O racismo nos medios de comunicación

Lestón Lago, Antón- S1E6

SALGADO-9093,large.1421092557

Fotografía de Galeria.mil.com

Nos últimos meses, concretar un número aproximado de racistas en España é mais complicado cá nunca.Por un lado, declaracións como estas, de Donald Trump, cada vez mais xente, asimile que discriminar a alguén pola súa raza é de ignorantes. En cambio, pola outra banda, a regularidade do terrorismo yihadista está a fomentar, en moita xente, o odio da raza árabe. Odio creado polo medo si, pero tamén, porque os medios o alimentan.

Debido á preocupación de que o medo ós terroristas lle gañe ó sentido común, varios colectivos antirracistas buscan solucións en conxunto. Así, vense de celebrar en Valencia un evento que acolleu a máis de vinte asociacións de todo o mundo que loitan para deter este tipo de discriminación. Ademais da crise dos refuxiados, nese acto, o tema máis comentado foi o maltrato que reciben, tamén, da administración e de outras institucións, como a policía ou os medios.

Disto último falamos fai uns días con Zoraida, a máxima responsable de Sos Racismo en Coruña.Esta asociación é unha das mais activas en Galicia sobre este tema.Ademais de axudar ás persoas discriminadas a obter xustiza a través do procedemento legal,tamén lles ensinan o idioma e buscan ofertas de traballo. Na charla, tamén estivo presente un home senegalés que nos falou sobre a súa vida en España. Insistía na culpabilidade dos medios de comunicación como creadores de moitos dos prexuízos: “Se un francés rouba nunha tenda, no título pon un ladrón, pero se o fai un marroquí, pon un marroquí”. Así, é moita a xente que colle a carteira na man cando pasa por detrás un mozo marroquí, un sudamericano ou un xitano sen ir mais lonxe. Non debemos esquecer o gran poder que exerce o xornalismo, nin tampouco que o titular é a parte máis recordada polos lectores e oíntes. Son cousas que xa pasan desapercibidas debido a costume. Pero, se un investiga un pouco, observa que Musamba, que así se chama, ten toda a razón do mundo. O xornalismo neste pais é racista. Se o protagonista da noticia é africano ou sudamericano, a súa nacionalidade case sempre aparece no titular. Por outra banda, se é europeo ou de Norte América, non soe aparecer. E este fenómeno acentúase cando na noticia aparece algún adolescente. A prensa foi a que creou o prexuízo de que os xitanos máis mozos se dedican a roubar, mentres os pais os vixían. Tamén, formou a imaxe de que os grupos de adolescentes dalgúns países de América do Sur, como Colombia, México ou Venezuela, adoitan ser  “pandillas” perigosas.

Ademais, outro dos problemas nos que incidía o noso convidado senegalés era a xeneralización do descoñecido. Para criticar esta problemática, aludiu a un artigo do NY Times no que aparecía un barrio abandonado e decadente das aforas da capital de Senegal (Dakar), e o título era: “Así se vive na capital de Senegal”. Informacións así chegan a milleiros de persoas que quedan con esa imaxe do país africano, aínda sen buscar se é certo. O mesmo pasa cos narcotraficantes colombianos, como nos comentaba Zoraida, “cando hai unha collida de narcotraficantes sempre inciden en que son colombianos, pero nunca se fala de que, se veñen, é porque un español a pediu”.

A prensa trata de manter, sempre que se pode, a dignidade do país. “Sempre se cree que o propio é o mellor”, como nos dicía Samba. E, é esta, unha cuestión que debe erradicarse xa nos nosos medios. O racismo na selección de temas ou nos titulares é tan poderoso coma os insultos no texto. En España, parece que a vida dun pakistaní vale a metade, ou menos, cá dun belga. Ademais, que nese atentado houbo moitos rapaces que sempre son obxectivo de titular pola súa forza comunicativa. Pero nin por esas, de fora dos “países noticia”, a nosa prensa non lle importa nin a desaparición de 10000 nenos refuxiados. Porque se lle importase, a meirande parte dos xornais deberían de ter feito unha investigación sobre o caso e ,sobre todo,darlle mais repercusión para poder obter axuda. Alguén dubida que se foran alemáns, non seguiría saíndo aínda hoxe no telexornal? Pois non, ninguén debería de dubidalo, porque é a triste realidade .E iso, coma se cita neste interesante artigo sobre a xerarquía da morte, é, en boa parte culpa dos informadores. Non é o mesmo facer un especial de tres días informando de tódalas causas e consecuencias que facer unha peza dun minuto no que se relate o sucedido. A xente ten moito mais complicado acceder a datos e informes do sucedido en Lahore.

Por iso, eventos como o de Valencia son tan importantes nestes días. A unión de todos estes grupos e a súa protesta é a unica forma de que os españois vexan con claridade que escoitan e leen noticias moi discriminatorias tódolos días. Porque, sen darnos conta estamos a ser racistas por costume, e iso é algo moi perigoso nestes tempos sobre todo cá confusión de árabes, musulmáns, refuxiados e yihadistas. Esta loita contra o racismo vai ser difícil, porque, ata os nosos medios persoais (Facebook) o alimentan, pero ó final hai que darse conta de que estamos a xulgar a alguén por nacer diferente.

Referencias:

Horas publicación e revisión:

Revisión do editor: 29/03/2016-16:30

Revisión do GBO: 29/03/2016- 16:45

Hora de rexeitamento: 29/03/2016-17:00. Este artigo foi rexeitado ao non focalizar ben o tema.

Hora de envío da nova versión:29/03/2016-18:30

Publicación:29/03/2016- 19:06

Advertisements

16 comentarios en “O racismo nos medios de comunicación

  1. Pombo Silva, Cristina. S3E1
    O racismo nos medios de comunicación é un problema que aínda que non é reciente, rexurdiu polo que estamos a vivir nestes meses co terrorismo yihadista.
    Primeiro gustaríame dicir que o post paréceme moi interesante e penso que todo o mundo, pertencente ao mundo do xornalismo ou non, debería reflexionar sobre estas cuestións. Aínda que son consciente que a noticia esta máis enfocada no ámbito español, no principio se menciona a situación actual de Estados Unidos, co candidato republicano Donald Trump, e é certo que en España considérase unha persoa cunhas ideas extremas e pouco democráticas, porén en Estados Unidos, o país onde gobernaría se gañase todo o proceso electoral, moita xente apoia as súas ideas, e isto é o máis preocupante. O racismo, dende o meu punto de vista, debe ser combatido en conxunto, e sendo Estados Unidos, un país cun poder descomunal e con tantas etnias convivindo nun mesmo territorio, non o excluiría desta loita.
    Por outra parte, o yihadismo e o terror que van deixando os extremistas está creando un rancor sobre o mundo musulmán. Quero destacar a confusión que provocan os medios de comunicación a redactar as noticias sobre o yihadismo ou os refuxiados, xa que en moitos casos mesturan as palabras árabe, musulmán, islamita ou incluso yihadista. (Deixo un link para quen non saiba algunhas das diferenzas: http://misaspiracionesenlavida.com/2015/01/16/arabe-musulman-islamico-e-islamista-errores-y-diferencias/ )
    Ademais do dano que provocan nas súas cidades o terrorismo yihadista chegou a Europa, que como ben explicades no post, parecen palabras maiores. A partir dos atentados provocados na Comunidade Europea o odio a os musulmáns se esta percibindo cada vez máis. E moi complicado perder a alguén nalgúns dos atentados e non ter rabia contra alguén, pero a xeneralización que se esta a facer é terrible e por desgracia os medios cada día contribúen a este “odio musulmán”.
    Por outra parte, os refuxiados, esa xente que está ás portas de Europa pero que quedaron atrapados nas fronteiras, están sufrindo situacións inhumanas debido ás políticas europeas, que non se compren. Na poboación española encóntranse opinións moi diversas sobre se aceptar ou non os refuxiados. Por desgraza, moita xente prefire que non se “mesturen” na nosa sociedade, e nalgúns casos esas ideas son rescaldadas polos medios. Moitas das noticias que saen dos últimos atentados ou dalgúns casos tráxicos sempre se contempla a posibilidade en que o culpable ou os terroristas sexan refuxiados. Este matiz fai que a poboación lle tema máis aos refuxiados en lugar de ofrecerlles as súa axuda. Sen embargo, aínda que a situación é precaria, tamén existen numerosas formación dentro de España e tamén de Galicia para poder axudar a esas persoas.
    A continuación no artigo facedes unha breve referencia aos inmigrantes xoves e a súa participación en bandas de narcotráfico ou roubo. É verdade que nos medios sempre se recalca a orixe dun delincuente se ten unha nacionalidade “non occidental”, un claro exemplo das diferencias que fan os medios segundo a nacionalidade é este: noticia dun asasinato por parte dun marroquí; http://galego.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2014/08/15/detenido-marroqui-asesinar-compatriota-piso-okupa-madrid/00031408128927940593110.htm e noticia dun asasinato por parte dun inglés: http://elprogreso.galiciae.com/gl/noticia/494343/un-hombre-estrangula-su-mujer-con-el-cable-telefonico-en-mallorca .
    Estas diferenzas entre un inglés e un marroquí, tamén se están dando cos casos de terrorismo, onde como ven decides, non é o mesmo 30 persoas en Bruselas que 30 nun campo de refuxiados ou en Siria.
    En definitiva, a loita contra o racismo vai ser unha tarefa dura e moi longa, pero pouco a pouco e con axuda de organización como pode ser SOS racismo http://www.sosracismogalicia.org/sobre-nosotros/ que ofrece axuda aos inmigrantes que poidan sufrir algún tipo de discriminación ou maltrato por parte da sociedade.

    Gústame

    1. Lestón Lago, Antón (S1E6)

      Grazas polo teu comentario, Cristina. Como ti ben dis, o racismo acentuouse ca chegada do terror Yihadista, aínda que, certamente, xa existía de moito antes. Pero aí encontramos moitas das incongruencias do pensamento da nova sociedade. É dicir, a maioría da xente, a decente cando menos, fala de cousas inhumanas cando lles mencionas situacións como o Apartheid en Sudáfrica. Pero, en cambio, hoxe en día, co suposto desenvolvemento e globalización da sociedade, seguen a negarlle o paso a case cinco millóns de persoas. Porén, tes razón cando comentas que perder un familiar nun atentado pode facer que o odio das persoas suba moito. Pero o que non se debe esquecer, é a diferenciación entre árabe, musulmán, sirio e yihadista. Isto é algo, que aínda que está tomando moita relevancia nas redes e en blogs persoais, os medios non tratan ca suficiente profundidade. É unha información que se debería repetir canto fose preciso, xa que moita xente segue a xeneralizar ao falar de este tema.

      Gústame

  2. Feijoo García, Luis (S1D4)

    O racismo existiu desde que o home foi consciente de que había distintos cores de pel, de ollos, de pelo… Distintas razas.

    O que é máis recente é a pelexa contra ese tipo de discriminación. O século XX deixounos algúns dos nomes e momentos máis significativos desa batalla. Pero tamén nos encontramos cun gran aliado para o fomento do racismo: Internet.

    Paréceme interesante a entrevista na La Ventana a Joan Manuel Oleaque, profesor da VIU e coordinador do mestrado en Comunicación Científica desta Universidade.

    http://cadenaser.com/emisora/2015/06/18/radio_valencia/1434652614_364228.html

    Segundo a entrevista, a Universidade Internacional de Valencia, a VIU, elaborou un informe do que se extrae que Internet é utilizado no noso pais como medio difusor e organizador de grupos racistas, xenófobos, desde onde se estimulan mensaxes de intolerancia e onde conflúen máis de 10.000 persoas organizadas en distintas redes.

    Deste xeito, ademais da concienciación e crítica da sociedade é fundamental que empresas como Google, Twitter e o propio Facebook se comprometan a borrar as mensaxes que sexan consideradas racistas.

    A liberdade de expresión protexe tamén os comentarios repulsivos, chabacanos e desagradables pero chéga ao seu límite cando se trata de chamar á violencia ou se ataca á dignidade das persoas que son punibles como un delito de incitación ao odio racial segundo o código penal.

    Tras o aumento de mensaxes que incitan ao odio racial a través de Internet e redes sociais, os estados deben traballar para controlalas e a negociar con Google, Twitter e Facebook para facer desaparecer da internet este tipo de mensaxes en menos de 24 horas.

    O compromiso destas empresas sería un gran avance na loita contra a discriminación e o racismo.

    Revision GBO: 30/03/2016 22:22

    Gústame

    1. Lestón Lago, Antón S1E6

      Grazas polas túas achegas, Luis. A entrevista, e iso que mencionas sobre internet é moi interesante. Pero hai que recordar tamén, que a rede tamén sirve como medio para moitos grupos que loitan contra este tipo de discriminación. Un dos casos, é o dos nosos colaboradores, Sos Racismo. Sen internet, é posible que estas iniciativas non chegaran a moitos dos afectados polo racismo.

      Aínda así, estamos totalmente de acordo contigo. Cremos que Internet debería ter maior control dos contidos que se amosan na rede. Non hai que esquecer, que agora funciona como medio de información para a maioría da xente, tanto ou mais que un xornal. Polo tanto, tamén axuda a formar a opinión pública. Por iso, aínda que é moi complicado, debe haber un maior control das publicacións. Pero parece que aínda dista moito para chegar a ese obxectivo. Porque os límites da liberdade de expresión seguen a ser moi ambiguos. Se non, non hai razón para que a ONU non derribase unha campaña, coma a de Donald Trump.

      Gústame

  3. Jaime Valdivieso Vidal (S3C4)

    Estou completamente a favor de todo ou que se dei non artigo pero discrepo nunha pequena cousa. Ou medo, claramente creado polos medios de comunicación hacía as sociedades que fican moi distintas a nosa, ven dado máis pola desinformación que pola información que nos ofrecen. E dicir, os medios lonxe de avandoar as suas intereses e de proporcionar as audiencias informacións de calidade, optan por desinformar a xente do que realmente esta a acontecer no mundo, alimentando este medo do que ben falas. Somos unha sociedade chea de prexuizos á que non lle gusta que lle digan as verdades a cara. Unha sociedade demasiado comoda na cal a maioria dá xente cre que ten a potestade de pavonearse do seu sentido dá ética cando na realidade, nos deixamos amedrentar por noticias cargadas de contido racista e segregacionista. Aínda que aquí esteamos a falar de racismo, a final de contas a maquinaria do sistema ponse en marcha cada vez que algo ten algun indicio de cambio para implantar ou medo na sociedade. Sen ir máis lonxe, en España fomos nestes últimos meses testemuñas claras do poder dous medios de comunicación á hora de meterlle ou medo non corpo a xente. Refirome á xa rancia comparativa do partido de Pablo Igrexas cos reximes totalitarios de Venezuela e como ese mensaxe podiase escoitar en calquera faladoiro. Mentres non haxa unha mirada crítica ao que nos din nos medios, e moi dificil que ou racismo sexa cousa dun poucos retrogrados. Deixo adxunto un artigo de opinión do país de Hector E. Schamis, que refleixa un pouco esta realidade facendo unha retrospectiva dende a segunda guerra mundial e ou actual ascenso de Trump http://elpais.com/elpais/2015/12/19/opinion/1450548467_164163.html Tamen deixo un interesante artigo que fala sobre o tema http://www.nci.tv/index.php/menuportalvoz/submenu-viva-la-calle/11911-contra-el-racismo-y-el-papel-de-los-medios-de-comunicacion

    Data de emisión do comentario: 30/03/2016- 10:56
    Data de revisión do comentario: 30/03/2016- 12:53
    Data de publicación do comentario: 30/03/2016- 15:57

    Gústame

    1. Lestón Lago, Antón (S1E6)

      Boas Jaime, e grazas por compartir eses dous artigos. O primeiro, sobre todo, paréceme moi bo. Tes razón cando dis que a desinformación é tan prexudicial como a información, para o aumento desta discriminación que estamos a tratar. E, non sei se de forma acertada, pero intentei tratalo no texto ao falar da xeneralización do descoñecido. É unha pena que non logre atopar ese artigo do que nos falou o noso convidado senegalés. Pero, a verdade, é que, a súa incredulidade cando falaba do tema, era brutal.

      Ademais, cremos que se houbese mais información de países coma Siria, Pakistán ou Irak, o racismo rebaixaríase. En moitas das nacións africanas e árabes, a prensa española non ten nin un correspondente. Por qué? Porque na escala de relevancia ese países se encontran nos últimos puntos. É iso tamén é culpa dos niveis de importancia que ten a sociedade. Así, dáse un feedback do que vai ser moi difícil saír. Porque a xente, non lle importan eses países, porque non saen na prensa. E a prensa, non lle interesan eses países, porque non lles interesa ós seus lectores.

      Gústame

  4. Persoalmente penso que en España non hay tanta xente razista, senon “clasista”. Se tes diñeiro a ninguén lle importa cal é o teu color. O que si é certo e que somos gregarios coa xente do noso alrededor e ante a falla de medios ou necesidades miramos polos nosos e de reollo aos de fora. S2C5

    Gústame

    1. Lestón Lago, Antón (S1E6)

      Grazas polo comentario Isabel. Nós si cremos que en España hai moita xente racista, aínda que tes razón que, tamén a hai clasicista. Respecto ó que dis do diñeiro, discrepo. Hoxe en día, hai moitos negros en España, (Coruña é un gran exemplo), que están a traballar como outra persoa calquera. Porén, hai xente, que sen coñecelos e traballando nun posto mais baixo, os insultan igual e tenden a caer en moitos dos prexuízos que hai contra a poboación negra. Tes razón, no perigoso clasicismo que hai na sociedade española, pero pensamos que non incide tanto nos inmigrantes coma nos propios españois.

      Gústame

      1. Sr. Lestón, que haxa xente “clasicista” ainda poderia estar ben. É dicir, xente coñecedora dos clásicos. O que non debera tanto é que houbera xente “clasista”, que, certamente, a hai.

        Gústame

      2. Penso que todos temos un chisco de razón. Vivimos nunha sociedade chea de estereotipos e o que realmente causa o rechazo é que alguén non cumpra esas normas non escritas. O rechazo social é para os de cor negro, amarelo, aceitunado, para os moi gordos, para os moi delgados,para os de orellas grandes, para os moi baixos, para os moi altos… toda persoa que saia do común é ollado con suspicacia e de aí ao rechazo soamente hai un paso.

        Liked by 1 person

  5. Iciar Rubio Rodríguez S3D4
    O racismo está totalmente impregnado la nosa sociedade e máis (se cabe) nos medios de comunicación. Como ben argumentas no texto, non é o mesmo que un español cometa un delito que un marroquí, os español será un ladrón máis, o marroquí será “un marroquí máis´´, para case todos os medios de comunicación. Se xa existía este racismo, ou máis ben clasismo, a aparición dos refuxiados non fixo máis que incrementalo. Desgraciadamente as persoas non entenden que fai uns anos vivían exactamente igual ca nos, que tamén tiñan telefonos móviles, televisións, escolas, non veñen do inframundo, se non dunha guerra, unha guerra como a que fai menos de 100 anos viviu España, e da que moitos dos españois tiveron que emigrar ou morir no intento. Podería decirse que fixemos o mesmo que están a facer eles agora. A diferenza e que a nós non nos trataron como escoria social, terroristas e delincuentes, simplemente polo mero feito de vir dunha guerra.
    Fai pouco lin un artículo co que quedei realmente sorprendida. Trátase dun home negro que violou e asesinou a unha muller alemana. Este home nin se quera é un refuxiado de guerra, nin veu de Siria. O titular da noticia é “La liberal violada y asesinada por el perverso refugiado que acogía en casa´´, o titular non cadraba en absolutamente nada co que realmente contaba o artigo e coa verdade do caso. Isto di moito da clase de xornalismo que temos hoxe en dia no noso país. http://www.periodistadigital.com/america/sociedad/2016/02/10/la-liberal-que-ha-sido-violada-y-asesinada-por-el-perverso-refugiado-al-que-acogio-en-su-casa.shtml
    E como este centos de artigos abundan todos os días nas redes e na prensa incentivando o odio de moitos radicales que terminan danando a persoas inocentes.
    Informar sobre un tema tan sumamento tráxico e delicado é moi difícil, polo que os xornalistas deben ser máis profesionais e obxetivos ca nunca, contar a verdadeira realidade, o sufrimento e o desamparo que están a vivir estas familias.
    Acnur propuxo fai dous anos un folleto para complementar as normas éticas e deontolóxicas que os xornalistas deben respetar. http://www.acnur.es/PDF/folletomedios2014_final_241014_20141112113618.pdf

    Data de emisión do comentario: 31/03/2016- 12:43
    Data de revisión do GBO: 31/03/2016- 13:32
    Data de publicación do comentario: 31/03/2016- 15:26

    Gústame

    1. Lestón Lago, Antón S1E6

      Moitas grazas pola túa achega. Estamos totalmente de acordo co que comentas. En casos coma o dos refuxiados, tes razón en que os xornalistas deben mostrar mais profesionalidade que nunca. Non nos podemos esquecer que son os formadores da opinión pública, e que tódolos lectores ou ouvintes ven o mundo a través dos seus ollos. Por iso, é curioso que nin os xornais nin a tv saquen de cotío imaxes de Siria. Da Siria actual, toda derribada polos ataques aéreos, e con nenos chamando ás súas nais sen atopalas.

      Pero, como sabes, agora xa non se prima a mellor información, senón a primeira en publicarse. A rapidez e instantaneidade da rede, fixo que se poidan escribir noticias sen apenas investigar, recollendo un pouco de aquí e un pouco de alí. Así, tristemente, quedan poucos xornalistas verdadeiramente honestos.

      Gústame

  6. Casas Fontán, Alicia- S1D3

    Penso que este é un tema moi de actualidade e moi complicado de tratar. Últimamente parece que non queda tan lonxano e anticuado o mítico Ku Klux Klan (KKK). aquela asociación que se fundou na segunda metade do século XIX e que, entre os seus principios básicos, estaban: antisemitismo, homofobia e racismo en xeral. Mais a súa razón de ser era a total supremacía da raza branca.De feito, o Ku Klux Klan fundouse tras a Guerra de Secesión estadounidense que acabou coa esclavitude no país.
    Iso tan só é Historia, pero creo, como din, que hai que lembrala sempre para non cometer os mesmo erros. Todo ven máis de atrás, o conflito cos yihadistas, a guerra civil en Siria (que xa non civil), a vergoña de Europa…Non hai que esquecer que cando un yihadista pon unha bomba en Bruselas, se cadra con sorte alguen atopa a boca de metro; non hai que esquecer que cando alguen tira unha bomba en Siria, non hai sorte: hai arame.
    Nin hai que esquecer que dicir musulmán non é dicir yihadista, que NotInMyName.
    Por outra parte, eu sí intendo que a un galego ou a unha galega lle preocupe máis un morto en Francia que un morto en Siria. Pero non pola idea de que unha vida vale máis que outra. Simplemente pola idea de que está máis preto, de que é máis doado pensar “e se me toca a min, e se a miña nai”. Non creo que sexa cuestión de racismo, creo que é cuestión da condición egoísta do ser humano. De que vivo no mundo pero o meu mundo son os lugares que habito.
    Este artículo de Cristian Campos paréceme fantástico: http://www.jotdown.es/2015/12/por-que-me-importa-mas-un-frances-que-un-sirio/
    Creo que é un bo momento para botarlle unha ollada á obra de teatro De noite xusto antes dos bosques, do dramaturgo a director francés Koltès. Unha obra de teatro escrita en 1976 con total vixencia na actualidade, unha obra sobre o desarraigo dun musulmán, sobre a necesidade de casa, sobre a idea de sindicato. Unha, creo, moi acertada explicación política sobre o momento actual.
    Aquí, o trailer dunha adaptación da compañía El Hangar: https://www.youtube.com/watch?v=hEBKtCdmVFA

    Revisión GBO: 01/04/2016 22:25

    Gústame

    1. Boas Alicia, e grazas polo teu comentario. Estamos moi de acordo contigo cando falas de que, por momentos, parece que volvemos ós terribles tempos do KKK. Sobre o actual “dominio” da raza branca e a islamofobia, déixoche aquí un vídeo moi bo dun activista estadounidense, Trevor Noah: https://www.youtube.com/watch?v=U4_VQawaP6I

      Coma ti ben dis, tratar este tema neste momento é moi complicado. Porque aínda que esteamos a criticar a xeneralización abundante dos medios, evidentemente nos tamén xenaralizamos no artigo. Non todos os españois son racistas, nin todo os europeos prohíben a entrada aos refuxiados. Pero, é que, en pleno 2016 xa deberían quedar moi moi poucos que o fixeran.

      Respecto ó que comentas sobre a proximidade nos casos de Bruselas e Siria. Propoño outro suposto. Se as dúas torres caeran en Túnez en vez de en Nova York, que está máis lonxe, tería tanto relevancia para os medios?

      Gústame

      1. Casas Fontán, Alicia- S1D3
        Se cadra me expresei mal, pero non me refería á proximidade xeográfica en relación á relevancia nos medios de comunicación. Iso está claro. Falo da proximidade xeográfica en relación ás persoas, a non culpalas, a entender que empaticen máis cun belga que cun sirio polo simple feito de que están máis preto. Do “e se me toca a min”. Da naturaleza egoísta das persoas, vaia. Creo que debemos a atacar aos medios pero non ás persoas.
        Quero dicir: sentiría igual de afectación se as torres caera en Túnez ou en Nova York, mais a noticia tería máis relevancia se caeran en Nova York. E se me preguntas “Se as torres caeran en Madrid en vez de en Nova York”, para min tería máis relevancia en Madrid, a miña empatía estaría en Madrid e non en Nova York.

        Revision GBO: 20/04/2016 12:07

        Gústame

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s