As presións sobre os periodistas medioambientais

González García, Julián – S2A1

Captura de pantalla 2016-03-31 a las 10.57.13
Fonte: Reporteros Sin fronteras

A manipulación nos medios de comunicación pode presentarse de moitas maneiras distintas, pode ser levada a cabo polos periodistas, os directores ou persoas alleas ao medio. Cando é así farano, moitas veces, por medio de presións. Que poden ser do máis inocente, coma a de un neno que chama a un medio porque lle parece que ten algo moi importante que contar. Ou do máis inquietante, cando veñen das altas esferas do poder político ou económico.

Un dos ámbitos máis delicados é o do periodismo ambiental. Así o recolle Reporteros sin Fronteras nun dos seus últimos informes, titulado “Clima Hostil para los periodistas ambientales”, que se pode ler na súa web en francés e en inglés. Unha publicación de 28 páxinas que destaca o constante deterioro da situación para os periodistas ambientais, cada vez máis expostos a presións, ameazas e agresións.

No informe, publicado o pasado mes de novembro, recóllense algúns destos casos. Un deles é o de Ahmed Rilwan, periodista das Maldivas, que ao día seguinte de publicar un artigo crítico coa busca de petróleo nas suas augas foi secuestrado. 600 días despois aínda non se sabe nada do seu paradoiro, e a súa familia ten denunciado presións por parte da policía das Maldivas para que abandonasen a busca. En total, dez periodistas ambientais foron asasinados dende 2010, segundo afirma Reporteros Sin Fronteras. Casi todos en Asia (India, Camboia, Filipinas e Indonesia).

A todo isto hai que sumar a censura que se da en alguns países por parte dos seus gobernos. Coma é o caso de Ecuador, onde a lexislación impide aos periodistas cubrir a extración de petróleo no Parque Nacional Yasuni, onde a biodiversidade está recoñecida a nivel internacional. Algo similar pasa en Canadá, onde o goberno amordazou a científicos federais para evitar que falasen con periodistas sobre os perxuizos de extraer petróleo nas areas bituminosas.

Tamén son moitos os periodistas ambientais que recoñecen que compañías privadas se puxeron en contacto con eles para intentar comprar o seu silencio. James Randerson, editor da campaña “Keep it in the ground” do diario británico The Guardian, que pretende extender a mensaxe e a esperanza de que o mundo aínda pode parar o cambio climántico, declarou que en maior ou menor medida adoitan recibir presións sobre os temas que van a cubrir e sobre cómo o van a facer.

Ante esto, e para mellor as súas informaciones pero tamén para protexerse, os reporteiros ambientais estanse unindo cada vez máis. Unha das súas asociacións máis grandes é a Society of Environmental Journalists (SEJ), formada nos Estados Unidos para, entre outras cousas, prover dun soporte vital a xornalistas de todo tipo que afrontan a responsabilidade de cubrir temas ambientais delicados.

Referencias

Reporteros sin fronteras. (2015). Clima hostil para los periodistas ambientales. 24/03/2016, de Reporteros sin fronteras Sitio web: http://www.rsf-es.org/news/informes-clima-hostil-para-los-periodistas-ambientales-nuevo-informe-de-reporteros-sin-fronteras/

 

Horas de revisión e publicación:

-Revisión do editor: 31/03/2016 10:40

-Revisión do GBO: 31/03/2016 11:37

-Publicación: 31/03/2016 10:39

Advertisements

8 comentarios en “As presións sobre os periodistas medioambientais

  1. Gómez García, Silvia – S2D3

    Aínda que o xornalismo medioambiental nunca foi camiño de rosas, dende as últimas dúas décadas a tarefa foise complicando. Ademáis, nos últimos 6 anos, xa non só se teme á censura e ás dificultades burocráticas, senón que os xornalistas tamén poñen en risco o seu dereito á liberdade e incluso a súa vida. Sen dúbida o caso de Ahmed Rilwan é un dos máis escabrosos, pero tamén debemos recordar a primaveira de 2015. Varios xornalistas foron agredidos en Perú mentres cubrían as manifestacións contra o proxecto de minas de cobre a ceo aberto no norte do país. Este proxecto faraónico desabastecería a rexión de Cajamarca.

    http://www.reporterre.net/L-eau-ou-l-or-Au-Perou-la-lutte-des-peuples-contre-des-mines-devastatrices

    O mesmo informe que mencionabas, “Clima Hostil para los periodistas ambientales”, recolle un caso moito máis político e menos debatido, o dos xogos de inverno de Sotchi en 2014. O xeólogo e xornalista Evgueni Vitichko, foi encadeado durante tres días por simplemente intentar cobrir os enormes destrozos ecolóxicos, denunciados por numerosas ONG ecoloxistas. A avogada Yulia Genin, especializada en Dereito Ambiental xa viña denunciando en 2013 o acoso constante por parte da policía rusa que sofrían os medios e asociacións que o querían denunciar.

    http://www.reporterre.net/Sotchi-les-Jeux-de-la-repression

    https://sochiwatchdotorg.wordpress.com/2013/10/07/to-the-question-of-cracked-environmental-pillar-of-olympic-movement-oppression-of-environmental-watch-on-north-caucasus-by-russian-authorities-and-importance-of-this-environmental-ngo-in-protection-o/

    Revisión da coordinadora: 11/04/2016 ás 18:50

    Gústame

    1. Ola Silvia! Antes de nada, moitas gracias pola túa aportación. Tes toda a razón, o xornalismo medioambiental nunca foi fácil, pero nos últimos anos a situciación estase volvendo moi perigosa. Non coñecía o caso dos xornalistas agredidos en Perú, pero ben é certo que aínda que só citei o de Ahmed Rilwan, porque me pareceu un dos máis chamativos, podería ter citado outros moitos. Por desgracia, son moitos os intentos por tapar este tipo de informacións.

      Sí que tiña escoitado falar do que acontecera cos xogos olímpicos de inverno en Sochi. Desde logo, un feito desdeñable. Posto que o fermoso das olimpiadas é que valen para promover os valores do deporte. Pero cando se mezclan intereses económicos ou de outro tipo por detrás manchan a súa imaxe. E neste caso, tamén a saúde do noso planeta. E iso é algo do que deberíamos ter dereito a estar informados. Por eso penso que deberíamos facer todo o posible por protexer aos periodistas medioambientais, para que así poidan facer o seu traballo.

      Saúdos Silvia!

      Revisión da editora: 15/4/2016

      Gústame

  2. Rodríguez Arias, Icía S3A3

    O xornalista recibe unha gran presión dende o exterior para contar as cousas dunha determinada forma, e aínda máis se hai intereses de por medio. O xornalismo medioambiental vese claramente afectada por isto, os recursos naturais son esenciais para moitas empresas e ás veces non lles interesa que se saiban determinadas formas.

    Sen chegar tan lonxe, a min teríame gustado que no seu momento, co incendio das Fragas do Eume, se tivera feito unha investigación debida. Hai pouco, La Voz de Galicia publicaba este artigo tan interesante sobre o tema

    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2016/04/02/huella-fuego-perdura-as-fragas/0003_201604G2P12991.htm

    É moi interesante que aínda apareza de cara ó final, se denuncie que non se calificou de catástrofe natural e o perigo que sufriron e sofren as Fragas, un parque coas súas máis de 9.000 hectáreas é unha das maiores reservas do bosque de ribeira en Europa.

    Ogallá nos unísemos máis en iniciativas como a que nomeas de cara ó final do teu artigo, para ter máis liberdade en canto a denuncia de problemas medioambientais que non deben ser silenciados polos intereses de terceiros.

    Gústame

    1. Hola Icía. Non cabe ningunha dúbida de que en temas medioambientais o grande problema que impide desenvolver aos xornalistas o seu traballo e que hai grandes intereses económicos tras moitos dos temas que se destapan. Por eso é tan importante amparar a estos xornalistas, para que poidan exercer un xornalismo de denuncia que evite que se atente contra a natureza. A verdade é que non coñezo moi ben o caso das fragas do Eume, pero pode ser que o tratamento do incendio non fose o máis adecuado. E sí, eu tamén penso que as asociacións de periodistas son algo bo, que podén contribuir a evitar estas presións. Porque unidos, serán máis fortes.

      Revisión da editora: 22/4/2016 11:55

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s