A manipulación nos telexornais

González Núñez, Ana – S2A6

medios-de-comunicacion

A influenza do poder nos medios de comunicación é un feito máis palpable cada día. Así, somos víctimas continuamente dunha manipulación informativa que se fai máis forte grazas ao costume da maioría da poboación de informarse sobre todo por vía da televisión. Non quere dicir isto que a información na prensa escrita estea limpa de influenzas externas, pero na televisión as noticias son máis curtas, son menos e non se profundiza tanto, polo que é moito máis doado manipulalas.

O estudo Los informativos en televisión: ¿debilidades o manipulación? de Jenaro Fernández Baena relata as debilidades que teñen os telexornais e o aproveitamento que levan a cabo con eles o poder político e o económico. O autor explica que coa linguaxe audiovisual é máis sinxelo manipular as emocións dos receptores da información. A imaxe en movemento sobre un feito noticioso consegue facer que o espectador asuma a noticia como verdade.

Según Jenaro Fernández Baena resulta difícil pensar que un programa de trinta minutos logre realmente informar da actualidade nacional, internacional, económica, social, cultural deportiva e metereolóxica. Explica así que unha das mairoes debilidades dos informativos é o tempo limitado co que contan. Todo feito noticioso redactado para contar nun minuto se converte nunha simplificación moi alonxada da realidade. Por tanto, o telexornal polo seu formato xa inclue unha certa manipulación da realidade, o problema está cando esa manipulación é intencionada e ten uns fins, políticos ou económicos.

Aproveitando as debilidades das noticias audiovisuais, podemos percibir como algunhas Institucións políticas poden influir na información. Isto, faise visible, sobre todo, nos medios públicos. O consello de informativos de algunhas televisións públicas, como TVE e TVG xa teñen denunciado estas situacións en diferentes momentos. Veremos dous exemplos.

O 27 de outubro de 2013, no Telediario 1 de TVE, saíu unha noticia sobre a manifestación da Asociación de Víctimas del Terrorismo (AVT) na que non escoitamos declaracións contrarías ao PP, nin vimos imaxes de pancartas con protestas hacia este partido. Pola contra, si que apareceu unha imaxe dunha pancarta contraria ao PSOE. Ademais, mostraron á secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal apoiando ás víctimas, pero non se escoitou á secretaria xeral do PP, María Dolores de Cospedal, no momento no que rechazou as protestas contra o seu partido na manifestación.

Como segundo exemplo podemos ver a TVG. O xoves 9 de abril de 2015, un mes antes das eleccións municipais, o candidato de Compostela Aberta á alcaldía de Santiago de Compostela interveu nos almorzos de Fórum Europa. Tribuna de Galicia. A TVG non ofreceu nada da súa participación. En cambio, o 16 de marzo, cando interveu o candidato do PP a alcaldía, Agustín Hernández. Neste caso, ofreceuse un vídeo con dous anacos da intervención.

Sucesos coma estes están con frecuencia nos informativos. A maioría da xente que ve un telexornal non se dá conta de que lle poden estar agochando ou transformado información, xa que, evidentemente a manipulación non é un tema que se adoite tratar nos medios d comunicación.

Referencias

FERNÁNDEZ BAENA, Jenaro. 2005. Los informativos en televisión: ¿debilidades o manipulación? Recuperado de:  https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2927525

Eunonmanipulo. “Denuncia da manipulación informativa na TVG e defensa da creación dun consello de informativos” Recuperado de: https://eunonmanipulo.wordpress.com/

LOBO, Ramón. “Periodismo es publicar lo que alguien no quiere que publiques”. infoLibre (28.10.2015) Recuperado de: http://www.infolibre.es/noticias/opinion/2015/10/28/periodismo_publicar_que_alguien_quiere_que_publiques_39941_1023.html

TRAVIESO, Jesús y Sofía Pérez Mendoza. “VÍDEOS: Así manipulan los informativos de TVE (según sus trabajadores)”. eldiario.es (13.01.2014) Recuperado de: http://www.eldiario.es/sociedad/manipulan-informativos-TVE_0_202979710.html

Horas de revisión e publicación

Revisión do editor: 22/03/2016 – 20:45

Revisión do GBO: 22/03/2016 – 20:52

Publicación: 22/03/2016 – 21:01

 

Advertisements

7 comentarios en “A manipulación nos telexornais

  1. Casas Fontán, Alicia- S1D3
    O máis importante paréceme, se cadra, non esquecer que un medio de comunicación non deixa de ser unha empresa cuns intereses propios que entran en conflito cos intereses da cidadanía: estar informados. Mais lembrar tamén que o xornalista debe ser un gate-keeper do poder, non un “asociado” do poder. O xornalista serve ao cidadán, á cidadanía. Non a intereses privados.
    Con todo, idealista quen pense que isto é suficiente para garantir a democracia.
    Porque o xornalista serve á cidadanía pero, normalmente, recibe o soldo da empresa que o contrata.
    Non coñecía o estudo realizado por Jenaro Fernández e paréceme ben interesante. Concordo coa idea de que é moito máis sinxelo manipular coa linguaxe audiovisual que de calquera outro xeito. Gutaríame que se afondase nesta cuestión, xa que considero que é de gran interese.
    No único no que difiro é que, nunha noticia audiovisual, sexa máis fácil manipular porque é máis curta e non se profundiza tanto. Creo que o poder de manipulación nunha noticia non se mide pola súa lonxitude. Se cadra polo poder da imaxe mais, sobre todo, pola ansia de manipulación do medio.
    Deixo por aquí un documental que me impactou moito, sobre un experimento realizado para probar o poder da televisón. Unha distopía, os límites do entretenemento. https://www.youtube.com/watch?v=64cuhc3vx5A

    Revision GBO: 18/03/2016 23:09

    Gústame

    1. Está claro que para a manipulación dunha noticia audiovisual úsase o poder da imaxe, e sobre todo, da palabra. Así, o medio escolle as declaracións que quere que escoitemos. Pero tamén é evidente que a lonxitude dunha noticia influe moito á hora de facer máis sinxelo este proceso. Se, por exemplo, unha noticia sobre unha sesión parlamentaria ten que durar un minuto (porque así o require o formato televisivo) o xornalista ten que elixir os momentos, as palabras, os xestos, as persoas que van a saír. Para esto, ten que rexirse por algúns intereses, ou ben polo que lle parece máis relevante para o coñecemento da cidadanía ou ben polo que lle convén ao seu medio. Se, en cambio, a noticia durara 15 minutos, para este xornalista sería moito máis dificil escoller aquelas palabras que lle conveñan ao medio porque tería que poñer moitos máis momentos da sesión.
      Respecto ao documental “El juego de la muerte”, xa o coñecía e peréceme moi representativo e ilustrativo do poder e a influenza que exerce a televisión sobre as persoas. Por iso, ao poder político interésalle controlar os telexornais, máis que outros medios de comunicación. A televisión pode ser moi útil para transmitir cultura, actualidade e diferentes valores á sociedade. Non quero dicir con esto que non deba haber entretemento na televisión. Ao contrario, o entretemento é moi importante pero debe ter límites e estar ben separado da información. Aquí deixo un estudo moi interesante sobre os criterios da televisión de calidade nos informativos das cadenas nacionais https://dialnet.unirioja.es/servlet/articulo?codigo=2927462

      Gústame

  2. Gómez García, Silvia – S2D3

    No último circulo de lectura que celebramos, esta denuncia era con diferenza a máis repetida: o medio de comunicación que conta medias verdades e que se asumen como enteiras. Un dos participantes, Miguel, queixábase do moito que as televidentes se fían dos datos, sen nin sequera molestarse en buscar un medio alternativo que os confirme.
    https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/04/s2d-debate-1-pobreza-e-precariedade/

    Nun estudio levado a cabo polo profesor Javier Callejo Gallego da UNED nomeado “El contrato de confianza con la información televisiva”, os suxeitos escollidos afirmaban que para eles a verdade é iso que máis se parece á realidade. Esta realidade é invariable, e non deberían encontrarse unha interpretación diferente noutra cadea televisiva. Por outro lado, tamén afirmaban que, se no medio dun informativo detectaban unha noticia forzada, para eles todo o informativo perdía credibilidade, incluso a noticia máis evidente.
    https://revistas.ucm.es/index.php/ESMP/article/viewFile/50896/47240

    Revisión da coordinadora: 11/04/2016 ás 18:58

    Gústame

    1. É certo que a maioría da xente non se para a pensar se unha noticia está manipulada ou non. A xente colle o seu xornal de sempre, ou pon o seu telexornal de sempre, ao que está acostumado e crese o que di. Isto dáse sobre todo na televisión porque, a parte de escoitar unha noticia, estás vendo imaxes, xente e escoitando declaracións. O problema é que esas declaracións están escollidas por alguén. A protesta que fixo Miguel no voso círculo é ben certa, a maioría dos televidentes fíanse do que ven, pero isto non é culpa dos espectadores, é dos xornalistas que non fan unha boa práctica do seu traballo, ou das empresas informativas que lles piden isto aos seus traballadores. Tamén é culpa de aquelas forzas externas que se meten na información co obxectivo de corrompela. Mais, é normal que os usuarios da información crean o que se lles mostra xa que é a realidade que se lles mostra. Aínda que recoñezo que, ao ser difícil que esta situación cambie repentinamente, sería interesante que a xente coñecese este problema e aprendese a decatarse de cando lle poden estar mentindo ou ocultando información.

      O seguinte documento explica moi ben como influen os medios de comunicación nas persoas, convertíndose nunha forma de educación.
      http://odiseo.com.mx/bitacora-educativa/2006/06/medios-masivos-comunicacion-su-influencia-educacion

      Debido a esta influencia o xornalista ten que concienciarse do dano que pode causar na poboación e recordar o sentido da súa profesión. Unha profesión que debería situarse do lado do cidadán e fronte ao poder.

      Liked by 1 person

  3. Unha das claves para detectar este tipo de manipulación, como xa mencionas anteriormente, son as liñas que se lle dedican ás noticias. A sociedade sostén que se o texto ten poucos parágrafos é que é falsa ou ten pouca importancia informativa, posto que non se exprime ao máximo todo o contido do suceso.
    A pesar de que esta afirmación, a priori, poida parecer lóxico, en realidade carece de certeza. É aquí, pois, onde os medios aproveitan para inculcar e instruir a súa ideoloxía política e esquécense do seu traballo: informar, chegando á conclusión de que non importa o que escribas, senón o como o transmitas.
    Un exemplo moi chamativo, ao meu xuízo, é o tratamento tan intrascendente que tivo a inclusión da Linguaxe de Signos nos estudos de grado na Universidade Juan Carlos I (http://www.abc.es/sociedad/abci-lengua-espanola-signos-convertira-carrera-universitaria-oficial-201603041723_noticia.html). O problema deste suceso é que cumpre con todos os valores noticia, excepto o de dous bastante importantes, a merced das grandes cabeceiras actuais: o morbo e a negatividade informativa.
    A noticia non ten interés porque o propio medio non quere; non se trata dunha noticia que desencadee en posturas máis alá do desacordo ou o clamor polo feito. Tampouco contén connotacións negativas, posto que se trata dun suceso muy positivo, sentando as bases para a construcción dunha sociedade máis avanzada e progresista.
    Sen embargo, os medios só lle adicaron un par de liñas inmerecidas e a audiencia apenas se enterou – posiblemente, aínda nin o sepa – de que a linguaxe de signos por fin poida impartirse como carreira universitaria. Sen embargo, será consciente, ao pe da letra, de toda a polémica desencadeada tras o bico no congreso entre Pablo Iglesias e Xavier Doménech.

    Gústame

    1. Estou de acordo coa túa postura. Excluindo temas e elixindo outros tamén se manipula. A manipulación non consiste só en contar uns feitos desde unha perspectiva ou en elixir certas fontes e certas declaracións. A selección de temas tamén é un ámbito complicado no que se hai que guiar por uns criterios e, por desgracia, estes criterios non son sempre os valores noticia. No noso segundo círculo de debate tratouse moi ben o tema da manipulación nos medios. https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/18/ii-circulo-de-debate-manipulacion-nos-medios-de-comunicacion/
      Os membros do círculo explicaron varias formas de manipulación actual e puxeron varios exemplos moi representativos desta mala práctica.

      O ideal sería que os medios comunicaran con máis frecuencia e profundidade temas como a inclusión da Linguaxe de Signos nos estudos de grado, xa que isto é un importante avance na sociedade. Os medios deben servir como método de denuncia, deben estar fronte ao poder e do lado do cidadán. Un bo exemplo de xornalismo que busca destapar a verdade e situarse fronte ao poder podemos velo claramente na película Matar al mensajero de Michael Cuesta. Nesta película, basada en feitos reais, o protagonista fai unha reportaxe na que destapa as conexións da CIA co mundo da droga. Un claro exemplo de que o xornalismo xa non é o que era.

      Liked by 1 person

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s