Medios de comunicación, armas de manipulación masiva?

Fontela Alvelo, Lara – S2A2

arma-de-manipulacion-masiva

Os medios masivos de comunicación fixeron posible utilizar a información de maneira manipulada e que chegara a gran cantidade de xente cun esforzo mínimo e en pouco tempo. A clase política e os empresarios utilizan os medios de comunicación para manipular a visión da realidade. O propósito dos medios masivos hoxe en día non é o de informar do que sucede se non máis ben deformar á opinión pública de acordo cos poderes políticos e económicos dominates.

Según o texto Medios de comunicación ¿armas de comunicación masiva? antigamente era máis difícil a manipulación informativa xa que se transmitía oralmente pero hoxe en día cos actuais medios de comunicación a manipulación masiva é un feito. No artigo menciónase que Joseph Goebbels artífice da propaganda nazi dicía que “una mentira repetida mil veces se convertía en verdad”, e é certo que unha idea repetida ata a saciedade acaba calando tan fondo entre o público que acabamos creendo que é veraz o que se está a contar.

Dulcifícase a información, propáganse rumores, omítese parte da noticia e incluso míntese desinteresadamente co que nos atopamos ante unha total desinformación da que nin sequera nos damos conta polo grado de manipulación constante ao que nos someten.

As televisións públicas son controladas directamente polos gobernos que se atopen no poder nese momento. En España o director xeral da principal cadena de televisión pública é nomeado polo Goberno e este a súa vez designa aos responsables dos servizos informativos. Os propis traballadores do ente público en varias ocasións denunciaron o control ao que se ven sometidos por parte dos políticos de turno e nos lles deixan realizar coa libertade que as normas deontolóxicas do xornalismo requiren.

Por exemplo, na guerra de Irak o goberno norteamericano fixo creer que Irak contaba con armas de destrución masiva e aproveitouse diso para empezar a guerra contra Irak co apoio de varios países europeos. A censura e o control da información lanzaban unha mensaxe manipulada. Era unha guerra que non estaba avalada pola ONU nin pola maioría da opinión pública, por iso tratouse de que os reporteiros non estiveran en sitios estratéxicos e moitas veces eran informadores propios que mandara o pentágono as unidades militares. Un ano despois demostrouse que non existían armas de destrucción masiva en Irak nin habían nexos de unión entre Al Quaeda e o réxime de Sadam Husseim.

Outro exemplo serían as eleccións andaluzas. As acusacións de manipulación en TVE son cada vez máis numerosas. Nas elección andaluzas o telexornal do día seguinte non menciona expresamente que o PSOE gañou as elección e non informa de que o partido do goberno perdeu 17 escaños no Parlamento andaluz. Hai unha redación interesada co obxecto de enmascarar os feitos en beneficio do PP.

Referencias:

Rivera, José G, Chávez, Sandra, Thalía y Castro, Víctor M.. (2009). Monopolio de la información: Nueva forma de control social. Marzo de 2012, de Mediosfera Sitio web: https://mediosfera.wordpress.com/2009/10/01/monopolio-de-la-informacion-nueva-forma-de-control-social/

WIKIPEDIA. (2011). Medio de comunicación de masas. 11 de abril de 2012, de Wikipedia organización Sitio web: https://es.wikipedia.org/wiki/Medio_de_comunicaci%C3%B3n_de_masas

 Aurora Labio. (2005). Poder y Manipulación Informativa. Una aproximación desde el pensamiento crítico. 2005, de Razón y Palabra Sitio web: http://www.razonypalabra.org.mx/anteriores/n43/alabio.html

Alejandro Torrús. (2015). Cinco Manipulaciones de TVE que “calentaron” la campaña electoral. 2015, de Público Sitio web: http://www.publico.es/politica/cinco-manipulaciones-tve-calentaron-campana.html

Revisión del editor: 17/03/2016 20:05

Revisión de coordinador: 17/03/2016 20:35

Hora de publicación: 18/03/2016 21:53

Advertisements

8 comentarios en “Medios de comunicación, armas de manipulación masiva?

  1. Ben é certo que cando se publica algo ben manipulado ás veces resulta difícil de ver a verdade que se esconde detrás. aínda que sempre hai quen no se cre nada do que sae e intenta contrastalo ata chegar ao fondo da cuestión. Isto, en certa medida, estanos perxudicando como xornalistas posto que fan que perdamos a credibilidade e calquera información que sexa publicada sexa cuestionada por quen a le, ve ou escoita.
    Outro claro exemplo de manipulación, neste caso, no link que che deixo, sería manipulación fotoxornalística. No tema da noticia, co puñetazo a Rajoy, vese claramente como a foto está totalmente manipulada posto que se pretendía mostrar que Rajoy fora brutalmente golpeado cando non era así. Outro feito que demostra que os medios van polos intereses e non por mostrar a verdade, ou polo menos achegarse a ela.

    http://politica.elpais.com/politica/2015/12/16/actualidad/1450289046_564681.html

    Revisión do editor, 04/04/2016 ás 23:13
    Revisión da coordinadora: 05/04/2016 ás 13:00

    Gústame

    1. Estou totalmente de acordo contigo, as veces é moi complicado saber 100% a verdade.
      O exemplo de manipulación xornalística que me deixas é moi bo. A verdade é que se pode comprobar a gran manipulación que leva a noticia e tamén a fotografía e o vídeo que a complementan. En ocasións parece que é mellor “exagerar” que contar o que realmente é verdade.
      Un saúdo Noelia e grazas polo comentario.

      Gústame

  2. García Vegas, Cintia – S2D2

    Ola Lara,
    é certo que a chegada dos medios de comunicación masivos axudou moito á hora de transmitir a información de xeito instantáneo arredor do mundo, pero tamén é certo que xogan un papel clave na desinformación. Tal e coma ti comentas, hoxe en día son os intereses económicos e políticos os que controlan tanto ós xornais coma os propios xornalistas. A nosa profesión deixou de ser unha profesión libre cuxo principal obxectivo é a denuncia social, para converterse nun mercado da información que dista moito desa labor ciudadana.
    No meu grupo estamos adícandonos á investigación e ó estudo do tratamento da pobreza e da precariedade nos medios e cada día vémonos sorprendidos por algún caso de manipulación da información ou de descontextualización da mesma, dando lugar a que se teña unha idea da situación que nada ten que ver coa realidade. Chamounos moito a atención o caso dunha noticia publicada polo diario El Correo Gallego onde se culpabilizaba a persoas sen recursos duns feitos que nada tiñan que ver con eles e se empregaba unha linguaxe baseada nas faltas de respeto. Afortunadamente a noticia tivo que ser eliminada e redactouse unha rectificación. Déixocha por aquí por se a queres ler: http://www.elcorreogallego.es/opinion/cartas-al-director/ecg/rectificacion/idEdicion-2015-12-18/idNoticia-970162/

    Revisión do editor, 04/04/2016 ás 23:13
    Revisión da coordinadora: 05/04/2016 ás 13:10

    Gústame

    1. Boas Cinta,
      a verdade é que as veces parece ata increíble o papel que ocupan tanto a política como os temas económicos na nosa profesión, chegando a como ben dis ti a desinformar.
      Acabo de ler a noticia que me deixaches e é realmente alucinante ata o punto no que chegan os medios. Pareceme moi forte que utilizaran cualificativos vexetatorios e expresións fora de contexto. Alégrome moito de que tiveran que eliminar a noticia e alégrome moito máis de que pediran disculpas públicas a unha falta de respeto tan grande.
      Grazas polo teu comentario.
      Un saúdo.

      Gústame

  3. Gómez García, Silvia – S2D3

    Xustamente, debido a que os medios de comunicación non deixan de proliferar e ao descenso de popularidade dos medios tradicionais, a manipulación parece un sistema cada vez menos sostible. Grazas a internet, e ás redes sociais, unha mentira dura a penas un par de horas e temos acceso a diversos medios cos que podemos contrastar a información que recibimos. Ademáis, os medio televisados acostuman a tardar uns minutos máis en contar unha última hora (cando no internet enterámonos en cuestión de segundos), polo que é máis difícil enganar a quen xa ten un primeiro contacto co tema.

    Por suposto, segue quedando unha parte da poboación que cree que o documento visual de masas é o que di a verdade absoluta, pero precisamente esa confianza é a súa principal arma de combate e non poden permitirse perdela fronte a outros medios. En canto ás subvencións do goberno, como ben dixeches concerne á televisión pública, que non toma parte na guerra de titáns (Mediaset vs. Atresmedia), polo que non debería ser considerado o eixe do problema.

    Para afianzar a súa credibilidade, Antena 3 leva uns meses tirando da aplicación en streaming Periscope, para cubrir as noticias dende o lugar dos feitos e que así os espectadores poidan solucionar as súas dúbidas no momento. Un concepto que sen dúbida deberían adoptar máis medios para poñer fin a este distanciamento entre o xornalista e o cidadán.

    http://verne.elpais.com/verne/2015/03/28/articulo/1427564916_014554.html

    http://ecoteuve.eleconomista.es/audiencias/

    file:///C:/Users/Usuario/Downloads/LaSociedaddelaInformacionenEspana2015.pdf (recomendo ollear dos puntos 1.4 a .16)

    Revisión da coordinadora: 11/04/2016 ás 19:13

    Gústame

    1. Aínda que como ti opino que as redes sociais e internet axudan a descubrir as falsedades e manipulacións nas noticias. Tamén é certo que moitas veces o que se produce nas redes e un caos informativo, cada un dando a súa opinión sen sequera contrastala e utilizando un vocabulario dañinas e denigrantes cando non se está dacordo coas opinión ou información que van saíndo nestes medios.
      Por outra parte moitas veces os medios non nos minten descaradamente senón que ocultan e omiten parte da información e así consiguen engañarnos de maneira máis sutil, contando verdades a medias.
      Deixoche un artigo que fala sobre noticias que surxiron tras os atentados en París que foron compartidas nas redes sociais e que despois resultaron ser falsas:

      http://www.20minutos.es/noticia/2678427/0/umberto-eco/frases-internet-redes-sociales/auschwitz-existido/

      Grazas polo comentario.

      Un saúdo.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s