“Cando falas cunha persoa estás a falar con ela, non coa súa discapacidade”

Gemma Aguete Sancho – S1C2

humor-integración
Imaxe de: http://www.diazcaneja.com

Dende que a primeiros da década dos 80 aparece o documento «Mellorando as Comunicacións sobre as Persoas Impedidas», produto dun Seminario de Nacións Unidas (Viena, 1982), ata hoxe, o camiño referente ás comunicacións producidas e reproducidas sobre este colectivo cambiou de maneira significativa. O importante é sinalar que dende fai uns anos foise afincando a conciencia de que había que traballar o sentido e o contido das comunicacións sobre as que hoxe denominamos persoas con discapacidade.

O SIDCS (Seminario sobre Discapacidade e Comunicación Social) axudou moito coa incorporación de profesionais e representantes de OGs e de Ong de e para persoas con discapacidade que reflexionan sobre a evolución da imaxe social da discapacidade e procuran promover accións en consecuencia. Grazas a isto xérase a convicción de que a capacitación de profesionais da comunicación ao redor dos problemas sociais é relevante, incorpóranse todos os medios de comunicación e combínanse con todas as posibilidades tecnolóxicas.

Mais non só temos que fortalecer a idea de traballar isto nos medios senón traballalo dende todas as posibilidades de comunicación. A gran mensaxe que hai que transmitir é que debemos tratar ás persoas como persoas. Aceptalas tal e como son. Non sentirse mal por elas nin moito menos, non son diferentes a nós. “Eles” somos tamén “nós”. Sentirse incómodo é parte da natureza humana, soamente tes que percatarte de que estás a falar cunha persoa. Non importa o que teñan, segues falando con esa persoa.

Como explica en The Independent o xornalista Scott Jordan Harris (que se move en cadeira de rodas), o que lle ocorre á maioría de xente é que non sabe como tratar cos discapacitados e, por medo a ofendelos, senten vergoña, o que ao final si crea situacións incómodas.

Jordan afirma: “O importante que debemos lembraré que a discapacidade é só un aspecto da persoa coa que estamos a tratar e non é o máis relevante. Cando falas cunha persoa estás a falar con ela, non coa súa discapacidade”.

Para axudar a todos os que teñen dúbidas sobre como tratar coas persoas con discapacidade, Jordan elaborou unha pequena guía sobre as cousas que non debemos facer:

1. Non teñas medo de falar connosco. Só somos persoas.

2. Tampouco penses que debes falar con calquera discapacitado que vexas para probar que non te sentes incómodo connosco.

3. Non teñas medo de preguntar cousas sobre a nosa discapacidade. Pero non fales só dela. Somos moito máis que iso.

4. Non asumas que unha discapacidade física tamén é psíquica (ou viceversa).

5. Non fales connosco de forma lenta e alta, a non ser que che digamos que temos problemas auditivos.

6. Nunca toques a cadeira de rodas ou calquera outra ferramenta dunha persoa con discapacidade: son extensións do noso corpo.

7. Se te sentes moi incómodo non teñas medo de admitilo. Probablemente riámonos contigo. Simular que unha situación non é incómoda só empeora as cousas.

8. Se tiveches unha mala experiencia tratando cun discapacitado non permitas que esta che impida falar con outros. Non deixarías de falar con todas as persoas sen discapacidade só porque unha vez tiveches unha conversación incómoda cunha delas.

9. Non te preocupes moito. Por moi incómoda que pareza a situación o máis probable é que esteas a vivila peor do que é en realidade.

Referencias:
Pantano, L. (2005). Tratamiento de la discapacidad de los medios. Recuperado dehttp://www.siis.net/docs/ficheros/200403290008_24_0.pdf

Ayuso, M. (2015). Deja de sentirte incómodo: así es como debes tratar a las personas con discapacidad. Recuperado de: http://www.elconfidencial.com/alma-corazon-vida/2015-08-07/deja-de-sentirteincomodo-asi-es-como-debes-tratar-a-las-personas-con-discapacidad_955764/

Corbalán, A. (2013). Cómo tratar a las personas con discapacidad. Recuperado de: http://www.accesibilidadglobal.com/2013/05/como-tratar-laspersonas-con.html

Horas de revisión e publicación:

  • Revisión do editor: Xoves 17/03/2016 16:15
  • Revisión do GTO: Xoves 12/03/2016 17:30
  • Publicación: Xoves 17/03/2016 17:50
Advertisements

6 comentarios en ““Cando falas cunha persoa estás a falar con ela, non coa súa discapacidade”

  1. Rodríguez Vicente, María – S3C1

    Ola Gemma, paréceme moi interesante a túa publicación xa que trata de deixar claro que ante todo, os discapacitados son persoas, Sen embargo creo que non estaríamos sendo realistas se tratásemos de ignorar ou facer caso omiso á discapacidade dunha persoa. É normal que sintamos que non estamos preparados, que queramos controlar todo o que dicimos e a maneira en que o facemos, ou que pensemos que esa persoa non pode seguir o noso ritmo en moitos aspectos. A discapacidade é algo que por moi duro que sexa está ahí, é unha realidade á que moita xente non está acostumada. É ben certo que canto maior sexa á normalidade coa que tratamos o tema, máis cómoda se vai sentir a persoa á que nos diriximos. Por esta razón non considero necesaria a lista de Jordan das “cousas que non debemos facer”. O feito de estar pendente de cumplir todos os puntos que a compoñen, réstalle normalidade á situación. A pesar da miña forma de pensar, existe unha gran cantidade de listaxes e consellos para tratar a estas persoas.

    http://bancadis.ibv.org/mapa-del-sitio/79.html
    http://www.elcomercio.com/tendencias/tips-tratar-a-persona-discapacidad.html
    http://www.ecom.cat/pdf/e46d3_3_consejos_para_trato_personas_con_discapacidad.pdf http://www.finanzaspersonales.com.co/trabajo-y-educacion/articulo/como-tratar-persona-discapacidad-su-trabajo/51830

    Se precisan dun trato especial onde queda entón a normalidade? As persoas discapacitadas son persoas con voz e voto, que poden facernos saber como se sinten en cada momento e o que lles incomoda da nosa forma de dirixirnos a elas, Penso ademáis que a tolerancia que teñen ao trato que lles damos aumenta canto máis aceptada e asumida teñan a súa discapacidade.

    Deixo aquí unha páxina que recolle 20 blogs acerca deste tema que considerei moi interesantes.

    http://www.crismurillo.com/20-blogs-sobre-discapacidad/

    Data de emisión do comentario: 17/03/2016- 18:11
    Data de revisión do GBO: 17/03/2016- 19:09
    Data de publicación do comentario: 17/03/2016- 19:34

    Gústame

    1. Gemma Aguete Sancho – S1C2

      Ola María!

      En primeiro lugar moitísimas grazas polo teu comentario. A verdade é que tes moita razón e fas que me replantexe moitas cousas da miña postura. É certo que non podemos esquecer a discapacidade dunha persoa ou facer caso omiso dela, xa que non estamos acostumados a velo tódolos días. O problema radica en que moita xente ao establecer unha diferenciación tan clara destas persoas comenza a tratalas de maneira compasiva. A persoa pode chegar a sentirse incómoda, inferior ou débil.

      Considero que te contradices un pouco á hora de dicir que non podemos ignorar a discapacidade dunha persoa porque é unha realidade e logo afirmas que canta máis normalidade mellor se vai sentir a persoa. Oxalá non tiveramos que empregar a lista de Jordan, mais hai moita xente que os precisa porque ao non saber como actuar, simplemente decide non actuar. Non son unhas pautas ou uns pasos que teramos que ler durante a conversación para que flúa, só son uns consellos a seguir para recordarnos que son persoas. Como eu digo sempre, creo que hay persoas coas que falamos tódolos días que non padecen ningunha enfermidade e sen embargo contan con moitas discapacidades. Discapacidad de amar, de escoitar, de respetar aos demáis… Se falamos con normalidade e sen seguir ningún tipo de pautas con ese tipo de persoas, oxalá algún día ninguén teña dúbidas de como tratar a unha persoa con discapacidade e poderamos borrar toda a lista.

      Grazas de novo polo teu comentario, dende logo unha boa crítica ben argumentada. Un saúdo!

      Revision GBO: 18/03/2016 16:01

      Gústame

      1. Rodríguez Vicente, María – S3C1

        Ola de novo Gemma, grazas pola túa resposta. Referíame a que o normal é que non ignoremos a discapacidade, é dicir, o máis normal é ser realistas en todo momento coa situación en vez de estar seguindo a lista da que falabamos. De todas formas estou moi dacordo contigo en que moitas personas padecen discapacidades de moitos tipos e non por iso as tratamos e maneira diferente.

        Un saúdo e bo traballo!

        Gústame

  2. Yáñez Vila, Natalia (S3C5)

    Tes toda a razón Gemma. Non estamos acostumados a tratar con persoas discapacitadas e por iso se producen este tipo de situacións incómodas. En moitos casos, como ilustra a imaxe dámoslle tantas voltas aos termos que debemos empregar que ao final non nos damos de conta de que son o de menos, esas persoas non lle dan importancia porque xa teñen nomes propios polos que ser chamados. Sen querer tratámolos con compaixón, sen ser conscientes de que a súa vida é normal, como a nosa e que pode estar chea de felicidade, ou de desgraza, pero iso non ven definido por como te movas, por como escoites ou por como vexas, senón polos acontecementos che suceden.

    Hai que prestarlle moita atención a este colectivo para que as súas necesidades sexan escoitadas como as dos demais, pero non por pena, senón porque é o que lles corresponde, son os seus dereitos. Ter visibilidade nos medios é só o comenzo, hai moitos aspectos que pulir, como a visión que o resto da sociedade ten deles, non son uns coitadiños, son xente forte e loitadora e que ten que ser tratada coma todos, precisamente porque forman parte dese todos. Parece mentira que no século XXI sexan necesarios traballos que defendan a integración de discapacitados en distintos ambientes, coma nas aulas, por exemplo. De verdade hai que recordar que teñen dereito a unha educación? non é isto básico e universal para calquera? Pois precisamente este documento fala diso. http://innovemosdoc.cl/diversidad_equidad/investigacion_estudios/hacia_una_escuela.pdf

    Cando me puxen a pensar nas situacions incómodas que se xeran, pola miña cabeza pasou unha circunstancia que é realmente incómoda para eles. Non a trataches neste artigo, pero penso que podería ser interesante entrevistar a alguén cunha discapacidade auditiva, visual ou motora para que explique o difícil que é para eles acceder a unha discoteca, chea de obstáculos que superar e con moito risco. Todo o mundo pasa pola xuventude, e é pouca a xente á que non lle gusta ir de esmorga por aí, por que entón non pensamos máis nos impedimentos que isto supón para algúns? quere dicir que non teñen dereito a saír, a bailar, a tomar unha copa ou a socializar? penso que podería ser interesante que falarades deste tema, precisa saír á luz. Ao buscar na rede case non sae nada sobre a compatibilidade entre a festa e a discapacidade, atopei esta noticia que fala dunhas festas que foron organizadas tendo en conta isto, gustaríame que afondárades no tema. http://w110.bcn.cat/portal/site/BarcelonaAccessible/menuitem.3212b99726838ceb13078c9520348a0c/?vgnextoid=75b2f549ce32d410VgnVCM1000001947900aRCRD&vgnextchannel=0000000290652867VgnV6CONT00000000200RCRD&vgnextfmt=formatDetall&lang=es_ES

    Data de emisión do comentario: 17/03/2016- 22:56
    Data de revisión do GBO: 17/03/2016- 23:19
    Data de publicación do comentario: 18/03/2016- 00:47

    Gústame

    1. Boas tardes Natalia!

      Ante todo, moitas grazas polo teu comentario. Agradecemos o teu apoito e dámosche toda a razón. É unha desgraza que na actualidade a integración destas persoas sígase vendo coma unha utopía.

      Como ti dis, moitas veces non sabemos como actuar e, por medo a cometer un erro, evitamos unha conversación con calqueira persoa do colectivo. Ter máis visibilidade nos medios é un paso moi importante pero tamén debe ser importante o seu tratamento. A súa imaxe depende moito da imaxe que lle dan os medios. Estes poden dar lugar a equívocos, moitas veces sen mala intención, pero deixando a unha persoa con discapacidade como un ser débil, dependente e RARO.

      Alégrame que me propoñas o do tema da xuventude e como é para eles saír de festa. A iso xa podo responderte, xa que antes de crear o círculo, quedei e entrevistei a cada un dos integrantes individualmente. Cando me reunín con Tito, un rapaz de 27 que se move en cadeira de rodas, saíu este tema e a verdade é que ata me fixo graza. Moitas veces ao saír de festa a xente o convidaba a copas e mostráballe o seu apoio, mentres que el máis ben só desexaba ir a tomar algo tranquilo cos seus colegas.

      Por outra Banda cando falei con Shaila explicoume todas as dificultades coas que contaba durante a noite. Para ela os bares pequenos de zona vella xa son impensables, pero o peor de todo era ir ao baño. Tiña que mobilizarse dende onde estuvera, xeralmente zona nova, ata o Burguer King, que era o único sitio con un baño ben habilitado.

      A verdade é que moitas veces por desgraza sí que é incompatible a festa coa discapacidade, de feito, acabas de darme unha nova idea para o próximo artículo. Moitas grazas de novo Natalia!

      Un saúdo!

      Revisión GBO: 18/03/2016 16:20

      Liked by 1 person

      1. Agradezo moito a túa achega, é unha sorte que puideras escoitar da man dunha persoa afectada as dificultades que supón facer vida noctura, relacionarse, saír e todo iso que require ser unha persoa nova para aqueles que padecen unha discapacidade. Por desgraza non lles é o único ámbito inaccesible, senón moitos outros que son de primeira necesidade incluso. Pero noraboa por seguir traballando nilo, afondando nos problemas deste colectivo para poder darlle a voz que merece.

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s