I Círculo de Debate. Prostitución

Castaño Gosende, Noelia -S1B1

Costa Iglesias, Nerea -S1B2

Álvarez Martínez, Adrián -S1B3

Alonso Posada, Fabián -S1B4

Bermúdez Lista, Sheyla – S1B5

mujer

No día de onte realizamos o primeiro debate co noso círculo na Asociación Vagalume. Tivo lugar no seu local, nun cuarto no que había cadeiras colocadas en círculo e nas cales se sentaron as nosas integrantes do círculo e algún dos membros do noso grupo S1B.

Ao chegar recibíronnos moi amables e abertas e con moitas ganas de falar con nós. As que participaron no debate foron: Lourdes, a educadora do centro Vagalume, como moderadora do debate, e as asistentes ao centro, Flor, Dominica, María del Carmen, Magdalena, Amor.

O primeiro dos temas que tratamos neste faladoiro foi un artigo que nos trouxo a integrante do círculo María. A publicación ía sobre  “La violencia de género es la principal causa de muerte entre las mujeres de entre 15 y 44 años de todo el mundo”. Tras a presentación da noticia, adoptáronse varias posturas: por un lado había unhas que defendían que a noticia podía ser certa pero sen poñer unha determinada franxa de idade, que había mulleres de 70 anos que tamén foron asasinadas polos seus respectivos maridos, e por outra banda, estaban as que negaban esta afirmación. Estas últimas, cren que a violencia de xénero é unha das maiores causas de mortalidade das mulleres pero sen chegar a ocupar o primeiro posto, apuntando que en países como África existían causas moito máis fortes como as enfermidades ou a mala calidade de vida. Ao escoitar estas últimas opinións, alzou a voz Lourdes e engadiu esta afirmación: “Atreveríame a dicir que é a primeira causa de morte das mulleres do mundo, máis que a malaria ou calquera outra cousa”. En referencia aos medios, unhas acusaban aos xornais de fomentar esta situación de maltrato ás mulleres mentres que outras din que intentan suavizar a situación e que tan só se publican noticias sobre o tema cando está sucedendo a miúdo, mais cando pasan uns días olvídase por completo.

A seguinte noticia que nos trouxo unha das asistentes ao centro fala de que “Las riojanas cobran una cuarta parte menos que los hombres por hacer el mismo trabajo” que tratamos  xunto con esta outra: “Las mujeres ganan 5.744 euros menos al año que los hombres por trabajos iguales”. Tan só lendo os titulares xa todas se amosaban enfadadas e con moito que dicir. Neste caso, case todas coincidían en que as mulleres cobran moitísimo menos que os homes polo mesmo traballo cando deberían cobrar o dobre se lle suman todas as tarefas do fogar que teñen que facer ao chegar á casa. Este punto de vista, tamén foi compartido pola maioría delas e Lourdes comentou moi seriamente para que recapacitasen no que dicían coa frase “ou esos deberes deberían ser compartidos”. A pesar de que todas estaban a favor, cren que é algo moi difícil de cambiar e que os medios mostran moi ben a realidade nestas dúas noticias. Coinciden ademais en que estes valores son inculcados desde que somos unhas nenas en todas as partes do mundo, e aínda que os homes saiban de todo, sempre tiran a dicir que as mulleres o fan mellor.

O tema deviouse e comezaron a falar de que os medios inténtannos facer ver que hai uns xoguetes para nenos e outros para nenas, ao igual que as cores e que todo vai a ser moi difícil de cambiar nas mentes da xente. Unha vez máis, Lourdes explicou que moitos cambios xa se están a dar e recalcou que se algunha muller tiña un traballo e era consciente de que cobraba menos que outro home polo simple feito de ser muller, debería tomar medidas. Ir a un sindicato ou contratar avogados foron algunhas das medidas propostas, aínda que a María non a convencía calquera e comentou que “eu ao mellor aceptoo porque teño un fogar que manter”.  A pesar disto, todas están convencidas de que a igualdade se conseguirá nun futuro, non próximo, se educamos aos nosos fillos cuns valores de respeto e igualdade e se sabemos estar unidas tódalas mulleres para reivindicar e loitar pola causa.

Tras case unha hora de debate, chegamos a unha das noticias que nos trouxo Amor e que máis controversia xerou no grupo, o titular responde a “Colombia reconoce como matrimonio gay a una pareja que se casó en España”, titular de El País, o análise da noticia dirixiunos as seguintes opinións. As verbas de Flor deixáronnos ca boca aberta. A cita é “grazas a Dios que non tiven ningún fillo así, que dexeneración”, a resposta non tardou en chegar por parte da oposición. Foi maiúscula a sensación de indignación, unha das partes explicaba que a vexación a homosexualidade non pasa pola súa xustificación médica; senón que se trata dunha relación coma outra calquera, aínda que non sexa así para tódolos ollos. Apenas uns minutos antes Flor defendía unha postura que atropelaba os seus comentarios actuais, defendendo que “os meus dereitos, rematan cando comezan os dos demais”. Chegados a este punto desexamos profundar na postura desta invitada. Se ben a mostra dunha postura máis narcisista para a defensa duns determinados dereitos fai a Flor personaxe de reivindicación, o feito de que elixa de forma arbitraria —ben por descoñecemento ou por falta cultura— uns dereitos sobre outros, semella que malia ser parte do gremio da prostitución, defenda ideais dunha postura que as escraviza.

A outra opinión máis xeneralizada, defendía a liberdade de elección da orientación sexual de cada un. Magdalena non coubo en si pola indignación, a palabra dexeneración supuxo un gran sobresalto. Malia a escena, Flor seguiu coa súa insistencia, momento no que Lourdes —a educadora— decidiu que era hora de dar por finalizado este tema, que sen dúbida sería tratado con moita máis profundidade en sesións vindeiras, polo motivo da falta de documentación.

O último tema foi a debate a causa de dous titulares, un deles “El 20% de los hombres españoles admite haber pagado a prostitutas” do xornal, El Mundo, e aportado por María, e o outro dunha índole semellante “Dos de cada diez hombres admiten que han pagado a prostitutas”  do diario, El País, que tamén nos trouxo Amor. A primeira toma de contacto cos dous titulares foi unha revolta ao silencio, comentarios de todo tipo saltaron ao debate, sen estar directamente relacionados coas publicacións. Se ben non foi tomado coma o resto de novas, a temática da prostitución foi un momento de complicidade para todas os presentes, nese momento non existía nin documentación, nin outro tipo de documentos que lles puideran contar algo que elas non soubesen. A resposta multitudinaria foi contundente, se ben dous o recoñecen, na opinión do círculo, case a totalidade dos outros acode a eses servizos, ben o recoñeza ou non. É dicir, están de acordo coa cifra que indica os medios, pero suscitan que a causa de ser datos subscritos a un enquisa, non é cen por cen fiable, así o reflexa tamén o subtítulo da nova, no que se da a entender que o número e lixeiramente maior. Neste punto da conversa o debate chegou a un punto e aparte, que será retomado nas vindeiras semanas e rematou cunha complicidade entre tódalas presentes.

Tralo debate, procedemos a reunión dos integrantes do grupo, se ben a presenza de todos non foi posible, a totalidade de nós escoitamos o debate. O resultado ao que chegamos é un mostra de malia pequenos matices, contamos cunha opinión uniforme. En primeiro lugar unha parte do círculo é a mostra dunha representación incorrecta sobre aquelo contra o que se loita, se ben o gremio da prostitución é vítima dun escravismo que semella doutra época, existen certas opinións e conductas que supoñen trabas no camiño, viámolo no caso de Flor conforme a homosexualidade. Unha conducta xenófoba que non da pé a un cambio, semella que malia o análise na prensa, existen conductas de intolerancia impropias da sociedade actual.

Podemos dicir que non estamos de acordo coa idea maioritaria que se mantén no círculo sobre a figura do home á hora de consumir sexo de pago, cremos que non responde á realidade, se ben elas son partícipes directas deste mundo, existe unha gran maioría de homes que non responden a estas declaracións; e nós consideramos que realmente é desta maneira; é unha magoa xa que cremos que este tipo de opinións que asemellan doutro tempo, so axudan ao mantemento de prexuízos.

Outra dos temas de reflexión foi a desigualdade salarial, cuxo debate tivo como conclusión que malia non aceptar as condicións ás que son sometidas as mulleres, moitas veces non existe unha protesta a causa do medo, e da posibilidade de perda do posto de traballo que mantén a súa familia. Nós comprendemos esta situación, como tamén o pensaba algún dos membros de Vagalume, en concreto María que citaba “que é complicado non protestar a estas desigualdades, pero todos temos que comer”.

Por último repasamos como foi este primeiro encontro con Vagalume, do cal estamos moi contentos co recibimento por parte da asociación e de tódalas membros do Círculo. Dicir que esperamos con moita ilusión o resto de debates e resaltar que a medida que avanzou o faladoiro, a confianza asentouse e os temas foron tratados máis a fondo e desde un punto de vista máis verídico.

Horas de revisión e publicación:

Revisión editor: 20:30

Revisión GBO: 22:30

Publicación: 23:44

Data: 18/03/16

Advertisements

2 comentarios en “I Círculo de Debate. Prostitución

  1. Sempre a voltas cos números e as estadísticas. Non importa se ha violencia de xénero ocupa o primeiro, segundo ou terceiro lugar na causa de morte nas mulleres, é moi grave aínda que ocupara o posto cincuenta. O importante é que non haia violencia de calquera tipo, os fortes teñeñ que protexer aos débiles ou cando menos non abusar deles ¡abaixo todo tipo de violencia!
    En canto á prostitución o preocupante non é o tipo de profesión, sempre que se faga voluntariamente, o preocupante u que se faga forzada. As máfias que reteñen en contra da súa voluntade ás mulleres… éses son os verdadeiros delicuentes.S2C5

    Gústame

    1. Grupo S1B

      Respostamos a este comentario a pesar de que non cremos que se fixera de maneira correcta, xa que se trata de comentar con argumentos contrastados con documentación e non verquer só opinión propia.
      Os números e estadísticas importan, xa que non é o mesmo un problema menor que un problema que se atopa entre os primeiros postos e que está a deixar tantas vítimas cada día. E non debemos olvidar que detrás de cada número atópanse persoas. A violencia non debería existir sexa do tipo que sexa, pero por desgraza é algo que está aí e os medios deben informar sobre o problema sen intentar ocultalo. Neste caso non estamos a falar de calquera problema. A igualdade de sexo no S. XXI non existe, e isto non debería ser así. Débiles e fortes? Desde a nosa perspectiva non podemos tolerar tales roles a estas alturas.
      En canto á prostitución, é unha profesión tan digna coma outra e non debería forzarse a ninguén a realizala. Mais por iso non se pode caer no tópico de que todas as prostitutas son son forzadas. Nesta noticia de Europapress, http://www.europapress.es/sociedad/noticia-situacion-prostitucion-espana-20150421141927.html ,faise referencia a que supoñen un 80%,por aínda que en España non existan estudos que o demostren. Por desgraza hoxe en día existen moitas mafias que descoñecemos. Un indicador máis de que as mulleres seguen a ser un “obxecto”.

      Horas de revisión e publicación:

      Revisión editor: 19:05

      Revisión GBO: 19:10

      Publicación: 19:30

      Data: 06/04/16

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s