Os xordos… poden ler e escribir?

Reino Gorín, Lola Antía-S3A1

interior-gente
Fonte: Blanca Carmona

Cando atopamos a alguén xordo, automáticamente pensamos en que o único problema de esa persoa é que non poderá oír. Porén, ao coñecer un pouco mellor a estas persoas atopamos outros moitos problemas que nos fan valorar moito a nosa capadidade auditiva. Ademais de non oir, a maioría dos xordos non len nin escriben, e tampouco falan, polo que a gran maioría son xordomudos.

Para comprender ben o porqué é necesario ter en conta que a linguaxe de signos é un idioma en si mesmo distinto ao castelán ou ao galego, é dicir, que a súa lingua materna é o LSE. Agora hai que pensar en que as linguas apréndense desde a oralidade, primeiro oes e reproduces sons e despois asocias esos sons aos grafismos que che ensinan. Un neno xordo parte en desvantaxe neste punto xa que non ten ningún referente para esas palabras que lle son alleas ao seu idioma. Para comprendelo ben pareceme moi acertado o exemplo que expoñen Gabriela Rusell e Maria Eugenia Lapend no seu estudo Alfabetización de los alumnos sordos: español como lengua segunda:

“Cuando un niño oyente aprende a leer y escribir, tiene el referente en la lengua oral de aquello que esta codificando o decodificando. Sin embargo, al momento de iniciar la alfabetización, el alumno sordo, no trae el español como repertorio lingüístico “completo” y es necesario enseñárselo del mismo modo que se le enseñaría a un niño francés o ingles que llegara alpaís, con métodos diferentes a los que se emplean con los oyentes.”

Gabriela Rusell e Maria Eugenia Lapend, Alfabetización de los alumnos sordos

Pero que non sexa a súa lingua materna non quere dicir que non poda aprender a ler e escribir nesa lingua, coma unha segunda lingua para el. De feito, isto xa se traballa dende cativos e incluso podemos atopar estratexias e recomendacións para ensinarlles aos nenos se indagamos un pouco. Un dos estudos máis coñecidos neste caso é o que realizaron Lartz e Lestina en 1995 despois de observar os patróns que seguían as nais de nenos xordos para ensinarlles a ler. Algúns dos máis importantes son: ensinarlle a ler cousas achegándoas a súa realidade, manter os dous idiomas na aprendizaxe (o signal e o español, ou o idioma que esté aprendendo, escrito) e engadir elementos á narración que xa estén implícitos para darlle unha mellos explicación. O máis importante é non infravalorar a súa capacidade de aprendizaxe fronte a de outros nenos ouvintes porque se o limitamos faremos que fracase na escola, que non busque textos pola súa conta e, en definitiva, que deixe de ler.

Por último, cabe destacar que nos últimos anos co avance da tecnoloxía, as persoas con calquera discapacidade auditiva teñen moitas máis facilidades para ler, escribir e comunicarse co mundo. Redes de mensaxería como Whatsapp, Facebook ou Twitter son utilizadas habitualmente por eles, pois cos emojis (iconos que expresan emocións) e a situación comunicativa atemporal permítese a reflexión das súas respostas aportándolles máis seguridade. Ademáis houbo outros avances como redes sociais de videochamada (Skype e Oovoo, principalmente), que lles permiten escribir no chat pero tamén signar para comunicarse con outros falantes da súa mesma lingua, e aplicacións adicadas especialmente para xordos, como Prometheus (a primeira de todas, creada para facilitar a comunicación sobre viaxes entre persoas con discapacidades auditivas) ou un traductor de texto de español a LSE coa intención de “promover la inclusión de personas con deficiencia auditiva en procesos de aprendizaje o en las interacciones del día a día” como dixo Leal, o enxeñeiro que o desenvolveu.

Por outra banda, fai uns días publicouse que en Colombia desenvolveran tamén  unha nova aplicación para traducir ao LSE (recordemos que cada comunidade de falantes é diferente polo que non será nunca o mesmo idioma signal) e o sorprendente é que, aínda que hai dous anos de diferenza entre unha nova e outra e un océano de por medio separando os nosos países, os erros son os mesmos. O protagonismo en ambas publicacións téñeno os creadores da aplicación (ambos ouvintes) e non hai presenza de ningún afectado que puidese aportar a súa opinión ao respecto e dicir se realmente lle parece útil. Obviar ao principal foco de atención, neste caso as persoas con discapacidades auditivas, deixa clara a marxinación pola que aínda pasa este grupo.

Referencias

CONFIDENCIAL, El. Una joven de 21 años crea la primera red social para sordos sobre viajes. Noticias de Sociedad. (2016). El Confidencial. Consultado 17 de Marzo de 2016: http://www.elconfidencial.com/sociedad/2014-01-13/una-joven-de-21-anos-crea-la-primera-red-social-para-sordos-sobre-viajes_75233/

Divito, M., Pahud, F., & Barale, C. (2003). La práctica docente y la alfabetización inicial del niño sordo. Educere, 7(22), 177-183. Consultado 17 de Marzo de 2016: http://www.redalyc.org/articulo.oa?id=35602207

EFE. (2016). Un ingeniero crea un traductor de lenguaje de señas para sordos – ANTENA 3 TV. Antena3.com. Consultado 17 de Marzo de 2016: http://www.antena3.com/noticias/tecnologia/ingeniero-crea-traductor-lenguaje-senas-sordos_2013081200242.html

LARTZ,M.; LESTINA.L.J. (1995). Strategies deaf mothers use when reading to their young deaf or hard of hearing children. American Annals of the deaf, 140, 4,358-362. en Palacios,

J. (2010). Compartir Signos (SORDOS): Lenguaje Visual Numero 19. Compartirsignos.blogspot.com.es. Consultado 17 de Marzo de 2016: http://compartirsignos.blogspot.com.es/2010/02/lenguaje-visual-numero-2.html

María Eugenia, L., & Gabriela, R. (2010). Consultado 17 de Marzo de 2016: http://www.cultura-sorda.eu/resources/Rusell_Lapend_Alfabetizacion_alumnos_sordos_espanol_lengua_segunda_2010.pdf

Rodríguez, J. (2016). Fundación HETAH. HETAH. Consultado 17 de Marzo de 2016, from http://www.hetah.net/traductor?ids=es

Primeira revisión do editor: 17/03/2016 13:29

Primeria revisión do GBO: 17/03/2016 14:47

Denegada: 17/03/2016 16:54

Segunda revisión do editor: 17/03/2016 17:32

Segunda revisión do GBO: 17/03/2016 17:44

Publicación: 17/03/2016 18:15

Advertisements

2 comentarios en “Os xordos… poden ler e escribir?

  1. Losada Miguéns, María- S2B

    Dende logo, pareceme moi interesante o tema que tratas neste artigo Antía. Baixo o meu punto de vista, é necesario dar a coñecer nos medios situacións como esta cando se publican noticias sobre persoas con discapacidade auditiva, ou sobre as novas aplicacións para axudar as persoas xordas a mellorar as súa capacidade auditiva. Creo que asuntos como este serían un bo tema para unha contextualización das noticias ou reportaxes, xa que dan a coñecer moi ben as dificultades as que se enfrontan as persoas xordas, e que permiten comprender e achegarse máis á súa realidade.

    Na actualidade, o avance da tecnoloxía, como ti moi ben explicabas no artigo, permite que as persoas con discapacidade auditiva poidan ir camiñando paseniño cara unha total accesibilidade. Noticias como a que che deixo a continuación, amosannos a solución a un problema como é poder pedir axuda nunha emerxencia. Un problema, que, en moitos casos, non somos consicentes das dificultades que pode conlevar para unha persoa xorda. É por iso polo que a Comunidade Autónoma de Murcia acaba de desenvolver unha aplicación para móbil que permite ás persoas xordas poñerse en contacto co 112 en caso de precisalo. Pasiño a pasiño, vanse conseguindo avances cara a accesibilidade e a integración
    http://www.laverdad.es/murcia/201604/19/sordos-mudos-pueden-comunicar-20160419015414-v.html

    Un saúdo

    Revisión da coordinadora: 21/04/2016 ás 11:49

    Gústame

    1. Reino Gorín, Lola Antía- S3A1
      Grazas pola túa aportación María! Tes razón que pouco a pouco se van conseguindo cousas e a túa nova é unha boa mostra. Se che interesa saber máis sobre esa relación entre os servizos de emerxencia e as persoas xordas, a miña compañeira Icía escribiu un artigo adicado a ese tema: https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/19/accesibilidade-dos-servizos-de-emerxencias/. No artigo tamén atoparás referencias aos medios que publicaron algunhas das novidades implantadas nos servizos de emerxencias e unha análise crítica sobre o seu tratamento informativo. Por outra banda, fai uns días publicouse en diario.es que a policía implantará tamén un sistema tecnolóxico para atender a este colectivo: http://www.eldiario.es/sociedad/tecnologias-permitiran-millones-entenderse-Policia_0_505350443.html. É increible a de posibilidades que ofrecen as tecnoloxías e pouco que custa facilitarlles a comunicación aos xordos. Ogallá que chegue un día en que isto xa non sexa noticia e que a comunicación con eles poida ser total, partindo da implantación do lse no sistema educativo. Por último, e xa se tes máis tempo e ves que che interesaría afondar neste tema, déixoche unha ligazón a un estudo realizado por uns alumnos de maxisterio de audición e linguaxe da Universidade Autónoma de Madrid. Neste blog (http://tecnologia-y-deficiencia-auditiva.blogspot.com.es/) analizan esta relación da que estabamos a falar entre novas tecnoloxías e as persoas con deficiencias auditivas. Ademais explica dende a base o que é a xordeira, os tipos que hai, as próteses, etc. Se se che fai moi pesado tamén podes botar unha ollada aos círculos de lectura crítica que realizamos con persoas con deficiencias auditivas, fontes de primeira man que explican a súa situación e nos axudan a comprender mellor o seu mundo.
      Un saúdo!

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s