Avanzamos co tratamento da prostitución nos medios de comunicación?

Alonso Posada, Fabián – S1B4

images|cms-image-000001325
Imaxe recuperada da publicación CTXT (Contexto y Acción) // Autor: J.R.Mora

O lugar das mulleres nos medios de comunicación resulta un ideal de muller que se sintetiza na súa beleza, interpretándoas como simples obxectos e corpos para o placer de outros. De esta forma, represéntase un tipo de muller que non se axusta á sociedade de hoxe en día. Non se contempla a realidade cotiá de “mulleres reais”, esas mulleres que traballan, as que exercen o dereito a outras opcións para que non se asemellen tan só a algo desexado.

Nos últimos tempos puidemos ver un pequeno avance, aínda que non suficiente, no tratamento da muller nos medios de comunicación, sobre todo no ámbito da prostitución. Este avance viuse favorecido por unha serie de normas como as que formula a Federación de Sindicatos de Xornalistas, que xurdiron a partires da imaxe reduccionista, estereotipada e sensacionalista coa que se solía representar habitualmente a muller na prostitución dentro dos medios. Estas normas pautan que á hora de abordar os temas da trata hai que cumprir un mínimo para que se respete a dignidade e a liberdade das mulleres que exercen a prostitución e rexeitar os discursos que atentan contra elas.

Ás veces os medios de comunicación toman unha dirección única que é a de informar sobre as mulleres que exercen a prostitución, pero a problemática non radica só niso. Hai que ter en conta múltiples factores como por exemplo a clientela que accede a esas mulleres. Hai que potenciar máis ese factor para poder denunciar desta maneira un perfil determinado que poder levar, en moitas cirucunstancas, ao maltrato delas. Tamén cabe destacar que os medios tratan a prostitución como delito cando o que realmente se debe facer é informar á sociedade das leis que as protexen e ata onde poden chegar para denominar esta actividade como delito, e as diferencias que presentan os países no ámbito xurídico e o impacto que ten o tema nas distintas sociedades.

Por exemplo, a excepción de España e de Holanda, todos os outros países condenan explícitamente o proxenetismo baixo todas as súas formas: incitación á prostitución, explotación dunha persona en situación de debilidade, proxenetismo hosteleiro. En cambio, e contrariamente ao de 1973, o Código Penal español de 1995 nos seus artículos 187 a 190 non sanciona o proxenetismo de maneira xeral. Castiga só o feito de aproveitarse de certas circunstancias (idade, relación de superioridad…) para levar unha persoa a prostituirse.

Fai uns días, o diario El Mundo publicou un artigo sobre o tema da trata e tivemos a oportunidade de comprobar se realmente o xornal se rixe por esas pautas, mencionadas anteriormente. Para a nosa sorpresa o artigo cumpre coas nosas expectativas aínda que, ao meu parecer, segue dándolle demasiado protagonismo ao tema da nacionalidade. É aceptable tratar o tema da nacionalidade pero sen entrar nunha barreira de diferenciación tan grande entre as prostitutas españolas e estranxeiras. Ao fin e ao cabo o problema está presente en ambas e hai que tratalo de forma igualitaria, porque supón o mesmo lastre para unhas e para outras.

 

Referencias:

MENGUAL, E. (2016). La crisis lleva a más mujeres españolas a ejercer la prostitución. [online] ELMUNDO. Dipoñible en: http://www.elmundo.es/sociedad/2016/03/10/56e17a9a46163f19198b45db.html [Consultada: 16 Mar. 2016].

ROQUETA, M. (2016). Cómo tratar la prostitución en los medios: manual de uso. [online] Zena.cat. Dispoñible en: http://zena.cat/es/como-tratar-la-prostitucion-en-los-medios-manual-de-uso/ [Consultada: 16 Mar. 2016].

SAIZ, V. (2016). Prostitución, moral sexual y explotación. [online] ctxt.es | Contexto y Acción. Dispoñible en: http://ctxt.es/es/20150416/politica/819/prostituci%C3%B3n-abolicionismo-legalizaci%C3%B3n-regulaci%C3%B3n-debate-controversias-holanda-francia-reino-unido-italia-suecia-irlanda-b%C3%A9lgica-espa%C3%B1a-Controversias-CTXT.htm [Consultada: 16 Mar. 2016].

Horas de revisión e publicación:

Revisión do editor: 16/03/16 – 17:00

Revisión do GBO: 16/03/16 – 19:00

Publicación: 16/03/16 – 20:36

 

 

 

Advertisements

2 comentarios en “Avanzamos co tratamento da prostitución nos medios de comunicación?

  1. Denise Sambad Guillomía, S3E2

    Coincidindo contigo reafirmo que os medios de comunicación erran numerosas veces na forma de referirse ás mulleres que exercen á prostitución, como cando se fala dunha minoría marxinal, ás veces con desprezo. Non só ocorre coas prostitutas, os medios parecen distinguir os feitos segundo a quen lle ocorran, e sempre cunha especie de infravaloración cara o sexo feminino. Non hai moito que vimos aquela noticia das dúas mulleres desaparecidas que viaxaban soas, como se fora culpa delas, como se foran unhas inconscientes que non pensaban nos perigos de viaxar soas, e é que non o facían, eran dúas e viaxaban xuntas. Imaxino que sería totalmente diferente de ter sido unha parella masculina. As redes sociais enchéronse de protestas sobre todo por parte do sector feminino. Déixovos este enlace no que se resumen os feitos e as numerosas protestas polo tratamento que os medios lle deron á noticia. http://novo.lavozdegalicia.es/noticia/novo/que-se-cuece/2016/03/03/mochileras-asesinadas-ecuador-dos-viajaban-solas/00031457001683981970711.htm

    Se xa existe “discriminación” con respecto á muller ésta aumenta cando a muller se dedica á prostitución. É un sector non regulado e isto é o máis perigoso, non é legal, polo que non é controlado, pero o seu exercicio tampouco ilegal e polo tanto non é condeado. ( Aquí podedes obter máis información) http://www.europapress.es/sociedad/noticia-situacion-prostitucion-espana-20150421141927.html

    Hai un tempo publicouse no medio El Diario un feito aberrante, e é que as prostritutas asasinadas non contan como violecia de xénero, e así o afirmou o goberno. É escandaloso que a día de hoxe un goberno europeo permita isto. Aquí podedes ler a noticia:http://www.eldiario.es/sociedad/Gobierno-considera-prostituta-violencia-machista_0_242176420.html

    O cambio na miña opinión ha de partir deste punto, a legalización é a mellor maneira de controlar a situación, cobertura sanitaria, seguro laboral… Estas mulleres expóñense a numerosos perigos (sobre todo as que traballan na rúa) e non teñen ningún tipo de recurso ao que acceder se nalgún momento teñen que enfrentarse a algunha agresión. Son mulleres abandonadas, calificadas pola sociedade como obxectos de usar, pagar e tirar, mulleres ás que lle roubaron a dignidade por servir a homes aos que ningúen tachou de indignos.
    Os medios de comunicación deberían ser unha das armas máis poderosas para loitar coas desigualdades da sociedade, plataformas de denuncia. Pero en moitos casos non é así, estos medios ás veces parecen meros reflexos da sociedade á que sirven. Cando o goberno e a sociedade en xeral etendan e respecten os dereitos deste sector, cando existan leis que os aseguren os medios emprenderán un trato igualitario, pero isto é cousa de todos.

    Persoalmente creo que sería de interese o apoio audiovisual. Algúns programas de televisión como Callejeros ou Salvados teñen tratados este tipo de temas, e contan con testimonios de víctimas que poden ser moi ilustrativos, tendo que contra que pode ser difícil atopar testemuñas dispostas a falar de algo tan personal.

    Primeira revisión do editor:13:37
    Primeira revisión do GBO: 17/03/2016 13:45
    Denegada: 17/03/2016 14:15

    Segunda revisión do editor: 17/03/2016 16:06
    Segunda revisión do GBO: 17/03/2016 16:18
    Publicación: 17/03/2016 16:49

    Gústame

  2. Rubio Rodríguez, Iciar S3D4
    A prostitución constitúe unha discriminación total e absoluta cara a muller que a exerce, tanto polos medios de comunicación como pola sociedade en xeral, cando falamos de prostitución referímonos as mulleres que a practican e olvidámonos dos clientes e os proxenetas que son en parte os culpables da existencia de este exercicio. Os medios de comunicación soen centrarse na actividade que practican deixando atrás a parte máis oscura desta, as extorsions, ameazas e agresions que sufren. Según o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia os medios galegos non teñen especial fixación por tratar o tema da prostitución. Según datos obtidos nun estudo realizado por eles demostran de maneira explícita que a prostitución, a explotación sexual a trata e o
    tráfico de persoas con tal fin non forma parte da súa axenda habitual. Ao longo de todo un mes, nos 14 xornais galegos de pago que están no mercado hoxe en día, só foron localizadas 123 pezas con algunha referencia a esta realidade (incluíndo tanto a información como a opinión e os xéneros de humor). Unha media de 8,2
    pezas ao mes e de 0,26 ao dia por cabeceira. A prostitución, a explotación sexual e a trata e o tráfico de mulleres e a explotación sexual son o tema principal da información.
    Pola súa contra, as informacións sobre trata e tráfico de persoas son das máis abondosas. Isto ten relación co feito de ser este tema destacado no discurso oficial, sobre todo tras a aprobación do Plan integral de loita contra a trata de seres humanos. http://www.observatoriodosmedios.org/imxd/noticias/doc/1290077108capitulo2_1p_informe.pdf
    O contrario da televisión, na cal emítense numerosas noticias sobre prostitución e trata de persoas. Fai un par de anos Antena 3 publicou no seu programa Equipo de Investigación, un reportaxe sobre “Cabeza de Cerdo´´, un dos maiores proxenetas europeos que seguidamente foi encarcelado. Nestas imáxenes pódese ver como o home maltrata física e verbalmente as prostitutas e como moitas séntense obrigadas a prostituirse para non morir a menos del. http://www.dailymotion.com/video/xq8au0_equipo-de-investigacion-cabeza-de-cerdo_shortfilms
    Isto é o que debería amosar a prensa, os culpables da existencia de este oficio vexatorio e machista e a verdadeira cara da prostitución.

    Data de emisión do comentario: 17/03/2016- 17:43
    Data de revisión do GBO: 17/03/2016- 18:00
    Data de publicación do comentario: 17/03/2016- 18:31

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s