Círculo de Lectura Crítica Rebullón

AS NOVAS E O SEXISMO – Iria Vázquez

circulo
Imaxe obtida de: http://rededemulleres.blogspot.com.es/

A participación da Rede de Mulleres Contra os Malos Tratos no Observatorio Cidadán da Comunicación pretende abrir unha reflexión a partir das actividades realizadas nesta entidade, tanto nos círculos de lectura crítica, como no Obradoiro de radio que se levou a cabo o ano pasado, en colaboración co CIDEC.

A partir destas actividades, puidemos elaborar entre tódalas participantes unha serie de indicadores que deben ser considerados polos medios para evitar un enfoque sexistas nas novas que recollen. Por unha banda, unha das cuestións fundamentais de cara o futuro ten que ver co feito de evitar os estereotipos de xénero nas novas, evitando a alusión a características diferenciais entre homes e mulleres.
Outro dos eidos temáticos nos que nos detivemos, dado o noso traballo na Rede de Mulleres Contra os Malos Tratos, foi na análise das novas en casos de violencia de xénero. Aquí existe moitos aspectos a mellorar: por unha banda, faise necesario recalcar sempre a orixe social deste tipo de violencia, facendo fincapé que a agresión do varón ten que ver coa sociedade machista na que vivimos, evitando sempre certa culpabilización das mulleres, aludindo ao feito de que non denunciaran; tamén se debe respectar a intimidade das mulleres e da súa familia, e evitando calquera carga de sensacionalismo, ou de alusión ao “bo e amable que era o home”. Habería que coidar máis o tratamento que se da ás menores cando aparecen neste tipo de novas, xa que soen ser as vítimas invisibles da violencia de xénero. A maiores disto, cando se fala de violencia de xénero, hai que ter en conta que este concepto tamén debe abarcar a violencia económica e a violencia sexual, non só a violencia física sobre as mulleres.
Outro aspecto a mellorar é o espazo que ocupan este tipo de novas: a violencia de xénero non é un suceso, debe ocupar un espazo central no xornal, e nunca unha columna lateral nas páxinas de sucesos, tal e como é habitual en moitos medios de comunicación.
Ademais de mellorar na información sobre violencia de xénero, tamén é importante mellorar a identificación das mulleres en xeral nas novas, xa que a miúdo non se lles nomea ben, ou non se lles identifica coa súa profesión, senón segundo o seu estado civil. O espazo que ocupan os logros de mulleres nos medios de comunicación segue a ser ridículo.
Así mesmo, no círculo debatemos sobre o feito de que existen xa manuais sobre como evitar o sexismo nas novas ou como informar en casos de violencia de xénero (pensemos na declaración de Compostela do colexio profesional de xornalistas de Galicia), pero a cuestión é que non se respectan eses códigos deontolóxicos nos grandes medios; polo que se fai necesario facer algún tipo de presión sobre os grandes medios, e quizais pensar sobre a necesidade de manter seccións de igualdade estables nos xornais, que visibilicen as novas que teñen que ver coa igualdade, dado o escaso espazo que seguen a ocupar as actividades realizadas por mulleres (ámbito político, laboral, asociativo, etc.). Este tipo de novas sobre igualdade e sobre os logros das mulleres deben evitar o que Marcela Lagarde chamaba o “veo da igualdade”, aquela sensación transmitida ás veces polos medios de comunicación de que a igualdade xa está conseguida, evitando aludir a tódolos obstáculos e dificultades que teñen que superar ás mulleres para acceder a certos logros profesionais ou persoais, como por exemplo, o teito de cristal.
Composto por: Iria Vázquez

Publicado: O martes 15 de marzo ás 23:57

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s