Prexuízos e autocomplexos

Patricia Campos Castelos – S1A4

Logotipo asociación Andaina

Quero contarvos como foi a reunión que tivemos con Andaina. Antes eu sentíame allea a este tema que estamos a tratar o meu grupo e máis eu. Tiña os prexuízos que se soen ter sobre unha persoa cunha enfermidade mental. Ao chegar a Dodro, eu ía un pouco con medo, non sabía onde me estaba a meter a verdade. Cando nos recibiron os coordinadores xunto coas persoas enfermas, transmitíronme confianza. Fixemos un círculo e estivemos case unha hora falando con eles, contándonos todo o que facían durante a semana na asociación. Nese momento dinme conta que todo o que levaba na miña cabeza era falso, e que eran persoas coma eu. Por iso decidín informarme máis sobre o tema.

Unha enfermidade mental é unha alteración do tipo emocional, cognitivo e/ou do comportamento na que quedan afectados os procesos biolóxicos básicos, o cal dificulta á persoa a súa adaptación ao entorno cultural e social no que viven.

Este malestar nace a partir dos estigmas e a discriminación que sofren as persoas cun trastorno mental. Gran parte, débese á información vertida a través dos medios de comunicación, os cales buscan o morbo nas noticias para que impacten máis, ligándoos á violencia e dándolles así unha visión perigosa, incluso chegando a dicir que lles falta o control. En canto á redacción das noticias, en moitos casos, utilizan termos como “podería padecer” nos titulares, deixándoos así sen rigorosidade.

Todo isto traspásase á poboación en xeral. Un estudo da Universidade Complutense de Madrid di que o 18% da poboación cre que as persoas con enfermidades mentais son perigosas. Esta alta porcentaxe de persoas que relacionan enfermidade mental con violencia pode deberse, entre outras cousas, á desinformación ou ignorancia da realidade social do colectivo. As persoas con enfermidade mental, ao largo das súas vidas, foron tratadas como diferentes excluíndoas socialmente, tendo así dificultades á hora de traballar, e sobre todo, creándolles autoestigmas.

Fotografía: « м Ħ ж » (CC).
Fotografía extraída de Jotdown.es

Un estigma importante é o tema da maternidade-paternidade. As persoas con enfermidade mental dubidan á hora de enfrontarse a ela por medo a non ser capaces de coidar debidamente a un neno ou nena ou a que a crianza herde a enfermidade. Por exemplo, no caso da esquizofrenia, se é só un pai o que a padece, as probabilidades de transmitila a un futuro descendente son dun 10%, e no caso de que sexan os dous pais portadores, sería do 30%. Por outra banda, os fillos de pais con depresión teñen un risco de arredor do 50% de sufrila no futuro.

Para paliar o problema da herdanza de enfermidades, as persoas con enfermidade mental moitas veces acoden á alternativa da adopción. No caso de España, terían máis ou menos as mesmas complicacións que unha parella ou persoa normal, pero se falamos do ámbito internacional, a cousa complícase moito. Na maioría de países, estas persoas non logran acadar un certificado de idoniedade para a adopción dun menor, e fican sen alternativas.

Á hora de decidirse a ter fillos, as persoas con enfermidades mentais acoden aos seus respectivos psiquiatras. Os especialistas aconséllanas se poden ou non ter un neno, e no caso afirmativo, nalgún casos, varían a medicación para que non dificulten o embarazo. Pero a pesar de todas as dificultades que lles supoñen seguen adiante e por todos os medios teñen aos seus fillos. Algunhas nais con enfermidades mentais falan que o seu primer fillo deulles a vida, posto que se dan conta de que son capaces de facer calquera cousa que fai unha persoa normal, dándolles así unha forza impresionante.

Non deberíamos deixarnos levar polos prexuízos que teñan o resto das persoas, senón que debemos informarnos. Aínda que os medios se equivoquen en moitas ocasións ao tratar estes temas, é nosa obrigación informarnos antes de xulgar e non deixarnos levar polos prexuízos da sociedade. Como comentei anteriormente, no tema do embarazo dinme conta que non se deberían de preocupar polos autoestigmas que teñan e senón seguir cara adiante posto que poden ser padres como calquera outros, e incluso, mellor que moitos.

Bibliografía:

JOTDOWN.ES, “Maternidad y salud mental” <<http://www.jotdown.es/2016/02/maternidad-y-salud-mental-el-ultimo-tabu/ >>

EL PAÍS, “Los pacientes con trastornos mentales plantan cara a su estigma”<<http://ccaa.elpais.com/ccaa/2015/02/22/catalunya/1424629162_312298.html>&gt;

Horas de revisión e publicación:

  • Hora de revisión do editor:  16/03/2016 18:00
  • Hora de revisión do GTO: 16/03/2016 20:00
  • Hora de publicación: 17/03/2016 00:25

 

Advertisements

3 comentarios en “Prexuízos e autocomplexos

  1. Taboada González, Ángela. S3C3

    Hoxe en día aínda son poucas as persoas sen ningún prexuízo cara a aquelas que sofren enfermidades mentais. Normalmente trátase de quen traballa nese campo, ten familiares directos con algún problema ou o estudou psicoloxía ou similar. Con todo, os que por un motivo ou outro non tivemos contacto directo cos trastornos mentais, estamos cargados de medos ou prexuízos negativos. Moitas veces asociamos esquizofrenia (por exemplo) con violencia e perigo e rexeitamos entrar en contacto con alguén que a padeza. Tamén adoitamos pensar que pode resultar imposible manter unha relación, amorosa ou de amizade, cunha persoa bipolar. Mesmo podemos chegar a afastarnos de alguén cunha enfermidade tan común como a depresión. Con todo, o que moitos non sabemos é que unha de cada catro persoas sofre un trastorno mental ao longo da súa vida, polo que sen ningunha dúbida non estamos a falar dun grupo minoritario. Por outra banda algo moi importante é que só o 3% das persoas con enfermidade mental comenten actos violentos cando non reciben o tratamento adecuado. Ademais, non podemos esquecer que as persoas con trastornos mentais poden coidar perfectamente de se mesmas tomando o tratamento adecuado e, sen dúbida, convivir en sociedade. Unha persoa con enfermidade mental pode vivir como os demais, ter parella, casar ou ter descendencia e traballar.

    Para que esta información tan básica chegue á poboación os medios de comunicación deben xogar moi ben o seu papel, evitando malas prácticas e favorecendo a inclusión social das persoas con trastornos mentais. Algunhas pautas importantes que deben seguir son as seguintes:

    1. Evitar a asociación da enfermidade mental grave con comportamentos perigosos e delituosos. Nalgunhas noticias impactantes, atribúense automaticamente os comportamentos “inexplicables” a unha enfermidade mental. E a enfermidade mental non é equiparable a “maldade inxustificada ou desproporcionada”.

    2. Rexeitar titulares que destaquen inxustificadamente aspectos negativos e sensacionalistas. Incluír o problema de saúde mental soamente cando sexa imprescindible para entender a información.

    3. As informacións deben ilustrarse con imaxes acordes co contido, o máis afastadas posible do sensacionalismo. A enfermidade mental é invisible, non se percibe fisicamente, e empregar como recurso fotografas que reflicten outras discapacidades provoca un desenfoque da realidade.

    4. Mostrar á persoa con enfermidade mental nas súas múltiples facetas positivas, sen sobredimensionar o negativo nin o positivo. Salientar os logros ordinarios.

    5. Deixar falar aos protagonistas. As persoas afectadas han de participar por si mesmas e ter oportunidades de achegamento aos medios, sen intermediarios nin manipulación.

    Estas son, en resumo e desde o meu punto de vista, algunhas das recomendacións máis importantes á hora de que un xornalista trate o tema das enfermidades mentais. De todos os xeitos deixo aquí guíaa estilo que tomei como referencia onde podedes atopar moitos máis consellos que no futuro serannos de gran axuda.
    Guía de estilo “Como abordar a saúde mental nos medios de comunicación”:
    http://www.ararteko.net/recursosweb/documentos/1/0_3189_3.pdf

    Hora de emisión do comentario: 16/03/2016- 21:43
    Hora de revisión do GBO: 17/03/2016- 01:45
    Hora de publicación do comentario: 17/03/2016- 10:43

    Gústame

    1. Campos Castelos, Patricia – S1A4

      Moitas grazas polo comentrio, Ángela. Como dis ti ao principio e como escribin na miña entrada, eu coma un montón de persoas descoñecen este tema e fíanse dos esteriotipos que existen na sociedade. Pero eu, grazas a visita que fixemos a Dodro, cambié por completo a miña opinión. Polo que nunca debemos xulgar sobre alguén se descoñecemos por completo a súa vida, ou neste caso o que lle sucede.
      Tamén dese 3% que mencionas ti, só 1% cometen actos violentos porque deixaron de tomar o tratamento que seguían.
      Os xornalistas deberían de informarse máis sobre o tema a hora de realizar as noticias. E como ven dixeches ti, debemos de deixar falar aos protagonistas e que nos conten a súa experiencia sen despois manipular o que din.
      Quería darte as grazas tamén polo enlace xa que nos servirá de moita axuda.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s