Círculo de Lectura Crítica de Rebullón

 

A experiencia dun círculo de lectura crítica. Unha reflexión sobre as novas e o sexismo    Iria Vázquez

foto 2

Foto: Iria Vázquez

Na Rede de Mulleres contra Malos Tratos traballamos con dous ámbitos diferentes de análise: o espazo que ocupan as novas (ou que non ocupan) e o enfoque deste tipo de novas.

Destacamos a infrarrepresentación das mulleres nos medios de comunicación xeral, e a difusión de estereotipos de xénero.

Así, por exemplo, cando se buscan persoas expertas en diferentes disciplinas, soen ser homes, (incluso en ámbitos feminizados, como o da sanidade, as ciencias sociais…) e cando se fan entrevistas de rúa de temas superficiais, se escollen a mulleres. Hai que coidar moito as fontes coas que se traballen, e estar seguros de que non reproduzan estereotipos de xénero. Unha das cuestións fundamentais de cara o futuro ten que ver co feito de evitar os estereotipos de xénero nas novas, evitando a alusión a características diferenciais entre homes e mulleres. Outro eido no que se reproducen estereotipos claramente é no deporte: “O deporte”: en realidade é a sección de deporte masculino. Un claro signo de androcentrismo: en realidade, se falamos da linguaxe sexista… As imaxes que saen nos xornais tamén son interesantes…

Por outra banda, seguimos observando que existe unha pésima identificación das mulleres nas novas: a miúdo, mulleres importantes polo seu traballo, mulleres profesionais, acaban sendo nomeadas como esposas, o ex esposas de, fillas de, etc. Recentemente, tivemos o caso de Elena Arnedo, que foi presentada nos medios como primeira esposa de Miguel Boyer, e no subtitulo da nova si xa falaban do seu traballo como xinecóloga e a favor dos dereitos reproductivos das mulleres. A mala identificación das mulleres nos medios foi outro dos aspectos que estudos anteriores apuntaron tamén nun libro que se chama “El sexo de la noticia” e que tamén recomendamos. É necesario identificar as mulleres con nomes e apelidos, tal e como se fai cos varóns. Na política é habitual poñerlle só o nome de pila ás mulleres e o apelidos aos homes.

 

En realidade, e afondando no tema do espazo que ocupan as novas en xeral nas que saen mulleres: tamén hai que dicir, que os logros de mulleres, os proxectos de mulleres, seguen a ocupar un espazo ridículo nos medios de comunicación: non son portada.

Os medios cando falan da situación de mulleres: a miúdo transmiten dúas ideas que Marcela Lagarde recalca como o velo da igualdade: o feito do mal que estaban antes as mulleres e mira que ven están agora; e mira que mal están as mulleres noutros países. Isto non pode ser o enfoque adecuado: sempre que falamos de igualdade, falaremos dos avances, pero tamén dos obstáculos que se seguen a poñer, relatando a realidade da situación, sen dulcificala…

Por último: unha das conclusións que quitamos do noso traballo no proxecto e dos círculos: é a necesidade de elaborar nos a información e logo pasarlla aos medios, para coidar o enfoque da nova. Isto supón que cando facemos unha actividade, precisamos darlle un enfoque que as veces os grandes medios (non falo dos medios comprometidos coa igualdade, e que teñen a xornalistas que traballan cun claro enfoque feminista): fai falla darlle elaborada a nova, para que non a reproduzan dun xeito estereotipado. A importancia das notas de prensa para os grandes medios ben elaboradas.

Texto de Iria Vázquez

Publicado martes 29 de marzo as 18:53

 

 

Advertisements

Un comentario en “Círculo de Lectura Crítica de Rebullón

  1. Yáñez Vila, Natalia – S3C5

    Tema ben complexo o que tratáchedes neste círculo, hai tanto que dicir, tanto que cambiar e tanto que comprender… Estou totalmente de acordo, a discriminación que sofren as mulleres nos medios é tan evidente coma que ninguén recorda os nomes das 57 mulleres que foron asasinadas no 2015 a mans dun home en casos de violencia de xénero. Moi duro escoitar falar a persoas que seguen crendo que as denuncias falsas realmente son un número significativo, que as condutas machistas son casos illados, que homes e mulleres comparten unha situación igualitaria e tantas outras falacias.

    Cantas veces un medio fala de mulleres que morren en lugar de homes que matan? Como xa dixen hai moito aínda por percorrer. O seguinte artigo trata de como se debe tratar este tema de forma correcta nos medios : http://www.clasesdeperiodismo.com/2012/10/24/como-informar-sobre-violencia-de-genero-sin-caer-en-el-sensacionalismo/

    O problema é que esta forma de pensar está afincada na sociedade… entón eu pregúntome se pensamos deste modo porque así nolo plantexan os medios ou se os medios o tratan así porque xorden do pensamento da sociedade. En calquera dos dous casos, necesita un remedio inminente. Unha das mostras da grave situación que vivimos é a publicidade, as mulleres son obxectos sexuais. Tanto para anunciar colonias, coma desodorantes, roupa interior e case calquera produto é imprescindible un desnudo feminino, masculino poucas veces. Outra mostra do machismo persistente nos medios como a televisión son os anuncios de mulleres anunciando productos de depilación nos que xa están depiladas. Isto é resulado dun mundo deseñado e dirixido por homes.

    Data de emisión do comentario: 01/04/2016- 00:54
    Data de revisión do GBO: 01/04/2016- 01:54
    Data de publicación do comentario: 01/04/2016- 02:11

    Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s