A lingua do goberno e os ollos do cidadán

Patrick Emmanuel Pérez Deza

 

por Cortizo Salgueiro, Noelia – S2D1

 

Acodes a comedores sociais ou a organismos de apoio as persoas sen recursos e as colas son enormes, mentres que os do goberno non se preocupan deles xa que eles están ao quente, teñen cama onde durmir e a comida pagada tódolos días.

Comezas a ler noticias e decátaste de que cada día son máis persoas as que teñen que acudir a un comedor social para poder facer unha comida diaria. Tal e como e como remitía a noticia de La Voz de Galicia “La Cocina Económica proporciona habitaciones a indigentes extremos” as asociacións están desbordadas e ofrecen máis servizos dos que están preparados. Pelexas por un bocado de pan, esperas para poder ter uns zapatos, discusións para poder ter unha cama onde durmir unha noite e outros moitos incidentes son os que podes ver cando pasas por estes centros. E os gobernos? Que é o que eles ven e mostran? As súas preocupacións son acadar a súa cadeira do despacho da Moncloa, esa é a súa única preocupación na actualidade. Visualizas noticias de xornais, que son escasas, e só ves a persoas coas súas garabatas sentadas nunha mesa, que posan, xunto con algúns representantes de asociacións que loitan contra a pobreza, para unha foto e simplemente din que están preocupados polas cifras de precariedade que cada vez chaman máis a atención como que “El 34,3% de los españoles vive sin carestías esenciales”. Ademais estanse vulnerando os dereitos a acceder a servizos básicos como ben se apunta nesta peza noticiosa, sen valorar as súas circunstancias. Hai medios de comunicación que si que mostran algunhas cifras, pero non se achegan onda os afectados para escoitar algúns testimonios que poden abrir os ollos a moitas persoas, aínda que está claro que unha situación non se asemella a outra. Humanizarse,  identificarse con estas persoas debería ser o que teñen que facer os xornalistas para mostrar as súas dificultades, como as trabas que lles poñen na Seguridade Social. Todo isto pode axudar a que nós, o resto da cidadanía, vexamos o problema. Saír á rúa para buscar historias que nos deixen estupefactos ante a realidade, feitos dos que non demos credo, feitos dos escándalos dos gobernos, e alonxarse de querer deixalos a eles ben, porque como todos sabemos, a eles non lles preocupamos o máis mínimo.

Como ocorre en moitos países (Venezuela, por exemplo) os gobernos teñen case o control, por non dicir todo, sobre os medios de comunicación. Nestas situación eles mostran o que queren, mostran que a poboación non ten ningunha queixa e que non teñen nada que recriminarlles. Mentres a realidade é outra e os que tiveron que saír de alí son os que mellor o poden dicir. Non se pode permitir que só a xente estea ao día do que os altos cargos queiran contar, que teñan o mando sobre algo que se denomina liberdade de comunicación.

A liberdade de comunicación en temas tan delicados coma este é fundamental. Ensinar ao mundo como viven algunhas persoas, os lugares nos que teñen que durmir e o que teñen que facer para poder xuntar un euro e ir comer a Cociña Económica, por exemplo. Isto todo hai que vivilo para contalo, que cho mostren e sentilo preto de ti para ser consciente da dimensión desta problemática. E senón, cando menos, que cho transmitan como ocorre. Sen eufemismos. Non é un tema sinxelo de tratar e hai que saber levalo con cautela, evitando artigos coma “lacra social”. Hai que saber traballar os temas e utilizar termos axeitados que non falten ao respecto aos que forman parte desta nosa sociedade. Os medios de comunicación deberían darlle luz e darlle voz, para berrarlle aos gobernos e que lles chame a atención, para que despois se traballe por eles. Pero sempre, recordemos, desde o respecto.

Referencias:

 

Publicado: 18/03/2016

Revisións GBO: primeira revisión 18/03/2016 12:15 e segunda revisión 18/03/2016 19:40. Na última revisión da coordinadora faltaba por realizarse a revisión do editor.

Revisión do editor: 18/03/2016 20:00

Advertisements

4 comentarios en “A lingua do goberno e os ollos do cidadán

  1. De Matos Alonso, Adrián. S1D1.

    Unha historia persoal, ben contada, pode chegar a ter un poder de empatía moitísimo maior que as centos de estatísticas colectivas que se publican día si e día tamén nos xornais. Claro que a estatística é importante, non digo o contrario, pero concienciar é máis fácil cando se nos poñen diante nomes, apelidos e caras. E cando se indaga neles, claro. Ou non é mellor deixar abrir unha boca que escribir sobre todo o número de bocas que pasan fame? Eu concordo contigo en que o xornalismo debería virar máis nesa dirección, vaia!

    Revision GBO: 18/03/2016 23:46

    Gústame

    1. Cortizo Salgueiro, Noelia [S2D1]

      Moitas grazas pola túa opinión Adrián. É ben certo que na maioría dos reportaxes, artigos e demais noticias o que máis se ve sempre son as cifras. E estou totalmente de acordo con que mostrar unha historia chama máis a atención que ver unha cifra, crea máis conciencia do problema e dá lugar a que as persoas empecen a preocuparse máis e tomen as medidas precisas para tratar de solventalo. De exemplo deixo desta noticia http://www.farodevigo.es/galicia/2015/02/10/672000-gallegos-riesgo-pobreza-o/1181782.html
      que mostra claramente como cobra importancia a cifra, que está ben coñecela, e por suposto que para a formación das noticias hai que ter recollida moita información e datos estadísticos que sempre sexan precisos. Sen embargo, en temáticas como a da pobreza, neste caso, as historias deberían cobrar importancia. Darlle voz a algunhas persoas que están pasando por unha situación de pobreza ou precariedade marcaría a diferenza.

      Revisión da coordinadora: 21/03/2016 ás 22:21

      Gústame

  2. Fontela Alvelo, Lara. S2A2

    Eu creo que nun tema tan importante como é este a forma de contalo debería ser dende unha perspectiva persoal. Como ben di o meu compañeiro Adrián, unha historia persoal ben contada pode crear unha empatía moito maior.
    Os xornalistas deberían centrarse máis nese aspecto e non só nas estatísticas. Unha combinación de estatística e historia persoal ou vivencias do día a día faríanos darnos conta da realidade doutra maneira completamente diferente e que posiblemente nos proporcionara outro tipo de sensacións.

    Gústame

    1. Cortizo Salgueiro, Noelia [S2D1]

      Gracias Lara pola opinión. Apoio o que ti dis, por iso a nos dentro do grupo gustaríanos apoiar esta idea e darlle voz aos que non lla dan e o único que fan é porlle trabas para que non poidan acceder aos medios. Así mesmo convídote a que leas o meu último artigo na que falando cunha persoa afectada, que tivo que vivir na rúa fíxome cambiar a visión de todo. Posto que tras pasar varias horas con el, e que contase como é pasar de ter unha vida acomodada a como é estar sen nada foi moi duro, e ver como lle treme a voz e non era capaz de continuar deixou patente a difcultade da vida que lle tocou.
      Para os cidadáns é máis impactante ver isto que non unha chea de números (como che mostro no link que deixo abaixo para que o consultes se queres, do tratamento dunha noticia deste ámbito e do que estamos a falar, que so mostra números) e os rankings que soen facer con respecto a outros países e dentro de España, neste caso, entre as distintas Comunidades Autónomas, porque que digan que aumenta ou diminúe a pobreza non nos di nada cando saímos a rúa e vemos aos mesmos pedindo ao largo dun ano ou máis.

      http://www.lavozdegalicia.es/noticia/mercados/2016/03/11/radiografia-pobreza-union-europea/00031457707940190939423.htm

      Revisión do editor, 04/04/2016 ás 23:13
      Revisión da coordinadora: 05/04/2016 ás 12:50

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s