Os estereotipos da vellez, dende a antigüidade ata a actualidade

Lois Barcia, Mélani – S2C1

Imaxe da páxina do Museo del Prado na que aparece o busto antigo dun retrato de Cicerón

Cicerón foi un dos primeiros en tratar os mitos da vellez que había na sociedade da súa época, pois fai xa máis de dous mil anos. E a maioría deses estereotipos seguen presentes na sociedade actual, en gran parte debido ós medios de comunicación. No seu libro, De Senectute, Cicerón realiza unha refutación ordenada de catro motivos polos que a vellez pode parecer miserable. Polo tanto, estamos ante o primeiro manual de xerontoloxía.

O primeiro argumento que emprega Cicerón é que a vellez aparta das actividades. Pero as cousas grandes non se fan con velocidade, forza ou a axilidade do corpo senón con autoridade e opinión, calidades que a terceira idade ten en abundancia.

A segunda razón para subestimar a vellez é a perda da forza física. O argumento que usa Cicerón é que a vida non debe valorarse por ela. É obvio que decrece e se padecen enfermidades pero tamén na xuventude se padecen. A solución que se aporta na obra e manter unha serie de costumes saudables con respecto ás dietas e ó exercicio físico.

A terceira razón é quizais á que máis se adoita facer referencia: a idade avanzada fai perder placeres. Para refutar esta idea, no libro realízase un ataque aos placeres acusándoos de ser os causantes dos excesos e das accións vergoñentas e criminais. Exáltanse pola contra as virtudes que son as que levan ao benestar. Polo tanto, Cicerón alaba a vellez por afastarse dos placeres e achegarse a unha vida máis virtuosa.

A última razón para despreciar a vellez e a proximidade á morte. A filosofía coa que fai fronte a este argumento é que unha vida axeitadamente vivida remata “ao seu debido tempo”. Se non hai nada despois da morte non debemos temela e se a morte é unha porta para a vida eterna debemos desexala.

Como apoloxía á vellez a obra conseguiu o seu propósito, pero é unha apoloxía con doble cara. Ao igual que a vida, a vellez sempre aceptará miradas múltiples e contradictorias e non debemos limitarnos a unha única que é o que actualmente fan os medios de comunicación e a sociedade en xeral.

Romper cos mitos e estereotipos da vellez implica aceptar que hai moitas maneiras de envellecer, que non só é posible avanzar cara unha idea determinada de persoa maior, senón que dependerá da persoa en concreto, do seu carácter, das súas experiencias, educación… É dicir, implica concebir as persoas maiores como un grupo social heteroxéneo ao igual que o son os demais grupos sociais.

 

 

Hora de revisión do editor 21:00

Hora de revisión do coordinador 21:25

Día 14/03/2016

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s