A criminalización dos “ni-nis” nos medios de comunicación

Baloira Armas, Ricardo – S1E1

foto artículo ninis

Fotografía de ninis.org

Ni-nis” son aqueles mozos que nin estudan nin traballan e cuxo número foi aumentando nos últimos anos pola crise,chegando a esta situación un de cada seis mozos españois. Como é de esperar, tales datos non son nada beneficiosos para a economía do país e,é por iso, que moitas críticas dende os medios de comunicación concernen a este sector da poboación, ao que os psicólogos e sociólogos definen como mozos carentes de ambición.

Non obstante, as estatísticas nos mostran a uns mozos “ ni-nis” en constante actividade, pois case o 80% deles buscan emprego de forma activa. Isto rompe co perfil de mozo pasota que vive felizmente dos seus pais que os medios nos impoñen, a través de noticias ou mesmo mediante programas de televisión que trasladan a vida duns “ni-nis”(o máis estereotipadas posible) á pantalla. Deste modo, cala na mente da sociedade a imaxe dos participantes de “ Gran Hermano”, “ Gandía Shore” e Hermano Mayor”: a duns mozos que nin poden nin queren traballar e que viven dos seus pais ata que conseguen a fama.

Por poñer exemplos, temos artigos de xornais como El País que, a partir da entrevista a un “ ni-ni”, aplican as rutinas do día a día deste mozo a todo o colectivo, atribuíndo características individuais dunha persoa a todo o grupo, é dicir, xeneralizando. No artigo aprécianse declaracións como “Flores pasa su tiempo puertas adentro. Entre su cuarto y el salón. Apaciblemente. Se acuesta tarde. Se levanta tarde. Ve la televisión”, “Como para tantos, la única esperanza que vislumbra es lograr un enchufe”, “Tras ver TopChef, Selu(como sus conocidos lo llaman) se retira a su cuarto a jugar con la Play”.

O mesmo se aplica a información que circula en Internet, onde tamén se refiren aos “ ni-nis” como persoas desmotivadas coa seguinte cita “Se levanta tarde, deambula por el parque con amigos, ve la televisión: con 18 años, Carlos Cabilla es un ‘ni-ni’: ni estudia, ni busca trabajo”, cando en realidade son un sector na súa maioría inmerso na búsqueda de emprego.

Mesmo en aquelas noticias nas que se fai patente o esforzo destes mozos en encontrar unha saída, os descualifican aludindo a que por fin se decidiron a “ activarse” como dan a entender tamén o seu antigo “ pasotismo” con frases como “Rudy Dubón (16) y Nathan Godoy (15) se cansaron de “hacer nada y de andar en la calle”, y en enero pasado decidieron renunciar al mundo ‘nini’ ” o “Dionela Patricia Prudencio (16), es una joven extremadamente obsesionada con “aprender y hacer cosas”, actitud que contrasta con la de muchos “ni-nis” “.

Ademais dos xornais, expertos en psicoloxía non fan máis que fomentar o estereotipo de “ni-ni” cos seus gabinetes localizados en internet , dando consellos á hora de axudar a alguén estancado no “ ninismo” referidos a que os pais deben tratar a estes mozos con coidado, posto que poden mostrarse agresivos cara eles ou incluso intentar chantaxealos, aparte de ter que deixarlles claro que deben empezar a pensar en independizarse.

Un “ni-ni” necesita apoio durante o proceso de procura de emprego, non ser tratado como un neno que goza vivindo dos seus pais, algo que, en realidade, provoca moita presión e angustia á gran maioría destes mozos. A ninguén lle gusta ser visto pola sociedade- grazas ao poder dos medios de comunicación para transmitir unha imaxe de determinados colectivos- como un vago, o cal tamén ten como consecuencia a marxinación da persoa e, polo tanto, dificultades á hora de encontrar traballo,algo contraproducente para o “ni-ni” español, ansioso de independizarse.

Referencias:

-Juan Carlos Rivera. (2016). Jóvenes dejan el mundo “nini” y comienzan a estudiar. 14 de marzo, 2016, de La Prensa Sitio web: http://www.laprensa.hn/honduras/938663-410/j%C3%B3venes-dejan-el-mundo-nini-y-comienzan-a-estudiar

-Laure Fillon. (2015). La generación ‘nini’, ante un futuro desolador en España. 14 de marzo, 2016, de Kaosenlared Sitio web: http://kaosenlared.net/la-generacion-nini-ante-un-futuro-desolador-en-espana/

-Carmen Perez-Lanzac. (2014). La apatía de un ‘nini’. 14 de marzo,2016, de El País Sitio web: http://politica.elpais.com/politica/2014/10/22/actualidad/1413974500_362946.html

-Julia Rodríguez. (2010). Los Ni-Ni parecen felices pero no lo son. 14 de marzo, 2016, de Psicología de Cerca Sitio web: http://blogs.hoy.es/psicologia-de-cerca/2010/10/29/los-ni-ni-parecen-felices-pero-lo-son/

Europa Press. (2014). El 80% de los ‘ninis’ está en busca activa de empleo, más que al inicio de la crisis. 14 de marzo, 2016, de teinteresa.es Sitio web: http://www.teinteresa.es/empleo/trabajo/jovenes-Espana-estudia-trabaja_0_1172283067.html

Horas de publicación e revisión:

Revisión do editor: 16/03/2016-11:15

Revisión do GBO: 16/03/2016-11:30

Publicación: 16/03/2016-11:55

Advertisements

6 comentarios en “A criminalización dos “ni-nis” nos medios de comunicación

  1. Valdivieso Vidal, Jaime (S3C4)

    Unha vez máis, coma ben apunta o artigo, estamos ante un caso non que os medios de comunicación prefiren optar por contar noticias brandas e sensacionalistas no canto de facer unha crítica construtiva dos chamados “nin-nis”. Son moi poucos os exemplos de artigos en medios de comunicación que fagan unha análise seria e responsable do noso sistema educativo. Un sistema educativo completamente desfasado, creado para unha época na cal os traballos estaban moito máis segmentados e deseñados para unha sociedade industrial que nin moito menos é a que temos hoxe en día. Deixo adxunto un vídeo do progama redes non cal Eduard Punset entrevista ao experto en educación e creatividade Ken Robinson e no que se deixa ben claro a obsolescencia que domina ao noso sistema educativo.https://www.youtube.com/watch?v=UlAs4wPtBEU Se os medios non son capaces nin tan se quera de mostrar esta realidade ós lectores e propoñer un debate público que involucre a clase política, dificilmente poderase loitar contra unha lacra que é inxusta para os máis novos. Non se trata de ver quen fai mellor os deberes da clase, se non de explotar e identificar as calidades que cada un ten dentro e desenrolar o pensamento crítico para que non día de mañá a mocidade se sinta motivada para estudar e traballar. Adxunto outro artigo non cal se reflexiona sobre este tema http://hayderecho.com/2013/04/14/los-errores-del-sistema-educativo-espanol/

    Data de emisión do comentario: 16/03/2016- 12:56
    Data de revisión do GBO: 17/03/2016- 14:03
    Data de publicación do comentario: 17/03/2016- 16:07

    Gústame

    1. Baloira Armas, Ricardo (S1E1)

      Coincido co teu punto de vista, Jaime. En efecto, España, a pesar do gran número de recursos que destina a educación, segue destacando por riba doutros países no ámbito do fracaso escolar. As súas altas taxas de alumnos repetidores ou que directamente abandonan os estudos deixan claro que o sistema educativo é deficiente.Sen embargo, ¿quenes son criticados constantemente polos medios de comunicación? Os ni-nis, é dicir, as vítimas dun dos verdadeiros males do noso país, que é un sistema educativo obsoleto. Dito sistema debería ser o principal obxecto de estudo e crítica polos xornalistas co fin de lograr un cambio positivo na nosa sociedade, en lugar de alimentar o estereotipo dos mozos que non queren traballar. Os mozos españois non son inferiores aos mozos doutros países, senón máis ben o é o sistema educativo co que creceron.
      Sen nasa máis que dicir, grazas polos enlaces que aportaches, que son de gran interese para o tema que estamos tratando. Un saúdo.

      Gústame

  2. Casas Fontán, Alicia- S1D3
    Considero que é de criticar que non haxa traballo e que a xuventude se vexa obrigada a emigrar porque no seu país non ten oportunidades. A perda da ambición é tamén criticable, mais non se se sustenta na creación dun estereotipo.
    Os ni-nis non son todos iguais, porque as persoas non somos todas iguais. Habería que ler unha boa novela realista do século XIX para explorar a condición do ser humano: ata que punto somos produto da nosa persoalidade e ata que punto a sociedade nos modifica. Porque se cadra que haxa tantos “que nin estudan nin buscan traballo” non se xustifica nunha “falta de ambición”. Se cadra é culpa da sociedade, do noso modelo educativo. O peor é pra nós, que nos fan crer que non valemos moito. De feito, case nada.
    Imos á gardaría, ó colexio, ó instituto, á universidade. Con sorte, porque non todos nós fomos quen de superar todas as fases do proceso educativo. Pero non por ser menos intelixentes, nin menos aptos, nin menos nada. Simplemente porque os sistema ten en conta certas capacidades e deixa outras de lado, se cadra as máis importantes. O hemisferio esquerdo do cerebro non se estimula, os nenos perden a creatividade e deixan de xogar. Coma se xogar fora solo cousa de nenos.
    E evalúan, poñen notas. Ti aprobas, ti suspendes. E xa está.
    A min o que me extraña é que non haxa máis ni-nis.
    Chámano “carreira” porque precisamente o único que queren é que corras.
    Que aprendas cousas de memoria e deixes de pensar por ti mesmo.

    Deixo aquí un artigo da prensa de hoxe, na Voz de Galicia. Rosalía Fernández Rial é unha magnífica poeta e artista de Carballo, que non hai moito leu a súa tese doutoral sobre Expresión dramática e teatro para a clase de linguas no ensino secundario. http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/carballo/2016/03/18/meu-faceta-educativa-creativa-fondo-mesmo/0003_201603C18C12993.htm

    Revision GBO: 18/03/2016 23:50

    Gústame

    1. Baloira Armas, Ricardo (S1E1)

      En efecto Alicia, o sistema educativo non da pé a creatividade ou crítica por parte do alumnado. No seu lugar, premia aquel que memoriza o temario imposto polo profesorado. Como ben aporta Rosalía Fernández Rial no seu artigo de prensa, a crítica é imprescindible para que avance a sociedade, para evitar estancarnos nos erros xa cometidos no pasado e que seguimos cometendo por non cambiar a nosa mentalidade. E que precisamente unha educación obsoleta que leva funcionando en España dende fai anos é un factor clave para frear o progreso, resultando nunha xuventude que, a pesar de ser igual á de outros países, non chega a rendir da mesma forma.
      Sen embargo, hai persoas que destacan no ámbito académico español para ben, pois da forma na que este sistema é pouco propicio por parte dos alumnos, pode ser asimilado por outros xa que como ti comentas non somos todos iguais. Cabe aclarar que, aínda que aprobes, iso non demostra maior coñecemento por parte do alumnado pois o sistema educativo basease en memorizar e non aplicar o aprendido. O día no que sexa máis importante para os profesores e centro académicos o esforzo, a creatividade e o pensamento crítico que a memoria, a xuventude española non será marcada como “carente de ambición”. Grazas polo teu comentario e un saúdo.

      Gústame

  3. Martínez Graña, Paula – S2B4

    Boas tardes, Ricardo:

    Creo que os medios de comunicación son os principais responsables da creación dunha imaxe ficticia e esaxerada do “ni-ni”. É unha realidade social que, tras a crise que deu comezo en 2008, son moitos os xoves que viron o seu futuro perdido. Con o sen estudos, as posibilidades de atopar traballo volvéronse inexistentes.

    Neste contexto, os medios de comunicación crearon unha imaxe que respondía as demandas de sensacionalismo e morbosidade que os medios precisaban. En España, desgraciadamente, son moitos os xoves que aínda dependen economicamente dos seus pais. Mais, lonxe do que os medios pretenden vender, na maioría dos casos, trátase de xoves preparados que si queren traballar e loitar por conseguir o seu propio soldo.

    Os casos analizados neste círculo de lectura son un exemplo das consecuencias negativas que se xeran cando os medios de comunicación tenden a xeneralizar de forma inxusta.

    A continuación, adxunto unha noticia sobre a precariedade laboral e a fuga de coñecemento entre os xoves:
    http://www.eldiario.es/sociedad/fuga_de_cerebros-precariedad_laboral-ciencia_0_502900698.html

    Un saúdo!

    Publicación: 18/04/2016 19:42
    Revisión da coordinadora: 18/04/2016 ás 20:45

    Gústame

    1. Ricardo Baloira Armas, S1E1

      Buenas tardes, Paula.

      Es cierto, los medios siempre buscan el morbo, lo llamativo. Si buscan una explicación de por qué no encuentran los jóvenes trabajo, toman los peores ejemplos de ni-nis y los publican en los medios como si así fuera todo este sector de la sociedad.

      La razón de por qué lo hacen, como afirmas, es por el sensacionalismo. Esos ejemplos de jóvenes vagos se corresponden con los que vemos en la televisión y casi todo el mundo conoce. Por ello, tristemente el ni-ni trabajador queda eclipsado, pues nadie le da importancia, y mucho menos los medios de comunicación.

      Hasta que no s resuelva la situación (y para ello habría que hacer varios cambios de paso en el sistema de educación español) seguirán habiendo jóvenes ni-nis y también aqeullos que se van a otros países en busca de oportunidades que aquí no encuentran.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s