Nadando na superficie

Gutiérrez Caneda, Beatriz-S2D4

Durante o noso primeiro círculo de aprendizaxe, un dos membros comentábanos o moito que lle sorprendría o desatendidos e expostos que están os máis pequenos en situación de precariade. O caso que nos explicaba acontecera nunha clase de infantil dunha escola pública de Santiago. De 26 alumnos, dous deles non levaban nunca as “fichas”, porque nin sequera as tiñan. Parece mentira que en pleno século XXI, en España, o dereito á educación non sexa universal. Casos coma estes non chegan nunca aos medios de comunicación, tal e como se queixaban os membros do círculo, só vemos cifras. Como por exemplo nesta noticia: “La pobreza infantil aumenta seis puntos en Galicia desde 2007 y supera ya el 22%”. Trátase dunha noticia publicada polo diario La Opinión en 2014 na que se informa do aumento da pobreza infantil en Galicia pero como xa comentábamos antes non se chega ao fondo da cuestión. Para comezar en ningún momento se aclara o que se entende por pobreza. O  termo pobreza engloba moitas realidades: fame, precariedade, marxinación… Antes de publicar esta noticia os xornalistas deberían investigar e profundizar no tema en cuestión, acudindo a fontes tan importantes coma os propios afectados.

O problema en moitas ocasións desta pouca profundización ven dado por una colectivización dos afectados e por un tratamento paternalista deste grupo. Debido a esta visión paternalista non se lle dá voz aos afectados, non se lles permite que nos conten a súa perspectiva. Moitos medios céntranse só nos datos que nos ofrecen as institucións e non son capaces de ver a realidade que hai detrás. Unha mellor definición do termo e falar con todas as partes afectadas son cuestións imprescindibles para ofrecer unha boa información.

Como xa mencionábamos antes, xunto con este paternalismo xorde outro perigo á hora de publicar unha información honesta e veraz: a colectivización. Non podemos englobar a todos os afectados pola precariedade e a pobreza nun mesmo grupo e tratalos coma se fosen unha soa persoa. Cada caso é diferente e cando colectivizamos corremos o risco de caer en prexuízos e discriminacións.

O día 25 de marzo deste ano, saía por exemplo no xornal La Voz de Galicia a seguinte noticia: “Otra muestra de incivismo de los sintecho del Toural indigna a vecinos y comerciantes de Santiago”. Trátase doutra mostra de que os medios de hoxe en día limítanse a nadar na superficie do problema en vez de sumerxirse e buscar a orixe. As persoas afectadas que viven na praza do Toural levan ahí, sobrevivindo, dende fai moitos anos. Sen entrar nos motivos polos que esta muller actuou así, cabe preguntarnos como é posible que nos preocupemos só pola situación destas persoas cando nos molesta. Se tiveran un lugar onde vivir, probablemente isto non sucedería. E é xustamente isto o que non reflexa esta noticia. O xornalista encargado de redactala nin se molestou en ir entrevistar á protagonista da noticia (cando probablemente siga no mesmo lugar que onte e antes de onte). Simplemente relatou os feitos de maneira sesgada, sen intentar ver onde está a orixe do problema e discriminando así aos afectados. Se se tratase doutra persoa, probablemente o titular da noticia fose parte da declaración do protagonista.

Pero non é a primeira vez que os medios de comunicación galegos dan un trato “especial” ás persoas afectadas. Coa chegada de decembro, o concello de Santiago de Compostela, organizou unha  serie de chocolatadas para os cidadáns aos que se achegaron moitas e moi diversas persoas. Entre elas, algún afectados pola pobreza e a precariedade. E a algún xornalista do diario El Correo Gallego non se lle ocorrreu mellor cousa que falar da asistencia do alcalde e os seus amigos “pés negros”. Isto constitúe unha grave ofensa cara ás persoas afectadas. Para empezar xa polo feito de designar a este colectivo dunha maneira tan denigrante e para continuar por tratalos de xeito diferente ao resto da poboación. Acaso se falaba na noticia de que un grupo de traballadores sociais, por exemplo, se achegaran á chocolatada? Non, porque non é un feito noticioso, igual que non o é que acudan persoas con poucos recursos. E volvemos ao mesmo, se ao xornalista de verdade lle parece de interese que estas persoas estean aí, non pode quedarse na superficie do problema. Debería preguntarse porque aínda hai xente que está nesa situación e como subsisten no seu día a día. En calqueira caso, o xornal eliminou xa a noticia da súa web e agora no seu lugar podemos ler unha rectificación polo ocorrido.

A desigualdade social segue ahí e o mal tratamento da información por parte dos medios contribúe a perpetuala. Ter en conta estes inicadores é o primeiro paso cara unha realidade informativa xusta.

REFERENCIAS

De la Huerta, María: “La pobreza infantil aumenta seis puntos en Galicia desde 2007 y supera ya el 22%”, A Coruña. La opinión, 11 de marzo de 2014. <http://www.laopinioncoruna.es/sociedad/2014/03/11/pobreza-infantil-aumenta-seis-puntos/819585.html > [Consulta 26 de marzo 2016]

El Correo Gallego. “Rectificación”, Santiago de Compostela. El Correo Gallego, 18 de decembro de 2015. <http://www.elcorreogallego.es/opinion/cartas-al-director/ecg/rectificacion/idEdicion-2015-12-18/idNoticia-970162/> [Consulta 26 de marzo 2016]

La Voz: “Otra muestra de incivismo de los sintecho del Toural indigna a vecinos y comerciantes de Santiago”, Santiago de Compostela.  La Voz de Galicia, 26 de marzo de 2016. <http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/03/25/muestra-incivismo-sintecho-toural-indigna-vecinos-comerciantes/0003_201603201603251458923349270.htm>[Consulta 26 de marzo de 2016]

 

Publicado: 28/03/2016 ás 19:00

Revisión do editor: 27/03/2016 ás 14:00

Revisións GBO: 27/03/2016 ás 16:00 e 29/03/2016 ás 12:36.

Advertisements

10 comentarios en “Nadando na superficie

  1. As cousas non son sempre o que parecen e nesta sociedade na que tendemos a globalizar todo tendemos a meter ese mesmo “todo” no mesmo saco. Hay persoas que exercendo a sua liberdade deciden vivir na rúa e si os metes nun centro de acollida rematan fuxindo dél, xa que non están dispostos a vivir dentro dunhas normas de convivencia con outros usuarios. Outras persoas con problemas mentais é posible que non actúen dentro das formas preestablecidas de convivenza, pero non ten moita solución xa que, non por eso os imos meter presos, para que non molesten a nosa sensibilidade visual. A prensa ten que servir para mostrar o problema, non para solucionalo, para iso están os políticos. Pero parece que os medios de comunicación so mostran interés nos problemas que poden ter “morbo” xa que as estadísticas de audiencia son as que mandan.S2C5

    Gústame

    1. Gutiérrez Caneda, Beatriz – S2D4
      Precisamente eses casos que comentas, Isa, case nunca saen na prensa e probablemente sexa polo que ti dis, porque ao final o xornalismo convírtese só nunha empresa máis que busca obter os maiores beneficios posibles. Tamén é certo que non podemos interferir no dereito á liberdade das persoas pero se estes casos saísen nos medios polo menos crearíase a conciencia na sociedade da necesidade doutras políticas sociais para estes afectados. No caso das persoas con discapacidades, xa sexan físicas ou psicolóxicas, afectadas pola pobreza, as políticas sociais deberían velar máis pola súa seguridade xa que son moito máis vulnerables que as demais, tal e como se reflexa nesta noticia “El 72% de las personas sin hogar con discapacidad dice haber sufrido agresiones en la calle”. (http://www.20minutos.es/noticia/2036599/0/personas-sin-hogar-discapacidad/agresiones-calle/estudio-once/). O tratamento do problema nesta noticia é bastante correcto pero en moitos medios non se fai un tratamento adecuado da información, non se profundiza no problema e non se contextualiza o feito. Isto leva a unha mala compresión do problema e a xerar asociación indebidas, discriminación e prexuizos, como ocorría na noticia que comentaba antes do diario La Voz de Galicia, aínda que este non foi o único medio que cubriu incorrectamente este feito, como por exemplo esRadio, que publicou esta noticia na súa web “Indignación al orinar una indigente en medio de una procesión en Santiago” , cometendo os mesmos erros que La Voz de Galicia. http://esradio.libertaddigital.com/galicia/2016-03-25/indignacion-al-orinar-una-indigente-en-medio-de-una-procesion-en-santiago-1276570576/

      Revisión do editor: 31/03/2016 ás 19:35
      Revisión da coordinadora: 31/03/2016 ás 21:40

      Gústame

  2. González Núñez, Ana – S2A6

    Ás veces é realmente terrible a colectivización que exercen os medios sobre varias persoas que só teñen unha cousa en común, neste caso a súa situación económica. Se unha desas persoas comete un delito, o medio utiliza esa palabra máxica e xeneralista que nos fai pensar nun conxunto de persoas e gañar prexuízos hacia elas. Isto só fomenta o odio e radicalismo da xente hacia ese sector, o que é verdadeiramente triste sobre todo neste sector, xa que se trata de xente sen recursos que necesita a axuda da poboación, non odio.

    Respecto ao tratamento deste colectivo como cifras que aumentan e disminúen tamén é un feito moi frecuente. É incrible ver unha noticia na que non deixamos de ver números pero non vemos causas, consecuecias, nin solucións. Un exemplo pode ser esta noticia publicada por El País:

    http://internacional.elpais.com/internacional/2016/03/23/mexico/1458762133_488228.html

    Esta noticia informa de que a pobreza se acentúa en México. Unha organización di que caeron os ingresos e ofrece cifras e porcentaxes, pero en ningún momento podemos ler a declaración dunha persoa pobre dicindo o que necesita, o que pensa, o que lle pasa. É unha pena que un tema tan delicado coma este se encontre tan deshumanizado.

    Gústame

    1. Gutiérrez Caneda, Beatriz – S2D4
      Completamente de acordo contigo, Ana. Ese mal tratamento da información por parte dos medios fai que non só a poboación non esté ben informada senón que crea desinformación, odio e prexuízos cara o sector afectado. Aportar datos e non contar coas persoas como fontes, como sucede nesta noticia publicada polo xornal ABC “España es el segundo país de la UE dónde más ha subido la población en riego de pobreza” (http://www.abc.es/sociedad/20151016/abci-pobreza-extrema-espanya-201510162018.html, contribúen a deshumanizar a información. Deste xeito os lectores só vemos cifras e non nos paramos a pensar nas persoas que están detrás. Cambiar esta forma de crear información é imprescindible para unha sociedade de igualdade e socialmente xusta.

      Revisión do editor: 31/03/2016 ás 19:15
      Revisión da coordinadora: 31/03/2016 ás 21:22

      Gústame

  3. Parada Vila, Laura – S3B1

    Estes colectivos que non teñen ningún tipo de protección social son os protagonistas de miles de noticias que os medios publican día sí e día tamén. Como ti dis, sempre mostran a parte negativa das noticias, son os axentes de feitos negativos e ilegais, e desta maneira inflúen na forma en que a sociedade os ve porque esta información é a única referencia coa que contan os lectores.

    Tamén son recurrentes as noticias sobre o aumento de axudas a este colectivo, pero os medios soamente publican o anuncio da implementación desas axudas nunca sabemos o resultado. Non sabemos se realmente solucionan parte do problema ou se chegan aos principais afectados. Polo que vemos os medios non teñen en contan aos verdadeiros protagonistas da noticia, so nos mostran o que lles interesa.

    Liked by 1 person

    1. Coincido contigo, Laura. No primeiro círculo de aprendizaxe falábase tamén do “interese” que teñen ou non teñen os medios de comunicación á hora de publicar certa información. Comentábanos unha experta en precariedade laboral que sabía de casos nos que se enviaban notas de prensa ós principais xornais con información deste ámbito e de interese para todos os traballadores. O resultado era case sempre que ningún medio a publicaba mentras seguíamos vendo noticias sobre grandes compañías, entre outras. En moitas ocasións, aparte dos problemas que comentabamos xa antes, os medios déixanse influenciar polo poder económico de determinadas empresas ou pola súa liña editorial.Isto podemos velo na seguinte noticia publicada polo diario ABC: “Alianza contra la pobreza infantil” (http://www.abc.es/espana/galicia/abci-alianza-contra-pobreza-infantil-201603151123_noticia.html) na que observamos unha tendencia á propaganda da fundación bancaria LaCaixa. Contábanos tamén esta experta e coincidía con ela Miguel, voluntario no Banco de Alimentos, en que moitas veces tiñan que consultar moitos medios diferentes para conseguir sacar unha interpretación non sesgada, honesta e veraz. Que pase isto é unha auténtica vergoña para o xornalismo. O feito de que a obxectividade absoluta sexa unha utopía non dá dereito a tomarse liberdades como estas. Temos que perseguir a verdade e a obxectividade como fin último, só así poderemos ofrecer unha información honesta e veraz.

      Revisión do editor: 31/03/2016 ás 19:00
      Revisión da coordinadora: 31/03/2016 ás 21:00

      Liked by 1 person

  4. É moito máis fácil e cómodo cubrir superficialmente unha noticia que adentrarse nela e destripala dende dentro. Por desgraza esta non é unha tendencia mediática aillada da Voz de Galicia, senón que é unha tendencia xeralizada nos medios nacionais. O exemplo do teu artigo é un de tantos outros. Non contextualizar de novo, no dar voz aos afectados como tan ben comentabas nestoutro artigo https://observatoriodecomunicacion.wordpress.com/2016/04/20/folgas-e-precariedade-laboral-nos-medios/ son pezas imprescindibles nunha noticia. Se non se dan unha serie de requisitos á hora de publicar unha información, á hora de contrastar uns feitos ou á hora de consultar unhas fontes, calquer texto que atoparas por internet podería ser publicado nun medio. Pero o que diferencia un bo texto, unha boa labor xornalística é todo iso que nombras no teu artigo: a contextualización, a visibilización, a profundación nas causas e consecuencias dos feitos… Se non atopamos todo isto nunha noticia… Que clase de información estamos consumindo? A calidade da mesma non é que empeore, senón que desaparece directamente. Os xornalistas teñen que ser conscientes do poder de convición social que teñen e deben empregalo de maneira responsable, e a única forma lícita de empregalo é facendo bo periodismo. Gracias polas túas reflexións Bea e deixote aquí un libro de estilo para abordar o tema que tratades no voso grupo de maneira correcta e concorde co bo periodismo que tanto reivindicamos 🙂 http://ec.europa.eu/spain/pdf/guia-estilo-periodistas-personas-sin-hogar_es.pdf

    Revisión del coordinador: 22:15
    Revisión del editor: 22:30
    Publicación 22:42

    Gústame

    1. Gutiérrez Caneda, Beatriz – S2D4
      Ola Nere. Resultoume moi interesante a guía de estilo que compartes, trata claramente os diferentes problemas que ten o xornalismo de hoxe en día á hora de tratar feitos relacionados coa pobreza e a precariedade. Coma ti ben dis un dos problemas máis graves das noticias publicadas nos primeiros medios de comunicación hoxe en día é a falta de contextualización. Preséntanse os feitos sen explicar causas nin consecuencias o que constitúe unha clara (e moi doada) manipulación da información, xa que resulta moi fácil convencer ao lector para que tome partido por un bando se non coñece todo o relacionado co feito. Esta realidade resulta especialmente perigosa cando tratamos temas como a precariedade ou a pobreza. Por exemplo, en temas de folgas (como comentaba nese artigo que mencionas), o que acontece é que debido a esa descontextualización, criminalízase aos traballadores en folga coma se estivesen cometendo un delito e trátase como vítimas á poboación ou as empresa e administracións (http://sevilla.abc.es/economia/abci-paralizadas-reservas-hoteleras-malaga-causa-huelga-basuras-201603091427_noticia.html). Outro caso desta triste realidade foi o tratamento que recibiu esta noticia en diversos medios de comunicación. (http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/santiago/2016/03/25/muestra-incivismo-sintecho-toural-indigna-vecinos-comerciantes/0003_201603201603251458923349270.htm) (http://www.elcorreogallego.es/santiago/ecg/fuerte-malestar-techo-orino-medio-procesion/idEdicion-2016-03-27/idNoticia-988056/) (http://www.periodistadigital.com/politica/sucesos/2016/03/27/la-mujer-que-se-mea-en-plena-procesion-de-santiago-ante-indiferencia-podemita.shtml) . Non hai un que se salve. Déixoche a continuación algúns enlaces de diferentes medios . A última é xa surrealista, mestúranse prexuízos contra o feminismo e algúns partidos políticios con ataques contra a dignidade da protagonista da noticia. Unha auténtica vergoña. Grazas polo teu comentario e un saúdo.

      Revisión da coordinadora: 22/04/2016 ás 17:41
      Revisión do editor: 24/04/2016 ás 1:17

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s