Carla Antonelli, figura clave para entender a loita transexual

Fonte da imaxe: Álvaro Herraiz San Martín

Meda López, Xiana – S2B6

En xeral, a diferenza crea desconcerto. Parece que aquelas persoas que se escapan do patrón establecido poden causar tanta admiración como rexeitamento no mundo que os rodea. A sociedade non sabe afrontar con normalidade que non formes parte da masa aplastante, especialmente cando non eres como os demais esperan que sexas e decides seguir o teu camiño.

Isto é algo que xa sabía Carla Antonelli cando con 17 anos abandona o seu fogar para encontrarse a si mesma. Ela nacera en Güimar, pero este pobo de Tenerife quedáballe pequeno para crecer e desenvolverse como persoa.

As situacións vitais polas que tivo que pasar foron duras e complicadas, dende palizas na comisaría a non ter nada para comer. Quen podería dicirlle naquel entón que no ano 2011 sería a primeira muller transexual en acceder o cargo de diputada na Asamble de Madrid polo PSOE.

Polo tanto, para falar do colectivo LGTBI, é indispensable coñecer a figura desta gran activista que se converteu en referente para milleiros de persoas. Sin ir máis lonxe, na conferencia que dou a comezos de marzo en Lalín, un dos asistentes díxolle: “gracias a ti non deixei unha nota en calquer motel de carretera dicindo adeus”.

A victoria máis recente de Carla Antonelli foi conseguir a aprobación da Lei de identidade e expresión de xénero e igualdade social e non discriminación, que entre as súas novidades está a garantía á integridade corporal dos menores intersexuais.

CARLA E OS MEDIOS DE COMUNICACIÓN

Aínda que o seu papel en política é fundamental, tamén o é a súa relación cos medios de comunicación. Dende empregalos para transmitir o que ela pensa, a ser crítica cos aspectos que considera negativos.

Un exemplo é o seu recente artigo no Huffington Post no que acusaba de transfobia aos obispos de Alcalá e Getafe pola reflexión que publicaron acerca da Lei de Integridade de Transexualidade citada anteriormente. No comunicado, Carla escribe que “dá para pensar que quenes din defender o amor e o respecto ao próximo non celebren con satisfacción que esta normativa entrara en vigor”.

Outro caso coñecido, foi a denuncia presentada ao presentador de Intereconomía, Xavier Horcajo, por insultos vexatorios cara a ela. O presentador facía comentarios despectivos pola condición de transexual da diputada de Asamblea Madrid, pero estos podían extrapolarse á comunidade LGTBI en xeral.

Carla defende que para loitar contra os prexuízos sobre o tema transexual “o básico é a visibilización, dende todos os ámbitos, onde se rompan os estereotipos. Todas as realidades deben ser amosadas, non se pode censurar ningunha. O que hai que amosar é o conxunto total, para que a sociedade entenda que todos somos persoas individuais. Ese día romperanse os prexuízos en torno á transexualidade, cando se mostren a profesoras, médicas, persoas traballando en todos lados…E aí é onde os medios de comunicación teñen unha gran labor”

ANÁLISE DE CÓMO OS MEDIOS TRATAN A TRANSEXUALIDADE

A día de hoxe os medios non saben tratar o tema da transexualidade como algo natural e normal. Así por exemplo, no caso de Carla Antonelli, atopámonos que moitos dos titulares que levan o seu nome van acompañados de “diputada transexual”. Isto provoca que se cree unha etiqueta que a acompaña a onde queira que vaia por riba da súa persoa.

Hai outros casos mal xestionados como son a noticia que saiu o 19 de xaneiro sobre Danni no portal dixital BBC, no que erran con frases como “naceu co sexo equivocado” ou “que facer si o teu fillo se quere vestir de princesa?”. Realmente precísase un coñecemento máis profundo e aberto sobre o tema da transexualidade para poder redactalo de maneira máis correcta.

Algo xa fóra de lugar foi a noticia publicada no portal de cinemascomics, que se titula “Los directores de Matrix se vuelven transexuales”, así visto parece como que sufriron unha transformación da mañá a noite nuns seres extraños. Pero en vez de arréglalo, no corpo continúa dicindo: “Descubre a última excentricidade dos directores de Matrix e de O destino de Júpiter!”.

Estes exemplos serven para reflexionar sobre como en pleno século XXI seguimos tendo prexuízos sobre aquelas persoas que se considera que escapan do patrón establecido polas maiorías. Só liberando a nosa mente poderemos chegar a ver nos demais un verdadeiro igual sin importar ningún tipo de condición.

BIBLIOGRAFÍA

Redacción BBC Mundo. (19/01/16). Danni: “la rabia y la lucha de una niña transexual de 6 años”. 26/03/16, de BBC Sitio web: http://www.bbc.com/mundo/noticias/2016/01/160118_salud_nina_transexual_transfobia_lb

David Lorao. (09/03/16). Los directores de “Matrix” se vuelven transexuales. 26/03/16, de cinemascomiscs Sitio web: http://www.cinemascomics.com/noticias/71196

Carla Antonelli. (23/03/2016). Las pastorales de la transfobia de los obispos de Alcalá y Getafe. 25/03/16, de Huffington Post Sitio web: http://www.huffingtonpost.es/carla-antonelli/las-pastorales-de-la-tran_b_9530208.html?ncid=tweetlnkeshpmg00000001

Carmen Moraga. (15/10/15). La diputada transexual Carla Antonelli denuncia por “insultos vejatorios” a un presentador de Intereconomía. 25/03/16, de eldiario.es Sitio web: http://www.eldiario.es/politica/Carla_Antonelli-colectivo_LGTBI-insultos-Xavier_Horcajo-Intereconomia_0_441656783.html

EFE. (17/03/2016). La Asamblea de Madrid aprueba la ley de transexualidad con la abstención del PP. 25/03/15, de HuffingtonPost Sitio web: http://www.huffingtonpost.es/2016/03/17/ley-transexualidad-madrid_n_9486344.html

Molano, Manuel.(productor) y Olmeda Fernando.(director). (2014). El viaje de Carla [documental]. España.

Publicado: 29/03/2016 ás 13:45

Revisión da editora: 28/03/2016 ás 16:00

Revisión GBO: 28/03/2016 ás 19:00 e segunda revisión 29/03/2016 ás 21:30

Advertisements

8 comentarios en “Carla Antonelli, figura clave para entender a loita transexual

  1. Aixa Rodríguez Carballo S3D2
    Persoalmente admiro a personalidade de Carla polo feito de que lle dean igual as críticas recibidas e siga orgullosa de como é ela actualmente. Xa que moitas veces as críticas dos demais crean complexos e pouco a pouco a autoestima é moi baixa, sen ganas de saír polo que pensen.
    Debe ser moi difícil tomar a decisión de cambiar de sexo, máis que nada polo que dirán, por como te traten a partir de ese momento, pero é moita xente a que se somete a esta operación. Non entendo por que a sociedade critica todo o que fai a xente como algo malo e que non debería facer. Eu penso que cada un é dono do seu corpo e que unha vrez superados os 18 anos somos libres de facer o que queiramos con el. Se Carla cando era un home non se sentía ben e non estaba cómoda co seu corpo esta no dereito de cambialo como queira. Hai xente que se fai tatuaxes, outra adelgaza, outra engorda, outra fai piercings, pois ela fixo un cambio tamén, só que máis pronunciado.
    Para ela tivo que ser un orgullo chegar ao seu papel de política sendo transexual, xa que en temas como a política hai moito desprezo a persoas coma ela. Unha vez que chegou, chegaron co seu traballo moitas críticas as que como exemplo a seguir contestou educadamente ser armar trifulca. Un exemplo de personalidade a seguir.
    O que me parece aínda máis alarmante xa que é a profesión a que me quero adicar, e como a tratan os xornalistas e os medios, como a califican de transexual de forma pexorativa, pero aínda así non abandona o seu posto.
    O caso é que como nos extraña que a sociedade sexa tan irrespetuosa con el cando o ven reflexado nos medios, estes deberían cambiar repeto a estes aspectos porque cada vez que falan de alguen transexual ou homosexual fanon de forma pexorativo e non podemos permitilo.
    Cada un é como é e non podemos criticar as súas ideoloxías sexuais porque se sinta unha muller. Hai xente que se sinte máis nova do normal e non por iso dicimos nada.
    Esta situación recórdame a unha película recente, “la chica danesa”, a que fago referencia porque trata unha historia dun home casado que quere ser muller e que decide operarse nunha época na que as ideas da xente eran moi conservadoras, sen embargo parce que os xornais cando publican feitos de xente que eles consideran diferentes seguen naquela época. Recomendo ver esa película.

    Data de emisión do comentario: 29/03/2016- 12:23
    Data de revisión do GBO: 29/03/2016- 12:45
    Data de publicación do comentario: 29/03/2016- 14:26

    Gústame

    1. Totalmente de acordo coas túas palabras! Cada un tería que poder desenvolverse como persoa libremente sen que a sociedade teña dereito a criticalo. No caso de Carla, ela dende pequena sentíase muller, e ese sentimento interior era moito máis forte e profundo que a súa apariencia como home, algo meramente externo. Realmente cando ela decide levar a cabo o cambio e poñer a súa imaxe en coherencia co que ela é, só se está transformando superficialmente. O importante é que ela segue sendo a mesma por dentro, sendo isto o que hai que valorar dunha persoa.
      É certo que como os cambios físicos son a parte visible, chaman máis a atención e provocan o desconcerto de aqueles que non son capaces de manexar a situación. Por iso para que o caso de Carla, e das outras moitas persoas transexuais esté normalizado, é importantísimo que a poboación dispoña de información. Se a situación se visibiliza nos medios de comunicación, nas casas e na educación, seguramente dentro duns anos a ninguén lle chame a atención un cambio de sexo.
      Se estás interesada no tema, adxúntoche o enlace a un libro ameno para entender máis sobre o tema a través da historia de George http://www.megustaleer.com/libro/george/ES0142171
      Falas de que a crítica pode crear baixa autoestima, algo que tamén comparto. Pero para poder facer caso omiso o que pensen os demais hai que quererse a un mesmo. Si un se valora, entón sabe como é, e iso importa máis que calquer cousa que che poidan dicir. Hai que saber sacar fortalezas e seguir adiante. Adxúntoche un artigo publicado en EL PAÍS sobre a autoestima moi interesante e instructivo, que pode interesarche http://www.megustaleer.com/libro/george/ES0142171
      Coñecía a película da “Chica danesa” pero aínda non puiden vela, de todas formas anoto a túa recomendación.
      Moitas grazas polo teu comentario!

      Revisión da editora: 30/03/2016 ás 15:00
      Revisión da coordinadora: 30/03/2016 ás 17:00

      Gústame

  2. Villamel Baliñas, Tatiana S3D5
    Paréceme un acto de valentía e de valor o que Carla Antonelli con apenas 17 anos fai, marchar da súa casa para poder atoparse consigo mesma e dándolle igual a opinión dos demais. A asistencia ao dereito de libre expresión da personalidade é constitucional en España. O actual activismo pola despatoloxización do feito transexual está pedindo que se lles atenda non porque sufran unha patoloxía ou trastorno, xa que a súa transexualidade é só unha variante natural da sexualidade entre tantas outras, senón polos obstáculos sociais que se atopan no seu dereito á libre expresión humana, e á dor e angustia coa que estas dificultades chegan as súas vidas.
    Á hora de elixir o que realmente queres ser , como neste caso Carla que era un home pero quería ser unha muller preséntanse unha serie de problemas. A actitude transexual é un desafío que trangrede o Código de Xénero todavía vixente, que non se atopa escrito pero constitúe o mesmo centro da vida social, a súa constitución é básica e coñecida por todos. Dito código arcaico basa a súa esencia no binarismo, é dicir, só existen dous sexos, dous xéneros, dúas orientacións. Isto provoca dende marxinación social por parte da sociedade que pode chegar ata a morte, sufrindo estas persoas todo tipo de represións e opresións. Sen embargo, na actualidade estase a formar outro Código de Xénero, non-binarista, moito máis distendido, pero a transformación non rematou todavía, polo que segue vixente o antigo nos medios conservadores e o novo nos innovadores. A solución é sen dúbida que a propia sociedade avanzada en conciencia crítica intente arreglar os danos causados por unha sociedade primitiva. Deixo un enlace no que se amosa o exemplo de artigos hipotéticos dos que constaría o Código de Xénero http://www.carlaantonelli.com/comentariokim-14062010-codigo-genero.htm

    Por outra parte estou totalmente dacordo coas palabras que di Carla, os medios de comunicación deben transmitir a imaxe da xente transexual en todo tipo de postos de traballo para que se rompan os estereotipos que se teñen sobre eles, e para demostrar que todos somos iguais. E non só son os medios de comunicación os encargados de ditos estereotipos, no cine tamén se crean. Durante gran parte do século XX mostrábase a homosexualidade como algo negativo, na maioría dos países houbo momentos de ditadura nos que se silenciou a homosexualidade, eliminando a súa existencia no cine. Un exemplo é a censura que se impuxo en Hollywood coa implantación do Código Hays ( código de produción cinematográfico que determinaba cunha serie de regras restritivas o que se podía ver en pantalla e o que non) polo que a homosexualidade veuse afectada ata os anos 60. Na miña opinión a homofobia atópase máis presente na comedia xa que utilizan estereotipos esaxerados para causar a risa do espectador. A forma na que se lles trata no cine evolucionou, aínda así, séguese fomentando a homofobia, por iso os produtos audiovisuais teñen que seguir avanzando para promover un cambio na sociedade.

    Data de emisión do comentario: 29/03/2016- 14:43
    Data de revisión do GBO: 29/03/2016- 15:44
    Data de publicación do comentario: 29/03/2016- 16:44

    Gústame

    1. Moi interesante as túas achegas no comentario! Sen dúbida no ámbito legal aínda queda moitísimo camiño por percorrer, moitos aspectos que cambiar e moitos vacíos legais. O noso sistema segue construído a partir duns pilares tradicionais, excluíntes e arcaicos. Se ben e certo que seguimos tendo vixente o Código de Xénero, leis como a de Integridade da Transexualidade, abren o camiño do progreso. É certo que as persoas transexuais seguen a ter moitísimos problemas, seguen sufrindo presións e rexeitamento, pero a situación comparada a hai uns anos, mellorou visiblemente. En certa maneira, parte da culpa está na sociedade que continua a ter moitos prexuíxos cara á este tema, asociando aínda a transexualidade ao vicio ou o mundo nocturno. A imaxe que se deu durante moito tempo dos transexuais era pexorativa cara á súa persoa, ridiculizándoos e tachándoos cunha cruz vermella. Isto provocaba tamén que os propios afectados se avergonzaran da súa condición, e ou ben a ocultaran ou se minusvaloraran.
      A día de hoxe hai máis reivindicación polo que un é, así persoas famosas fixeron público que eran transexuais dando certa visibilidade. Adxunto aquí unha pequena lista cos exemplos concretos de Hollywood
      http://elpais.com/elpais/2016/03/11/album/1457701451_237343.html#1457701451_237343_1457701816

      Sen dúbida, na normalización da transexualidade os medios de comunicación teñen un papel fundamental; aportando visibilización e un tratamento correcto do tema. Pero non só os medios de comunicación teñen ese deber, tamén a educación debería tratar este tipo de temas en asignaturas como Cidadanía, asignatura prevista de supresión. Recomendo a lectura deste artigo sobre iso, xa que fala queq uitar esta asignatura pode afectar no colectivo LGTBI
      http://www.eldiario.es/sociedad/eliminacion-Educacion-Ciudadania-aumenten-LGTB_0_450405876.html

      Eu tamén creo que o cine ou na comedia fan risa dun tema que non tería que causala mediante a burla fácil e os estereotipos, pero iso tamén pasa co machismo. Realmente o problema está en que se crean este tipo de productos porque teñen un público os que lle gusta velos, entón hai que cambiar dende abaixo para evitar que se siga facendo o mesmo abaixo.
      Grazas polo comentario!

      Revisión da editora: 30/03/2016 ás 15:20
      Revisión da coordinadora: 30/03/2016 ás 17:15

      Gústame

  3. Aixa Rodríguez Carballo S3D2
    É moi certo o de que as persoas transexuais só cambian externamente e non interiormente, e eso é algo que a sociedade debería ter en conta que a súa personalidade vai seguir sendo a mesma ou incluso mello, xa que o conseguir o que quere, que é cambiar de sexo, a súa felicidade será maior e iso repercutirá no seu caracter e personalidade.
    É moi importante quererse a un mesmo para que a autoestima sexa alta e non afecten as críticas sociais, porque hai que saber que a xente lle gusta moito criticar calquera cousa, pero antes palabras necias oídos xordos.Paréceme unha vida moi interesante a de Carla.
    Grazas por aconsellarme o libro, xa que me resulta interesante este tema e espero que cada vez se vexa como algo normal e se inclúa na educación, nos medios etc.
    Neste PDF móstrase como é algo estudado, un tema que se debería tratar máis do que se fai, pero non tratalo como algo raro ou anormal, porque non o é senon como algo natural.

    http://www.redalyc.org/pdf/181/18101703.pdf

    Data de emisión do comentario: 30/03/2016- 18:01
    Data de revisión do GBO: 30/03/2016- 18:10
    Data de emisión do comentario: 30/03/2016- 18:32

    Gústame

    1. Tomeime o meu tempo para ler o PDF Aixa, foi unha gran achega!
      Paréceme moi interesante a parte na que opina sobre a fase de diagnóstico e axuda psicoterapeuta, porque realmente aínda que teñas decidido o cambio, é importante recibir apoio durante todo o proceso.
      Adxunto enlace con moita información sobre o tema http://www.elsevier.es/es-revista-revista-internacional-andrologia-262-articulo-abordaje-psicologico-transexualidad-desde-una-13139301
      A vida de Carla é tremendamente admirable, pero o certo é que aínda que ela é a referente, hai máis persoas que día a día loitan no día a día.
      Recoméndoche que visualices os nosos círculos de debate, onde contamos ca presenza de Antía Fernández, primeira muller transexual federada nun equipo.
      Un saúdo

      Revisión da coordinadora: 07/04/2016 ás 22:25
      Revisión da editora: 08/04/2016 ás 8:35

      Liked by 1 person

  4. Casas Da Rocha,Paula-S1E4

    Ola Xiana!

    Gran testemuño de Carla Antonelli, un claro exemplo de valentía e de valor xa que non debe ser fácil que te critiquen, ademais nun espazo público, por loitar pola persoa que queres ser e coa que te sintes identificada. Baixo o meu punto de vista, isto o relacionaría coa falta de empatía. A sociedade tende a criticar calquera acción ou sentimento que este fora do normal, incluso utilizándoo para facer dano a persoa. Pero, ¿que sentiría esa persoa que critica se fose ela a que non se sinte identificada co corpo co que naceu? Seguramente, querría sentirse a gusto e faría todo o posible para poder conseguilo e non lle gustaría recibir comentarios críticos e despectivos. Penso que nesta sociedade, ademais de tolerancia e respecto, falta empatía, pórse na situación da outra persoa, pensar se a nos nos gustaría recibir eses comentarios e que nos tratasen como persoas raras ou incluso enfermas.

    Por outro lado, coincido co que afirma Carla Antonelli de que se necesita máis visibilización nos medios para que a sociedade sexa consciente da súa existencia e poidan saber a súa realidade social. Pero esta debe ser unha visibilización cunha linguaxe correcta que non ofenda ao colectivo xa que, por desgraza, aínda é moi habitual atopar na redacción das noticias erros como a confusión no xénero, utilizar o adxectivo para darlle morbosidade a noticia ou falar de cambio de sexo en vez de reasignación de sexo.

    Os medios de comunicación deben comezar , como ti ben dis, a tratar o tema da transexualidade como algo normal, deixando de lado os estereotipos e etiquetas que o único que fan é crear unha imaxe irreal do grupo. Esta imaxe errónea ten unha forte influencia na sociedade o que provoca unha presión social para as persoas deste colectivo que pode acabar en acoso e, nalgúns casos ,en suicidios como ocorreu o ano pasado con Alán. Alán era un mozo transexual catalán de 17 anos que debido ao acoso que sufría tanto na escola como fora dela e pola presión que recibía acabou suicidándonse(http://www.20minutos.es/noticia/2637763/0/alan-adolescente-transexual/suicidio/acoso/).

    Os medios deben ser conscientes de que a imaxe que ofrecen ten unha influencia directa sobre a sociedade e como esta ve e trata o colectivo. Pero a forma na que se traten as noticias tamén ten unha influencia nas propias persoas do colectivo, creando nalgunhas ocasións, unha presión social que non teñen porque recibir porque son persoas normais que deben recibir un trato normal. Penso que é necesario que casos como o de Carla saian nos medios de comunicación para poder conseguir, pouco a pouco, normalizar a súa situación e que, por fin, se poidan sentir cómodos nesta sociedade.

    Un saúdo!

    Data de emisión do comentario: 24/04/2016- 20:00
    Data de revisión do GBO: 24/04/2016- 21:00
    Data de publicación do comentario: 25/04/2016- 9:22

    Gústame

    1. Boas tardes Paula
      Moitas grazas polo teu comentario!

      Estou plenamente de acordo no que dis da empatía. A verdade é que se fala moito de visibilidade e respecto, pero non sempre aparece a empatía no discurso, e é outro elemento fundamental. Ter empatía con outra persoa significa non só intentar poñerte no seu lugar, senón tamén facer un esforzo por comprendela. A empatía é unha cualidade que se debería fomentar máis neste sentido.
      A verdade é que a noticia que adxuntas paréceme terrible. É incrible que a sociedade siga condenando a aquelas persoas que considera diferentes e en vez de darlle un trato igualitario, se burle ou lle poña dificultades para realizarse como individuo. A poboación no seu conxunto debería condenar o acoso e fomentar comportamentos que non exclúan a ninguén.
      Ademais, considero importante que se fomente a autoestima dende a infancia. Si unha persoa se valora a si mesma, aínda que sufra burlas, será capaz de resisitilas porque por encima de todo terase de prioridade a el/ela. Neste blog http://www.webpsicologos.com/blog/soy-homosexual-y-que/ as persoas afectadas ( neste caso por ser homosexual) contan o que significou para eles a experiencia de contar o que eran verdadeiramente. Falar cos demais e sentirte entendido favorece a seguridade nun mesmo.

      Un saúdo

      Revisión da coordinadora: 25/04 ás 20:32

      Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s