A educación en Lingua de Signos

Rodríguez Arias, Icía – S3A3

ThomasHAwk
Fonte: Tomas Hawk (Flickr)

 

Unha persoa xorda adoita a ter a Lingua de Signos como lingua nai, polo tanto, recibir unha formación en castelán ou en galego, é para eles, como se a nós nos obrigaran a recibir unha formación en chino. A sintaxe, a polisemia de algunhas palabras ou as frases feitas dificultan moito a comprensión lectora dunha persoas non ouvinte. Ademais, a discriminación positiva cara este colectivo, como a que se pode dar cando un profesor lle esixe menos a un neno pola súa deficiencia auditiva, repercute negativamente no alumno. Isto xa o adiantamos en artigos anteriores, pero hoxe imos examinar máis detidamente como se trata a educación en Lingua de Signos.

O caso é, denuncian este problema os medios? Que unha persoa xorda ten dificultades para a comprensión escrita do castelán e do galego non é de dominio público, e parece ser que os medios e as institucións tamén o ignoran. Os grandes diarios estatais apenas lle dan cobertura ó tema. El País, por exemplo, leva dende setembro do ano pasado sen publicar ningunha noticia sobre a linguaxe de signos. O seu último artigo, Oyentes en un mundo de signossobre un colexio que empregaba a LSE porque unha ampla porcentaxe do centro tiña deficiencias auditivas, deixa moito que desexar.

Los signos no son obstáculo para la charla, sino una forma más de comunicarse. “Los niños son un apoyo muy importante dentro del aula, porque ayudan y echan una mano a los compañeros necesitados“, asegura Pérez.

Oyentes en un mundo de signos

En que se diferencia un neno dun “compañeiro necesitado”? Afirmacións como esta chaman a atención nun medio que escribiu artigos de calidade como Recreo de gestos y palabras. E para finalizar a peza, engaden un vídeo directo ó corazón do público máis sensible:

Pero El País non é o único. Custa ver a Lingua de Signos Española (LSE), xa non digamos a denuncia da súa parca presencia na educación, en medios como El Mundo, La Razón, El Diario, InfoLibre… Porén, ABC ou a axencia EuropaPress son excepcións, xunto con medios autonómicos e provinciais como La Voz de Galicia, La Región e La Opinión que si outorgan certo espazo á LSE nas súas páxinas. Fóra de Galicia atopamos certa cobertura no Diario de Navarra, Salamanca 24h, a edición valenciana de El País, ou DiscapNet.

Por último, caben destacar contradicións dentro dos partidos políticos como esta de Ciudadanos. En Salamanca 24 horas aparecía recollido nun artigo o seguinte:

“Desde el grupo municipal de Ciudadanos somos conscientes de la necesidad de eliminar las barreras de accesibilidad para las personas con discapacidad auditiva en la ciudad, dotando a las instalaciones municipales de bucle magnético o los sistemas que sean adecuados para facilitar la comunicación en cada caso, así como reconociendo las necesidades de intérprete de signos o medios de comunicación alternativos en las actividades municipales organizadas para niños y jóvenes”, explica Ana Suárez.

Salamanca 24 Horas

Mentres que na versión do País Vasco de El País, publicouse hai menos de un mes o caso dunha candidata do partido que denunciaba ó mesmo por discriminación.

A educación en Lingua de Signos queda polo tanto totalmente excluída desa ollada crítica da que tanto presume o elenco xornalístico.

Referencias

EFE (19 de febreiro de 2016).Una candidata de Ciudadanos sorda denuncia al partido por discriminación. Consultado o 11 de marzo de 2016, El País, edición País Vasco (versión dixital): http://ccaa.elpais.com/ccaa/2016/02/18/paisvasco/1455822678_624659.html

Redacción (09 de marzo de 2016). La UNED ofrece cursos de lengua de signos y de dibujo. Consultado o 11 de marzo de 2016, La Voz de Galicia (versión dixital): http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2016/02/10/pintores-crean-obras-boca-pie-uned-ofrece-cursos-lengua-signos-dibujo/0003_201602V10C11993.html

Redacción (10 de marzo de 2016). Los escolares no cuentan con un intérprete de lengua de signos de manera permanente. Consultado 0 09 de marzo de 2016, Salamanca 24 Horas: http://www.salamanca24horas.com/local/10-03-2016-los-escolares-no-cuentan-con-un-interprete-de-lengua-de-signos-de-manera-permanente

Guillén, B. (28 de setembro de 2015). Oyentes en un mundo de signos. Consultado o 09 de marzo de 2016. El País (versión dixital): http://ccaa.elpais.com/ccaa/2015/09/26/madrid/1443294406_284843.html

Redacción (21 de febreiro de 2016). Reclaman la incorporación de la lengua de signos a la educación. Consultado o 10 de marzo de 2016. ABC (versión dixital): http://www.abc.es/sociedad/abci-reclaman-incorporacion-lengua-signos-educacion-201602211832_noticia.html

Redacción (13 de febreiro de 2012). Lanzan una Web para enseñar Lengua de Signos en colegios. Consultado o 11 de marzo de 2016. EuropaPress: http://www.europapress.es/epsocial/ong-y-asociaciones/noticia-cnse-crea-web-facilitar-ensenanza-lengua-signos-centros-educativos-20120213122057.html

Hora de revisión do editor: 14/03/2016 22:30

Hora de revisión do GBO: 14/03/2016 22:42

Hora de publicación: 14/03/2016 22:45

Advertisements

5 comentarios en “A educación en Lingua de Signos

  1. Tarrío Rodríguez, Eva S3E3
    A importancia que ten a lingua de signos nunha sociedade na que nos atopamos cun gran número de persoas xordas é indudable. O problema vai xorder, como se explica no post, cando tanto partidos políticos como a prensa se olvidan da relevancia que teñen estas persoas para a sociedade, e a necesidade de darlle un papel máis prioritario á súa linguaxe. Creo que é importante apuntar como a prensa sempre tende a tratar temas doutro tipo de discapacidades antes que pararse a falar da problemática das persoas xordas.
    Atopo en Internet un artigo escrito por unha persoa xorda (http://www.articuloz.com/leyes-articulos/lengua-de-signos-en-internet-regulada-por-ley-pero-casi-siempre-olvidada-5273126.html) que, antes de reclamar unha maioatención a calqueira outra problemática que lle pode traer a súa xordera, pide a tradución á linguaxe de signos dos vídeos colgados na rede.
    “Como persona sorda que soy, a pesar de no necesitar la lengua de signos para leer siento la imperiosa y constante necesidad de seguir ayudando y luchando todo cuanto sea necesario para que los deficientes auditivos de este país tengan mejor accesibilidad a los medios digitales de la actualidad.“ “La anterior es, por tanto, más que una buena razón para complementar la información textual en los sitios web con videos en lengua de signos en los que el mensaje se reproduzca con buenas condiciones de legibilidad”.
    Atopo importante pararnos un momento a comentar como algo que pode resultar tan simple para o resto das persoas coma ver un vídeo online é un problema para outro gran número de xente, as que sofren xordeira. Tal vez comezando por solucionar esta clase de cousas, que aparentemente son tan pequenas, conseguiríamos facilitarlle moito o se estilo de vida. Nesta páxina web (http://www.mimicaweb.com/soluciones/lengua-de-signos) realizan e editan o vídeo en formato panorámico é inclúe ao presentador en linguaxe de signos.
    “En la LEY 27/2007, de 23 de octubre, por la que se reconocen las lenguas de signos españolas y se regulan los medios de apoyo a la comunicación oral de las personas sordas, con discapacidad auditiva y sordociegas.“
    Aínda que esta lei está en vigor desde 2007 moi poucos son os sitios web públicos ou financiadas por fondos públicos, que foron adaptados a isto, destacando a neglixencia da administración sobre esta importante cuestión social.
    Por último, quería falar dun artigo atopado no xornal ABC deste mesmo ano no que se informa de que a Universidade Rey Juan Carlos vai ofertar o grao en Linguaxe de Signos Española e Comunidade Xorda e que vai ser impartida tanto por profesorado oínte coma con discapacidade auditiva. (http://www.abc.es/sociedad/abci-lengua-espanola-signos-convertira-carrera-universitaria-oficial-201603041723_noticia.html)
    “Según informa la propia universidad en una nota, son estudios de cuatro cursos dedicados a la interpretación inversa y directa en lengua de signos, conocimientos profesionales sobre la población y cultura sorda y sordociega y la discapacidad (fundamentalmente auditiva)”.
    Isto non fai máis que demostrar a importancia da linguaxe de signos, unha forma de comunicación para unha comunidade que merece ter os mesmos dereitos ca o resto. Algo que os medios e os políticos están tardando en darse de conta.

    Hora de revisión do editor: 15/03/2016 19:01
    Hora de revisión do GBO: 15/03/2016 19:14
    Hora de publicación: 15/03/2016 19:35

    Gústame

    1. Rodríguez Arias, Icía S3A

      Coincido en boa medida no que dis, aínda que cando falas da relevancia que teñen estas persoas, non remato de comprender o que dis. Non penso que sexa tanto a cuestión da relevancia que teñan ou deixen de ter, mais o dereito de comunicarse que non se lles é recoñecido.
      Moitas grazas por comentar o meu traballo dunha forma tan ben fundamentada.

      Gústame

  2. Rodríguez Losada, Adrián (S3D3)

    Entendo que o propósito deste artigo é criticar a pouca visibilidade que se lle da nos medios de comunicación ás dificultades academicas dos rapeces e rapazas polo mero feito de ser xordo. Pareceme de grande interese a primeira frase do artigo na que se compara o aprendizaxe dos idiomas para os que sofren de xordeira e os que non, aínda que pareza rara moitas persoas non se decatan diso e polo tanto non son conscientes do gran prexuizo que se está a cometer, polo que agradezo que se den a coñecer estos temas.

    En canto a crítica aos medios de comunicación é innegable que a pasividade á que nos enfrontamos é brutal, foi moita a loita que houbo contra as instituciones do estado para poder conseguir una ley que regule esta lingua como outra máis ( http://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2007-18476 ), e se fose coa axuda dos medios a súa situación (os problemas cos que se topan diariamente) terían mayor difusión.

    Os posibles problemas aos que se enfrontan as persoas ouvintes, como mencionaches no teu artigo, é no momento de aprender unha língua escrita (galego, castelán, inglés…), ainda así existen numerosos estudos que demostran que poden aprender a ler con moita práctica, pero aínda con iso é de gran dificultade para eles.
    Quero tamén comentar a nova que se está facendo eco nos últimos meses no noso país, a creación ducha carreira de Lingua de Signos, http://www.elmundo.es/sociedad/2016/03/04/56d9b6c2268e3e5d4e8b456d.html , que abre a porta a aceptación por parte do conxunto da sociedade da lingua de signos como unha lingua máis.
    En definitiva un tema que precisa de moita expansión nos medios para poder acadar aquelo polo que moitos loitan e que poucos coñecen.

    Data de emisión do comentario: 17/03/2016- 23:45
    Data de revisión do GBO: 18/03/2016- 15:11
    Data de publicación do comentario: 18/03/2016- 18:03

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s