Patrimonio e relixión non accesibles a todos

escaleras_en_la_iglesia_de_san_martin_pinario-santiago_de_compostela_foto_8
Escaleira monumental na entrada á igrexa de San Martiño Pinario, en Santiago de Compostela. Fonte: Compostelavirtual.com

Costoya, David – S1C1

Son incontables os lugares de interese cultural e histórico que temos na nosa comunidade. Xa sexan edificios, monumentos, parques ou prazas, todos eles foron feitos para o desfrute de todos e son os vestixios da nosa cultura. Sen embargo, parece ser que non todo o mundo ten a posibilidade de visitar e desfrutar algún destes lugares como lle correspondería, ou, polo menos, como quixera. Nesta situación atópase o colectivo de personas con problemas de mobilidade.

Desde COGAMI (Confederación Gallega de Personas con Discapacidad) pensan que o conflito ven de atrás: as directrices de conservación do patrimonio chocan co dereito de acesibilidade das persoas con mobilidade reducida.

Solventar este problema é unha cuestión primordial para a integración de todas as personas no ámbito do espazo público. Ainda que pola contra, solventar este problema é moi dificil de tratar na nosa comunidade, polo alto número de puntos de interese histórico-cultural cos que contamos. A inversión económica que requeriría seria moi alta, e  difíciles os trámites burocráticos, que, por exemplo, no caso da zona vella en Santiago de Compostela, calquera remodelación debería ter sempre o visto bo da UNESCO, ao ser declarado Patrimonio da Humanidade o casco antigo da cidade en 1985.

Esta situación acada un cariz aínda máis persoal e íntimo cando a relixión toma parte nesta problemática.

O 27 de Marzo de 2016, La Voz de Galicia edición Vigo presentaba o estado dalgunhas das igrexas máis importantes da cidade olívica en canto a accesibilidade. Moitas delas, sendo construccións de séculos pasados, presentan unha adapatabilidade nula ou deficiente para o acceso de persoas con mobilidade reducida que queren acceder ao seu interior por razóns de fe.

Ainda que a comunidade eclesiástica apoie as reformas para facer accesible as entradas das igrexas históricas, moitas das veces estas reformas entran en pleno conflito coas leis de Patrimonio, que están por enriba dos plans de mobilidade das cidades.

Desde COGAMI, o responsable na provincia de Pontevedra, Ángel Holguera, apunta que non se recolleron moitas denuncias de este tipo, pero fai fincapé en que, o problema de accesibilidade aos centros relixiosos non só afecta as personas con algún tipo de discapacidade, senón tamén repercute nas personas maiores, que recordemos, son o colectivo máis representativo de fieis que acoden aos actos litúrxicos.

Aínda que parece ser que nalgunas das igrexas da cidade de Vigo se intentaron facer arranxos ou retoques en canto a accesibilidade que non remitan conflicto con Patrimonio (como retoques nas portas laterais), non son suficientes para que as personas con algun tipo de problema de mobilidade se sintan integradas plenamente, ao ter que, por exemplo, utilizar outros puntos de acceso ao templo.

Sen embargo, noutros lugares relixiosos de alto valor cultural e patrimonial parece ser que sí se adaptaron aos novos tempos para facer posible o acceso de todos os fieis, primando o dereito da integración social das persoas con mobilidade reducida fronte a conservación intacta do patrimonio histórico. E o caso da catedral de León que na súa páxina web recolle a descrición das facilidades para o acceso das personas con mobilidade reducida, ademáis de contar desde decembro de 2015 cun sitema de bucles magnéticos para facilitar o acceso ás persoas con discapacidade auditiva.

A relixión é unha parte importante na vida de moitas persoas, ao igual que a accesibilidade aos espazos públicos, pero parece ser que este problema de acceso co que se atopan non so as personas con diversidade funcional senón moitas persoas que acoden as igrexias por convicción relixiosa, é un problema que, en Galicia, se solventa a partes iguais de frustración e resignación.

Ante a pasividade do goberno e a escaseza de información con respecto a estes temas nos medios de comunicación, poucas denuncias ou noticias aparecen, quizáis froito da mesma frustración e resignación á que xa están afeitas as personas que non poden acceder de forma normal aos centros litúrxicos.

REFERENCIAS

 

Fuente, María Jesús (2016, 27 de marzo). La mayoría de las iglesias de Vigo no están adaptadas para personas con discapacidad. Lavozdegalicia.es. Recuperado de:

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2016/03/27/mayoria-iglesias-vigo-adaptadas-personas-discapacidad/0003_201603V27C2991.htm

ileon.com (2015, 22 de diciembre). La Catedral de León contará con bucles magnéticos para facilitar el acceso a discapacitados auditivos. Ileon.com Recuperado de:

http://www.ileon.com/actualidad/058073/la-catedral-de-leon-contara-con-bucles-magneticos-para-facilitar-el-acceso-a-discapacitados-auditivos

Patrimonio de la Humanidad. (2016) Recuperado del sitio del concello de Santiago de Compostela:

http://www.santiagodecompostela.gal/turismo/interior.php?txt=t_patrimonio&lg=cas

REVISIÓN EDITOR: 28.3.2016 21:00

REVISIÓN GBO: 28.3.2016 21:21

PUBLICACIÓN: 28.3.2016 23:00

 

Advertisements

8 comentarios en “Patrimonio e relixión non accesibles a todos

  1. Aixa Rodríguez Carballo S3D2
    En primeiro lugar estou totalmente de acordo con que este é un tema que non se aprecia nos medios, e se aparece algunha vez é ao final de todo, como se non tivese importancia.
    Realmente é importante a falta de adaptación dos lugares para xente con movilidade reducida, Galicia ten unha gran cantidade de igrexas, ten monasterios, capillas, catedrais etc, ten un gran fondo relixioso que esta alimentado principalmente por xente de idade avanzada, posto que os novos pouco o visitan estes lugares, e se o fan é alguna vez no ano de forma turística.
    A xente maior cóstalle baixar e subir escaleiras ou acudir a lugares de difícil acceso, e as de movilidade reducida élles imposible, pero claro como ven se di no texto hai iniciativa pero son moitos os lugares para arreglar e pouco o presuposto. A xente nova e de mediana idade non lle da importancia a arreglar estos lugares, pero ten que ter en conta que moitos son lugares turísticos que atráen a xente e polo tanto que dan cartos.
    Co que non estou de acordo que con que se un lugar é patrimonio non se poda levar a cabo unha reforma para facilitar o acceso.
    Sinceiramente, eu tampouco pensaba nesto hasta que lin este artigo, e non lle vexo moita solución pola falta de xente involucrada, porque coma min hai moita máis xente que tampouco pensa nesto.
    A solución que se me ocorre é que este tema apareza máis nos medios como algo importante, xa que así si que se comentaría entre a xente, pero o que estaría por ver e se os medios ven este tema importante para que apareza nas primeiras noticias.
    Todos estamos no dereito de acudir os lugares que queiramos, teñamos a idade que teñamos, como a nós nos gusta ir a un bar a tomar algo nunha tarde soleada e se tivesemos algunha enfermidade de movilidade reducida teríamos un acceso máis fácil, a xente maior tamén lle gusta adicarse o mundo e lugares da relixión.
    Por último criticar a cantidade de lugares publicos como hoteis, bares, discotecas, museos, teatros etc. que non teñen acceso para persoas con movilidade reducida, aínda que moitos xa o teñen instalado falta moito por mellorar.

    Referencias: Real Decreto 1056/2014, de 12 de diciembre, por el que se regulan las condiciones básicas de emisión y uso de la tarjeta de estacionamiento para personas con discapacidad.

    Data de emisión do comentario: 29/03/2016- 11:34
    Data de revisión do GBO: 29/03/2016- 12:07
    Data de publicación do comentario: 29/03/2016- 15:04

    Liked by 1 person

    1. Costoya, David – S1C1

      Como se pode apreciar no artigo, a accesibilidade aos lugares do espazo público (neste caso as igrexas) non só afecta as persoas con algún tipo de discapacidade física. É un importante problema a resolver que ten unha dimensión máis alá dos colectivos que, en principio, parecen ser os máis afectados. Estou a referirme, neste caso, ás persoas maiores, que tamén representan un colectivo moi importante na nosa comunidade e son uns dos principais grupos da sociedade que acoden aos centros de culto.
      Debido a que a relixión é un tema moi arraigado na nosa cultura e, dende logo, é unha parte moi importante e imprescindible na vida de moita xente, o acceso aos centros litúrxicos no só é un problema de accesibilidade, senón un problema máis persoal e íntimo para moitos dos afectados, vulnerando o dereito de acceso sen dificultades ao edificio co agravante da vulneración do dereito de acceder ás ceremonias relixiosas que toman parte no interior do edificio.
      Aínda que é certo que moitas novas construccións se adaptan ás necesidades dos novos tempos, a decisión de modificar ou conservar intacto o patrimonio histórico-cultural continúa sen ter unha solución que satisfaga por igual as demandas de todos os colectivos, xa sexan afectados, a comunidade eclesiástica ou órganos da administración.
      Por último, estou dacordo en que este tema, que recordemos, non só é un problema exclusivo das persoas con algún tipo de discapacidade física, non aparece moito na prensa. Aparecer nos medios de comunicación máis a cotío seria un método eficaz que, por unha banda serviría para facer máis visible este problema da nosa sociedade contemporánea, e, por outra banda, serviria para denunciar os problemas de acceso a lugares de dominio público que se atopa todo mundo no día a día.

      Revision GBO: 31/03/2016 12:47

      Gústame

  2. Nesta sociedade so se lembra a Santa Bárbara cando trona. O gran problema das barreiras arquitectónicas é unha realidade que non entende de idade, sexo ou raza. A historia cultural é moi importante pero non mais que as persoas. Menos emigración de talentos a mais desenrolo de I+D+I.S2C5

    Gústame

  3. Moi dacordo contigo Isabel, pero está claro que estos problemas de barreiras arquitectónicas que as persoas sen problemas de mobilidade no logramos ver, deberíamos telos en conta posto que poden crear moitas dificulatades a cotío na vida de moitas persoas. Posto que os espazos públicos con para todo o mundo, con ou sen discapacidades, deberíamos pensar dende outros puntos de vista e non desde o maioritario.
    Aínda que é certo que os lugares considerados patrimonio requiren máis atención neste caso posto que se trata de minimizar o impacto e facelos accesibles a todos, estou moi dacordo contigo en que os espazos e lugares públicos fixéronse por persoas e para as persoas, polo tanto é inadmisible que non se adapten a toda persoa que queira acceder a eles e disfrutalos. E esa tensión entre adaptarse aos tempos e minimizar o impacto no patrimonio só se conseguira investindo máis, como ben afirmas, no I+D+I.

    Revision GBO: 06/04/2016 11:37

    Gústame

  4. Cortizo Salgueiro, Noelia – S2D1

    Moitas veces vas pola rúa e mesmo para subir unha aceira ves como é unha dificultade para unha persoa discapacitada. O que algo para nos pode incluso chegar a ser fermoso para nos, para unha persoa con dificultades pode ser algo horrible. Estas persoas deberían ter as mesmas posibilidades ca os que non temos ningún problema porque ninguén debería sentirse excluído por exemplo de ir a unha misa que como che deixo neste link ocorre en Vigo.

    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo/vigo/2016/03/27/mayoria-iglesias-vigo-adaptadas-personas-discapacidad/0003_201603V27C2991.htm

    Como ben dixeches para algunhas persoas a relixión é algo moi importante e non deberían ter dificultades para poder acudir a unha misa, ou mesmo para poder acceder a unha cerimonia que se celebre. Lendo máis noticias, máis centrada no meu pobo, houbo un debate porque o ex alcalde estivo recorrendo a cidade en silla de rodas, para saber que dificultades tiñan e desde esas moitos locais tiveron que poñer unha rampla de acceso. E na noticia que che deixo abaixo, fálase de que premiarán a aqueles lugares que teñan acceso para estas persoas. Isto é un punto importante porque queren fomentar que tódalas persoas poidan disfrutar dun café ou ir ao banco sen depender de ninguén porque deberían ser tratados como iguais.

    http://www.farodevigo.es/portada-deza-tabeiros-montes/2015/10/17/working-wheels-premiara-locales-lalin/1333298.html

    Revisión do editor: 07/04/2016 ás 11:27
    Revisión da coordinadora: 07/04/2016 ás 11:45

    Gústame

    1. Estou totalmente dacordo co teu comentario e moi interesante a noticia de Lalin que compartiches.
      Soamente nos damos conta da realidade cando topamos con ela. Sen embargo, o día a día para unha persoa con mobilidade reducida, sexan persoas con algunha discapacidade, anciáns ou mesmo unha persoa cunha lesión que lle impida moverse con normalidade, pode ser un verdadeiro reto. Lamentablemente nos tempos pasados nos se pensaba en adaptar igrexas ou sitios públicos para as persoas con dificultades de mobilidade, sen embargo, nos tempos nos que vivimos, o acceso de todas as persoas aos lugares de dominio público deberían ser unha realidade, que, como podemos ver, non é así en moitos dos casos. Ainda que antes de facer os arranxos pertinentes nos lugares públicos, creo que é moito máis importante concienciar á sociedade da necesidade de moitas persoas con algún tipo de discapacidade que ven degradada a súa condición de persoa ao non poder desenvolverse con independencia no día a día, véndose obrigadas a levar un acompañante, utilizar outras portas de acceso, ou mesmo a pasar dificultosamente por riba dos obstáculos que lle impiden o paso.
      Esperemos que co tempo, coa axuda das novas técnicas e tecnoloxías, e sobre todo cunha ardua tarea de concienciación (e tolerancia) poidamos solventar estos problemas de accesibilidade, que máis que de accesibilidade aos espazos públicos, trátase da accesibilidade das persoas con diversidade funcional á igualdade.

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s