O tratamento das persoas con discapacidade nos medios de comunicación

Marta Eireos Currás – S1C4

discapacitados

Fonte imaxe: incluyeme.com

A profesión do xornalista é o exercicio máis eficaz de liberdade de expresión e información. Ambos conceptos son os principais creadores da opinión pública, requisito imprescindible para acadar unha sociedade libre. Este dereito a informar e ser informado recóllese no artigo 20 da Constitución Española.

Dito artigo é aplicable a todos os cidadáns. E, como cidadáns que son, as persoas con discapacidade son tamén parte da realidade da información, xa que constitúen un gran grupo con preocupacións, necesidades e demandas como calquera outro individuos. As persoas con discapacidade, sexa no grao que sexa, queren aprender e saber sobre o mundo que os rodea, pero tamén queren ser representadas de forma axeitada diante do mundo.
Os medios de comunicación son imprescindibles para cambiar a intolerancia por respecto, o rexeito pola aceptación. Son os encargados de promover unha actitude social aberta que axude a inclusión dos discapacitados no mundo actual. Unha persoa que padeza discapacidade ten tanto dereito coma calquera outro cidadán de ser informada e informar, de xeito aberto, plural e global que caracteriza a sociedade libre na que vivimos.

Polo seu amplo alcance social e a súa credibilidade, os medios de comunicación son o instrumento básico para lograr a integración total das persoas con discapacidade. Para alcanzar este obxectivo, o primeiro paso sería mellorar a imaxe que a sociedade ten da discapacidade.

Cando unha noticia engloba algún tema relacionado coa discapacidade, encontramos principalmente dous tipos de tratamento. Por un lado, o discapacitado é presentado ante nós coma un superhéroe por facer cousas completamente cotidianas. Por outro lado, atopámonos a versión máis habitual, a visión lacrimoxéna e conmovedora da persoa que sufre discapacidade. “A imaxe visual que se amosa dos discapacitados, aparte de non ser a correcta, non é a real”, afirma a presidenta da Fundación Audiovisual para a Normalización, Mabel Sánchez Calvo. “Os medios audiovisuais esforzánse en amosar unha imaxe distorsionada da discapacidade onde todo é pena”, engade.

Non obstante, hai que recoñecer que a imaxe actual das persoas con discapacidade evolucionou favorablemente durante os últimos anos. Con todo, hai un longo camiño por percorrer. Un primeiro paso sería evitar o tratamento conmovedor da discapacidade e empezar a tratalo coma o que é, una realidade social como calquiera outra.

 

Referencias

Montero, T. (3 de marzo de 2016): Aquí los discapacitados son los buses. La Voz de Galicia. Recuperado de: http://www.lavozdegalicia.es/

Rodríguez, A. (2003). Entrevista con Mabel  Sánchez Calvo, presidenta de la Fundación Audiovisual para la normalización social: Entorno Social. Recuperado de http://www.siis.net/es/buscar/Record/119487

Pantano, L. (2005). Tratamiento de la discapacidad de los medios. Recuperado de http://www.siis.net/docs/ficheros/200403290008_24_0.pdf

 

Hora de revisión do editor: 23:00 14.3.2016

Hora de revisión do GBO: 23:20 14.3.2016

Hora de publicación: 23:45 14.3.2016

 

Advertisements

9 comentarios en “O tratamento das persoas con discapacidade nos medios de comunicación

  1. Denise Sambad Guillomía, S3E2

    Estou totalmente de acordo en que o tratamento dos medios ante a discapacidade non é correcto. Ocorre así nos medios e en calquera recuncho da sociedade onde busquemos, véxanse as redes sociais. É moi común atopar nalgunha destas plataformas, poñamos Facebook como exemplo, fotografías de persoas , na gran maioría rapaces, con algún tipo de discapacidade. Os títulos soen ser conmovedores, e intentan facer sentir mal ao receptor de tal imaxe. “Se non compartes non tes corazón”, poñen ás veces. E estamos afeitos a este tipo de publicacións, e son miles de persoas as que o comparten e convirten en viral algo tan ridículo. Desde logo non me parece en absoluto unha situación normalizada. Fannos sentir lástima e incluso culpabilidade. Son persoas coma nós e a sociedade oblíganos a velas como diferentes, aínda que non o sexamos. No ano 2016, en Europa, xa pleno século XXI, e a día de hoxe non facilitamos que unha persoa discapacitada poda acudir aos mesmos lugares coa mesma facilidade que os demáis. Segue a haber miles de lugares públicos sen ningún tipo de acceso para sillas de rodas por exemplo.
    Á hora de buscar traballo hai gran cantidade de trabas para as persoas discapacitadas, porque cremos que non poden facer un traballo que nós sí, e non é certo, cada un debe coñecer as súas limitacións, pero todos as temos, sexas discapacitado ou non. Así que ata que a sociedade deixe de dar unha falsa imaxe das discapacidades os medios seguramente seguirán facendo o mesmo. E hai que evitalo.

    Aquí tedes algún artigo relacionado co tratamento informativo da discapacidade, o segundo, máis longo, céntrase concretamente na televisión pública valenciana pero as súas reflexións poden ser de interese.

    http://www.dosdoce.com/2006/08/05/tratamiento-informativo-de-la-discapacidad-en-los-medios-de-comunicacion/

    http://dspace.ceu.es/bitstream/10637/7806/1/Tratamiento%20informativo%20de%20la%20discapacidad%20en%20la%20Televisi%C3%B3n%20P%C3%BAblica%20Valenciana%20(TVV).pdf

    Hora de revisión do editor: 15/03/2016 18:34
    Hora de revisión do GBO: 15/03/2016 19:00
    Hora de publicación: 15/03/2016 19:14

    Liked by 1 person

    1. Marta Eireos Currás; S1C4

      ¡Moitas grazas, Denise! Ambos artigos parecéronme moi interesantes, e comparto o punto de vista do escritor. Especialmente gustoume o primer artigo, xa que o autor achega posibles métodos e solución para conseguir a integración total das personas con discapacidade.

      En canto o que dis das redes sociais, tés razón. En Facebook ou Twitter tódolos días compártese unha nova imaxe dun discapacitado acompañada dun texto compasivo. “Dalle a me gusta, faino por él”. ¡Coma se con un “me gusta” en Facebook fóramos a solucionar algo!

      O principal obxectivo é chegar a acadar a total inclusión social dos individuos que padezan discapacidade. O primeiro paso ten que ser normalizar a súa situación. É indignante que en pleno século XXI a xente continúe a xirarse pola rúa cando ve a unha persoa en cadeira de rodas, ou a dicir “pobre cego” cando ve a un invidente.

      ¡Un sáudo!

      Revision GBO: 16.3.2016 22:26

      Gústame

  2. Rodríguez Carballo, Aixa (S3D2)

    Cada persoa que conforma a nosa sociedade e ten unha discapacidade, por norma xeral, é tratada de xeito distinto polo mero feito de ser vítima dunha circunstancia que lle tocou sufrir.
    Nós, como persoas, chegamos ao punto de desprecialas, rirnos delas, ecluílas, sobre todo cando son cativas. Pero, a que se debe este fatal egoísmo? Non somos conscientes de que este problema podería tocarnos a nós e de que estas persoas son posuídoras dos mesmos dereitos ca nós. A única “diferenza”, o único “matiz”, é que teñen unha enfermidade
    Como xornalistas, temos a obriga de ser consientes disto, sobre todo á hora de publicar, pois en moitos casos observamos noticias nos medios puramente discriminatorias, que fan caso omiso a toda ética e consideración social. Desde o meu punto de vista, esta é unha falta moi grave que debería ser sancionada sen reparo.
    Os medios de comunicación son o cuarto poder da sociedade, polo que a través deles débense amosar e impulsar os valores de igualdade e respeto, concienciando á poboación da súa vital importancia para a concepción dunha comunidade o máis moderna posible.
    É hora de que a nosa mente se abra. Estar enfermo non é unha diferenza, é unha circunstancia, unha situación azarosa na que todos podemos caer. Só iso, nada máis.
    Primeiro os medios e logo a sociedade, deixemos de apartar á xente con discapacidades.
    Aquí vos deixo un estudo realizado polos sociólogos Antonio Jiménez Lara e Agustín Huete García, no que analizaron as respostas recibidasa a unha enquisa sobre “discriminación por motivos de discapacidade”. Agardo que vos sirva de axuda: http://www.ite.educacion.es/formacion/materiales/126/cd/unidad_2/material_M2/sabermas1.pdf

    Data de emisión do comentario: 15/03/2016- 15:45
    Data de revisión do GBO: 15/03/2016- 16:34
    Data de publicación do comentario: 15/03/2016- 21:18

    Liked by 1 person

    1. Marta Eireos Currás, S1C4

      Estou completamente de acordo. Os medios de comunicación teñen unha importancia brutal e un grande impacto na sociedade na que vivimos. É moi importante que os xornalistas (e polo tanto, os medios) documenten ben as súas informacións antes de publicalas e especialmente cando traten de temas delicados, como podería ser a discapacidade.

      Os medios, como ti ben dis, son o cuarto poder, e deberían ser conscientes do efecto que exercen na sociedade. Se os medios de comunicación empezaran a tratar as persoas discapacitadas con normalidade, non teño dúbida de que todos empezaríamos a facelo.

      ¡Un saúdo!

      Revision GBO: 16.3.2016 22:27

      Gústame

  3. SENRA RIVAS, MARA S3C2

    Ola Marta!
    O tema da discapacidade é moi importante na nosa sociedade xa que hai un alto porcentaxe de persoas que dun ou outro xeito viven cunha, por eso é importante que seus problemas sexan tratados como tantos outros. Ata aí ambas dacordo. Agora sí, non acabo de entender a onde queres chegar con este artigo, creo que é demasiado amplo e deberías centrarte nalgún aspecto máis concreto, como que dentro desas discapacidades hai algunhas que teñen máis presenza nos medios e outras menos. As razóns de iso, os por qúe e por suposto a súa consecuencia.

    Como xa afirmei en outras publicacións é verdade que certos colectivos non teñen tanta voz na sociedade como outros, pero aínda quedar tamén moito camiño por recorrer, hai que admitir que coa loita de asociacións, de persoas anónimas e algún organismo, así como determinados medios a situación de presenza é cada vez maior, e é aí onde creo que é bastante importante profundizar, algo que non se trata nesta entrada:

    ¿Ó ter máis voz nos medios, ó ser tratados dun xeito máis axeitado, este colectivo consegue o que realmente necesita? ¿O que realmente reclama? ¿Ou quédanse simplemente co mero feito de “ter voz”? TEr voz, ter onde expresarse, poder facelo é fundamental, indispensable. Pero non hai que quedarse só en ter voz, é tamén que nosas palabras, nosas accións teñan unha reacción. Unha reacción que en moitas ocasións ten que vir dada polo goberno, concellos etc. En axudas, instalacións axeitadas e un largo número de tarefas para que ser discapacitado non impida levar unha vida totalmente normal. É a falta de esa reacción é o que está a ocorrer hoxe en día dende meu punto de vista.

    Unha das figuras importante para este colectivo aquí en Galicia é o do Valedor do Pobo, xa que emprende numerosas accións ó longo do ano a prol de este colectivo e xa non por “denuncias” do propio colectivo ou personas particulares, senón de oficio. É decir, este organismo, se ve unha deficiencia, por exemplo, (caso real ó que nos acercou a actual valedora, Milagros Otero), pois se deron conta de que os autobuses urbanos non están na totalidade adaptados para que as persoas cunha cadeira de rodas podan viaxar, ou os que están adaptados presentan grandes problemas de seguridade. Entón emprenderon unha acción para que esto non siga así e levaron o asunto ao Parlamento de Galicia. E estase actualmente debatindo sobre o tema.

    Por eso é moi importante que coñezades esta figura xa non solo vos, para o traballo, senón que fagades que a coñezan as personas do voso circulo e os seus coñecidos, xa que é unha das ferramentas con maior voz e utilidade, que case sempre conseguen esa reacción da que vos falaba antes.

    Por último deixote uns enlaces de interés á publicacións do Valedor do Pobo, e tamén decir que se necesitades algún contacto con ela, ou algunha das personas do círculo se ven interesadas en falar con ela sobre algún problema que queran “denunciar” facermo saber e arranxaremos eso nun momento.

    http://www.valedordopobo.gal/es/informes-anuales/

    http://www.valedordopobo.gal/es/monografias-e-informes-extraordinarios-2/

    http://www.valedordopobo.gal/es/conoce-nuestras-recomendaciones/

    Un saúdo Marta!

    Data de emisión do comentario: 16/03/2016- 14:24
    Data de revisión do GBO: 16/03/2016- 14:54
    Data de publicación do comentario: 16/03/2016- 15:05

    Gústame

    1. Marta Eireos Currás; S1C4

      Ola, Mara!

      Estou de acordo contigo en que o correcto tratamento das persoas discapacitadas é primordial na nosa sociedade. Tamén acepto a túa opinión sobre que o artigo sexa moi amplo, pero é que este artigo é de certo xeito “introductorio”, xa que é o meu primeiro artigo no blog.

      Moitísimas grazas pola túa axuda para contactar co Valedor do Pobo; é certo que é unha figura de gran importancia á hora de conseguir mellorar unha situación social e sobretodo, á hora de cambiar un pouco a mentalidade ou imaxe que teñan as personas nun determinado tema ou ámbito. Non dubidaremos en contactar contigo se necesitamos contactar con ela. ¡Grazas de novo!

      Un sáudo, Mara!

      Revision GBO: 16.3.2016 22:28

      Gústame

  4. É curioso como as sociedades “avanzadas”tenden a esconder ou paternalizar o diferente. Lembro cando era unha vergoña levar a roupa enrugada e tivo que chegar un home, Adolfo Dominguez, decindo que “a enruga é bella”, para que todos quixeran ir coa roupa enrugada. As persoas con discapacidades son persoas con necesidades diferentes, sen mais. Cando a sociedade comprenda isto e o asimile con naturalidade daráse un paso de xigante. Pouco a pouco vaise abanzando neste tema e os medios de comunicación teñen que axudar para dar visibilidade a esta realidade.S2C5

    Liked by 1 person

    1. Marta Eireos Currás; S1C4

      ¡Tés toda a razón, Isabel! O tratamento que os medios de comunicación dan ás discapacidades é incorrecta e inapropiada en moitos casos, xa que ou ben non se adecua á realidade ou ben se trata de xeito paternalista. Ambos xeitos son completamente inapropiados. É importante concienciar ás persoas e tamén ós medios de mellorar ese tratamento xa que os medios de comunicación consisten actualmente unha das fontes principais da construcción da realidade nas sociedades contemporáneas.

      Revision GBO: 31/03/2016 0:02

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s