Fátima Villar: “O labor realizado polo SEPIU é moi gratificante”

IMG_20160315_182022

Fátima Villar, voluntaria do SEPIU

Reboreda López, Sandra (S3.D1); Rodríguez Carballo, Aixa (S3.D2); Rodríguez Losada, Adrián (S3.D3); Rubio Rodríguez, Iciar (S3.D4) y Villamel Baliñas, Tatiana (S2.D5).

O grupo de apoio S3.D estamos levando a cabo diversas actividades co obxectivo de dar a coñecer o labor do Servicio de Participación e Integración Universitaria da USC, en relación ós temas tratados no Observatorio.

 Para todos aqueles que ignoran a existencia desta institución, cabe dicir que o SEPIU é o encargado de establecer e coordinar os mecanismos que a USC pon en marcha para fomentar o seu compromiso coa comunidade universitaria en xeral, mediante propostas e servizos que permitan conciliar a vida laboral e familiar e as relacións e proxectos que favorecen as sinerxías entre a USC e o seu contorno. Conta con catro áreas ben diferenciadas: o voluntariado, participación e cooperación internacional; a promoción social; a integración universitaria e a formación e investigación, que lle permiten levar a cabo o seu importante labor. Se o desexan poden atopar máis información no seguinte enlace: http://www.usc.es/es/servizos/sepiu/.

Ademais tivemos a oportunidade de charlar con Fátima Villar, nada en Cangas do Morrazo, estudante de psicoloxía e voluntaria do SEPIU, a cal recoñeceu estar realizando unha tarefa moi grata.

Por que decidiches ser voluntaria?

Sempre estiven interesada no voluntariado. En segundo de bacharelato non, porque é un curso moi denso, pero en primeiro estiven buscando información sobre a posibilidade de realizar voluntariado en Cangas do Morrazo, de onde eu son, mais alí non existe esta posibilidade.

Como coñeciches o SEPIU?

Cheguei aquí, a Santiago, e a verdade nun principio non se me pasou pola cabeza retomar a idea, pero un día estabamos na clase e un rapaz preguntoulle a unha das profesoras como era iso de ser voluntario, que había que facer. Ela non lle soubo responder e mandoulle que buscase na internet e bueno, picoume a curiosidade, e eu tamén o fixen. A páxina está moi ben explicada, aparece todo o que se precisa para iniciar os trámites: dúas fotos de carné, unha ficha de datos… Eu preguntei un mércores, creo que foi, e xusto o venres abría o prazo. Achegueime até a oficina que está na zona vella, moi fácil de atopar, e alí atendeume Javier Agrafojo, o cal me recolleu a documentación e facilitou o carné de voluntaria, o proceso foi moi rápido. Preguntoume en que área quería traballar e o luns seguinte puxéronse en contacto comigo.

En que área do SEPIU es voluntaria?

Traballo no Hospital Clínico. En canto lle comuniquei a Javier a miña idea, Elena, a directora, chamoume para acordar o horario, luns e mércores de 5 a 6 e media, aínda que sempre estou máis tempo, e pouco máis tarde comecei.

Cal é o teu labor alí?

Traballo con persoas de todo tipo de diagnóstico, mais a política de privacidade non me permite afondar neste ámbito. Facemos todo tipo de actividades, sobre todo manualidades. Merce, a responsable, trae moitas ideas das que me permite aprender moito. Non preciso levar nada preparado, só se quero, danme moitas facilidades.

Sodes moitos voluntarios no Hospital?

Si, somos moitísimos. Nun principio había só catro prazas para o ámbito no que eu traballo. Apurei o proceso de inscripción todo o que puiden, porque claro, era o que me gustaba, pero ó final ampliaron o número e hai moita máis xente, incluso alumnos en prácticas. Coñecín moita xente alí.

Que opinas do labor realizado polo SEPIU?

Paréceme moi interesante e gratificante para nós, que nos brindan a posibilidade de axudar, sobre todo no meu caso, xa que hai tempo que quería facelo.

E xa para finalizar, gustaríanos saber se te sentes recompensada dalgunha maneira.

Si, porsuposto que si. Aínda que os voluntarios non temos moito contacto co Hospital propiamente dito, síntome moi cómoda. Ao principio custa un pouco, pero o certo é que me integrei moi ben, puxéronmo moi fácil.

Revisión do editor: 18/03/2016- 13:56

Revisión do GBO: 18/03/2016- 15:29

Publicación definitiva: 18/03/2016- 16:40

Advertisements

Un comentario en “Fátima Villar: “O labor realizado polo SEPIU é moi gratificante”

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s