Cara a integración e normalización do galego

Villar Manso, Susana- S3A5

voto-diverso

Hoxe en día todos sabemos da existencia e necesidade  da Linguaxe de Signos. Concebímola como algo normal e imprescindibel na comunicación das persoas xordas pero seguramente moitos de nos preguntámonos, como xurdiu esta forma de comunicarse? Existe unha única lingua ou cada comunidade ten a súa?

A realidade é que aínda que hoxe en día as linguas de señas utilizanse casi exclusivamente entre persoas con xordera, o uso destas  na comunicación é tan antigo como o das linguas orais ou incluso máis.

En canto respecta a nosa comunidade, contamos cunha linguaxe de signos galega. Sin embargo, ao ser considerada como dialecto e non como lingua, esta quedou relegada da educación lingüística. Esto produciuse nun momento da nosa historia no que primaba sempre o castelán por encima do galego ,de forma que na actualidade as persoas que se comunicaban a través da lingua de signos nos saben falar a nosa lingua. Ademáis, segundo a lei de 1983, as persoas deficientes non estaban obrigadas a estar escolarizadas.

Non será ate o cambio de lei de 1990 cando o alumnado xordo  sexa incluido en centros ordinarios  e estes sexan dotados dos recuersos necesarios para a súa integración, como mestres especialistas en Audición e Linguaxe  e intérpretes.

A lei educativa actual, Lei Orgánica 8/2013, de 9 de diciembre de 2013 contempla entre os seus plans de estudio a inclusión da asignatura Lingua de Signos, sin embargo, esta aínda non ten aplicación efectiva en Galicia. A lingua de signos é soamente unha lingua vehicular para aquelas persoas que dispoñen dun intérprete na aula.

Os esforzos actuáis son, por unha parte o de conseguir que a lingua galega sexa recoñecida como tal, e pola outra banda, conseguir que a linguaxe de signos sexa algo obligatorio e non opcional. Da mesma forma que eles vense obrigados a comunicarse partindo da base da linguaxe oral, nós deberíamos facer un esforzo  por aprender a linguaxe signal. Desta forma, a  integración sería moito máis sinxela e xusta e axudaría a que se vise a comunidade de xordos como algo natural e non como un subgrupo de marxinal.

En relación con este obxectivo, atopamos a iniciativa de Emma Blanco Díaz, quen respaldada pola “Federación Gallega de Asociaciones y personas Sordas” vai polas escolas de Arteixo falando os nenos dos problemas que teñen que superar as persoas con esta discapacidade todos os días.

Se ven é positivo que se leven a cabo este tipo de iniciativas, seguimos vendo como en pleno século XXI a prensa sigue a falar dos xordos como un colectivo aparte. Deberiamos ter en conta que da mesma forma que cada neno oínte é distinto, tamén o é cada neno xordo. O que se está a reivindicar é que exista un orador nas clases para que os nenos podan comprender o que dín os profesores. Isto non parece suficiente porque non todos aprenden o mesmo ritmo. Desta forma producirase un problema maior, xa que os profesores deixarán todo o traballo referido os non oíntes en mans dun único orador que non poderá ocuparse de todos e cada un deles individualmente, quedando a aprendizaxe dalgúns atrofiada.

Polo tanto,  aportación dos medios neste asunto debería ir máis alá de pretender que haxa un orador por clase.  A maior contribución debería estar en concienciar a poboación dos problemas que cada neno xordo ten día a día como ser individual na súa comprensión da realidade e pór as ferramentas que estén nas súas mans para paliar estes problemas.

En canto a prensa galega, ten  que  responsabilizarse tamén do feito de pertencer a unha comunidade cunha lingua propia que debería ser un dereito de todo galego e galega e que por causas evidentes non pode ser disfrutado por as persoas xordas. Ao igual que a constitución española recoñece como lingua o idioma galego, deberíamos contar cunha linguaxe de signos que permita comunicarnos entre nos e facernos respectar ao longo do mundo.

http://www.xtec.cat/~cllombar/espanol/llenguasignes/llenguasignes.htm

http://www.xunta.es/dog/Publicados/2014/20141217/AnuncioC3B0-111214-0001_es.html

http://lenguadesignosnee.blogspot.com.es/p/historia-de-la-lengua-de-signos.html

http://cvc.cervantes.es/lengua/esletra/pdf/04/017_diaz.pdf

Red sorda Galega

– Primeira revisión editor: 28/03/2016 18:32

– Primeira revisión GBO: 28/03/2016 19:05

– Segunda revisión editor:28/03/2016 20:34

– Segunda revisión GBO: 28/03/2016 20:45

– Terceira revisión do editor: 30/03/2016 18:00

– Terceira revisión do GBO: 30/03/2016 18:50

– Publicación: 30/03/2016 19:20

 

 

Advertisements

3 comentarios en “Cara a integración e normalización do galego

  1. Tarrío Rodríguez, Eva – S3E3

    Ola Susana!
    O tema que estás a expoñer neste post é moi interesante, ademais de algo que debería preocupar a unha maior cantidade da poboación. Tendo en conta as miles de persoas con xordeira, tanto en España coma en Galicia, debería existir unha linguaxe de signos normativizada en galego. Trátase dun idioma máis que debería contar coa mesma accesibilidade ca outras como o catalán, por exemplo.
    Chamoume moito a atención que, buscando información acerca da linguaxe de signos en galego, non atopei ningunha clase de noticia na que se falase dista problemática. Certo é que o número de asociacións, grupos e iniciativas non é corto, pero resultoume impactante que en cada unha destas a lingua de signos fose exclusivamente en castelán.
    Atopei estes exemplos en diferentes xornais galegos:
    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/2013/10/10/asociacion-personas-sordas-convoca-curso-lengua-signos-2013-2014/00031381408699298968246.htm
    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/2013/11/14/ninos-vigo-arrasan-red-cancion-lengua-signos/00031384426703556267828.htm
    Parece que os avances e as axudas aumentan para a comunidade xorda e a linguaxe de signos, pero algo tan simple como conseguir a linguaxe de signos en galego non logra ter suficiente atención ou impacto. Incluso a páxina web da Federación de Asociación de Persoas Xordas en Galicia (http://www.faxpg.es/) atopase en castelán, non na propia lingua do territorio no que este grupo está a traballar. Os recursos que a FAXPG ofrece non son poucos (logopeda, voluntariado, eventos…). Trátase dun organismo moi útil para a comunidade xorda en Galiza, pero que, aínda así, nin sequera pode ofrecer un curso de lingua de signos en galego ou, algo tan sinxelo, como pór a páxina web na lingua da súa propia zona. Pensan que con isto conseguirían un menor impacto na sociedade? Queren expandirse fóra? Seguen sen ser boas excusas, na miña opinión.
    Por outa banda, parece que, polo menos, a USC sí que logrou un pequeno avance xa no 2012: http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/usc-incorpora-lengua-signos-oferta-academica-centro-linguas-modernas/idEdicion-2012-09-04/idNoticia-764120/
    Nesta noticia do xornal El Correo Galego explícanos que O Centro de Linguas Modernas (CLM) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) ofertará cursos en 13 linguas, entre elas a lingua de signos. Os cursos serán de distintas linguas como catalán, ruso, alemán, portugués…e galego. Aínda que é para non galego parlantes, polo menos hai un pequeno grupo disposto a abrirlle o galego á linguaxe de signos.
    Por último, deixoche o Facebook dunha asociación viguesa que se dedica a ofrecer cursos de formación adaptados ás necesidades e demandas dos seus alumnos e cuxos servizos contan con talleres, cursos, campañas de sensibilización,contos teatrais…etc.
    https://www.facebook.com/AZ-Lengua-de-Signos-301764649964537/
    Como conclusión soamente engadir que estou de acordo con o tema que trataste no post, Susana, a linga de signos é moi importante e as persoas xordas galegas teñen todo o dereito a poder comunicarse na lingua da súa terra.

    – Revisión do editor: 29/03/2016 19:13
    – Revisión do GBO: 29/03/2016 19:50
    – Publicación: 29/03/2016 20:17

    Gústame

    1. Moitas grazas pola túa aportación Eva! Da gusto ver como pouco a pouco a sociedade vai concienciándose do necesario que é traballar para a integración de colectivos que foron marxinados ate o momento. É curioso como en Sudmarérica tómanse moito máis en serio a idea de que os nenos poidan ter acceso ás diversas linguas. Un exemplo recente disto podemos atopalo no xornal terra http://noticias.terra.com/mundo/latinoamerica/traducen-10-cuentos-a-lengua-de-senas-para-ninos-sordos-mexicanos,cf47a47cada4979d8d0c9c195a4a98b5eu6ye8u8.html
      Ademaís gustariame incidir na idea de que, a pesar das moitas iniciativas que expuseches, estas siguen sin ser suficientes. O reto é que cheguemos a unha situación na que non se publiquen este tipo de novas polo feito de que sexa o normal na vida cotidiana e todo isto só pode chegar coa axuda dos medios de comunicación.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s