As enfermidades mentais nos libros

María Barcón Lage S1A2

Todos os seres humanos estamos inmersos nunha conducta que implica sentimentos que poden variar según os factores que se dean nas nosas relacións sociais ao longo do día. Pero por ter o control das situacións da vida cotidiana exercemos un autocontrol  que reprime o mellor de nos mesmos, por exemplo, un soño que non se reflicte na realidade, un sentimento de alegría ou de pena, … Podería decirse que estamos condicionados polo que a sociedade decide que é unha conducta correcta para poder convivir.

 

Polo que sei, a psiquiatría acuñou co término psicosis maniacodepresiva nun comezo, ao que agora pasa a chamarse trastorno bipolar . Son un gran grupo de persoas as que expresan esas dúas dualidades, pero somos casi todos os que temos esas conductas reprimidas no noso interior.

 

Tapa Dr Jeckill.indd
Portada de “El extraño caso del Dr. Jeklyll y Mr. Hyde”

No primeiro libro a estudar, remontamonos ao século XIX, cando se publicou o libro: El extraño caso del Dr. Jekyll y Mr. Hyde  de Robert Louis Stevenson. Nesta obra literaria o médico e investigador Henry Jekyll cree que o ben e o mal está en todas as persoas e está empeñado en amosar que a súa teoría e correcta. Para facelo posible, proba unha fórmula, no seu propio corpo e desenvolve desa maneira o seu lado demoníaco, ao cal chama Mr. Hide. O doutor cree que poderá controlar ese lado malo, pero non o consegue e acaba por deixar que este lado eclipse ao bo. Esta historia a pesar de ser inventada polo autor non deixa de tratar o tema das enfermidades mentáis con ton oscuro e macabro, deixando entrever a ignoracia sobre o tema  que había nesa época.

Grazas ao avance dos tempos o coñecemento sobre as diferentes enfermidades mentais vai mellorando, e o estigma social do medo que algunhas persoas inmediatamente asociaban debido ao descoñecemento deixou paso a que escritores do século XXI reflectisen de forma máis axeitada o que lles ocorre a determinadas persoas.

 

images
Portada de “La Luna no está”

 O libro La Luna no está, de Nathan Filer, intenta achegar ao lector ao que ocorre dun xeito totalmente natural, onde o autor narra na novela o día a día dun home que se chama Matheu que ten esquizofrenia. Conta as vivencias cos seus amigos e familia, achega a súa enfermidade para coñecer dende primeira persoa o que lle sucede, os seus sentimentos, … En resumen se podería dicir que este libro cambia os prexuízos da xente que ignoraba a realidade dunha enfermidade como é a esquizofrenia de forma directa e explicativa.

Aínda que por outra banda, os relatos da antigüedade traten o tema provocando medo aos lectores, co libro que acabo de citar poderían desmentir os prexuízos lendoo.

los-renglones-torcidos-de-dios-libros-prohibidos
Portada de “Los renglones torcidos de Dios”

Así mesmo hai que ter en conta a ficción dos autores ao redactar os libros e a imaxinación de outros como Torcuato Luca de Tena, xornalista e escritor de Los renglones torcidos de Dios. Redactou unha novela cunha parte realista, dado que ambientase nun hospital psiquiátrico e é prologado polo psiquiatra Juan Antonio Vallejo-Nágera, pero por outra parte encadra o relato nun caso de homicidio e hasta é capaz de dedicarlles o libro dicindo: “… profesionales que emplean sus vidas en el noble y esforzado servicio de los más desventurados errores de la Naturaleza”, o cal resulta incríble de leer dunha persoa que pasou 18 días dentro do hospital, e segue tratando aos enfermos mentais coma un erro, un erro pola súa parte mellor dito, e un insulto sen fundamento e fora de lugar.

Para rematar, quería deixar un libro que me servíu a min para comprender o que é unha enfermidade mental e poder comentar algúns dos maís coñecidos. Historia de los síntomas de las enfermedades mentales, por German E. Berrios. Acercanos dun xeito fundado á descripción do que é unha enfermidade mental e con axuda de filósofos como Freud y Locke entendemos determinadas conductas que estas poden provocar no individuo.

Para concluir gustaríame destacar a importancia destes libros e outros moitos que poden servir de axuda para que persoas que padezan deste tipo de enfermidades non sexan excluidos da sociedade, como por desgraza segue  a pasar en países do interior de África onde encadenan ou enxaulan a persoas que consideran demos baseándose na relixión e o descoñecemento por falta de medios. Esta é unha situación que debe ser amañada para que todos poidamos avanzar, coñecer a realidade e tratar a esta xente como o que son: persoas coma todos.

Horas de revisión e publicación:

  • Hora de revisión do editor: 28/03/2016 20:15
  • Hora de revisión do GBO: 28/03/2016 21:00
  • Hora de publicación: 28/03/2016 23:35
  • Hora de modificación : 30/03/2016 12:05
Advertisements

7 comentarios en “As enfermidades mentais nos libros

  1. Sambad Guillomia, Denise (S3E2)

    É moi importante documentarse e aprender. Sen dúbida unha das ferramentas más útiles na nosa vida. Así é que o ser humano rexeita todo aquelo que descoñece ou é diferente a el, e témeo. Así ocorre coa xenofobia por exemplo, ou co interesante tema que estades a tratar.

    Case todo o mundo fai saltar as súas alarmas cando escoita falar dalgunha persoa cunha enfermidade mental, sen coñecer se quera a súa enfermidade ou algunha das súas circunstancias. É común asociar unha enfermidade deste tipo con agresividade ou incapacidade. É certo que hai que ter uns coidados específicos pero ocorre igual con outras enfermidades. Unha persoa autista necesitará un trato concreto como un diabético necesita a insulina. Non debemos olvidar que as enfermidades son iso, non unha elección da persoa.

    Ás veces tamén se fai un uso adulterado dos termos sen pararnos a pensar na súa gravidade. Persoalmente teño escoitado a persoas calificar de bipolar a algún coñecido por un simple cambio de humor. Pode que esa persoa o faga conscientemente pola similitude do feito cos síntomas da enfermidade, pero hai que ter presente que estamos a falar dunha enfermidade grave e incontrolable para quen a sufre.

    Así mesmo os medios non sempre fan unha tarefa normalizadora, en moitos casos só tratan estos temas cando ocorre algo negativo, sexan mortes, discusións ou demáis conflitos. En poucos casos tentan sacar bo partido das circunstancias destas persoas.
    Demostrouse que había unha relación entre as enfermidades psíquicas e a capacidade artística. De feito, moitas celebridades relacionadas coa arte sufriron algunha afección deste tipo, como publicou o ABC: http://www.abc.es/20120716/cultura-arte/abci-enfermedad-mental-arte-201207131759.html

    Do mesmo xeito fixoo La Voz de Galicia ao publicar unha noticia na que relacionaban a arte con estas enfermidades, dandolle un un punto positivo ao tema: http://www.lavozdegalicia.es/noticia/salud/2015/09/17/buscan-imagen-positiva-enfermedad-mental-relacion-artes/00031442483691446147256.htm

    Creo que é necesario tratar este tema cooa naturalidade que merece e quitar a opinión negativa que sofren os pacientes destas doenzas. Tamén considero que sería interesante contar coa opinión dun experto ou si fose posible dun afectado, sería o máis ilustrador, e axudaríanos a comprender como viven estes problemas en primeira persoa.

    Para concluír deixovos esta publicación do Faro de Vigo que trata a perfección a tarefa de normalización da que estaba a falar: http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2013/01/31/formula-normalizar-enfermedad-mental/749551.html

    – Revisión do editor: 29/03/2016 18:30
    – Revisión do coordinador: 29/03/2016 19:33
    – Publicación: 29/03/2016 19:44

    Liked by 1 person

  2. As referencias que presenta vinculadas a este texto teñen escasa calidade como argumentación ou apoio á mesma. Hai reseñas bibliográficas dos libros citados que deben esta mellor fundamentadas que as da Casa do Libro. Revise ortografía. Mude axiña este texto.

    Gústame

  3. Reboreda López, Sandra. S3D1
    Boas María. Moi interesantes as achegas que realizas no teu artigo. Eu mesma, xa fai algún tempo, tiven a oportunidade de ler unha adaptación de “El extraño caso del Dr. Jeklyll y Mr. Hyde”, que como ti ben dis, realiza unha radiografía do descoñecemento existente por aquel entón sobre as enfermidades mentais, moi recomendable. Mais aínda que pensemos que de hoxe en día a sociedade actúa con total normalidade ante os trastornos e enfermidades mentais, moitas veces estos non son tomados como deberían. Son centos os prexuízos que existen ao redor do padecemento das mesmas. Segundo a OMS, o estigma por razón de saúde mental é un problema global e a loita para erradicalo ten que ser unha prioridade en calquera sociedade democrática e libre.
    A este labor contribúen asociacións como Obertament, entre outras moitas, a cal ten publicada estudos de gran interese, achego o link da súa páxina por se che puidese axudar: https://obertament.org/es/quienes-somos/presentacion. Adxunto tamén un traballo publicado na revista da Asociación Española de Neuropsiquiatría sobre a loita contra o estigma e discriminación en saúde mental: http://scielo.isciii.es/scielo.php?pid=S0211-57352008000100004&script=sci_arttext&tlng=en, así como un artigo publicado en El País que aporta moito ao tema: http://sociedad.elpais.com/sociedad/2013/03/25/actualidad/1364222186_943776.html.
    Saúdos.

    Data de emisión do comentario: 01/04/2016- 15:05
    Data de revisión do GBO: 01/04/2016- 16:54
    Data de publicación do comentario: 01/04/2016- 17:57

    Liked by 1 person

  4. María Barcón Lage (S1A2)
    Denise, estou totalmente de acordo co gran valor que ten nestes casos a documentación por parte das persoas que descoñecen como tratar noticias sobre temas relacionados con enfermidades mentais. Na maior parte de xornais observamos que este termo se limita a artigos no apartado de sucesos asociando a estas persoas con asesinatos, agresions e todo tipo de situacions para as cales o lector prefire pensar que sólo persoas que padecen esquizofrenia, bipolaridade, ou demais enfermidades poden realizar. Cando a realidade é que nun momento de xenio ou rabia calquera pode reaccionar impulsivamente e crear unha situación de risco para outra persoa, sen necesidade de padecer ningunha enfermidade mental.
    Por outra banda, utilizar a bipolaridade coma un insulto non ten sentido ningún, é coma se utilizas a palabra cancro, unha enfermidade física para despreciar a outra persoa. Ambas son enfermidades (mental e física) por iso se deben tratar con medicamentos e terapias, non ser utilizadas con menosprecio por xente que seguramente descoñece o significado propio dos termos.
    Centrándome nos artigos que indicas no comentario creo que a tarefa de normalización comeza pola equiparación, dado que todos temos os mesmos deberes e obligacións na sociedade. Moita xente antes de crear os círculos preguntoume se non tiña medo a tratar con persoas con enfermidades mentais e un home que asistía a unha actividade na asociación de Andaina (http://andainaprsm.blogspot.com.es/2010/10/dodro-y-nuestra-asociacion.html ) ficho un comentario que respondía perfectamente a esta xente que prexulgaba: “Son todos los que están, pero no están todos los que son”. Igual o erro está na exclusión de certas persoas por motivos de raza, inclinación sexual e demais, os que prexulgan son o problema e pode que, grazas a documentación do noso blog, chegen a comprender o que significa a igualdade.

    Revisión da editora: 11/04/2016 11:00
    Revisión do GBO: 11/04/2016 11:05
    Publicación: 11/04/2016 11:29

    Gústame

  5. María Barcón Lage (S1A2)
    Boas Sandra, coma ti ben dis estamos ante un problema no que os medios teñen un papel fundamental presentando o tema das enfermidades mentais. Non se pode permitir unha achega de información cando o propio redactor non está libre de prexuizos e estigmas sociais erróneos sobre un colectivo.
    Achegándome ao enlace da asociación que citaches no comentario, Obertament, puiden comprobar como este colectivo está apoyado tamén en Catalunha e fan unha labor de axuda e integración, como, por exemplo, a asociación Itínera (http://www.asociacionitinera.com/ ) en Santiago de Compostela. Por último as definicións por parte da revista de neuropsiquiatría poderían ser de utilidade para o titular que aparece no artigo do País coma exemplo de titular erróneo: “Un psicótico arranca los ojos a otro enfermo en el Clínico”, sorprende cando menos que o primeiro termo sexa “psicótico” cando a noticia é a agresión, obviando os prexuizos da sociedade e dando morbo para leer a noticia.
    Grazas polo teu comentario e os enlaces que son de gran interese para achegarnos a coñecer unas pautas para a boa redacción.

    Revisión da editora: 11/04/2016 11:00
    Revisión do GBO: 11/04/2016 11:05
    Publicación: 11/04/2016 11:31

    Gústame

  6. Bermúdez Lista, Sheyla (S1B5)
    Paréceme que a existencia de libros como os que mencionas no post son moi importante na sociedade, xa que nos axudan a comprender mellor ás persoas que padecen algunha enfermidade mental e sobre todo, permítennos ver con outros ollos aos enfermos. Estes libros publícanse desde fai moito tempo, e xa deberíamos ter a este colectivo normalizado cando o mismísimo Miguel de Cervantes publicou o Quixote explicando cómo se volveu tolo o protagonista. Sen embargo, a pesar de todo isto, hoxe en día a situación é moi distinta: actualmente, case todo o mundo que se cruza cun enfermo mental permite cambiar de acera ou ignoralo por completo, cando son persoas un tanto especial que non pretenden facerlle mal a ninguén. Dado o rexeitamento da poboación, os enfermos mentais síntense discriminados, http://www.20minutos.es/noticia/104164/0/discriminacion/enfermos/mentales/
    Por que cres que a día de hoxe seguen ocorrendo estas cousas? Pensas que os medios teñen a culpa disto ou que promoven a igualdade? Deberíanse mandar ler libros sobre este colectivo nos colexios para normalizar o tema?
    Un saúdo.
    Hora de revisión da editora: 20/04/2016 ás 19:30
    Hora de revisión do coordinador: 20/04/2016 ás 19:40
    Hora de publicación: 19:45

    Gústame

    1. María Barcón Lage (S1A2)

      Grazas polo teu comentario Sheyla, creo que o enlace que deixaches no comentario é moi útil e explícito para comprender en que situación se poden chegar a sentir as persoas que padecen algún tipo de enfermidade mental cando son prexulgadas en vez de intentar coñecelas. Está claro que falar sen criterio é moi sinxelo pero se te pos na pel dos afectados preferirías ser escoitado como calquera persoa, ler os libros que propuxen creo que é unha forma práctica e sinxela de introducirse no tema. Con todo isto creo que xa che respondín as túas preguntas e queda claro que aínda queda moito traballo que facer para normalizar a situación, empezando polas publicacións dos medios.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s