-un-paraiso-las-ayudas-sociales-son-una-locura/

Horas de publicación e revisión:

Revisión do editor: 14/03/2016 – 12:05

Revisión do GBO: 14/03/2016 -12:20

Publicación: 14/03/2016-12:35

 

 

Advertisements

4 comentarios en “O colectivo xitano nos medios de comunicación

  1. Tojeiro Ces, Rita (S3E4)

    Un dos aspectos máis importantes deste tema é a omisión total de feitos noticiables que teñen que ver con esta etnia, o que non fai máis que perpetuar o sesgo da opinión pública sobre a etnia xitana. Isto non é así no ámbito da cultura, no que este colectivo goza de máis difusión en comparación coas publicacións puramente informativas. Por exemplo, en Radio 5 de RNE podemos escoitar o programa “Gitanos” no que se nos informa sobre arte, literatura, festivais, música, premios… deste sector da poboación, cunha intención normalizadora. Penso que se trata de integrar todas as culturas, de forma que poidan traballar xuntas nunha sociedade común, non de diluír e formar unha masa homoxénea.

    O problema aparece cando a divulgación recolle unicamente as diferenzas entre culturas, e especialmente as que máis controversia causan, por ser as máis axeitadas para ofrecer á masa de espectadores “non críticos”. E disto facedes mención vós tamén no texto, de certos programas televisivos, que se reducen ao título de “Los Gipsy Kings”, emitido na cadea Cuatro. Déixovos o enlace dun artigo de La Voz de Galicia onde se reflicte o descontento de xitanos con este espazo:
    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/television/2015/02/09/consejo-estatal-pueblo-gitano-critica-programa-gipsy-kings/00031423510418955660475.htm

    Tamén vos paso unha reportaxe da hemeroteca de El País na que se trata bastante a fondo a posición que teñen os xitanos na sociedade. Ademáis, ao final móstrannos datos estatísticos (que non son moi accesibles no caso deste colectivo) e casos particulares de xitanos que abriron camiño na súa loita: http://elpais.com/diario/2006/03/12/domingo/1142138492_850215.html

    Á marxe de que si e necesario concienciar aos xornalistas sobre a importancia de adecuarse ás normas deontolóxicas, insisto en que o cambio de mentalidade sería moi significativo se se impulsa a divulgación de propostas do propio pobo xitano a cambiar a súa situación. Pouco se soubo da campaña “Asómate a tus sueños” da Asociación Secretariado Gitano contra o abandono escolar, por poñer un exemplo. Se queredes, botádelle un ollo tamén á súa web, na que publican habitualmente e pode servirvos de axuda para o traballo: https://www.gitanos.org/
    Moitas grazas por escoller tratar este tema.

    Hora de revisión del editor: 15/03/2016 20:03
    Hora de revisión del GBO: 15/03/2016 20:15
    Hora de publicación: 15/03/2016 20:24

    Gústame

    1. S1E2

      Si, exactamente, os programas televisivos que lle dan un espazo ao colectivo xitano parecen ter unha intención máis orientada a mostrar os seus aspectos e costumes que máis poderían chamar a atención ao resto da sociedade, por pura confrontación das costumes destes. A verdadeira diferenza entre estos programas que salientan os estereotipos e outros puramente culturais (como o que ti mesma comentaches, “Gitanos” de Radio 5) radica na concepción do propio espazo. Na creación do programa de RNE tamén participan persoas desta etnia, que a coñecen dende nenos e que van a tratar de mostrar unha imaxe normalizadora. Para falar verazmente das costumes dun pobo con tanta historia como son os xitanos precísase certa perspectiva, algo do que os medios de comunicación, polo xeral, carecen. Probablemente a solución a isto podería estar en dar voz a esas campañas promovidas polo propio colectivo, como ti dis. Graciñas pola túa aportación Rita, moi interesante!

      Gústame

  2. Villamel Baliñas, Tatiana. S3D5

    Os crimes cométenos os individuos, non as comunidades, por iso, non se pode criminalizar a toda unha comunidade como se leva facendo dende o século XV cos xitanos. Ter prexuízos das persoas é un problema que ten a raza humana dende os seus inicios e que cada vez se acentúa máis. Os medios de comunicación son unha peza clave á hora de crealos, por iso deben ter precaución é sensibilidade cando falan da etnia xitana ou de calquera outra etnia. No ano 2013 a maioría das noticias de prensa, non só en Europa, senón en todo o mundo, insistiron na etnia das familias dos menores xitanos, propagando vellos mitos que os representan como secuestradores de nenos. Isto débese a outro prexuízo, o de pensar que todos os membros da etnia xitana comparten os mesmos rasgos físicos. Déixovos un enlace no que se amosa o que acontece en diversos países de Europa con respecto ao mito de que os xitanos secuestran a nenos : http://mundo.sputniknews.com/spanish_ruvr_ru/2013_10_22/Angel-Rubio-Una-nina-robada-por-los-gitanos-3766/
    Considero que o tratamento mediático dos asuntos xitanos acostuma a ser tan pouco considerado como soe acontecer co resto dos grupos sociais que nin protestan, nin transmiten unha sensación de avance e de influencia. É ben certo que os xitanos convertéronse nun obxecto fácil para dicir calquera cousa sobre eles. Moitos medios de comunicación non os consideran unha comunidade española nin inmigrante, senón outra cousa diferente, unha serie de persoas que levan unha eternidade en terra de ninguén.
    Non fai falta voltar a vista a un pasado moi afastado de nós para recordar informacións televisivas nas que se trataba de maneira “chistosa” a violencia machista e a homosexualidade. Grazas aos cambios na intervención política e na lei os tratamentos xornalísticos sobre estes temas variaron. Por iso, se estes grupos non actuaran para que os medios de comunicación lles gardasen un mínimo respecto, hoxe atopariámonos con tratamentos inmorais nestes campos. Tal e como di o meu compañeiro son numerosas as noticias nas que se sinala que foi un home ou muller de raza xitana a que está involucrada, isto é algo que hai que cambiar. Todas as persoas somos iguais e polo tanto os medios de comunicación deberían tratar a todas por igual, sen remarcar a raza de ninguén porque iso só produce máis prexuízos, algo que na nosa sociedade sobra.
    A Fundación Secretariado Gitano creou un periódico titulado Payo Today, para conseguir que os xornalistas entendan a súa función á hora da configuración da imaxe social da comunidade xitana, utilizando o humor para dita iniciativa. O obxectivo é un tratamento informativo xusto e digno por parte dos medios con respecto a esta comunidade.
    http://ecoteuve.eleconomista.es/ecoteuve/prensa/noticias/6314743/12/14/Payo-Today-denunciara-con-humor-las-malas-practicas-periodisticas-sobre-los-gitanos.html

    Data de emisión do comentario: 15/03/2016- 13:32
    Data de revisión do GBO: 15/03/2016- 16:44
    Data de publicación do comentario: 16/03/2016- 00:10

    Gústame

    1. Cabado Vázquez, Aarón. S1E2

      Paréceme especialmente interesante esta reflexión do teu comentario: “Moitos medios de comunicación non os consideran unha comunidade española nin inmigrante, senón outra cousa diferente”, porque é exactamente así. Cando se aborda o tratamento do colectivo xitano nos medios, a sensación de afastamento e a deshumanización que se transmiten son brutais. Parece que se fala deles como dun “grupo de persoas que sobran”. E isto é altamente perxudicial pola súa facilidade para xerar opinión pública, aspecto que xa comentamos. É moi habitual escoitar “bromas” de moi mal gusto con respecto aos xitanos, os cales nos indican a perspectiva que se ten deles. Unha frase moi común é a de “Hoxe morreron dúas personas e un xitano”. Chistes así, que desprenden tanta insidia, mostran o que gran parte da sociedad pensa deles: non son persoas, senón seres inferiores dos cales temos dereito a falar mal. E como xa explicamos anteriormente, para virar estes pensamentos nocivos é necesaria a colaboración dos medios de comunicación. A sociedade cambia, pero neste aspecto parece que seguimos estancados. Graciñas pola aportación Tatiana, precisamente nos achegamos esta semana á Fundación Secretariado Gitano e nos falaron da súa labor.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s