Que é a discriminación?

Carrera Álvarez, Jesús-S1E3

La-desigualdad-social-crece-en-Espana-hasta-niveles-record

Fotografía de VozPopuli.com

Discriminar a unha persoa polo seu orixe racial ou étnico é un acto ilegal e que atenta contra o dereito constitucional á igualdade( artigo 14 da Constitución Española) e contra a Lei 62/2003 que regula especificamente a aplicación do principio de igualdade de trato das persoas independentemente do seu orixe racial ou étnico.

Entre os factores que contribúen a xerar situacións de discriminación podemos destacar o descoñecemento e o terror ás diferenzas, os prexuízos, as opinións e ideas que todos e todas temos sobre outras persoas ou grupos,a desinformación(tanto por parte das presuntas vítimas como dos axentes discriminadores) sobre dereitos e obrigacións, lexislación vixente ou os recursos que existen para facer fronte a estes feitos.Con certa frecuencia, as prácticas discriminatorias non son percibidas como tales nin polas persoas que as sofren nin polos presuntos discriminadores.Tamén se debe ter en conta a escasa conciencia que existe sobre as graves consecuencias e o impacto que ten a discriminación nas persoas afectadas e para a sociedade no seu conxunto.

¿Que é discriminar? Discriminar, como xa mencionamos anteriormente,é un acto ilegal e que atenta contra o dereito constitucional á igualdade e contra a Lei 62/2003 que regula especificamente a aplicación do principio de igualdade de trato das persoas.Aínda que a discriminación pode suceder en calquera situación ou circunstancia, é frecuente que se concentre en certos ámbitos e este relacionado con certos dereitos.

No ámbito privado destacamos dúas esferas nas que se encontran máis casos de discriminación polo orixe racial ou étnico da persoa que son: o laboral, como o acceso ao emprego nos procesos de selección de persoal e criterios de valoración na división de tarefas; no trato persoal que se recibe por parte de compañeiros e responsables ou nas oportunidades de ascenso e carreira profesional dentro da empresa.

No ámbito persoal, unha gran parte dos casos concéntranse no acceso a vivenda( compraventa ou alquiler) e ás relacións veciñais que derivan dela. Tamén neste ámbito é importante destacar o acceso e gozo de todo tipo de ben e servizos: tendas, bares, restaurantes, hoteis, bancos, etc.

No ámbito público, as circunstancias soen ter relación sobre todo co acceso aos servizos básicos como son, por exemplo: o sistema sanitario, o educativo, os servizos sociais, de emprego, acceso á administración de Xustiza, o transporte público ou os servizos dos Corpos e Forzas de Seguridade entre outros.

Polo orixe racial ou étnico, podemos atopar dous tipos de discriminacións.Por un lado temos a discriminación directa. Esta ocorre cando unha persoa recibe un trato diferente a outra polo seu orixe racial ou étnico na mesma situación ou circunstancias. Temos o exemplo de Aziz e Nadia que son naturais de Senegal e que foron discriminadas pola cor da súa pel. Este é un caso claro e denunciable de discriminación directa.

Por outro lado, temos a discriminación indirecta que ocorre cando unha norma ou práctica acaba situando a unha persoa nunha posición de desvantaxe pola súa orixe. Isto soe ocorrer normalmente nas entrevistas de traballo .Aparentemente, esta práctica non é discriminatoria de forma directa pero si o é de forma indirecta. Esíxenlles as persoas que se presentan ao posto de traballo unha titulación que non é necesaria para o traballo que van a desenvolver ,pero, o usan para evitar seleccionar a persoas polo seu orixe racial ou étnico que teñen menos posibilidades de ter unha titulación universitaria como mostra o seguinte exemplo no que a Saray, unha rapaza xitana, rexéitana nun traballo por non ter un título universitario. Por asociación a sofren as persoas pola a súa asociación con outras. Temos o exemplo de Paco, un neno que é rexeitado polos seus compañeiros por ser “morito”. Tamén temos o caso de Ana que decide casarse co seu mozo de etnia xitana e cando se enteran no seu traballo deciden despedila xa que” Casarte con un muchacho gitano de este barrio me supone un problema, no quiero tener nada que ver con gitanos.”

A discriminación limita dereitos e libertades, diminúe oportunidades, xera desigualdades sociais, exclusión social e marxinación. É un círculo vicioso que afecta á autoestima das persoas na sociedade. Esta situación pode xerar consecuencias psicolóxicas ou físicas. Son persoas que forman parte da nosa sociedade e estamos desaproveitando coñecementos, experiencias e habilidades de todos eles e, sobre todo, dificulta as relacións interpersoais e prexudica a convivencia.

Referencias:

R. (2010). Igualdad de trato y no discriminación.accem.com.marzo,2016, obtenido de http://www.accem.es/es/monograficos/igualdad-de-trato-y-no-discriminacion

– Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad.(2016). ¿Qué es la discriminación indirecta por origen racial?. Igualdadynodiscriminación.es.Marzo,2016,obtenido de http://www.igualdadynodiscriminacion.msssi.es/discriminacion/queesDiscriminar/discriminacionIndirecta.htm

Ministerio de Sanidad, Servizos sociales e Igualdad.(2016). ¿ Qué es la discriminación por asociación?.Igualdadynodiscriminación.es. marzo,2016, obtenido de http://www.igualdadynodiscriminacion.msssi.es/discriminacion/queesDiscriminar/discriminacionAsociacion.htm

Ministerio de Sanidad, Servizos sociales e Igualdad.(2016).¿ Qué es la discriminación directa por origen racial o étnico?. Igualdadynodiscriminación.es. marzo,2016, obtenido de http://www.igualdadynodiscriminacion.msssi.es/discriminacion/queesDiscriminar/discriminacionDirecta.htm

Horas de publicación e revisión:

Revisión do editor: 17/03/2016-18:30

Revisión do GBO: 17/03/2016-18:45

Publicación:17/03/2016-19:05

Advertisements

6 comentarios en “Que é a discriminación?

  1. Badía Deltell, Carmen (S1D2)

    Estamos no século XXI e segue existindo racismo ante calquer persoa que non é igual a nós. Non quero nen podo xeralizar nisto, porque o sector recista é moito menor que o contrario, gracias a quen quera que haxa alí arriba.
    De verdade a día de hoxe, tengo unha liga como a NBA onde os negros son os reis, seguimos plantexándonos que son unha raza inferior? Nos oitenta o rarito era Larry Bird, non Magic Johnson.
    De verdade a día de hoxe seguimos pensando que os asiáticos son menos que nós, cando nos superan en productividade? Non quero simplificar isto a cousas como deporte ou economía pero, os blanquitos xa non somos o centro do mundo e a escravitude remataou hai xa moitos anos. As nosas cabezas deberían darlle o botón de RESEAT para deixar de dar a vergoña que damos nos telediarios con acciones racistas.

    Non son poucos os negros que morreran nos Estados Unidos a mans de policías racistas e creo que moitos saberíades de que os falo se digo “I CAN’T BREATHE”. Para os que non o saibades os deixo aquí a noticia que o explica, cuxa frase deu a volta o mundo http://www.abc.es/internacional/20141205/abci-eeuu-ultimas-palabras-negro-muerto-policia-eric-garner-no-puedo-respirar-201412042045.html , e de regalo unha canción dos míticos Wu-Tan Clan, que denuncia este tipo de horrores que acontecen cada día. https://www.youtube.com/watch?v=GhCNBsoLkjE
    Botádelle un ollo tamén o video-clip! un saúdo

    Revisión GBO: 17/03/2016 22:23

    Gústame

    1. Carrera Álvarez, Jesús- S1E

      Ola Carmen!. Discriminar, como se menciona no artigo, dicese da acción que atenta contra o dereito de igualdade pola orixe racial ou étnica que aparece recollida na lei 62/2003 a igual que na Constitución no artigo 14. Esta é a teoría, pero non a práctica.

      Independentemente da lei, en España non só hai que ver o cor da pel, temos exemplos ao noso carón onde hai persoas que non poden pagar o recibo da luz, perden as súas casas por non poder facer fronte aos gastos debido a crise económica xerada polos poderosos financeiros,etc…¿ que facemos o respecto?, pois nada, o problema é de quen o ten.

      Outras persoas de cor que por ser coñecidas polo deporte, o cine ou a televisión reciben o mesmo trato que como se non fose de color, que é como debe ser.Con este exemplo quero dicir que en realidade somos clasistas non racistas. O presentador Chris Rock na entrega dos Óscar 2016 dixo en forma de lanza a ausencia de nominados negros nas principais categorías. Tamén temos o exemplo dos asiáticos, explotados traballando as 24 horas do día, comendo e durmindo practicamente nos postos de traballo cun salario mísero e explotados polos seus compatriotas.

      Creo que para ir facendo desaparecer a desigualdade, teriamos que vivila no nosa pel e de esa forma chegar a conseguir unha sociedade máis sana.

      Gústame

  2. Feijoo Garcia, Luis (S1D4).
    Falando de discriminación. Un grupo de seareiros do club de fútbol holandés PSV Eindhoven, que esperaban a que o seu equipo enfrontásese ao Atlético de Madrid no Vicente Calderón, humillaron a varias esmoleiras que estaban na Praza Maior pedindo esmola. Este xesto repetiuse con seareiros do Arsenal en Barcelona ao día seguinte.

    Ante esta clara discriminación sorprende que a Policía que non interveu para frear o espectáculo xenófobo e optou por retirar ás mulleres da praza pero deixou marchar aos agresores. Sen que un xuíz puidese determinar se o seu divertimento foi delito e sen que o seu clube poida ter hoxe as súas identidades para tomar medidas. E nesta delicada materia non se pode mirar para outro lado.

    O vídeo da infamia xa deu a volta ao mundo e sería desexable que á inxuria non se some a impunidade.

    Agora enténdense algúns comportamentos cara aos refuxiados e inmigrantes en xeral que mostran algúns países europeos.

    Revisión GBO: 18/3/2016 12:24

    Gústame

    1. Carrera Álvarez, Jesús- S1E

      Ola Luis!, Segun se publicou na prensa e vistas as imaxes na televisión, volvemos a o de sempre, a falta de educación e civismo. Seguro que si actuara a policía, os detiveran e pasaran as 72 horas de rigor no cárcere e postos a disposición do xuíz, en aplicación da lei vixente, outros o pensarían. O máis lamentable aparte diso, é que alguén que recrimina e a esta persoa se lle chama a atención polo seus actos, é criticado polos seguidores futboleiros, sorte de que no foi agredido por eles pero, ¿ este señor estaba só na Praza Maior? Non, dende as institucións públicas, Comunidade e Concello respectivamente, din que: ” Veo lamentable el incidente y lamento la imagen terrible”. Se foramos solidarios coas mulleres humilladas, todas as persoas como o que o recriminou farían algo como por exemplo facer un círculo, acurralalos ata que actuara a policía. Desa forma, reivindicaríamos o noso rexeitamento á discriminación e os discriminados veríanse apoiados pola sociedade.

      Gústame

  3. Feijoo Garcia, Luis (S1D4).

    Outra forma de discriminación. A través de change.org xa máis de cen mil sinaturas solicitan que en España se rebaixe o IVE de compresas e tampones do 10 ao 4%, o reservado a artigos de primeira necesidade (https://www.change.org/p/ministerio-de-sanidad-compresas-tampones-y-pa%C3%B1ales-con-iva-superreducido).

    A modo de exemplo, en Francia lograron unha rebaixa do 20 ao 5,5% e en Canadá estes produtos de hixiene íntima están libres de impostos (http://www.eldiario.es/economia/Deben-tampones-compresas-gravados-impuestos_0_402110479.html).

    Parece evidente que estes artigos non é que sexan de primeira necesidade senón de ineludible necesidade e non se entende que tributen dúas veces e media máis que aqueles.

    A primeira premisa da igualdade e non discriminación é axudar a soportar e non gravar aquelas diferenzas que impón a natureza, así esta petición parece máis que congrua.

    Revisión GBO: 18/03/2016 12:26

    Gústame

    1. Carrera Álvarez, Jesús – S1E

      Ola Luis!, Pode entenderse con discriminación que artigos de primeira necesidade pasen do 10% ao 4%, pos si. Pero xa que estamos falando de compresas e tampóns, tamén deberiamos considerar que as máquinas de afeitar terían que pasar do 21 ao 4% xa que son artigos de primeira necesidade como os que ti mencionas. Habería que ver ou valorar se a baixada do I.V.A repercute no peto do consumidor ou comerciante. Temos o exemplo do Barril Brentt( medida internacional de petróleo) que constaba entorno aos 140$ fai un ano. Agora custa arredor dos 33$. Nesa proporción debería estar case regalado o combustible. Sen embargo, esta a un prezo practicamente igual. Quero dicir con este argumento que tanto o produtor como o vendedor non lle interesa baixar os prezos.Se o Goberno baixa o I.V.A dos tampóns, pañais ou compresas tamén debe baixar o xabón, a espuma de afeitar, o xel de baño, o papel hixiénico,etc. Os produtores e vendedores veranse beneficiados, aumentara a súa marxe de beneficios mentres que o consumidor non notará o cambio. Naturalmente o Estado tampouco vería cumprido o seu obxectivo de recadación.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s