Charla co Seminario de Xornalismo Social

Carro Ángel – GBO

Rodríguez Pedro – GBO

IMG_0362

O pasado xoves 18 de marzo, os GBO Pedro Rodríguez e Ángel Carro, tiveron o pracer de presentar o Observatorio Cidadán de Comunicación ante o Seminario de Xornalismo Social que está a ter lugar na USC, e no que participan tanto consolidados profesionais coma alumnos que buscan unha maior formación para o seu futuro.

O Seminario de Xornalismo Social abriunos as portas para presentar o noso proxecto. Non é a primeira vez que se producen estes contactos, e é que o seminario está ligado ca Asociación Galega de Reporteiros Solidarios, ca que xa teñen existido varias iniciativas de traballo.

A pequena charla que se mantivo, baseouse en explicarlle aos compoñentes do seminario tanto o que é o Observatorio, como a súa función social e obxectivos. Todos ficaron de acordo en que a nosa labor é necesaria, tanto para mellorar o a responsabilidade social dos medios, como para acadar un maior pluralismo na súa produción de sentido da realidade social.

Na charla tamén se contou ca colaboración dunha alumna da materia Comunicación Interpersoal e Comunitaria, Nerea Costa, que lles achegou aos seus compañeiros de seminario a súa experiencia traballando no Observatorio, e tamén un chisco o funcionamento do mesmo.

Do mesmo xeito tamén lles foi proposto a este conxunto de profesionais e alumnos que se animasen a xerar o seu propio círculo de lectura crítica, para o cal lles entregamos o noso contacto. Máis de unha xa se sumou á iniciativa, e esperemos que nos próximos días xa vexamos algunha das súas publicacións.

Hora publicación: 23:59

Composto por: Ángel Carro

Data: 18/03/16

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s