As enfermidades mentais no cine

María Aneiros Aneiros – S1A1

Dende que o cine comezou a estar ao alcance da grande maioría da poboación fixéronse unha gran variedade de filmes que tratan temas relacionados con enfermidades mentais. Este tipo de trastornos aportaron e seguen aportando á cinematografía un amplo abano de posibilidades. Moitos personaxes da gran pantalla padecen enfermidades mentais  e pese a que algúns deles son amosados ao público como xente, aínda que enferma, perfectamente capaz de integrarse na sociedade con completa normalidade, outros distorsionan a imaxe destas persoas tratándoas como se fosen monstros, asasinos, e un perigo tanto para eles mesmos como para os demais.

psycho-anthony-perkins-as-norman-bates
Anthony Perkins interpretando a Norman Bates en Psicósis

Nin os clásicos se libran, pois incluso en Psicósis, no que se narra unha hisotoria baseada nun libro, xa que na literatura o emprego de enfermidades mentais para debuxar as tramas e perfilar as personalidades dos personaxes é igualmente recorrente, atopamos un mal tratamento dos temas relacionados coa saúde mental. Hitchcock emprega o personaxe de Norman Bates, creado por Robert Bloch, que á súa vez inspirárase nun asasino en serie real, para narrar un asasinato que este leva a cabo no seu motel, culpando dos seus actos á enfermidade mental que padece. Ninguén nega a mestría de Hitchcock como director nin a consideración desta película como unha obra mestra, pero a imaxe que ao final podemos entresacar do guión é a do perigo que poden ser para os demais as persoas que sofren trastornos deste tipo.

O club da loita amósanos outra vez  o punto de vista dun enfermo mental, neste caso o protagonista padece esquizofrenia, aínda que nos non somos conscientes ata xa ben avanzado o argumento (descúlpenme polo posible spoiler), senón David Fincher, o director, amósanos á visión deste como un personaxe que aparece de forma casual na vida do protagonista baixo o nome de Tylor Durden. Pese a que non se culpa directamente á enfermidade dos actos do protagonista si que se culpa deles a Tylor Durden, é dicir, ao produto deste trastorno, o que novamente se traduce nunha imaxe que é transmitida ao público de que os enfermos mentais son un perigo para a sociedade pois non teñen control sobre eles mesmos.

el_club_de_la_lucha-767884400-large
Fotograma de “O club da loita”  a dereita Edward Norton e a esquerda Brad Pitt interpretando á súa visión mellorada de si mesmo

O que si podemos considerar positivo de “O club da loita” é que, ata certo punto, o espectador evoluciona co protagonista, pois nos ao ver a película tampocuo sabemos moi ben que está a pasar ata que chega o desenlace. Tentar poñer ao espectador na pel do enfermo é bastante recorrente na cinematografía como podemos ver en cintas como Shutter Island, Cisne Negro etc.

Aínda así case ningunha consegue reflexar o día a día dun enfermo mental, como o fan outras películas con enfermidades como o cancro ou o SIDA, senón que se centran nos brotes máis espectaculares das súas enfermidades que pois resultan máis espectaculares, máis impactantes e que, ao final, venden mais.

Tras coñecer algunhas persoas con este tipo de problemas dáste de conta da venda que tanto os medios de comunicación, como o cine, como a literatura e como o boca a boca da rúa, puxéronche diante dos ollos. Unha enfermidade mental é unha enfermidade como calquera a outra e que baixo os tratamentos adecuados na meirande parte dos casos é perfectamente compatible cunha vida normal. Un enfermo mental non é o Hannibal Lecter do Silencio dos cordeiros e tampouco é necesario que leve a cabo unha vida tan intrepidante como a de Forrest Gump, senón que o teu propio veciño podería ter unha enfermidade mental sen ti sabelo, pois ao contrario do que moitas veces nos queren facer crer, son persoas completamente normais que non precisan que as tratemos de forma especial, senón de forma natural.

Horas de revisión e publicación:

  • Revisión do editor: Sábado 12/03/2016 18:00
  • Revisión do GTO: Sábado 12/03/2016 20:00
  • Publicación: 15/03/2016 14:00
Advertisements

6 comentarios en “As enfermidades mentais no cine

  1. Pombo Silva, Cristina
    S3E1
    Ao largo da historia do cine se contaron multitude de historias que reflexan enfermidades mentais, as enfermidades máis utilizadas na gran pantalla son a esquizofrenia, fobias de calquera tipo, autismo, trastornos de personalidade ou de de ánimo…
    Realmente o mais frecuente tanto no mundo do cine como na realidade é a depresión, porén en moitas ocasións nin sequera nos decatamos dese aspecto nun personaxe ou nunha persoa, simplemente o describimos como alguén triste ou con pouca autoestima. Ademais, algunhas das enfermidades que mencionei utilízanse nos filmes para dar un aspecto algo temerario á película, como por exemplo a esquizofrenia que habitualmente aparece como un trastorno onde os personaxes ven e sofren alucinacións vendo ou escoitando a persoas. Este enfoque da que pensar, xa que a esquizofrenia cando está tratada por un profesional non ten por que chegar a ese punto tan extremo como soe aparecer na gran pantalla. Un claro exemplo deste tipo de películas é “Trece Campanadas”. Por outra parte tamén temos películas, sobre todo, dos últimos anos sobre o maltrato físico e psíquico da muller, no que se ve tamén algún rasco psicolóxico dos personaxes, neste caso propoño a película “Te doy mis ojos”.
    Como podedes ver, ambas películas son do actor galego Luís Tosar, que no seu recorrido no cine xa fixo moitas películas cun perfil psicolóxico complexo.
    Xa nunha esfera máis internacional, como o fixeches vós no voso post, deberíamos destacar ao actor Jack Nicholson, que destaca da mesma maneira que Tosar, principalmente polas películas de: “Alguien voló sobre el nido del cuco”, “El resplandor” y “Lobo”.

    Hora de revisión do editor: 15/03/2016 18:45
    Hora de revisión do GBO: 15/03/2016 18:53
    Hora de publicación: 15/03/2016 19:30

    Gústame

    1. Ben certo é que a depresión é unha das enfermidades mentais máis comúns. É moi probable que todos teñamos algún coñecido que sofra deste trastorno ou que o sufrira no pasado, porén como ben dis, moitas veces a sociedade nega o tratamento da depresión como unha enfermidade, que é o que é, para identificalo cunha persoa que pasa un mal momento e que está triste. O gran problema das enfermidades mentais é que mentres que algunhas son tratadas como se fosen problemas menores e non enfermidades que son tratables e que precisan a axuda de expertos, outras son tratadas como trastornos incompatibles cunha vida normal. O que queremos é precisamente facer visible que nin as persoas deprimidas son xente triste, senón que son enfermos, nin os esquizofrénicos, por exemplo, son locos que non poden vivir ao noso redor, senón que son enfermos tamén que cun tratamento adecuado do seu problema non son perigosos. É preciso tratar a cosas como o que é, e todos os que padecen enfermidades mentais son persoas, non monstros.

      Gústame

  2. Valdivieso Vidal, Jaime (S3C4)

    Non estou para nada de acordo co artigo, ou polo menos co transfondo dá cuestión que este expón. Se algo non pódese facer é pórlle portas ao campo. As historias que vos directores contan a través do cinema non deberían estar coaccionadas por ningún sesgo ou por ningunha forma de censura xa que, ao igual que na literatura, a liberdade é ou que fai que unha historia poda ser unha obra mestra como a xa citada Psicose de Hitchcock. Todos nós vimos peliculas onde hai homes machistas, asasinos en serie sen enfermidades mentais, e todo tipo de personaxes suxeitos a comportamentos en grao sumo reprobable que serían xuzgados nunha sociedade como a nosa. É máis, moitas veces este tipo de personaxes prodúcennos unha certa simpatía e chegamos a empatizar con eles. É unha das caracterísitcas do cinema. Sería moi inxusto considerar a películas como o Clube da loita ou O silencio dos cordeiros de neglixentes por amosar personaxes con enfermidades mentais no papel de “antagonistas”. Por iso considero que os exemplos cinematogrñáficos expostos non artigo non son nin moito menos extrapolables a un posible trato desfavorable dos enfermos mentais. Se o que di o artículo fóse certo, non só os enfermos mentais estarían sendo tratados en ocasións dunha forma incorrecta, senón que habería multitude de colectivos como os negros que sairían moito peor parados. Por tanto, a análise sáese da realidade e considero que é esaxerado. De feito, creo que este tipo de peliculas máis que perxudicar axúdannos a pornos na pel dos que sofren este tipo de discapacidades. Deixo adxunto un artigo para reflexionar sobre o tema. Un texto no cal se explica como durante a época do franquismo o cine rexeitou mostrar enfermos mentais nas pantallas e como isto resultaba unha lacra para a industria. http://ababol.laverdad.es/arte/4118-la-locura-en-el-cine-espanol Tamén deixo outro con 34 das mellores películas que tratan este tema. http://listas.20minutos.es/lista/mejores-peliculas-sobre-trastornos-mentales-394568/

    Hora de emisión do comentario: 15/03/2016- 10:24
    Hora de revisión do GBO: 15/03/2016- 17:54
    Hora de publicación do comentario: 15/03/2016- 19:52

    Gústame

    1. Nos non queremos coartar a liberdade de niguén, pero temos que ser conscientes de que non todo o que sae nas películas é certo. Como ti dis hai películas sobre homes machistas, pero ninguén duda de que haxa homes que non o sexan porque todos tivemos contacto con homes que non o son. A diferenza é que moita xente non vive en contacto con xente que padezca enfermidades mentais e o cine ao igual que a literatura colabora na creación un estigma social de que estes enfermos son perigosos, cando moitos deles non o son. Cando nunha película se amosa a un home machista, por seguir co teu exemplo, amósanse outros que non o son, pero cando se amosa a unha persoa enferma que comente un acto terrible, case en ningún caso se nos amosa a outro enfermo que leva unha vida normal e que non fixo nada a ninguén.

      Gústame

  3. Badía Deltell, Carmen (S1D2)

    Ao igual que meu compañeiro Jaime penso que o artigo é un poco esaxerado. As pelis mencionadas non intentan mostrar as dificultades ou o día a día das persoas con enfermidades mentais, senón que teñen unha trama definida polo director que é totalmente libre de mostrar na pantalla o que quere, dende realidade, ciencia ficción ou unha mestura delas. É obvio que Forrest Gump non ten a vida normal, pero non ten unha vida normal tendo a deficiencia que ten ou sen tela, el é un personaxe maravilloso o que lle suceden cousas incribles que valóranse máis pola súa superación

    Estoy dacordo con que os directores distorsionan ás súas personaxes, pero disto trátase o cine, de crear e inventar e sorprender ós espectadores facendo maxia co guión. Resalto aquí a Jack Nickolson, que para mi gusto é un dos mellores neste ámbito que tratamos con magnífica interpretacions en “Nadie voló sobre el nido del cuco”, “El Resplandor” e incluso en “Mejor imposible”, en la que su personaje sufre un trastorno obsesivo compulsivo.

    Creo que temos que romper moitos tabúes acerca das persoas que sufren calquer tipo de enfermidade mental e tamén comparto que os medios distorsionan a realidade, pero non creo que relacionarlo có cine sea a mellor opción.

    Deixo aquí unha das escenes máis famosas de “El Resplandor” en versión orixinal, xa que a dobraxe non lle fai moita xustiza https://www.youtube.com/watch?v=WDpipB4yehk

    Revisión GBO 17/03/2016 22:28

    Gústame

    1. Por suposto que os directores amosan a enfermidade de forma que sexa máis impactante para o espectador e para que a historia sexa o máis atractiva posible, pero o que nos queremos denunciar é que as enfermidades mentais van moito máis alá. Non consideramos que fora intencionado nin por escritores nin por cineastas, pero o certo é que a imaxe destas persoas que chega ao público é sempre negativa e pouco agradable para aqueles que sofren e viven día a día cunha enfermidade deste tipo sen facer mal a ninguén.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s