Graffiti en defensa da liberdade nunha rúa de Málaga

A loita polos dereitos humanos, unha utopía?

 

Graffiti en defensa da liberdade nunha rúa de Málaga (Fonte: Wikipedia)

Martínez Graña, Paula – S2B4

O colectivo LGTBI no ámbito mundial

A formación do colectivo LGTBI (Lesbianas, Gays, Transexuais, Bisexuais e Intersexuais) ten como principal obxectivo a loita global polos dereitos humanos, xa que as siglas representan baixo un mesmo nome a un grupo de persoas cuxos dereitos foron historicamente vulnerados. No ámbito mundial, esta vulneración implica delitos de violencia e asasinato. Ademais, son persoas que ven limitado o seu dereito de acceso a bens tan esenciais como a sanidade, a educación, a xustiza, o sector laboral e a política.

En España, as primeiras reivindicacións desta loita global polos dereitos humanos xurdiron nos últimos anos do Franquismo e os resultados comezaron a xermolar na Transición.

No contexto americano, a primeira vez que a OEA (Organización dos Estados Americanos) adoptou unha decisión política referida, en concreto, ao colectivo LGTBI foi durante unha sesión da Asemblea Xeral celebrada en Colombia en xuño do ano 2008. Nesta ocasión, dito órgano manifestou unha especial preocupación polos actos de violencia e as violacións de dereitos humanos cometidos contra individuos debido a súa orientación sexual e identidade de xénero.

Nesta mesma sesión, a organización encargou á Comisión de Asuntos Xurídicos e Políticos (CAJP) do Consello Permanente que incluíra  na súa axenda o tema « dereitos humanos, orientación sexual e identidade de xénero». A pesar de que isto puido parecer un gran avance a primeira vista, cando se investiga no asunto, descóbrese outra realidade.

En primeiro lugar, existiu unha gran diferenza por parte da Asemblea no tratamento desde tema en comparación con outras resolucións: non se condenaron accións e situacións concretas, senón que se tratou o tema dende a xeneralidade. En segundo lugar, a Asemblea non se referiu a todas as violacións de dereitos humanos que sofren as persoas pertencentes ao colectivo LGTBI, senón que se centrou soamente nos actos de violencia.

Neste caso, a organización non chegou a abordar o amplo tema dos dereitos humanos das persoas LGTBI. É por iso que este é un exemplo dos problemas que ocasiona tratar o problema dende a superficie e non afondar nel.

O papel dos medios de comunicación

Na actualidade, os medios de comunicación teñen unha gran responsabilidade social, polo que se lles esixe un tratamento adecuado do colectivo LGTBI. Mais, a realidade é que o xornalista entra nun círculo sen saída provocado por tres factores interrelacionados entre si. En primeiro lugar, a falta de especialización e coñecemento sobre o tema, de aí que sexa habitual a confusión entre termos semanticamente distintos e a tendencia a divulgar mera información superficial. En segundo lugar, publicar información subxectiva na que os estereotipos da sociedade e os roles de xénero queden á luz. Por último, a busca do morbo e o sensacionalismo como unha ferramenta para atraer ao lector.

Onde está a liña que separa a información do morbo? Titulares como “unha princesa nun corpo de neno” supoñen un dano á dignidade da persoa, ao tratarse dunha mostra dos estereotipos relacionados cos roles de xénero nunha sociedade na que parece que hai necesidade de “etiquetar todo”.

Ademais, no caso da transexualidade, se o xornalista decide publicar as imaxes “do antes e despois do tránsito”, o seu obxectivo é informar? Non, o fin é unicamente o morbo da noticia para chamar a atención do lector e isto leva á formulación da seguinte cuestión: isto é un exemplo da finalidade dos medios de comunicación na práctica dun xornalismo ético? Non, mais é o xornalismo que se está levando a cabo hoxe en día.

Trátase dun tema de gran actualidade que desvela os prexuízos arraigados á nosa sociedade. Aínda que xa se poden ver os primeiros resultados desta necesaria loita pola igualdade, a situación en pleno século XXI é aínda desconcertante. É necesario un debate en gran profundidade sobre o colectivo para que todos os cidadáns reciban o mesmo tratamento, respecto e recoñecemento dos seus dereitos fundamentais polo simple feito de ser PERSOAS.

Referencias

Clavel, P. L. (2015). Tres debates sobre la homonormativización de las identidades gay y lesbiana. Asparkía. Investigació feminista, (26), 137-153.

Alvarado, D. M. N. (2015). Los avances más recientes en la protección de los derechos humanos del grupo LGBTI en el ámbito interamericano. Derecho PUCP, (73), 155-183.

Reid, G. (2014). Lucha global por los derechos de las personas LGBT. Política exterior28(157), 118-128.

Corcuera, L. (2012). El orgullo es nuestro: Movimientos de liberación sexual en el Estado Español.

Publicación: 18/03/2016 16:43

Revisión do editor: 18/03/2016 12:40

Revisión GBO: primeira revisión 18/03/2016 13:18 e segunda revisión 18/03/2016 ás 19:13

 

Advertisements

8 comentarios en “A loita polos dereitos humanos, unha utopía?

  1. De Matos Alonso, Adrián. S1D1.

    Coincidindo contigo en que os tres factores que imposibilitan o bo facer dos medios de comunicación nesta tema están interrelacionados, querería engadir –so na miña opinión, claro- que é o último destes o que máis peso ten sobre o conxunto. O da busca do sensacionalismo, vaia. Se o que queres é simplemente captar a atención do lector, xustificando os medios con este fin, para que vas perder tempo en documentarte correctamente ou en evitar caer en tópicos e estereotipos? Pareceralles unha molestia inútil. Aí penso que está o problema: se lles vale con vender, e lles compran o produto, dálles igual caviar que pan duro. E o pan duro é moito máis fácil de conseguir, non?

    Revision GBO: 18/03/2016 23:27

    Gústame

    1. Boas tardes Adrián! É certo que o sensacionalismo converteuse nun dos principais factores que parece que debe ter unha noticia para ser publicada. Non hai máis que observar con detemento os medios de comunicación para ler titulares que atentan contra a dignidade da persoa como o seguinte: “María, dos vidas con 19 años” ( fonte: http://www.farodevigo.es/sociedad-cultura/2015/01/04/maria-vidas-19-anos/1159715.html ). Isto é algo que esixe unha resposta inmediata por parte do observatorio, xa que, a ética é a esencia do xornalismo.
      Ademais, creo que é necesario facer referencia a un traballo realizado pola Universidade de Sevilla sobre a eclosión do sensacionalismo nos medios de comunicación co obxectivo de aumentar os niveis de audiencia
      Referencia do traballo:
      Zurbano Berenguer, B., & Martínez Fábregas, J. (2011). ¿ Información o espectáculo?: tratamiento informativo-morboso de la violencia de género en los medios de comunicación.
      Grazas por comentar!

      Revisión da editora: 29/03/2016 ás 10:00
      Revisión da coordinadora: 29/03/2016 ás 11:15
      Publicado: 29/03/2016 ás 12:42

      Gústame

  2. Estou dacordo que os tempos mudan, hai que adptarse ou morrer, pero nesta adptación non se pode tirar polo camiño mais fácil. Os medios de comunicación teñen enriba dos seus hombreiros unha das responsabilidades mais grandes do mundo, loitar pola democracia e a liberdade e, sen información voltaremos á dictadura dos mais fortes. Äs veces é mellor non facer nada que facelo mal. Os xornalistas teñen que documentarse e despois comunicar. Hai que diferenciar os programas de entretemento de o xornalismo.S2C5

    Gústame

    1. Bos días, Isabel! É moi importante destacar a gran responsabilidade que teñen os medios de comunicación na sociedade. En moitas ocasións esquecémonos de que o noso traballo condiciona a realidade e a historia. É por iso que a especialización, a comprensión basada na empatía e a sensibilidade no tratamento dos temas son bases fundamentais do xornalismo.
      Con este observatorio e grazas a interactividade existente, estamos no camiño de crear un novo xornalismo.
      Grazas por comentar!

      Publicado: 06/04/2016 ás 16:02
      Revisión da coordinadora: 06/04/2016 ás 19:36

      Gústame

  3. Viqueira Giovachini, Mikaela

    Ola Paula,
    Síntome moi identificada coas túas liñas, posto que na nosa asociación de discapacitados auditivos sofre a mesma represión mediática. Creo que este artigo expresa con claridade o que está pasando na actualidade coas minorías sociais. Para a nosa desgraza, estes colectivos só teñen voz cando xorden novas escandalosas, emotivas ou, simplemente, exaséranse para poder chegar ao lector e causar unha determinada sensación. Pero, en moitas ocasións vemos novas que provoquen un feed-back de chamada social.
    Nunca poderemos, tampouco, apaliar coa xeneralización que realizan os medios sobre estos colectivos. O diario El País, por exemplo, engloba as novas baixo a etiqueta “gays” a todo un gran colectivo que inclúe tamén ás lesbianas. Polo tanto, aquí exclúen un porcentaxe moi importante deste grupo (http://elpais.com/tag/gays/a/).
    Ademáis, esta nominación pode resultar, canto menos, incómoda, posto que non é comprensible que teñan que aparecer novas protagonizadas por gays (a no ser que traten de reivindicar os seus dereitos comúns), senón por persoas. Que máis da a súa orientación sexual? É así como xorde a necesidade de “etiquetar todo” do que falas no teu escrito.
    Afortunadamente, existen personaxes famosos, como Lady Gaga sen ir máis lonxe, que loitan e apoian como poden ao colectivo LGTBI. Nunha das súas cancións, reivindica a irrelevancia da orientación sexual fronte á personalidade. É dicir, non importa do sexo que sexas ou o sexo ao que ames, o importante é amar. Nesta canción, pódese escoitar como ela mesma indica “no importa si eres gay, hetero o bisexual, lesbiana o transexual, voy por el camino correcto porque yo nací así” (https://www.youtube.com/watch?v=45aRMPsOrKM).
    Sen embargo, é un pouco triste sexan os famosos quenes promovan estas iniciativas sen saír dos corazóns da xente. É necesario, entón, que se siga loitando para que a sociedade acepte con normalidade o feito de que evolucionamos. Non podemos poñerlle trabas nin límites ao amor. É importante, pois que novas como a de a continuación (http://politica.elpais.com/politica/2016/04/14/actualidad/1460621860_627734.html), non volvan a suceder, pois veta por completo os dereitos das persoas polo mero feito de ser lesbianas e denigra as condicións sexuais das persoas.
    Un saúdo!

    Revisión editor: 20/04/2016 20:00
    Revisión coordinador: 22/04/2016 22:00
    Publicación: 25/04/2016 15:30

    Gústame

    1. Martínez Graña, Paula – S2B4

      Boas tardes, Mikaela:

      Cando falamos de vulneración de dereitos do colectivo LGTBI, nunca se trata dun feito aislado. Ademais, nos últimos anos están aumentando os ataques contra este colectivo. É por iso que a solución a esta problemática ten que partir da educación para que a xeración do futuro non se atope con esta cruel realidade.

      Asimesmo, é esencial que todas as instituciós a nivel local, autonómico e estatal se impliquen de verdade e non soamente en apariencia, como ocorre na realidade.

      Creo que este video, que adxunto a continuación, representa moi ben a situación actual do colectivo, en concreto, de Santiago de Compsotela.

      http://www.vtelevision.es/informativosv/2016/02/11/0031_4750169577001.htm

      Moitas grazas por comentar!

      Publicado: 25/04/2016 20:00

      Revisión da coordinadora: 25/04 ás 23:30

      Gústame

  4. Castaño Gosende, Noelia-S1B1

    Considero bastante penoso que existan distincións entre dous seres humanos simplemente pola súa sexualidade. Os dereitos que ten unha persoa heterosexual non son os mesmos ca outra cunha orientación sexual diferente. Deixando de lado isto, apoio a túa visión sobre a preparación dos xornalistas nos temas que van a tratar. Se eu non sei nada sobre coches, non podo facer unha boa noticia sobre o mundo do motor. Neste caso é moito peor, ao meu parecer, porque están tratándose vidas humanas, con sentimentos. A mesma Presidenta de Federación de Asociaciones de Periodistas de España recoñece esta postura, e considera que a falta de especialización é un problema á hora de informar correctamente, http://www.teinteresa.es/espana/PRESIDENTA-ADVIERTE-CRECIENTE-ESPECIALIZACION-PERIODISTAS_0_1171683604.html .

    Revisión do editor: 20:00
    Revisión do coordinador: 20:30
    Hora de publicación: 23:00

    Gústame

    1. Martínez Graña, Paula – S2B4

      Bos días, Noelia!

      A especialización é a base de todo bo xornalista. Como se reflexa no documento, adxunto a continuación, os lectores esixen un tratamento especializado da información para poder dirixirse a gran variedade de audiencia existente.

      http://dspace.ceu.es/bitstream/10637/7428/1/Aportaciones%20te%C3%B3ricas%20en%20torno%20al%20concepto%20de%20periodismo%20especializado.pdf

      É por iso que é fundamental coñecer o tema que se vai tratar e toda a problemática existente. Como xornalista non podes usar o termo homofobia no lugar de LGTBIfobia,, simplemente, polo feito de “facilitar a compresión aos lectores”. A tarefa dos medios non é esa, senón formar e educar á sociedade nunha información correctamente tratada.

      Grazas por comentar!

      Publicación: 26/04/2016 9:14

      Revisión da coordinadora: 26/04 ás 10:43

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s