Eurocentrismo o primeiro

 

Fonte Imaxe: REUTERS/MARCO DJURICA

Sande Barbeito, NereaS3B5

Nos últimos meses por mor de que o conflito en Siria empeorase foron moitos os medios de comunicación nun intento de cubrir acontecementos e informar aos seus lectores da mellor forma posible deixaron moita información no tinteiro, información que é crucial á hora de que a xente forme opinión sobre este problema que nos interesa a todos.

Os nosos medios locais, como poden ser La Voz de Galicia, El Progreso ou El Correo Gallego , nun intento por cubrir as últimas noticias de actualidade sobre refuxiados cometeron unha serie de erros que, seguindo os nosos indicadores, non se axustan coa nosa forma de tratamento do tema. La Voz de Galicia, un dos medios de referencia na nosa comunidade, dedícalle moitas noticias e artigos de opinión. Un exemplo claro do clásico “deixarse tinta no tinteiro” é esta noticia  publicada na versión dixital do devandito xornal. O seu titular iníciase con “O Papa condena o terrorismo e o trato dado aos refuxiados”. Nun principio e sen comezar a ler a noticia e profundar sobre ela, parece que vai falar sobre “o trato dado aos refuxiados”, como viven, cales son os seus problemas… 

Pero no transcurso da noticia en ningún momento se explican as causas que levaron aos refuxiados marchar do seu país, o conflito sirio e o aura de misterio que o envolve, non se reflexa na realidade que están a vivir, non se lle dá voz na noticia. Fálase de refuxiados pero non se teñen en conta ás persoas como suxeitos, englobase a todas nun mesmo colectivo.

Outro exemplo do mesmo xornal é esta noticia que titula cun “A crise de refuxiados agrava a histórica carencia de vivenda en Alemaña”. No texto podemos atoparnos coa seguinte frase: […Alemaña, que se consolidou como un país de acollida, carece de vivenda suficiente para responder á demanda…]. Lendo a noticia detidamente afírmase que isto é debido a que o número de inmigrantes e refuxiados é demasiado elevado. Cando fai referencia a demanda fai referencia á situación precaria que están a atravesar os refuxiados, é dicir, a demanda son os refuxiados. Por outra banda, a forma na que está escrita o artigo deixa entrever que os refuxiados non son os que teñen o problema, senón que o maior damnificado é Alemaña porque se colapsa o seu mercado inmobiliario, co cal, desta maneira créanse prexuízos negativos sobre os refuxiados.

Cambiando de medio e penetrando na provincia de Lugo atopámonos co diario El Progreso. Buscando na súa hemeroteca e buscando a palabra crave “refuxiados” saíronnos un total de 948 resultados. Se reducimos aos últimos 3 días o total de textos nos que se fai mención a esta palabra é de 2, unha entrada no blog da páxina que non ten valor informativo, e un artigo de opinión. Seguindo o mesmo procedemento na hemeroteca de La Voz de Galicia encontramos  5.212 resultados en primeiro lugar, e na franxa dos 3 últimos días un total de 19 textos, é dicir, 9 veces máis que o diario lucense. As últimas noticias informativas na súa hemeroteca, ningunha delas recolle a voz aos afectados, remóntanse ao 23 de marzo. Dita noticia, composta por dous parágrafos de 4 e 5 liñas respectivamente titula da seguinte forma: “Un viveirense axudará aos refuxiados na Illa de Chíos”. Ricardo Quelle Souto  o viveirense en cuestión, e citando palabras textuais da noticia o mozo “emprende este domingo a aventura da súa vida”, que é ir prestar axuda aos refuxiados da Illa de Chíos. “A aventura da súa vida”, axudar a refuxiados que dependen da nosa solidariedade, unha forma de xogar coa situación precaria que están a atravesar.

Por último, El Correo Gallego, non fai unha abundante cobertura informativa comparándoa coa de La Voz de Galicia. No último mes publicáronse 73 textos relacionados con ambas palabras claves, moitos deles, artigos de opinión e cartas ao director, polo que, a cantidade de contido informativo propiamente vese reducido considerablemente. A última noticia sobre as condicións dos refuxiados ou que se deixa entrever a situación dos mesmos data do 24 de marzo. A noticia fai referencia a unha recollida de material sanitario e de abrigo en Ferrol. Na mesma aparece reflectida nunha ocasión a razón pola que ven obrigados a fuxir do seu país, atravesando por unhas terribles condicións de vida e que non contan co beneplácito de Occidente. Neste caso mostrase a realidade que están a atravesar pero en ningún momento profundase nela coa importancia que se debería. Tampouco se conta como fonte informativa aos afectados.

En ningún dos 3 medios teñen voz as fontes afectadas, fálase de refuxiados pero sen os seus testemuños, non se explican causas concretas, non se explican consecuencias, créanse prexuízos negativos, empréganse palabras sensacionais… Parece coma se nos esqueceramos de que no noso día nós tamén fomos refuxiados.

REFERENCIAS

Hora de publicación: 21:56

Hora de revisión editor: 21:34

Hora de revisión do coordinador: 21:46

Advertisements

11 comentarios en “Eurocentrismo o primeiro

  1. Feijoo Garcia, Luis (S1D4)

    Parece que finalmente, despois de varias semanas Rajoy cede e comparecerá para explicar a reunión europea sobre os refuxiados (http://cadenaser.com/ser/2016/03/28/politica/1459192502_864065.html).

    A falta de información en relación da crise europea dos refuxiados é unha cuestión presente nos medios de comunicación pero tamén nos nosos gobernantes. Así, ninguén nos explica como, recentemente, a Unión Europa pechou o acordo con Turquía para a expulsión dos refuxiados, en que termos se realizou a aprobación dunha proposta ao límite da legalidade para non poñer en perigo os problemas internos de cada un dos países membros (podemos entender problemas electorais?), para, desta maneira, lograr poñer fin ao fluxo migratorio.

    Pola súa parte, non son claras as contrapartidas para que Turquía se fregue as mans; quere isto dicir que xa está máis preto de entrar no club dos 28?

    No que si parece que temos información é que debemos estar todos contentos, todos satisfeitos, excepto, claro, os refuxiados, os que están varados nas fronteiras pechadas.

    Con todo, estamos a traizoar os principios que orixinaron a UE e os medio e os políticos pasan por riba de informarnos cales son os motivos reais para chegar a este acordo. Aos dirixentes europeos non lle importa informarnos e menos lle importan os refuxiados.

    Como cidadáns europeos e como xornalistas esta falta de información é tamén un fracaso noso e deberiamos informar con claridade da deportación colectiva dos refuxiados aprobada polos nosos gobernantes.

    Revisión GBO: 29/03/2016 17:49

    Gústame

    1. Sen lugar a dúbidas é un asalto ós dereitos humanos das persoas, xa sexan refuxiados ou non. Non importa de onde proveñan, eses dereitos os temos connosco polo simple feito de ser humanos, non por vir dun país ou outro,
      O tema da expulsión dos refuxiados da UE é un tema de actualidade, é un tema que se recolle nos medios, todo o mundo sabe o que está a pasar o que implica que hai cobertura informativa. Outra cousa moi diferente é a calidade de dita cobertura, e ese é o problema fundamental. Aínda que se recolla nos medios non se fai de maneira adecuadada, non se contextualiza, non se empregan fontes afectadas, non se explican causas, consecuencias. Todos sabemos que están fuxindo do seu país porque está en guerra. E xa está. Non sabemos nada máis de Siria e o conflicto que están atravesando. Non sabemos por qué están en guerra, non sabemos de onde saíu ISIS e cantidade de atentados que hai por medio oriente. E todo isto por que? Porque non o recollen os medios. Información vacía, información de baixa calidade, periodistas que se preocupan por cubrir un suceso sen profundizar nada máis. Esta é a razón pola cal o xornalismo está en crise, é a única forma de erradicalo problema está na nosa man. Gracias por comentar.

      Gústame

  2. Rodríguez Losada, Adrián (S3D3)

    Somos coñecedores da falta de implicación internacional que podemos chegar a ter cada un de nos, e polo tanto os medios de comunicación son coma unha especie de espello que amosa como é a sociedade. É triste ler artigos que falan da pouca predisposición dos medios locais para abordar temas de tan grandiosa índole como é o dos refuxiados de Siria.

    O tema dos refuxiados sirios afecta principalemente a todo o conxunto de Europa, e sobre todo aos dirixentes de cada un dos paises da mesma, nos últimos días estableceronse acordos que lexos de procurar unha mellora na vida dos refuxiados buscan o seu propio interese. Decidiron mandar todos aqueles refuxiados que están en Grecia cara Turquía, debido a que en Europa existe un abastecemento, pero cal é o motivo polo que Turquía acepta estes refuxiados? unha mellora nas súas relacións con Europa, 3.000.000 millones de euros para o país, e que a poboación turca poida viajar por Europa sen visado.

    Pero nos xornais estase facendo eco do incumprimento por parte do goberno Turko, está a enviar aos refuxiados sirios de volta ao seu país, de onde fuxiron por ter que enfrentarse cada día cara a cara ca morte.
    http://www.lavanguardia.com/internacional/20160401/40796913840/turquia-realiza-devoluciones-forzosas-gran-escala-refugiados-siria.html

    Todo este problema que ha creado tanto Europa como Turquía lleva a la creación de organizacións de traficantes de personas, que exigen al menos mil dólares (unos 880 euros) por persona para ayudar a los refugiados a cruzar la frontera.

    Si todos los 28 países de la UE hubiesen cumplido con los Derechos Fundamentales de la UE que obliga a prestar asilo a quienes huyen de sus países por conflictos armados – y, no hubiesen levantado vallas y concertinas no hubiese sido necesario buscar la ayuda de Turquía teniéndole que pagar con el dinero de los Fondos de Ayuda europeos.

    Data de emisión do comentario: 01/04/2016- 14:16
    Data de revisión do GBO: 01/04/2016- 17:01
    Data de publicación do comentario: 01/04/2016- 17:15

    Gústame

    1. “O tema dos refuxiados sirios afecta principalemente a todo o conxunto de Europa” cito textualmente do teu comentario. Esa é a idea que pretende transmitirnos os medios, que os afectados somos nós, non eles. Obviamente os principais damnificados deste problema son os refuxiados, non a UE. Desta forma os medios o único que provocan e que se creen prexuízos contra os refuxiados inxustificadamente, o cal é moi inxusto.
      Na actualidade, e coma ti dis no teu comentario, os países móvense por diñeiro, non importan as vidas das persoas, valen máis os intereses políticos, o non visado a Europa dende Turquía, ou a mellora das relacións cos 28.
      Facendo referencia ó artículo que adxuntaches non teño palabras. Non se respetan os dereitos humanos, non se respeta o dereito á vida. Se naces fora das nosas fronteiras é coma se todos os teus dereitos desaparecesen. Dependendo da cor da túa pel tes dereito a vivir ou non. Sona duro pero é a cruda realidade.
      É hora de que estas inxustizas rematen, basta de que primen os intereses políticos e económicos fronte a vida das persoas. Basta de que se terxiverse todos nos medios vendéndonos que eles non teñen ningún problema, senón que o temos nós. Basta de facer mal periodismo. Un saúdo e gracias polo teu comentario.

      Gústame

      1. Rodríguez Losada, Adrián (S3D3)

        En canto a ¨ afecta principalmente a europa¨ do meu comentario , entendo que pode chegar a confusión, emprego a frase ¨ afecta principalemte a europa¨ referindome a que nos afecta, é decir, provoca un efecto sobre nós, xa que aos lugares onde están a ir son a súas única salvación, e debemos ser nós os que fagamos o posible para minimizar os danos que poidan sufrir. Por outro lado, estou dacordo contigo e considero que os medios deben porse as pilas neste asunto e amosar dunha vez por todos quenes son os dagnificados deste problema.

        Gústame

  3. Reboreda López, Sandra. S3D1
    Ola Nerea. A lectura do teu artigo invitoume a, unha vez máis, reflexionar acerca da importancia dos medios de comunicación na sociedade. O papel dos xornalistas é imprescindible á hora de dar a coñecer unha realidade tan dura como a que están a vivir os refuxiados. A terminoloxía, o enfoque e, sobre todo, as fontes de información, son elementos clave no desempeño dun xornalismo que contribúa a difundir na sociedade mensaxes concienciadoras. Nada mellor que a primeira persoa para ser partícipes da situación, que por sorte non nos está tocando vivir, pero que si forma parte da nosa memoria histórica.
    De nada serve escribir sobre eles, pero sen eles. Loitemos porque o seu protagonismo sexa real, porque teñan voz entre nós e, sobre todo, por un xornalismo veraz. Achego un link moi interesante para ampliar información sobre o tema: http://elrobotpescador.com/2015/09/08/cosas-que-nos-ocultan-sobre-la-crisis-de-los-refugiados/, así como un traballo da Universidade de Navarra sobre o comportamento dos medios ante crises humanitarias: http://www.unav.es/fcom/communication-society/es/articulo.php?art_id=465.
    Espero que che axuden, saúdos.

    Data de emisión do comentario: 01/04/2016- 17:12
    Data de revisión do GBO: 01/04/2016- 18:54
    Data de publicación do comentario: 01/04/2016- 19:46

    Gústame

    1. O papel do xornalista é imprescindible á hora de facer conciencia na sociedade. Todas as noticias que temos do exterior proveñen de ahí, se esa información non é veraz, non está contrastada ou se responde a algún tipo de interés ecónomico ou político o que está a pasar e que están envelenando a nosa precepción dos feitos. Os artigos moi interesantes, e respecto das mafias que trafican con persoas son as principais beneficiarias de todo isto, xa que se están a lucrar dunha situación que, non se nos esqueza, propiciou a UE e Turquía. Gracias pola túa aportación. Un saúdo.

      Liked by 1 person

  4. Gutiérrez Caneda, Beatriz – S2D4

    Ola Nerea.

    Resultoume moi interesante este artigo. Estou completamente de acordo contigo en que o tratamento da información relacionada cos refuxiados é, na maioría dos principais medios de comunicación, completamente incorrecto. A información descontextualizada leva a unha falta de datos moi importante que fai que o lector non se poida formar unha idea correcta do verdadeiro problema. Por outra banda, estase a criminalizar ás vítimas, coma se quixesen vir “por que si” ao noso país e non por tentar sobrevivir, mentras se vitimiza aos cidadáns europeos sen motivo algún. Este é outro caso no que votamos en falta, ademais, ás voces protagonistas nas noticias publicadas. Un exemplo de todo isto que comento é esta noticia que publica o diario ABC. (http://www.abc.es/internacional/abci-espana-acogido-mas-3000-refugiados-desde-2012-principalmente-sirios-palestinos-y-somalies-201604212311_noticia.html). Un bo xornalista debe ter en conta todas as partes que participan no feito, sen darlle máis importancia a unhas que a outras.

    Un bo tratamento da información nos medios en canto á inmigración é indispensable para unha sociedade de igualdade e máis xusta. Para logralo, os xornalistas deberían ter en conta indicadores como a contextualización, evitar a criminalización das vítimas e darlle voz a todas as voces participantes no feito.

    Un saúdo.

    Revisión da coordinadora: 19:03
    Revisión do editor: 24/04/2016 ás 1:17

    Gústame

    1. Estou totalmente dacordo contigo cando falas de que estase a criminalizar as vítimas, cando o único que están a facer e fuxir do seu país para que non os maten ou morran de fame. Porén, os medios de comunicación véndennos que os afectados somos os europeos porque temos que acoller a moitas persoas e “non hai infraestructuras nin diñeiro suficiente”. É unha vez máis volvemos á hipocresía dos medios, volvemos á que a igualdade non existe, non se trata coa mesma soldariedade unhas persoas que outras, en definitiva, a ollos dos medios, non todos somos iguais. Grazas Bea.

      Revisión do editor: 16:05
      Revisión do coordinador: 17:34
      Publicación: 17:45

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s