Morrendo en soidade

Fernández Ruiz, Nagore- S2C3

1453461841_873727_1454342939_noticia_normal_recorte1
Fonte: El País

Cada vez son máis numerosas as noticias que falan de anciáns que falecen nas súas casas en soidade. Incendios, explosións de gas ou cortes eléctricos. As páxinas dos xornais e os minutos na televisión achegan información que explica como e a que hora se orixinou o lume, o estado no que se atopou o corpo ou a veciña que chamou a policía.

O problema atópase no por que. Por que un ancián de 80 anos falece na casa na que vive dende toda a súa vida, ou por que unha señora de 88 falece sentada na súa cadeira mentres a envolven as chamas. O relevante do asunto non é a rapidez coa que chegou a policía e tampouco as horas que se tardan en entrar á vivenda, senón o feito de que o Estado permita que persoas dependentes da Terceira Idade cometan un pequeno erro e falezan.

Cando nun medio se fala de políticas pola dependencia só se fala de pensións. Nos medios non se fala dos maiores dependentes sen recursos, nin sequera cando estes aparecen mortos nas súas casas, sen ninguén ao redor. Cando lemos noticias como a de El País do pasado 26 de marzo, observamos como as causas do lume ou a actuación da policía están moi ben explicadas, pero o lado humano da información, a realidade que viviu ese home nos últimos anos da súa vida, iso non se conta, parece que non importa. Outra noticia, tamén do xornal El País do 2 de febreiro, no que se explica quen chamou a policía e como atoparon o corpo, pero non se di se a muller tiña algún tipo de dependencia, enfermidade ou invalidez. Ademais, se indagamos máis a fondo, podemos observar que o problema non é só a dependencia e a axuda que precisen, senón a soidade que soportan, xa que vivir en soidade  aumenta nun 14% as posibilidades de morrer.

Así, os medios de comunicación son capaces de aportar todo tipo de información detallada, pero limítanse a amosar os feitos. Non investigan sobre as causas que levan a anciáns a morrer así, se pediron algún tipo de axuda económica ou asistencial ou mesmo se teñen familia. Ninguén cuestiona se estas mortes foron causadas por eles mesmos, ou se pola contra, foron vítimas de políticas que se manteñen ao marxe.

Referencias:

-Miguel Ángel. (2015). La soledad debilita las defensas. Marzo 2016, de El País Sitio web: http://elpais.com/elpais/2015/11/23/ciencia/1448300255_819556.html

-EFE. (2016). Una octogenaria muere en Getafe tras arder un sillón de su casa. Marzo 2016, de El País Sitio web: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2016/02/02/madrid/1454433338_521822.html

-F.Barroso. (2016). Un hombre 80 años muere en el incendio de su vivienda en Latina. Marzo 2016, de El País Sitio web: http://ccaa.elpais.com/ccaa/2016/03/26/madrid/1459024262_425492.html

Revisión do editor: 28/03/2016 18:05h

Revisión coordinador: 28/03/2016 18:25h

Hora de publicación: 28/03/2016 19:30h

Advertisements

13 comentarios en “Morrendo en soidade

  1. É o xornalismo sinxelo, o de recollida de datos rápidos e inmediatos. Para saber porqué esa persoa dependente morreu soa ten que haber detrás unha labor de investigación: ¿ten familia?¿ si ten familia porqué vivía soa?¿se detrás de esa soeade había un problema psíquico porqué non actuaron os servizoz sociais?. Estas e outras preguntas requiren de un traballo de investigación que ten un custo que os actuais medios de comunicación non queren ou non poden costear. S2C5

    Gústame

    1. Si, estou totalmente de acordo. E este tipo de información lévame a pensar se o xornalismo e os medios só se manteñen ao marxe da investigación cos asuntos da terceira idade, ou se pola contra, se trata dun problema que abarca máis aspectos. De tódolos xeitos, os maiores son un sector da sociedade enorme, que precisa xa dunha representación real.

      Gústame

  2. Jaime Valdivieso Vidal (S3C4)

    Unha vez máis nos medios de comunicación, tal e como dis no artigo, prefiren mostrar a audiencia un tipo de perdismo sensacionalista que non require de pensamento crítico nin de busqueda de preguntas. Non obstante, neste caso concreto de mortes traxicas de ancians, creo que gran parte dá culpa a teñen os consumidores destas noticias. Que existan programas na televisión pública como “España directo” e que inda por riba chamen ao seu traballo peridismo e moi flagrante. A audiencia gustalle ou morbo; as desgracias axenas. É un feito que este tipo de noticias venden xornais e ata crean programas televisivos. Loxicamente, os medios como empresas que son en definitiva, aproveitanse disto. Ou que se que creo firmemente e que os medios frivolizan este tipo de información. A fan o máis truculenta posible para alimentar esta ansia de morbo dá que falaba anteriormente. Claros exemplos disto podemolos ver en asasinatos como o de Asunta ou o recente caso do asasinato de Isabel Carrasco. Durante días e mesmo meses, enchense os medios con detalles que se saen do interes periodistico dá noticia. É moi lamentable que ainda hoxe os medios teñan tan poucos escrupulos á hora de tratar a morte; e por su posto, cos casos dos ancians que morren nas suas casas en soidade ocorre un pouco ou mesmo. . Deixo adxunto un estudio bastante conciso do que creo que é a frivolización nos medios. http://www.mounier.es/revista/pdfs/011009021.pdf

    Data de emisión do comentario: 30/03/2016- 12:04
    Data de revisión do GBO: 30/03/2016- 15:58
    Data de publicación do comentario: 30/03/2016- 17:01

    Gústame

    1. A información é un dereito, Jaime. E como tal, debería ser representativa e o máis obxectiva posible, polo que estou de acordo coa túa crítica sobre o sensacionalismo. O problema surxe cando o xornalismo se vende coma un servicio de entretemento e isto se converte en masivo. E se imos máis alá, a cuestión podería estar no feito de se o xornalismo responde á demanda ou se a crea.
      Grazas pola túa aportación e polo documento adxunto. Como di no texto, “y sin embargo… hay esperanza”.

      Gústame

  3. Natalia Yáñez Vila – S3C5

    O problema iníciase no punto no que a sociedade non cre nas persoas maiores, non pensa nelas. Moitas políticas sociais céntranse no futuro do país, por exemplo tratar de promover iniciativas laborais. a razón disto son os cartos, mentres que a xente nova vai aportar un diñeiro ao Estado, os anciáns estanllo quitando, e por iso precisamente non son un foco no que este se centre.

    É moi sinxelo esquecer o que estas persoas experimentaron ao longo da súa vida, os sacrificios que tiveron que facer, as bocas que alimentaron, as loitas ás que se enfrentaron… Isto empeza xa dende os fogares, cada vez hai máis desapego cara os maiores. Eu sempre recordarei o que me ensinaron meus pais, non hai maior fonte de sabiduría que un ancián. Pero moita xente é educada xa na perspectiva de que as persoas temos unha caducidade, e cando xa non valemos ou non aportamos o suficiente o mellor é aparcarnos nunha residencia,ou como no caso que comentas illados nunha casa…Precisamente este artigo fala do abandono de anciáns en hospitais. http://www.teinteresa.es/espana/miles-ancianos-abandonados-canarias-camas-hospital-ley-dependencia_0_1070894176.html

    Os medios de comunicación teñen a culpa de que non se considere como algo tráxico a morte de alguén da terceira idade só na súa vivenda, xa sexa por un descoido ou por morte natural. Isto deriva de que se toma coma se fose un proceso natural. Está claro que todos imos morrer, pero merecemos facelo de maneira digna, non abandonados á nosa sorte coma cans. Reportaxe titulado ‘Cuando me volví invisible’ , é breve e retrata ben este asunto.

    Data de emisión do comentario: 01/04/2016- 00:08
    Data de revisión do GBO: 01/04/2016- 01:32
    Data de publicación do comentario: 01/04/2016- 02:29

    Gústame

    1. A sociedade moitas veces trata aos maiores coma un lastre, pero sempre esquecen o que eles fixeron por nós. Coidaron dos nosos pais, traballaron toda a súa vida en concicións precarias e aínda lles quedan forzas para seguir. Ademais, se nos centramos na economía, foron eles os que encheron as arcas do Estado e os que manteñen hoxe en día a moitas familias coas súas pensións, como amosa o seguinte artigo publicado en Heraldo.es http://www.heraldo.es/noticias/zaragoza/pensiones_todoterreno_mantienen_abuelos_hijos_nietos.html
      Quen sabe se nós mesmos sentiremos o rexeitamento e o abandono social, mediático e cultural nun futuro. Espero que sexamos capaces de ensinar ás xeracións futuras a non cometer os nosos erros.

      Gústame

      1. Tes toda a razón, debemos educar e tratar de que os medios amosen a outra cara da terceira idade, por sorte hai xente que colabora como voluntaria na Cruz Vermella para coidar anciáns. Pero algúns non precisan coidados, o que buscan é socializar, divertirse, por algo a chamaran a segunda xuventude. Pero se seguimos polo mesmo camiño vexo difícil ensinar a xeracións vindeiras o que non practican as nosas.
        http://www.amigosdelosmayores.org/
        https://obrasocial.lacaixa.es/ambitos/gente30/voluntariado_es.html

        Gústame

  4. Badía Deltell, Carmen (S1D2)

    Os xornais queren vender, queren morbo e queren audiencia. No caso dos anciáns é complicado axustar políticas que manteñan seguros a todos eles, pero isto é aparte, os medios limótanse a contar que alguén morreu, non como. Pero isto pasa con todas as mortes. Hai uns días encontraron o corpo de Brais Bogo no río Sar (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2016/03/30/familia-confirma-cuerpo-hallado-rio-sar-brais-bogo/00031459346484868207697.htm) pero incluso antes de saber que este corpo era o seu, os medios xa comentaban que podería selo. Eu non son familiar seu pero, se o fora, tomaría medidas. É una falta de respeto tratar con morbo este tipo de asuntos cando o implicado non só é o falecido, senón todo o seu círculo cercano, que vive ve a diario como tratan no medio esa morte.

    O xornalismo é indagar, contrastar, dar información de calidade e ser honesto. Non me parece moi dificil pero as empresas que son os xornais queren información rápida, ser os primeiro en cubrir os contidos ante os seus competidores e… o contenido é de todo menos de calidade.

    Ten que existir unhas medidas para o bienestar desta terceira idade dependente e intentar o máximo que deixen de acontencer estas desgracias, e se acontecen, que se traten de forma digna nos medios.

    Revisión GBO: 01/04/2016 22:32

    Gústame

    1. Toda a razón, compañeira. Son moitos os exemplos nos que se lanza unha información sen contrastar, de maneira inmediata, moitas veces falsa ou manipulada.
      A inmediatez por publicar e outro dos problemas do xornalismo actual, ao que por suposto lle sumaría o sensacionalismo.
      Cando se trata da terceira idade, non se indaga nin se contrasta, supoño que pola mente dun director dun medio a cuestión de a quen lle importan os maiores pasa desapercibida. Terá avos que lean os xornais?

      Gústame

  5. Rodríguez Menéndez, Cristina- S3B4
    Moi boa reflexión Nagore, estou completamente de acordo contigo. Desgraciadamente os medios contan o que queren , o que vende máis, o que interesa. É indignante como aínda que non haxa noticias de interese os políticos ocupan a maior parte das páxinas do xornal, mentres que colectivos como a terceira idade carecen dun espazo nel. Porén, as persoas maiores que moitas veces son protagonistas de noticias, que precisan da nosa axuda para que lles demos voz, para concienciar á poboación coas súas historias, para poder cambiar a dura realidade á que moitos teñen que facer fronte. E nós, non só lles quitamos esa axuda, senón que dificultamos aínda máis a súa situación debido o tratamento indiferente co que falamos deles. O feito de que as informacións sobre eles sexan tratadas con indiferenza, como se só fosen un número máis, condúceos á exclusión social. A indiferenza dos medios leva a que a poboación tamén os mire con ollos de indiferenza. Conduce a que leas as noticias sobre mortes de persoas maiores e cambien de paxinas sen antes preguntarse o por que, sen plantearse se podería haberse evitado. A xornalista Loles Díaz Aledo explica moi ben isto neste artigo: http://www.cuartaedad.com/articulos/la-imagen-de-las-personas-mayores-en-los-medios-de-comunicacion/, como ben resalta é necesario acabar con sensacionalismo e o morbo. É necesario crear unha conciencia e para iso o papel dos medios de comunicación é fundamental.

    Data de emisión do comentario: 11/04/2016- 19:00
    Data de revisión do GBO: 11/04/2016- 19:30
    Data de publicación do comentario: 11/04/2016-20:05

    Gústame

    1. Gracias pola túa achega. O xornalismo está en crise, os valores noticia cambiaron e as preferencias na información tamén. Por iso temos que visibilizar os sectores máis manipulables, para achegarnos a eles e coñecer as súas realidades. Gracias tamén polo artigo, moi interesante.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s