Inmigrantes con problemas pero sen recursos

Fonte imaxe: eldiario.es

Rivas Pérez, Ramón. S3B2

Segundo os datos publicados por La Voz de Galicia 90.641 inmigrantes viviron en Galicia no ano 2015. Esta cifra todavía é provisional ao unicamente referirse ao primer semestre do ano. Sen embargo, xa amosa unha gran diferencia respecto ao ano anterior: en 2014 vivían 98.245 inmigrantes en territorio galego, 7.604 máis que no ano seguinte. E a súa vez 2014 perdeu máis de 11.000 inmigrantes respecto a 2013.

O feito de que Galicia esté sufrindo unha sorte de crise demográfica é bastante ilustrativo desta problemática. Hai maior población envellecida, mentre que a tasa de nacementos non é tan alta como en anos anteriores. Non hai que olvidar, ademáis, a emigración dos que xa viven na Comunidade Autónoma. A pesar de que o número de inmigrantes supera ao de emigrantes, moitos dos pertencentes a este último grupo eran orixinalmente inmigrantes en sí, que agora retornan aos seus países de orixe. Por que sucede isto?

O primero problema é bastante evidente, xa que non só afecta aos que proveñen do estranxeiro. A crise económica tivo un gran impacto neses que viñeron a Galicia en busca dunha nova vida. Afectoulles especialmente, xa que eles mesmos carecen dos recursos necesarios para saír adiante. Resúltalles imposible mellorar as súas condicións de vida na Comunidade, polo que se ven obrigados a buscar oportunidades, ben noutras zonas de España ou países, ben nos seus lugares de orixe. Segundo Monste Pérez Cuntín, traballadora no Departamento de Inmigración da UGT, esta decisión non se trata de algo complicado para todos aqueles inmigrantes que xa teñan doble nacionalidade pola libertade de movemento entre países. Non obstante, sí afecta notablemente a aqueles que carecen de doble nacionalidade: “decidir marcharse definitivamente significa unha decisión complicada, xa que pode implicar perder todo o conseguido aquí, aínda que sexa dende o punto de vista administrativo”, afirma Monste Pérez. Non lles resulta complicado, sen embargo, o retorno a Galicia despois de estar nos seus países de orixe. Sí existen problemas ao comezar outra vez unha nova vida en busca de traballo, diñeiro e comida.

Tamén é moi comentado o proceso de obtención da documentación e da nacionalidade española. A finais de 2015 só se realizaron dous exames para obter a nacionalidade española en Galicia, fronte ás máis de 15.000 probas feitas no resto de España. Ademáis, trátase dunha avaliación unicamente disponible en Santiago de Compostela, mentres que cidades como A Coruña, Vigo, Lugo, Pontevedra ou Ourense carecen de tal opción. Esta escaseza de oferta nun recurso básico para aqueles sen documentación que viven en territorio galego sae peor parada se comprobamos outros factores importantes. Existen poucas prazas para os que desexan examinarse, polo que moita xente vése obrigada a esperar durante moito tempo pola súa quenda.  Mentres tanto, sofren as consecuencias da administración e os gastos necesarios para poder pagar o exame e os documentos de nacionalidade que todo o mundo precisa. Anualmente, este gastos poden chegar ata os 4.000 euros.

Respecto as probas necesarias para obter a nacionalidade española, membros do Foro Galego de Inmigración denuncian tamén a dificultade que supón o exame para os inmigrantes, que carecen dos coñecementos necesarios para ser admitidos. Esta proba mide o nivel de cultura básica que o individuo examinado posúe sobre España e, no caso de que proveña dun país de fala non hispana, o seu nivel en lingua española. No periódico La Voz de Galicia publicaron algunhas preguntas correspondentes a unha destas probas, e moitos sosteñen que a maioría de españoles non serían capaces de acertar o mínimo esixido para o aprobado do examen: 15 cuestións correctas dun total de 25.

A falta de recursos e as dificultades coas que se encontran estas persoas ao chegar a Galicia son soamente algúns dos asuntos máis salientables que podemos destacar ao respecto. Non podemos olvidarnos da discriminación laboral que existe, como afirma Monste Pérez Cuntín, xa que “se ven obrigados sí o sí a traballar en B, sen contrato, sen alta na Seguridade Social…”. Tampouco cómpre ignorar os prexuízos que sofren a diario, que limitan o acceso á vida laboral e a mellores condicións de vida. Son, en definitiva, os grandes retos aos que se enfrentan os inmigrantes no territorio galego.

 

Referencias:

 

  • Hora de publicación: 10:00
  • Hora de revisión do editor: 9:30
  • Hora de revisión do coordinador: 9:45

 

Día: 17/03/2016

 

Advertisements

2 comentarios en “Inmigrantes con problemas pero sen recursos

  1. Pombo Silva, Cristina
    S3E1

    O título do artigo chámase “Inmigrantes sen recursos” pero polo que puiden ler en todo o artigo, o problema non só é dos inmigrantes sino de toda España, e neste caso de Galicia. O tema central do artigo, desde o meu punto de vista, é os problemas centrais de España: a crise, a situación de superpoboación que temos nestes momentos e temas administrativos que levan a unha reflexión que acaba sendo pura política.
    A crise económica a coñece todo o mundo e tamén se sabe que afecta a todos ámbitos da sociedade e da vida diaria. Aínda que agora parece que hai un respiro económico, moitas familias sofren a perdida de amigos e familiares debido a emigración que se ven obrigados a facer. A perdida dos nosos veciños é algo que nótase considerablemente, pero, ¿E os inmigrantes? Aínda unha situación mais precaria para esas familias, que se ven obrigadas a abandonar o seu país de orixe ou comunidade e trasladarse a un sitio que lle ofreza mellores condicións de vida. Agora, esas persoas deben volver a abandonar o seu sitio onde se asentaran anos atrás para a búsqueda dun novo “paraíso”.
    Xa entrando no tema “administrativo” que o chamei así antes, todo o papéxeo que se ten que facer para poder acceder a nosa nacionalidade, paréceme ben que teñan que pasar por un exame, non estou de acordo con algúns tipos de preguntas, xa que lin o link que aparece no artigo e algunhas preguntas e admito que non estaba segura do todo. Creo que ten que haber unha mellor xestión nestes asuntos por parte da administración e que as leis sexan moito mais permisivas nese sentido.
    Xa para rematar, creo que no comentario sería conveniente introducir ou polo menos mencionar o problema que existe actualmente da inmigración que está acontecer en toda Europa, o problema dos refuxiados atrapados nas fronteiras de países como Turquía e Grecia. A súa redistribución por toda Europa é algo que urxe e que aínda que a nosa situación non acompaña, esa xente, que fuxe dunha guerra, debe ten un sitio mellor onde facer a súa vida, igual ca nós fai uns cantos anos.

    Do último mencionado quero facer incapié cun enlace moi interesante que leva á reflexión sobre una explicación que fai o señor Jean-Claude Jucker: http://www.elmundo.es/internacional/2015/09/09/55efe8fc22601da65a8b4579.html

    Gústame

  2. Rodríguez Losada, Adrián (S3D3)

    En primeiro lugar, o tema a tratar ao meu entender é a migración no territorio español, e máis directamente no galego.
    A crise económica que afecta ao noso país dende os último 9 anos desembocou nunha crise de dobre vertente, moral e financieira.
    Atopei unha paxina en internet que funciona como recurso para saber a población que migrou cara galicia dende 1992 a 2014 e penso que é de interese:
    http://www.ige.eu/igebdt/selector.jsp?COD=555&paxina=001&c=0201003

    O artículo do meu compañeiro aborda sutilmente as dúas vertentes, caracterizandoas como os principais motivos polos que os migrantes deciden ¨fuxir¨do seu país de orixe. Eu penso que o verdadeiro tema a tratar non é o número de migrantes, que veñen ou que se van, se non o motivo que lles leva a facelo, e a partires diso desenvolver unha serie de medidas para intentar solventalo.
    Uns dos principais problemas que leva a migración é a xenofobia, e por iso que é necesario concienciar a toda a poboación de que os inmigrantes non son maís que persoas que por distintos motivos non poden desenolver a súa vida non seus paises de orixe, e anular ese pensamente xenófobo sobre eles, porque ás veces parece que non nos damos de conta de que os nosos antepasados foros inmigrantes, e que, o máis probable sexa que nós tamén o sexamos. Aínda con todo existen numerosas organizacións que buscan o mellor para os migrantes, como por exemplo Red Acoge http://ong.consumer.es/red-acoge-federacin-de-asociaciones-pro-inmigrantes.65 que busca posibles solucions ás necesidades dos inmigrantes extranxeiros en España.

    Tamén estaría ben introducir neste tema da migración o asunto dos refuxiados de Siria, aínda estando nunha sociedade desenvolta e do ¨primeiro mundo¨, o noso medo polo diferente, por traer a xente que non é coma nos aborda a nosa testa chea de prexuizos e obríganos a actuar como estamos actuando, deixando que miles de persoas que escapan da guerra sexan privados do que pode ser á súa única maneira de sobrevivir..
    En canto ao exame de coñecementos sobre o país ao que pretendes vivir, non sei ata que punto é ético, eu apoio ao cen por cen o estudo da historia de cada un dos paises do mundo, pero neses exames ás veces chegase a un punto de fanatismo innecesario que non pode ser defendido.

    Data de emisión do comentario: 18/03/2016- 15:23
    Data de revisión do GBO: 18/03/2016- 16:21
    Data de publicación do comentario: 18/03/2016- 16:54

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s