Os intérpretes na linguaxe signal

Riande Cortizo, José Carlos-S3A2

sordos.imagen
Fuente: dichodeotraforma.blogspot.com

Os intérpretes son fundamentais no día a día das persoas con algún tipo de discapacidade. No ano 2008, Galicia soamente contaba cun centenar de intérpretes titulados, sendo 76.000 as persoas que teñen algunha discapacidade auditiva, aínda que aproximademente só son 12.000 as que posúen o certificado de minusvalía que otorga a Xunta. Isto sinala que estamos ante un colectivo “afogado”, no que a demanda supera á oferta, e o servicio resulta insuficiente.

Segundo a Federación de Asociacións de Persoas Xordas de Galicia (FAXPG) esta comunidade necesita do seu servizo, xa que son moi importantes para que os xordos podan realizar actividades da vida diaria. Ben sexa ir ao médico, ou ben acudir a unha reunión de veciños por exemplo. E hai moi poucos, estes non poden ocuparse de todos e o seu traballo non chega a todos os lugares, especialmente a zonas do rural.

Mais o problema ven de abaixo. É un problema de formación. A inmensa maioría dos centros de Formación Profesional nos que se imparte o curso de Interpretación de Lingua de Signos son privados. No 2008 únicamente había un centro público en Galicia, o Ánxel Casal, na Coruña. Non existen profesionais que acompañen aos cativos xordos na súa primeira etapa de escolarización, nin se lles facilitan audífonos ou amplificadores. De esta maneira, os nenos e nenas non contan cun intérprete ata a ensinanza secundaria, e isto se estudan nun dos centros onde a Xunta ofrece este servizo. No 2008, soamente eran seis os centros que ofrecía a Comunidade Autónoma.

Lembro que en España, para ser oficialmente intérprete de lingua de signos, debes obter o título de Técnico en Interpretación da lingua de signos (un ciclo formativo de grao superior). Pero isto, en teoría, vai pasar a ser un grao universitario. Este ciclo é de dous anos, mais a media está en catro, xa que é bastante duro, require moita especialización e todo o que se necesita profundizar para dominalo non da tempo en dous anos. As horas lectivas son 2000 e as horas de formación en centros de traballo son 210.

Estes profesionais, ademáis de facilitar a comunicación entre xordos e ouvintes, realizan unha labor de inclusión social moi necesaria. Pouco a pouco os xordos van entrando na nosa sociedade, aínda que segue a ser un colectivo que conta con fortes trabas para ter unha vida plena e independente. Un exemplo de inclusión é o de Carolina Galiana (graduada en Traballo Social), que con 29 anos convertiuse no ano 2015, na primeira estudante xorda que forma parte dun claustro universitario. Todavía hai máis, xa que é a persoa máis nova da Confederación Estatal de Personas Sordas (CNSE) e a vicepresidenta da Federación de Asociaciones de Personas Sordas de la Comunidad Valenciana (Fesord). Unha forma máis de mostrar que poden participar na sociedade en igualdade de condicións.

Nesta nova publicada en El Progreso de Lugo, podemos ver cómo os medios se fan eco das declaracións de membros de asociacións, pero nada de persoas con discapacidades auditivas. A estas non lles dan eco, e son as afectadas de primeira man.

Esta é unha boa proba da invisibilización deste colectivo ante a sociedade, provocada polos medios de comunicación. Nos medios convencionais, son contadas as ocasións nas que se aprecia a fonte informativa ou os grupos de atención social prioritaria, e estes son os verdadeiros protagonistas. No seu defecto, expóñese a súa situación e a súa voz a través de terceiras persoas, en xeral expertos ou persoas que traballan nunha organización, institución ou asociación. Ao tratarse dunha minoría, parece que han de ter menos dereitos que as demáis persoas. Semella que non deben ocupar un lugar relevante, que a información que podan dar non ten importancia. É necesario que os principais afectados podan manifestarse por eles mesmos.

Referencias

Campo, Eduardo del (25 de octubre de 2015). Las manos para sordos alzan la voz en Canal Sur. Consultado o 16 de marzo de 2016, El Mundo (versión dixital): http://www.elmundo.es/andalucia/2015/10/25/562a9f7646163f3e3a8b461f.html

Europa Press (5 de febrero de 2016). Estudiantes sordos podrán contar con intérprete de lengua de signos en las Escuelas Oficiales de Idiomas de la Junta. Consultado o 15 de marzo de 2016, 20 minutos (versión dixital): http://www.20minutos.es/noticia/2665923/0/estudiantes-sordos-podr-contar-con-interprete-lengua-signos-escuelas-oficiales-idiomas-junta/

Europa Press (18 de diciembre de 2015). Un total de 20 persoas sordas piden intérpretes de signos para las mesas electorales. Consultado o 15 de marzo de 2016, Europa Press (versión dixital): http://www.europapress.es/sociedad/noticia-total-20-personas-sordas-piden-interpretes-signos-mesas-electorales-20151218131341.html

Moltó, Daniel (15 de noviembre de 2015). Carolina Galiana, rompiendo mitos sobre las personas sordas. Consultado o 17 de marzo de 2016, El Mundo (versión dixital): http://www.elmundo.es/comunidad-valenciana/2015/11/15/56476fc646163fb9458b464d.html

Redacción (17 de marzo de 2016). Cien intérpretes para 12.000 sordos. Consultado o 14 de marzo de 2016, El Progreso (versión dixital): http://elprogreso.galiciae.com/noticia/30084/cien-interpretes-para-12000-sordos

Redacción (1o de febrero de 2012). Sólo un centro público forma a intérpretes de lengua de signos en toda la comunidad. Consultado o 16 de marzo de 2016, El Correo gallego (versión dixital): http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/solo-un-centro-publico-forma-interpretes-lengua-signos-toda-comunidad/idEdicion-2008-02-10/idNoticia-262857/

-Revisión do editor: 17/03/2016 21:00

-Revisión do GBO: 17/03/2016 21:15

-Publicación: 18/03/2016 16:46

 

Advertisements

2 comentarios en “Os intérpretes na linguaxe signal

  1. Rodríguez Carballo, Aixa S32D
    Estou totalmente de acordo con esta entrada.
    As persoas xordan non contan coas medidas que precisan e as que o fan é a unha idadr tardía cando chegan ao instituto.
    Non entendo como as estas persoas non contan con metódos de axuda, como non cintan con intérpretes dende moi pequenos,como moitos non reciben axudas para comprar aparatos como audífonos xa que hai xente que non ten o nivel económico para facelo.
    Outro asunto é a preparación que teñen os interprétes, como é posible que estén preparados con un curso? Deberían contar con unha preparación maior, xa que o futuro de moita xente depende deles. Os xordos aprenderán a comunicarse grazas a eles.
    O problema é que a sociedade exclúe sempre a xente que é diferente e en realidade son iguais a nos so que con un sentido menos e outros máis desenrolados.
    Por que apartamos a xente así e non a axudamos, se son os que o precisan?

    Referencia
    http://m.europapress.es/asturias/noticia-podemos-critica-externalizacion-servicio-interpretes-lengua-signos-sistema-publico-educacion-20160116120426.html

    Data de emisión do comentario: 18/03/2016- 18:34
    Data de revisión do GBO: 18/03/2016- 20:01
    Data de publicación do comentario: 18/03/2016- 20:30

    Gústame

    1. En canto ás axudas económicas, nos adultos os audífonos non están cubertos pola Seguridade Social. Mais o instituto nacional de salud español (INSALUD) subvenciona a adquisición de audífonos para bebés e nenos menores de 16 anos cun máximo de 740 euros. Non existen subvencións públicas e os adultos deben obter unha póliza de seguros que cubra especificamente as alteracións de audición nunha das compañías de seguros privada. Como norma xeral, os audífonos cámbianse cada cinco anos.
      Como xa dixera na publicación, neste momento para ser oficialmente intérprete de lingua de signos, chega con obter o título de ciclo formativo de grao superior, cunha duración de dous anos. Pero isto semella que vai cambiar e pasará a ser un grao universitario. O ano que vén, a Universidad Rey Juan Carlos será a primeira en ofrecer o grao oficial en Lengua de Signos Española y Comunidad Sorda e será impartida tanto por profesorado oínte, como con discapacidade auditiva.
      Referencias
      https://www.sabervivir.es/contenido.php?seccion=547 http://www.elmundo.es/sociedad/2016/03/04/56d9b6c2268e3e5d4e8b456d.html
      Data de emisión do comentario: 28/03/2016- 15:58

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s