A trata de mulleres con fins de explotación sexual

Bermúdez Lista, Sheyla -S1B5

FOTO PRIN
Foto obtida de: torange.biz

A  trata de persoas con fins de explotación sexual afecta cada ano a millóns de persoas no mundo, sobre todo a mulleres e nenas. Segundo a Organización Internacional do Traballo (OIT), hai máis de dous millóns de persoas suxeitas á explotación como resultado da trata de seres humanos. Está considerada como unha nova forma de violencia de xénero e forma parte dun dos negocios máis lucrativos, despois do tráfico de armas e o tráfico de estupefacientes. Con todo isto, non é un tema que se toque de forma axeitada nos medios.

A ONG Paz y Desarrollo desenvolveu o traballo Esclavas del siglo XXI: La trata con fines de explotación sexual  co que pretende darlle voz a unha realidade que habita entre nós e que sen embargo queda relegada ao esquecemento na sociedade.  Neste proxecto falan de España como principal país de destino de mulleres con fins de explotación sexual, ademais de ser un país de tránsito. A pesar disto, descoñécese o verdadeiro alcance do fenómeno debido a que os medios non nos facilitan datos sobre a súa dimensión nin evolución. Explican como enganan a mulleres de países como Brasil ou Colombia, entre moitos outros, prometéndolle unha vida mellor e ao vir aquí atópanse soas e cunha débeda imposible de pagar.

A explotación sexual comercial de persoas é unha das maiores formas de violación dos Dereito Humanos. A loita para acabar con isto é responsabilidade de distintos sectores da sociedade. Os medios de comunicación debido ao seu amplo alcance, cobertura e influencia na poboación, son fundamentais para xerar unha cultura de rexeitamento cara a este fenómeno. No seu papel de formadores e educadores, os medios teñen a responsabilidade de tratar o tema con coidado, de maneira obxectiva e sen causar nos receptores un sentimento de rexeitamento cara as persoas involucradas na información que se está a comunicar e tamén teñen un compromiso social e moral polas repercusións que ten este delito da trata de mulleres nas vítimas.

Nos proxecto Los medios de comunicación (de Panamá)  e  El tratamiento de la prostitución y la trata con fines de explotación sexual en los medios de comunicación, podemos ver a importancia dos medios neste tema, a súa influencia e todo o que deben facer os medios de comunicación para eliminar este delito, para darlle visibilidade e para tratar o tema co coidado que merece. Nos estudos atribúenlle aos medios o papel de formadores e educadores da poboación, recalcando a importancia de mostrar a realidade da trata como algo que está presente e buscando novos enfoques dándolle visibilidade a todos os puntos da problemática, como son as vítimas, os intermediarios e os clientes.

Actualmente, tanto a trata como a prostitución son tratados como temas tabú e como uns ámbitos cheos de estereotipos, prexuízos e mitos que crearon os propios medios debido ás influencias de certos grupos por intereses propios. Ambos os estudos intentan darlle consellos a todo o mundo relacionado coa comunicación para que lle expliquen de maneira coidadosa aos espectadores a magnitude do problema, derribando estes prexuízos dos que estamos a falar e contando detalladamente como mulleres normales e correntes coma eles e elas son enganadas cada día, e acábanse convertendo en vítimas de trata cando tan só buscaban unha vida mellor.

A maioría da poboación nin sequera é consciente de que este problema existe a día de hoxe cando a trata de mulleres con fin de explotación sexual afecta cada ano a millóns de persoas no mundo. Fronte a isto, os medios poden realizar unha aportación e cambiar a vida de moitas mulleres e nenas mediante a sensibilización da opinión pública para aumentar o coñecemento e a conciencia sobre os danos e riscos que para eles supón. Na actualidade existe un baleiro neste tema, posto que ao ser un tema tabú, non hai cifras actualizadas de vítimas, ao igual que o é a prostitución e incluso a violencia de xénero, a pesar de que este último comeza a ter bastante voz nas noticias a día de hoxe. Quizais nun futuro as cousas cambien respecto aos temas xa citados.

Referencias

Actos de trata sexual y medios y finalidad de la trata sexual. (2009). Endvawnow.org. Retrieved 15 March 2016, from http://www.endvawnow.org/es/articles/548-actos-de-trata-sexual-y-medios-y-finalidad-de-la-trata-sexual.html

El tratamiento de la prostitución y la trata con fines de explotación sexual en los medios de comunicación (2012). Agencia Abits. Retrieved 15 March 2016 from http://w110.bcn.cat/Dones/Continguts/Documents/recomanacions_prostitucio_ES_ok_acc.pdf

Esclavas del siglo XXI: la Trata con fines de explotación sexual(2012) Ong Paz y Desarrollo. Retrieved 15 March 2016 from http://pazydesarrollo.org/pdf/guia_trata_sexual_pyd.pdf

Los medios de comunicación: Actores clave en la lucha contra la explotación sexual comercial de personas menores de edad.(2005). Unicef.   Retrieved 15 March 2016, from http://www.unicef.org/panama/spanish/3_Medios_panama.pdf

Hora de revisión do editor: martes 15 de marzo ás 20:20

Hora de revisión do GBO: martes 15 de marzo ás 21:10

Hora de publicación: martes 15 de marzo ás 23:38

Advertisements

4 comentarios en “A trata de mulleres con fins de explotación sexual

  1. Estévez Avelar, Alejandro. S1D5

    O tema da prostitución adoita sempre a relacionarse nos medios co mundo das drogas e da inmigración principalmente. Estes prexuizos e estereotipos que se crean a acrecentan a través dos medios de comunicación sobre a prostitución ten un efecto inmediato na opinión pública, que relaciona de inmediato prostitución con persoas inmigrantes e relacionadas co mundo das drogas. Tal é como comentas no post, a trata de mulleres non ten esta visibilización nos medios a pesar de que sea un dos grandes problemas da prostitución. Non existen nos medios cifras nin artigos que traten o tema con rigor nin se poñan dacordo en estatísticas. Deixo por aquí un informe da UNODC sobre a trata de mulleres do ano 2014, que pode ter varios datos de interés para abordar este tema: https://www.unodc.org/documents/data-and-analysis/glotip/GLOTIP14_ExSum_spanish.pdf

    Revisión GBO: 17/3/2016 17:00

    Gústame

    1. Bermúdez Lista, Sheyla – S1B5
      Tal e como ti dis, a prostitución sempre a relaciona a sociedade coa inmigración, a delincuencia, as drogas…. E precisamente estas opinións as están a fomentar tanto os medios de comunicación como o goberno, xa que este é o encargado de vixiar e garantizarnos unha educación digna. Os estereotipos e prexuízos é algo que de poder eliminarse, se vai a facer de maneira moi lenta, desgrazadamente.
      En canto á trata, agradezoche o enlace en primeiro lugar. Logo dicirche que os medios ven este tema tan delicado como tema tabú que quizais non interese mostrar á xente polo preto que está de nós. Persoalmente creo que deberíamos estar informados sobre todos os males que nos rodean mais quizais interésalles que non sepamos demasiado sobre o tema para non molestar ao goberno e non crear polémica sober algo novo, posto que actualmente xa hai demasiados debates abertos.

      Gústame

  2. Sabemos que os termos “escrava sexual” e “traballadora sexual” xamais serán sinónimos, e por iso non son intercambiables e non se deben confundir. Neste traballo de Dolores Juliano que vos deixo a seguir, trátanse os estigmas e estereotipos sobre as traballadoras sexuais e a polémica que existe dentro do feminismo. Aínda así, se lle botades un ollo creo que vos pode resultar moi útil porque eses tabús dos que falades, teñen unha raíz común co traballo sexual en xeral e resulta moi interesante comparar e comprender os prexuízos que existen na sociedade, e por extensión nos medios de comunicación. Ademais, tamén se lle dedica un espazo á trata de mulleres para escravitude sexual, comparándose coa prostitución lexítima e voluntaria:
    http://www.scielo.br/pdf//cpa/n25/26523.pdf

    National Geographic emitiu tamén un documental sobre o tema que vós tratades, no que se segue a investigación que descubrirá unha importante rede de trata de brancas. Atopeino en youtube e o enlace é o seguinte:

    Penso que o problema que teñen os medios de comunicación á hora de tratar estes temas, ademais de non solidarizarse o suficiente coas vítimas, relegándoas á simple posición de prostitutas, é que non existe unha consciencia real sobre o que está a ocorrer. Non se comunica que segue existindo escravitude, e existe no noso país, polo que a sociedade e os gobernos parecen non facerse responsables como si farían no caso dunha guerra.

    Aínda que tedes razón no de que é moi complicado conseguir datos estatísticos sobre o tráfico de mulleres, dada a marxinación á que está sometido todo o referente ao negocio sexual, nunha entrevista de La Voz de Galicia a Lydia Cacho vaise abrindo camiño ao coñecemento deste asunto, aportándonos unhas cifras mínimas.
    http://www.lavozdegalicia.es/mundo/2010/06/08/0003_8535626.htm

    Sería interesante que investigásedes sobre esta xornalista, escritora e activista en prol dos dereitos das mulleres mexicanas, xa que dela sácanse teorías relevantes como a relación da globalización coa escravitude sexual ou a implicación de empresarios e políticos. Cacho ademais publicou o libro Esclavas del poder, unha investigación xornalística que parte de historias individuais de mulleres e nenas que sobreviviron á rede mundial de tráfico de persoas, para tratar as mafias que levan estes negocios e rematar por citar nomes e cargos dos servidores públicos que encobren e protexen. Nesta obra pártese de México cara os Estados Unidos, pasando por varios países máis, entre os que se atopa España.

    Partindo deste tipo de fontes podería ser proveitoso centrarse, ademais de na responsabilidade dos medios de comunicación, no compromiso que deberían ter os poderes públicos en xeral. E xa non simplemente o compromiso por obter solucións, senón inculpar aos responsables que están nos gobernos e que grazas a persoas como Lydia Cacho temos a sorte ou a desgraza de coñecer.

    Primeira revisión do editor: 17/03/2016 15:32
    Primeira revisión do GBO: 17/03/2016 15:35
    Denegada: 17/03/2016 16:00

    Segunda revisión do editor: 17/03/2016 16:52
    Segunda revisión do GBO: 17/03/2016 17:04
    Hora de publicación: 17/03/2016 17:35

    Gústame

    1. Bermúdez Lista, Sheyla – S1B5
      Estou de acordo en que os termos “escrava sexual” e “traballadora sexual” nunca serán sinónimos, posto que unha está facendo as cousas á forza e outra voluntariamente, sexa polo motivo que sexa ou incluso sen querer, máis non está cumprindo coas ordes de ninguén. Ese documental que me indicas ten moi boa pinta e creo que deberían emitir e investigar temas coma este nos medios de comunicación debido a que ninguén sabe ao que se enfrontan de verdade as mulleres. Os xornalistas mostran as cousas de maneira moi fría, sen poñerse na pel destas mulleres, como dis ti, e non se paran a pensar en como as enganan nin en todos os obstáculos que pasan para conseguir algo que lles prometeron, como pode ser un traballo ou protección e ao chegar ao destino resulta que se converten en escravas. Estas escravas teñen unha deuda moi alta que case nunca alcanzan a conseguir por moito que traballen. Ademais, non só son escravas sexuais senón que poden ser escravizadas en algún traballo ou o que o que os seus “xefes” lle manden.
      Lydia Cacho paréceme moi valente e moi sensata ao sacar á luz nos medios este tema porque realmente, se non o fai ninguén seguiremos cos prexuízos e estereotipos que nos levan intentando fixar desde pequenos coa eduación que recibimos.
      Os poderes públicos, mentres non haxa unha polémica moi grande ou os medios non empecen a publicar noticias tanto sobre a prostitución como a trata, non van a facer nada, coma sempre.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s