Accesibilidade na universidade

Lucía Casas Piñeiro – S1C5

juncal
Fonte da imaxe: Axencia EFE

Atendendo á noticia publicada polo diario 20 Minutos a mércores día 16 de Marzo, “O 75% das webs universitarias suspenden en accesibilidade para discapacitados”, pasaremos a comentar e analizar a situación das Universidades (tanto públicas como privadas) españolas en canto á accesibilidade das mesmas para calquera cidadán do montón.

O tratamento, tanto da noticia como do suceso en si, está enfocado dende un aire totalmente fatalista que busca xerar unha sensación de angustia no lector. Aínda que é certo que a maior parte das universidades non superan a análise de accesibilidade nos seus portais, non debemos achacar as repercusións deste feito a un só colectivo: A mala distribución e accesibilidade das webs afecta a toda unha cidadanía, non só ao colectivo (denominado polo diario 20 Minutos) de persoas con discapacidade.

No corpo da noticia mantense a idea de que, a pesar dos malos resultados na análise realizada polo portal DiscapNet, a situación das universidades mellorou. Realmente poderíamos chamalo melloría cando o 75% das 15 universidades que foron estudadas tiveron un resultado que non supera un “aceptable”? Tendo en conta que só se tratou con 15 das 122 universidades Españolas, Cales son os resultados reais? Por que se tende á ocultación de información nun feito tan transcendental?

Tal e como sinala o diario, nin sequera as universidades con maior accesibilidade conseguen mostrar unha accesibilidade total, o cal nos remite ao feito da mínima ou nulo investimento que se destinou ao avance da tecnoloxía no campo da accesibilidade para toda a poboación española. Pero esta exclusión cara un colectivo da sociedade non só ocorre á hora de falar de universidades, dato que se obvia na noticia. “Bastantes dificultades e barreiras de acceso aos contidos para as persoas con discapacidade”: Téndese á separación do colectivo con problemas de diversidade funcional con respecto ao resto da sociedade, o cal provoca a sensación de repudio cara o mesmo.

En canto ao estudo realizado por DiscapNet sobre os portais Universitarios, cabe destacar o feito de que unha das universidades de Estudo a Distancia non logre sequera chegar ao 14% de accesibilidade para todos os públicos, o cal nos leva a expornos se realmente estanse tentando cubrir as necesidades de toda a poboación.

Entre as dificultades sinaladas por un colectivo seleccionado ao azar para comprobar a situación das webs universitarias sobresaen as seguintes problemáticas: táboas de datos que presentan barreiras, mal funcionamento do buscador, menús raros e “esquinados”, aperturas de novas xanelas que non dan a opción de avisar ao usuario, utilización de imaxes decorativas que non engaden un texto explicativo…só 5 das 15 universidades que entran na análise utilizan con adecuación os scripts!

Volvendo á noticia publicada por 20 Minutos, é conveniente formularse por que, na maior parte dos conflitos deste tipo, sempre se recorre á opción de falar co representante dunha asociación e non con afectados particulares. A directora da empresa tecnolóxica e membro pertencente á fundación ONCE, Branca Alcanda, indica que é posible conseguir unha tecnoloxía capaz de ser accesible para todo o mundo, o cal non só beneficia a persoas con problemas de diversidade funcional senón que “está a construír calidade”. Entón? Por que non leva a cabo tal desenvolvemento?

Finalmente, a Constitución española de 1978 define o marco de actuación en que se sustentan as disposicións en materia de accesibilidade universal, onde resulta de vital importancia o artigo 9.2: “Corresponde aos poderes públicos promover as condicións para que a liberdade e a igualdade do individuo e dos grupos en que se integran sexan reais e efectivas; remover os obstáculos que impidan ou dificulten a súa plenitude e facilitar a participación de todos os cidadáns na vida política, económica, cultural e social.”

Referencias:

Discapanet.   (2010).   Accesibilidad   de   Portales   Web   Universitarios.   Recuperado   de: http://www.discapnet.es/Castellano/areastematicas/Accesibilidad/Observatorio_infoaccesibilidad/in formesInfoaccesibilidad/Paginas/AccesibilidaddePortalesWebUniversitarios.aspx

Altillo. (2016). Universidades Españolas, Universidades de Madrid y España, Privadas y Públicas ordenadas por Región. Recuperado de:http://www.altillo.com/universidades/universidades_esp.asp

Fundación ONCE. (2009).Technosite, premiada por su accesibilidad a las nuevas tecnologías. Recuperado de: http://www.fundaciononce.es/es/noticia/technosite-premiada-por-su-accesibilidad- las-nuevas-tecnologias

Fundosa Teleservicios. (2005) Evaluación técnicas de la accesibilidad y valoración de la experiencia de   usuario     en     15     portales     de     universidades     españolas.     Re   uperado     de: http://www.discapnet.es/Castellano/areastematicas/Accesibilidad/Observatorio_infoaccesibilidad/D ocuments/Tema_01/pdf/Portales_universitarios_detallada.pdf

REVISADO POR EDITOR: 17/3/2016 21:02

REVISADO POR GBO: 17/3/2016 22:16

PUBLICADO: 18/3/2016 15:21

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s