Seguemento ao grupo S3B: A inmigración

Tarrío Rodríguez, Eva (S3E3) e Pombo Silva, Cristina (S3E1)

Concentracion-Puerta-Madrid-UE-Turquia_EDIIMA20160316_0936_19
Enter a caption

Concentración na Porta do Sol, Madrid, en contra do preacordo da UE y Turquía. Fonte: El Diario. Fotógrafa: Laura Olías.

O tema da inmigración no noso país trátase de algo que nos últimos anos tivo un forte impacto na axenda informativa de moitos xornais, a causa do gran número de persoas que chegaban ao noso país buscando un novo fogar. Dende este grupo de apoio decidimos realizar a entrevista ás nosas compañeiras de Seminario: Cristina Rodríguez e Nerea Sande. Elas están a realizar o traballo acerca do tema da inmigración, como nos explicaron na entrevista que lles fixemos.

Contábanos Cristina que o que as levou a escoller este tema foi que “é un tema relevante na sociedade e desgraciadamente apenas é tratado nos medios de comunicación e cando o abordan é dunha maneira moi negativa.” Resumíano dicindo que “pretendían dar voz a todos aqueles que non a tiñan”. Nerea explicábanos como, na súa opinión, sempre lle parecera inxusta a forma discriminatoria de tratar aos inmigrantes nos medios de comunicación, polo que orientar o traballo cara ese foco era o adecuado para lograr darlle máis visibilidade a algo que tende a pasar desapercibido a ollos da sociedade. Trátase dun tema bastante amplo e complexo, pero explicáronos que van centrarse na forma na que os medios de comunicación enfocan a problemática da inmigración. “Queremos que o noso traballo sirva de denuncia para estes casos e, de paso, mostrar aos inmigrantes como vítimas da inmigración, non coma os que se benefician.”

Cando lles preguntamos sobre os medios de comunicación e o tipo de información que lles están a proporcionar, coméntannos que recorreron a distintas hemerotecas para traballar o tema. Para elas isto “resultou fundamental á hora de documentarse para poder realizar o traballo.”

Explicábanos tamén que, aínda que non tiveron contacto directo con algunha clase de afectado por esta causa, as asociacións e organizacións coas que falaron “mostráronse moi abertas a axudar”. Ademais de que non lles poñen ningunha clase de problema ou obstáculos á hora de contactar cos afectados para poder entrevistalos e que lles conten as súas experiencias. Nerea falounos do traballo que lles levou contactar cos inmigrantes e di que, para eles, foi, sen dúbida, o máis complicado do traballo.

“¿Os afectados? Isto si que foi o complicado do asunto. Xente inmigrante que leve aquí pouco tempo e que aínda se atopa en shock por deixar o seu país, a súa familia, a súa casa…A súa vida é complicada de atopar. Normalmente xa lles costa falar con psicólogos, imaxinádevos con estudantes de xornalismo que queren facer un traballo sobre todo o que sufriron”, comentábanos Nerea.

Decidimos preguntarlles tamén como se repartiron o proxecto, ademais de que nos falen das dificultades que lles supón compenetrar os traballos individuais de cada un cos que teñen que facer de forma grupal.

“Á hora de establecer os Círculos é un traballo conxunto no que cada un de nós informámonos e consultamos os diferentes medios. Para as liñas temáticas dos artigos, Laura encárgase dos aspectos xurídicos, Ramón cuestións estatísticas, Nerea no ámbito das asociacións, Eila seguimento dos medios de comunicación galegos e eu de los casos particulares”, así nos explica Cristina o funcionamento e mais o reparto das diferentes tarefas. Tamén nos contan que as distintas publicacións as soben ao blogue da materia os mércores e os venres de cada semá. Explicáronnos que malia que cada un ten funcións determinadas, sempre tratan de axudarse os uns aos outros se é necesario.

Por outra banda, falamos tamén da compenetración á hora de sincronizar os traballos individuais cos que están a realizar en grupo. Elas recalcan a necesidade de tempo e moi boa organización para que isto poida funcionar á perfección. “No noso grupo axudámonos moito entre todos e, ao haber un bo ambiente de traballo, compenetramos ben os traballos grupais con individuais”, destacaba Nerea a modo de conclusión.

-Revisión do editor: 18/03/2016 18:03

-Revisión do GBO: 18/03/2016 19:35

-Publicación: 18/03/2016 23:21

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s