I Círculo de Debate. Terceira Idade.

 

 

Fonte da foto: propia. Tomada o día do I Círculo de Lectura. S2C

Este post ten como finalidade a análise tanto do contido como da forma das conversas que tiveron lugar no noso Círculo de Lectura, o cal levamos a cabo na facultade de Ciencias da Comunicación da USC o pasado xoves 3 de marzo.

Antes de profundar nas conclusións que obtivemos, é mester contextualizar e xustificar o motivo do debate, que se levou a cabo con persoas da Terceira Idade. Tendo en conta que España é o cuarto país máis envellecido de Europa e, dentro desta, a comunidade galega, atopámonos na necesidade de coñecer máis sobre a situación dos maiores e reflectila dun xeito fidedigno. Como base para o desenvolvemento do noso traballo, partimos de varios feitos. En primeiro lugar, vemos que, na actualidade, un de cada tres pensionistas en España axuda economicamente aos seus fillos, chegando a manter incluso a tres xeracións familiares nalgúns casos, ademais de cumprir tamén un papel activo no coidado familiar, o que ten como repercusión o cese das actividades propias da Terceira Idade e o empeoramento da súa saúde. Por outra banda, hai que ter en conta o alto nivel de paro e os baixos salarios, que non alimentan as arcas da Seguridade Social, ademais de que en moitas ocasións se utilice parte do fondo de reservas das pensións para cubrir outras partidas de gastos da Administración.

Para entrar en materia, precisamos como ferramenta unha serie de dimensións con diversos indicadores (xa explicados anteriormente nun post deste mesmo blogue), nos que se establecen os aspectos fundamentais a tratar no noso estudo. As dimensións que establecen as liñas para os indicadores foron tres: a autodeterminación das persoas, o tratamento informativo e a concepción do valor dos anciáns. Ao remate deste primeiro encontro, atopámonos cunha cuarta dimensión, que non tivéramos en conta debido á diferencia xeracional entre os participantes do Círculo de Lectura e os membros do Grupo de Traballo: a cuestión de xénero na terceira idade e o peso social e familiar dos maiores segundo este, marcada sobre todo por unha sociedade machista, vinculada á época na que se educaron.

Así, os membros do noso Círculo (formado por catro homes e unha muller, todos eles pensionistas), foron convidados a aportar noticias ou calquera tipo de documentación que servira para afrontar o coloquio. Deste xeito, a nosa integrante feminina, expuxo unha noticia que reflectía o número de persoas que morren en soidade, aínda que a primeira parte desta conversa rematou por derivar en temas de xénero, xa que defendeu a idea da feminización da vellez, explicada polo feito de que as mulleres “pasan a maior parte da súa vida coidando, xa sexa aos fillos, aos maridos ou aos pais, polo que teñen moito máis peso familiar” (corte 1). Deste xeito, os homes presentes, afirmaron que o seu papel unha vez xubilados se limita a actividades lúdicas, aínda que defenden un importante papel no coidado dos netos. Para explicar isto, un dos integrantes do grupo dixo “el hombre, hoy por hoy, es el que está ayudando a esas familias y, máxime, atendiendo a los nietos. Levantarse a una hora determinada como son las siete de la mañana, ir a buscar al nieto, ducharlo, darle las papolas y llevarlo al colegio”. Por outra banda, e seguindo coa idea da soidade e a dependencia, os homes viúvos declararon ter que pasar por un período de adaptación trala morte da muller, para aprender a facer as labores do fogar que ata o momento nunca desempeñaran. Isto fíxonos chegar a unha conclusión: existe unha estreita relación entre o concepto de soidade e dependencia coa figura feminina, patente sobre todo nun comentario dito no texto: “la soledad pesa mucho, y más en personas, como es mi caso, que no hemos hecho nada en casa. Es decir, que yo no sé sacudir una almohada ni freír un huevo, porque una vez lo intenté cuando estaba en la playa y metí el dedo para dentro y crucé el dedo con el huevo. No volví a poner nada en la cocina, y ahora no sé hacer nada”.

No que se refire á comunicación xestual e á actitude dos participantes, puidemos comprobar certa sensación de suspicacia coas palabras da muller, pois o resto de participantes, aínda que estaban de acordo co feito de que o home cando se ve só sente a falta de axuda máis que a muller, non aceptaban o seu discurso unidireccional, que non beneficiaba a posición dos homes. Isto pode deberse a que ó comezo do encontro non existiu unha circularidade óptima da comunicación.

Despois de debater sobre a influencia de pertencer a un xénero ou a outro na vellez, o tema  volveu a centrarse na soidade e na dependencia, esta vez dende un punto de vista económico. Tamén atopamos discrepancias neste eido, xa que mentres algúns integrantes do círculo pensan que tendo cartos sempre se ten compañía, outros entenden que non é determinante.

Unha vez rematada esta cita e tras corenta minutos de conversa, o nivel de confianza aumentou positivamente entre os membros, os cales mostraron interese en reunirse novamente para seguir discutindo sobre a realidade que os rodea.

 

Por último, é necesario explicar de forma resumida a visión que mostraron os integrantes do debate sobre os medios de comunicación de masas. En ningún momento da sesión se fixeron xuízos valorativos sobre os xornais. Vemos, desta forma, que os participantes do círculo só utilizan os medios como fonte de información, o que provoca que non valoren os criterios, as influencias ou as liñas editoriais dos mesmos.

 

Para facilitar a comprensión deste texto, decidimos sintetizar as reflexións e as conclusións ás que chegamos nos seguintes puntos:

 

  1. O xénero é determinante á hora de concibir a calidade de vida e as responsabilidades na Terceira Idade.
  2. A diferencia da idade nos participantes do Círculo marcou as discrepancias entre os discursos.
  3. O nivel económico non sempre é determinante para establecer a calidade de vida, o sentimento de soidade e o nivel de dependencia.
  4. Os medios son utilizados como fonte, polo que non se fan xuízos sobre as informacións que neles aparecen.

 

Referencias:

 

  • Marina, Pellicer e Manso: Libro Blanco del docente. 2015
  • Santalla, María (3 de marzo de 2016). Cientos de gallegos mueren solos cada año. La Voz de Galicia.
  • EFE. (2014). El 20 por ciento de los pensionistas son la principal fuente de ingresos de su familia. 3 de marzo do 2016. Lainformacion.com

 

Citas do Primeiro Círculo de Lectura:

 

Hora de revisión do editor: 18:00

Hora de revisión do coordinador: 19:00

Hora de publicación: 21:00

 

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s