O colectivo transxénero nos medios de comunicación

Casas Da Rocha, Paula- S1E4

foto articulo transexualidad

Fotografía de wikipedia.org

Seguindo co análise do tratamento informativo que os medios de comunicación fan sobre grupos minoritarios, imos centrarnos no colectivo transxénero. Un colectivo criminalizado polos medios de comunicación e, polo tanto, tamén pola sociedade. Nós, como periodistas, temos o deber social de axudar a normalizar a súa situación e achegalos a sociedade.

O colectivo transxénero é un colectivo moi delicado xa que estamos falando dunha persoa que non se atopa a gusto co seu corpo, que sente que naceu no corpo equivocado. Este concepto aínda non esta implantado de todo na nosa sociedade. Basta con ver as estatísticas para observar como, unha gran parte dos mozos transxéneros sofren acoso escolar . Esta situación tamén ven incentivada polos medios de comunicación e a súa confusión á hora de tratar as informacións e noticias que están relacionadas cos tranxéneros. Así no lo mostra un estudo realizado polo profesor, Adolfo Carratalá Simón.En dito estudo, analízase como diversos xornais tratan a noticia do asasinato dunha persoa transexual de orixe marroquí no ano 2009.

Un dos erros máis frecuentes que se atopa no tratamento informativo deste grupo é a utilización do termo travestí ou travestido para referirse a unha persoa transexual cando son dos conceptos totalmente diferentes. O travestí ou travestido mantén unha identidade subxacente que si esta de acordo coa súa anatomía sexual e simplemente vístense como o sexo oposto por fantasía, estimulación erótica ou relaxación. Mentres, os tránsxeneros, poden definirse como persoas que no se identifican co xénero que lle foi asignado ao nacer e que se somete a unha reasignación de sexo. Utilizar a palabra travestí pode ser unha ofensa para a persoa implicada xa que non é a palabra que realmente o define , ademais de ser un termo que soe estar asociado con espectáculos. Na propia noticia utilizada para o estudo, podemos observar como xornais como El Pais utilizaron a palabra travestí para referirse a falecida.Por poñer outro exemplo, este mesmo feito podemos atopalo nunha noticia publicada o pasado 30 de xuño sobre a agresión a unha transexual en Marrocos. Mentres que en El Mundo titulaba da seguinte forma a noticia “Jóvenes marroquíes linchan a una transexual en Fez“, o xornal 20 minutos titulaba así “Una muchedumbre apalea a un presunto travesti en Marruecos” .

Relacionado con isto, outra confusión que aparece nos medios de comunicación é a utilización dos pronomes e con que nome referirnos á vítima: co seu nome real ou co nome co que a persoa se sente identificada. No caso dos pronomes,algúns xornais tenden a redactar a noticia co xénero que aparece na identificación legal da persoa implicada mentres que outros deciden utilizar o xénero co que a persoa se identificaba no seu ámbito social, familiar e laboral.Na propia noticia utilizada para o estudo “ Asesinan a una transexual y queman su cadáver junto al cementerio de Aldaia“,podemos observar como utilizan o feminino para referirse á vítima pero en cambio utilizan o seu nome masculino, mezclando ambos xéneros. Isto é un claro exemplo da confusión que existe nos medios de comunicación sobre como tratar as informacións relacionadas co colectivo transxénero, propiciando que esta dúbida acabe calando na sociedade dando lugar a actitudes transfóbicas.Nesta mesma noticia, podemos observar como a muller transexual sofre unha dobre estigmatización xa que, ademais de ser unha persoa transxénero, a súa imaxe esta vinculada á imaxe das mulleres inmigrantes ofrecida polos medios ao tratarse dunha persoa de orixe marroquí.

Para resolver esta incerteza,as organizacións LGTB afirman que debe utilizarse o xénero co que se sinta identificada a persoa implicada no feito informativo. É evidente que resulta necesario coidar especialmente os discursos xornalísticos que abordan noticias de sucesos nas que se ven implicados colectivos vulnerables, neste caso os transxéneros. Debemos ter en conta que a descrición e a linguaxe que realicemos das persoas transexuais nos medios afectan directamente a súa identidade social.

Por último, destacar o feito de que en moitas noticias só se utilizan fontes oficiais deixando de lado colectivos, asociacións e organizacións que non poden mostrar o seu punto de vista sobre o feito. Isto ocorre na seguinte noticia onde se fala do asasinato dun mozo transexual pero non se plasman declaracións de asociacións mostrando a súa opinión e castigando este acontecemento.

Os medios de comunicación debemos aproveitar a influencia que temos sobre a sociedade para axudar a normalizar a situación deste grupo minoritario. Isto só se consegue facendo un tratamento xornalístico adecuado, preciso e respetando a persoa. Debemos ter en conta que é un colectivo minoritario e de que a forma en que plasmemos a información, vai a ter unha influencia directa na sociedade e na súa forma de percibir a este colectivo. Temos que ser conscientes do gran poder que temos e utilizado para conseguir normalizar a situación dos grupos minoritarios.

Referencias:

Berrios, O. (2015). Tratamiento informativo para los medios de comunicación.transexualidad-disfora. Obtenido 03, 2016, de https://transexualidad.wordpress.com/tratamiento-informativo-para-los-medios-de-informacion/

– Carratalá,A.(2009).¿Smail o Cristina? Desigualdad e identidad transexual en el discurso periodístico. ehu.eus.Obtenido 03,2016 de http://www.ehu.eus/zer/hemeroteca/pdfs/zer31-10-carratala.pdf

Domínguez, T. (2009). Asesinan a una transexual y queman su cadáver junto al cementerio de Aldaia.Levante-EMV. Obtenido 03, 2016, de http://www.levante-emv.com/sucesos/2009/03/25/asesinan-transexual-queman-cadaver-cementerio-aldaia/570444.html

Martínez, V. (2016, 01). Más de la mitad de los menores LGTB sufre acoso escolar en las aulas.El País. Obtenido 03, 2016, de http://politica.elpais.com/politica/2015/12/30/actualidad/1451496841_566638.html

R. (2015, 06). Jóvenes marroquíes linchan a una transexual en Fez.El Mundo. Obtenido 03, 2016, de http://videos.elmundo.es/v/0_iwcopo9s-jovenes-marroquies-linchan-a-una-transexual-en-fez?count=0

E. (2015, 06). Una muchedumbre apalea a un presunto travesti en Marruecos.20 minutos. Obtenido 03, 2016, de http://www.20minutos.es/noticia/2502780/0/muchedumbre-marruecos/golpea-patea/travesti/

E. (2012, 11). Matan de una puñalada a un joven transexual en Fuengirola. La Voz de Galicia. Obtenido 01, 2016, de http://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2012/11/16/matan-punalada-joven-transexual-fuengirola/00031353056327155513986.htm

Horas de publicación e revisión:

Revisión do editor: 15/03/2016-23:05

Revisión do GBO: 15/03/2016-23:15

 Publicación:15/03/2016-23:39

Advertisements

6 comentarios en “O colectivo transxénero nos medios de comunicación

  1. SENRA RIVAS, MARA S3C2

    Ola Paula! Tema moi interesante o que estás a tratar e de especial importancia nos nosos días, xa que son constantes as referencias de este e a este colectivo nos medios.
    Pese a iso, e ainda que queda moito por mudar, son palpábeis as melloras á hora de tratar noticias, reportaxes e outras modalidades informativas tratando este tema. Sen ir máis lexos saen numerosos reportaxes en televisión e incluso na radio nos que se lle da voz a estes colectivos. E tamén nos que se intenta amosar cada vez dun xeito máis axeitado a súa realidade. Polo que creo que nesta ocasión o problema de tolerancia atópase máis nos espazos públicos e da sociedade que na propia prensa. Pero diciendo esto non nego nin moitísimo menos que haxa moitos medios de comunicación, normalmente os máis reaccionarios que se amosen reacios a publicar informacións que teñan que ver coa transesualidade ou que non a traten como se debe de facer.

    Podería estar ben en futuras publicacións de ser posible con xente do voso círculo, o testemuño dalgunha persoa transexual falando das súas dificultades concretas que atopou na súa vida e como as superou e como se enfrentou a elas, servindo de exemplo para outras persoas en situación similar que non saben nalgunhas veces como seguir para adiante.

    Se necesitades porque non tedes algún testemuño, ou algunha información por parte dunha plataforma. en Santigo atópase ULTREIA LGTB ( https://www.facebook.com/ultreialgbticompostela/ ), coa que teño falado en ocasións e amosaranse dispostos a axudarvos e a profundizar nunha realidade tan dura como é. O meu contacto nela é Xulio Ferreiro, se precisades por en contacto non dubidedes en falar conmigo e os pasarei o seu email e teléfono movil sen problema ningún.

    Por outra banda, e como xa dixen a discriminación á que se enfrentan é un problema que atópase na sociedade común e polo tanto tamén nas institucións públicas. Unha das institucións que media entre os problemas entre particulares, asociacións, colectivos minorizados etc e a administración pública é o Valedor do Pobo, co que eu e otra compañeira estamos en contacto, xa nalgunha das nosas charlas coa valedora do pobo, púxonos ao tanto de que son constantes relativamente, ás “denuncias” por parte de colectivos o particulares transexuais e LGTB, polo que aí tamén atoparíamos información de calidade para sustentar este tema. Se queredes saber algo máis concreto ou en especial, porvos tamén en contacto conmigo e poñeremonos en contacto coa valedora.
    Mentres, deixovos un enlace a os informes anuais do Valedor do Pobo no que se desglosan problemas por distintas temáticas e no que atoparedes sen dúbida casos relacionados co todo anterior.
    http://www.valedordopobo.gal/es/informes-anuales/

    Un saúdo!

    Data de emisión do comentario: 16/03/2016- 12:34
    Data de revisión do GBO: 16/03/2016- 13:58
    Data de publicación do comentario: 16/03/2016- 14:44

    Gústame

    1. Casas Da Rocha, Paula ( S1E4)
      Ola Mara! Moitas grazas polas túas achegas, serán de gran axudar para profundar máis no tema. Como ti ben dis, o principal problema da tolerancia atópase nos espazos públicos e na sociedade. Pero tamén é certo que os xornalistas temos unha gran influencia na sociedade e deberiamos aproveitala para axudar a normalización e fomentar a tolerancia dos grupos minoritarios, neste caso do colectivo transxénero. En cambio, nalgúns medios aínda observamos erros e dúbidas en como tratar as informacións relacionadas con este tema o que pode resultar ofensivo para este colectivo. Por outro lado, e como ti ben afirmas, tamén existen medios de comunicación que intentan normalizar a situación deste colectivo con reportaxes e un bo tratamento informativo e ese é o exemplo que deberían seguir todos os medios.
      Por último, darche de novo as grazas polas túas achegas.
      Un saúdo!

      Gústame

  2. Taboada González, Ángela. S3C3

    Fai relativamente pouco que se estreou “La chica danesa” dirixida por Tom Hooper. Esta película autobiográfica está baseada en feitos reais e cóntanos a historia de Lili Elbe, a primeira muller transxénero en someterse a unha cirurxía de reasignación de sexo. Nela podemos observar os desprezos e abusos que a protagonista sufría pola rúa, como os médicos dicíanlle que estaba enferma e como a torturaban con descargas eléctricas para que volvese sentirse home. Pasou case un século desde que estes feitos tiveron lugar. Con todo, eu pregúntome canto avanzamos desde entón neste campo. Por sorte, xa ningún médico considera a transexualidad unha enfermidade, pero socialmente segue sendo un colectivo marxinado. Estamos afeitos a ver pola rúa a parellas homosexuais colleitas da man ou bicándose e cando nunha película hai unha escena deste tipo non nos escandalizamos. Non obstante, cando na película Lili Elbe comeza a maquillarse, cambiar o seu vestiario, a súa forma de falar etc. resúltanos raro e ata incómodo. Por que? Pois porque tanto a aceptación na sociedade como nos medios de comunicación non prosperou o que debería en todo un século.

    Como ben explica Paula, os medios de comunicación non están a axudar todo o que deberían á hora de sensibilizar á sociedade con este colectivo. Os numerosos fallos de redacción, confusións co nome, o xénero, etc. moitas veces resultan ofensivos para os afectados.
    Nesta Guía para o tratamento informativo das noticias relacionadas coa transexualidad (http://transexualia.org/wp-content/uploads/2015/03/Apoio_guianoticias.pdf) atopamos unha serie de claves que poden ser de moita utilidade á hora de exercer a nosa futura profesión.
    O primeiro que debemos saber é o seguinte: unha muller transexual é unha muller nada con anatomía de home, mentres que un home transexual é un home nado con anatomía de muller. Por tanto debemos referirnos a unha persoa transexual co sexo co que sente identificado. Tampouco é correcto o termo “cambio de sexo” senón que debemos falar de “reasignación de sexo” pois unha persoa transexual considera que sempre foi un home ou unha muller. Entre os erros que a miúdo atopamos nos medios de comunicación destaca o referirse á persoa substantivando a súa condición: “Os transexuais de Huelva reúnense” “As transexuais femininas reivindican…”. O correcto sería falar de: unha muller transexual, unha actriz transexual ou unha persoa transexual.

    Por último, e afastándonos un pouco dos erros redaccionais, tamén é moi importante evitar caer no sensacionalismo á hora de publicar noticias sobre persoas transexuais. En moitas ocasións o que atopamos nos medios son feitos extravagantes, exóticos ou morbosos que distorsionan a percepción da realidade da transexualidad.

    Data de emisión do comentario: 17/03/2016- 01:35
    Data de revisión do GBO: 17/03/2016- 02:01
    Data de publicación do comentario: 17/03/2016- 9:59

    Gústame

    1. Casas Da Rocha, Paula ( S1E4)
      Ola Ángela! Paréceme moi acertada a mención da película ” La Chica Danesa” xa que exemplifica moi ben como se sente e todo o que ten que soportar unha persoa transxénero, sobre todo na época na que se desenvolve a película: abusos, desprezos, médicos que pensan que teñen unha enfermidade mental…Por desgraza, algunhas destas condutas aínda se manteñen hoxe en día e por iso é necesario fomentar a normalización deste colectivo para que as condutas transfóbicas desaparezan.Seguindo no eido audiovisual, tamén existe unha serie chamada ” Transparent” que xira entorno a historia dun pai e profesor xubilado que decide contar aos seus fillos que se sente muller e que quere comportarse como tal.
      Por último e, como ti ben dis, a aceptación neste século non avanzou todo o que debería e os medios de comunicación deberían de ter máis coidado coa redacción das informacións relacionadas con este tema xa que, para o que nos son pequenos erros, para eles pode ser unha gran ofensa.
      Un saúdo!

      Gústame

  3. Tarrío Rodríguez, Eva S3E3

    Como moi correctamente fala Paula neste post, a problemática que xorde á hora de tratar aos transexuais na sociedade actual é algo que está moi lonxe de superarse todavía. A xente fala de dereitos humanos pero cando se está a falar do colectivo de gays, lesbianas bisexuais e transexuais parece que a historia non conseguiu adiantar demasiado.
    Nesta noticia de La Voz de Galicia (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/lalin/2016/03/04/transexual-duele-rechazo-acoso-discriminacion/0003_201603D4C5991.htm) atopámonos cun transexual que nos fala das súas experiencias á hora de pasar polo cambio. Ela conta como a traxedia e o drama non se atopa tanto no seno familiar como na sociedade en xeral. ” La familia no lo vivimos como algo trágico. Ser transexual no duele pero sí el rechazo, el acoso y la discriminación. El problema es para con la sociedad y nos planteamos como van a sobrevivir nuestros hijos en un mundo en el que salirse de las normas no es nada fácil.”
    Creo que deberíamos pararnos un momento a pensar como a poboación ve a estas persoas coma se tivesen un “problema”. O que atopan tan difícil de aceptar é que se trata de persoas, como calquera outras, só que elas senten que naceron cun sexo que non corresponde coa súa forma de ser. O problema xorde porque temos encadradas perfectamente como se supón que un home debe ser e unha muller debe ser cando, realmente, é algo que sae dun mesmo, de como é. A OMS meteu a transexualidade na súa lista de enfermidades, aínda que distintos expertos no tema e médicos afirman que isto é algo totalmente falso. O que ocorre e que se trata de algo todavía socialmente penalizado, cando non é máis que o dereito a que unha persoa decida como vivir a súa propia vida. Algo no que ninguén debería ter que opinar en absoluto.
    Como ben dicía Paula no post, as agresións aos transexuais aumentou este ano 2016 notablemente, pero o goberno segue sen actuar o máis mínimo. Son moitas as asociacións e organizacións de LGTB que reclaman máis ferramentas para poder reclamar estes delitos de odio. Isto conta con pouca presenza na axenda autonómica dos diferentes axuntamentos, xa que segue sen haber ningún protocolo para poder tratar esta clase de violencia. Algo que deberíase falar con moita urxencia, visto o aumentos no número de agresións.
    Neste artigo do Faro de Vigo podemos atopar un dos casos máis violentos do que vai de ano: http://www.farodevigo.es/sucesos/2016/01/13/agreden-transexual-plaza-lavapies-grito/1384493.html
    Ademais, outro problema o mostran os medios é a forma que teñen de estereotipizar, deixando de lado os diferentes aspectos da vida destas persoas para centrarse soamente neste feito, facendo xirar todo arredor da súa transexualidade.
    Aínda que non todo é malo, poden ocorrer tamén cousas boas se seguimos traballando para mellorar a aceptación deste colectivo, cada vez máis abundante, na sociedade. Neste artigo do Faro de Vigo (http://www.farodevigo.es/sociedad/2016/02/03/autorizan-cambio-nombre-nino-4/1397218.html) atopámonos co caso de Lucía, un neno transexual ao cal lle autorizaron en Guipúzcoa o cambio de nome. Trátanse de pasos pequenos, pero, polo menos, aínda estanse a lograr algúns logros que fan un pouco mellor esta sociedade.

    – Hora de revisión do editor: 17/03/2016 11:15
    – Hora de revisión do GBO: 17/03/2016 11:20
    – Hora de publicación: 17/03/2016 11:50

    Gústame

    1. Casas Da Rocha, Paula ( S1E4)
      Ola Eva! Como ti ben afirmas, o principal problema co que se atopa este colectivo non é tanto no seo familiar senón no social, onde aínda non son de todo aceptados. Por sorte, cada vez son menos as persoas que ven a transexualidade como un problema aínda que tamén debemos de ser conscientes de que queda moito que loitar para conseguir a súa normalización. Os medios de comunicación teñen o poder de influír na sociedade polo que deben axudar a que a situación deste colectivo se vaia normalizando cada día máis e iso so se consegue coa bo tratamento informativo sobre o tema. Facendo referencia ao aumento das agresións en mozos transexuais, fai un mes a Xunta de Galicia puxo en marcha a campaña Eu respecto para sensibilizar a non discriminación a persoas lesbianas, gais, transexuais, bisexuais e intersexuais e tamén existe a proposta de crear unha nova materia relacionada coa igualdade e o respecto a diversidade sexual.
      Por último, debemos utilizar o poder de influencia que ten a nosa profesión para aportar o noso grao de area para que este colectivo deixe de utilizar a etiqueta de grupo minoritario ou marxinado.
      Un saúdo!

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s